Durante os últimos anos aumentou a preocupación por levar unha vida saudable. Cada vez máis persoas intentan comer mellor, facer moito exercicio e coidar o corpo. Este interese pola saúde é algo moi positivo e necesario, xa que ter unha boa alimentación axuda a manter unha boa calidade de vida, pero cando a preocupación pola alimentación vólvese unha obsesión, pode aparecer un problema chamado ortorexia.
A ortorexia é unha obsesión patolóxica por comer alimentos considerados saudables. As persoas que teñen este problema pasan moito tempo pensando na calidade dos alimentos e evitando consumir comida que non consideran saudables. Este termo foi proposto por Steven Bratman en 1997. Este doutor comezouse a interesar por esta obsesión despois de observar que algunhas persoas que intentaban levar unha dieta moi saudable acababan tendo unha relación pouco equilibrada coa comida. Bratman decatouse de que estes individuos dedicaban moito tempo da súa vida pensando nos alimentos que consumían, planificando as comidas con moita precisión e evitando calquera produto que consideraran pouco saludable. Ademais, moitas destas persoas experimentaban sentimentos de culpa ou ansiedade cando non seguían as súas propias regras alimentarias.
Por que aparece a ortorexia?
A ortorexia pode aparecer por diferentes motivos. Na sociedade actual hai moita presión por levar un estilo de vida saudable e por ter un corpo perfecto. Ademais, nas redes sociais e en internet hai moita información sobre dietas e alimentación, pero non sempre é correcta. Isto pode facer que algunhas persoas se obsesionen coa idea de comer perfecto e comecen a deixar de comer cada vez máis alimentos da súa dieta.
Tamén pode influír a personalidade da persoa. Algunhas persoas son moi perfeccionistas ou moi estritas consigo mesmas, e isto pode facer que intenten controlar demasiado a súa alimentación.
A quen pode afectar a ortorexia?
A ortorexia pode afectar a calquera persoa, pero é máis frecuente en mulleres e adolescentes. Tamén aparece con máis frecuencia en persoas que practican deportes como o atletismo ou a danza, xa que adoitan preocuparase moito pola alimentación e pola imaxe corporal.
Relación con outros trastornos de conduta alimentaria (TCA)A ortorexia pode estar relacionada con outros trastornos da conduta alimentaria, como por exemplo a anorexia ou a bulimia. Nestes tres casos existe unha preocupación por querer ser perfectos e unha visión alterada de si mesmos.
A diferenza está en que na anorexia e na bulimia a obsesión está máis relacionada coa cantidade de comida, mentres que na ortorexia a preocupación baséase na calidade dos alimentos.
Tamén está relacionado cos trastornos obsesivo-compulsivos, xa que as persoas con ortorexia adoitan ter regras moi estritas sobre a alimentación e pensamentos constantes sobre a comida e a saúde.
Que consecuencias pode ter para a saúde?
A pesar de que o obxectivo destas persoas é comer de maneira saudable, a ortorexia pode provocar graves problemas de saúde.
Ao eliminar determinados alimentos sen substituílos por outros que acheguen os mesmos nutrientes, poden aparecer carencias nutricionais. Estas carencias poden provocar anemia, falta de vitaminas, falta de enerxía ou outros problemas de saúde. Ademais, unha dieta demasiado restritiva tamén pode causar unha perda de peso excesiva.
A nivel social e psicolóxico tamén pode ter consecuencias importantes. Moitas persoas poden chegar a evitar reunións con amigos e familiares polo feito de que non confían nos alimentos que se van servir. Isto pode provocar illamento social, tristeza, ou tamén poden chegar a criticar ou menosprezar a quen non come do mesmo xeito.
Como se pode previr a ortorexia?
Para previr a ortorexia é importante manter unha relación equilibrada coa comida. Comer saudable non significa eliminar todos os alimentos que non se consideran perfectos, senón levar unha dieta variada e equilibrada.
Tamén é importante informarse a través de profesionais da saúde, como nutricionistas ou médicos, e non crer en toda a información que aparece en internet ou nas redes sociais.
Vivir cunha enfermidade crónica
pode ser un largo camiño de dificultades que implican tanto como malestares
físicos como psicolóxicos. O Crohn é unha afección case impredicible é moi dura
que trae consigo un longo camiño de etapas e dificultades para a vida cotiá.
QUE É?
A
enfermidade do Crohn é unha afectación inflamatoria crónica e autoinmune do
tubo dixestivo que evoluciona de modo recorrente con brotes. Case sempre
compromete ao extremo inferior do intestino delgado e comezos do intestino
groso. Tamén pode ocorrer en calquera parte do tubo dixestivo dende a boca ata
o extremo do recto. Temos varios puntos clave de localización íleo terminal, colon,
afectación parcheada, tracto dixestivo superior.
SÍNTOMAS
O Crohn é un tipo de
enfermidade inflamatoria intestinal que causa inflamación, é dicir inchazón e
irritación nos tecidos do tracto dixestivo. Soe aparecer entre os 15-35 anos aínda que tamén se pode diagnosticar en nenos e persoas maiores.
Entre os seus síntomas
destacan a dor abdominal, soe ser unha dor tipo cólico localizado con maior
frecuencia na parte inferior dereita do ventre, frecuentemente aparece ao
acabar de comer e pode ser sutil ao principio e aumentar a intensidade durante
un brote.
Outros síntomas que soen
acompañar a esta enfermidade son:
Diarrea
Fatiga
Febre
Dores e cambras abdominais
Sangue
de feces
Diminución
do apetito e perdida de peso.
Tamén podemos atoparnos con inflamación da pel, ollos ou articulacións, tamén a
inflamación do fígado ou condutos biliares, cálculos renais, deficiencia do
ferro (anemia), e atraso do crecemento ou desenvolvemento sexual en caso dos
nenos.
CAUSAS
Non se
coñecen as causas desta enfermidade pero podemos saber que é unha afección que
se presenta cando o sistema inmunitario do propio corpo ataca por error e
destruír o tecido corporal sano. Cando as partes do tubo dixestivo
permanecen inchadas ou inflamadas, as paredes intestinais resultan
engrosadas. Os papeis que poden influír nesta enfermidade son:
Xenes ou antecedentes
familiares: Se temos familiares con antecedentes desta enfermidade aumenta o risco.
Factores
ambientais
Reaccións
esaxeradas a bacterias normais no intestino.
Tabaquismo.
Estrés
crónico
Poden
manifestarse sen previo aviso e a xente con esta enfermidade pode ter remisións
(períodos sen síntomas). Estes periodos poden durar meses ou anos. Durante este tempo poden estar ocurrindo puntos clave como por exemplo:
Ausencia de síntomas: Os síntomas desaparecen, os pacientes sentense ben e poden facer vida normal.
Inflamación controlada: A mucosa intestinal recupérase e a inflamación desaparece.
Tratamento: Continuar de maneira persistente e moi importante para poder lograr períodos de remisión e diminuír os riscos de recaída.
CONSECUENCIAS
As consecuencias poden variar dependendo da gravidade e localización dos síntomas pero algunhas das consecuencias mais común soen ser:
Úlceras e chagas: As
inflamacións poden causar úlceras profundas na mucosa do intestino o que causa
sangrado e dor.
Engrosamento das paredes
intestinais: A inflamación prolongada pode facer que as paredes intestinais engrosen
e se volvan ríxidas.
Formación de fístulas: Unha fístula é unha conexión anormal entre o intestino e outras estruturas. Poden ser dolorosas e propensas a infeccións.
Abscesos: Nalgunhas
persoas a inflamación pode causar abscesos (coleccións de pus) dentro do intestino
ou áreas próximas.
Deficiencias
nutricionais: A inflamación pode provocar que a capacidade de absorción da
parede intestinal vexase afectada e provoque unha deficiencia, e que o corpo
non obteña os nutrientes necesarios de maneira eficiente.
PROBAS
Un exame
físico pode revelar una masa ou sensibilidade no abdomen,erupción cutánea, articulacións
inflamadas ou úlceras. Os exámes poden incluír:
Análises de sangue: Serven para detectar signos de inflamación, deficiencias nutricionais ou anemia.
Proba de feces
Enema opaco: É unha proba para analizar o colon e nalgúns casos o recto.
Colonoscopia: Unha das mais importantes para detectar esta enfermidade.
O seu
tratamento consiste na redución da inflamación, aliviar síntomas e lograr a
remisión a largo prazo mediante medicamentos e se é necesario a cirurxía.
Os medicamento que
podemos usar para tratar esta enfermidade son os corticoides, inmunomoduladores,
aminosalicilatos e antibióticos.
Tamén esta a opción
dunha cirurxía pero non cura a enfermidade se non que serve para poder aliviar
os dores e os síntomas. Tamén pódese utilizar inxeccións como tratamento,
xeralmente soen ser inmunosupresores ou biolóxicos que actúan no sistema
inmunolóxico para reducir a inflamación. Este tipo de inxeccións soen ser para
persoas en fase moderada ou grave ou persoas que non respondan a outros
tratamentos.
O manexo da enfermidade na casa é un paso moi importante que todos deben seguir para poder levar un control sobre ela
O control da dieta e o estrés tamén xoga un papel importante, unha dieta baixa en fibra axuda a reducir a irritación do intestino especialmente durante brotes.
Hai alimentos propensos á axuda de aumentar os nosos síntomas e para controlalo podemos levar unha dieta. Algúns soen ser malos para as persoas que padezan esta enfermidade e é necesario controlar o seu consumo:
Lactosa: O intestino inflamado non a dixire ben e pode empeorar os síntomas.
Alimentos picantes: Poden irritar, acelerar o intestino e aumentar a sensación de dor.
Alimentos graxos: Son mais difíciles de inxerir, poden causar diarrea e aumentan a irritación intestinal
Bebidas gasosas: Aumentan os gases, irritan o intestino e poden provocar diarrea.
Alimentos con fibra: Irrita fisicamente e acelera o intestino.
O estrés crónico favorece a inflamación intestinal, polo seu control e moi importante para poder axudar a efectividade dos tratamentos, a meditación, ioga, axudan a regular o sistema nervioso e a inflamación.
Na actualidade, cada vez é máis habitual ver nas redes sociais e nos medios corpos moi musculados que se presentan como ideais de beleza e éxito. Isto pode facer que moitas persoas, sobre todo xente nova, non se sintan satisfeitas co seu propio corpo. Nalgúns casos, esta preocupación pode chegar a converterse nun problema serio de saúde: a vigorexia.
Ademais, non é algo pouco común, xa que se estima que arredor do 10 % das persoas que practican exercicio poden padecela. A maioría dos afectados son homes (aproximadamente un 80 %) e adoita aparecer sobre todo entre os 18 e os 25 anos. Tamén é frecuente en persoas que practican culturismo ou acoden regularmente ao ximnasio.
Que é a vigorexia?
A vigorexia, tamén coñecida como dismorfia muscular ou complexo de Adonis, é un trastorno da imaxe corporal. A persoa percíbese máis débil ou con menos músculo do que realmente ten, o que lle xera unha insatisfacción constante.
Como consecuencia, intenta compensalo con exercicio excesivo, dietas moi estritas e, ás veces, consumo de esteroides.
Causas
A vigorexia non ten unha única causa, senón que aparece pola combinación de varios factores:
Psicolóxicos: Baixa autoestima, unha persoa que no se sente ben consigo mesma busca a musculatura como compensación; inseguridade; perfeccionismo adoitan poñerse obxectivos físicos moi difíciles de conseguir e nunca están contentos cos resultados que logran; experiencias persoais, críticas sobre o corpo ou bullying.
Sociais e Culturais: Presión dos medios, fan que moitas persoas comparen o seu corpo con modelos irreais e se sintan inferiores e as redes sociais que mostran corpos “perfectos”. Asociación entre músculo, éxito e atractivo.
Biolóxicos: o exercicio libera endorfinas que poden crear dependencia.
Síntomas
Os principais síntomas son:
Exercicio físico excesivo e obsesivo, co obxectivo de aumentar a masa muscular.
Obsesión polo físico e polos músculos.
Verse débil a pesar de estar musculado.
Mirarse frecuentemente ao espello ou compararse cos demais.
Dietas moi estritas e con gran control dos alimentos e nutrientes.
Uso de esteroides anabolizantes ou suplementos.
Ansiedade ou irritabilidade se non se pode adestrar.
Abandono da vida social.
Consecuencias
A vigorexia pode ter efectos graves tanto a nivel físico como psicolóxico:
Físicos:
Lesións musculares e articulares por sobreentrenamento.
Problemas cardíacos e hormonais.
Danos no fígado polo uso de esteroides.
Fatiga constante.
O consumo de esteroides ou outras substancias para aumentar o músculo pode provocar efectos secundarios que afectan á vida sexual, como perda de desexo, problemas de erección ou cambios no desexo sexual.
Control médico, sobre todo se hai consumo de substancias. Os medicamentos como antidepresivos ou ansiolíticos poden ser necesarios para tratar síntomas como a depresión ou a ansiedad.
Terapia de grupo: onde persoas con problemas parecidos se xuntan para falar das súas experiencias. Isto axuda a sentirse comprendido, compartir o que lles pasa e recibir apoio doutras persoas que están pasando por algo similar.
Tamén é importante facer seguimento, xa que existe risco de recaídas.
Prevención
Para evitar a vigorexia é importante:
Ter unha visión realista e saudable do corpo.
Evitar comparacións constantes con outras persoas ou redes sociais.
Practicar exercicio de forma equilibrada, non obsesiva.
Fomentar a autoestima e a aceptación persoal.
Detectar sinais de obsesión a tempo e pedir axuda se é necesario.
Unha das patoloxías máis comúns do sistema
circulatorio humano é a arteriosclerose, que consiste no endurecemento e
engrosamento das paredes das arterias dificultando así o paso do sangue polo
seu interior. Entre os diversos tipos de arteriosclerose, destaca a ateroesclerose.
Este tipo en concreto, caracterízase pola
acumulación de graxas, colesterol LDL e outras sustancias, que acabarán formando a placa ateroma no recubrimento interno
das arterias de mediano e gran tamaño. A placa, ademais da redución e do bloqueo do fluxo sanguíneo, tamén pode chegar a romperse e formar coágulos sanguíneos. É unha enfermidade asintomática, sobre todo nas primeiras etapas, pero unha vez avanzada, aparecen síntomas que varían segundo a arteria afectada:
Nas arterias do corazón: dor no peito, palpitacións cardíacas, dificultade para respirar ou mareos.
Arterias do cerebro: dificultades na fala, perda temporal da visión ou caída dos músculos da cara. Si non se tratan a tempo, poden acabar causando un accidente cerebrovascular, comúnmente chamado ictus.
Arterias das extremidades: dor, molestias ou cambras nas pernas ao camiñar, o que se chama claudicación. Tamén pode ter a presión arterial máis baixa nas extremidades as que afecta.
Arterias mesentéricas: dor abdominal despois de comer, perda de peso ou diarrea.
Tamén pode causar problemas renais, ou disfunción eréctil noshomes.
Todos estes síntomas adoitan presentarse en situacións de estrés ou momentos nos que o corpo necesita máis osíxeno.
Factores de risco e causas
A acumulación de placa é debida a distintos motivos, entre os que destacan:
Diabetes: o alto nivel de azucre pode danar as capas internas das arterias, lugar onde se acumula a placa.
Antecedentes familiares: os xenes poden aumentar o risco de padecela, especialmente no caso de ter un trastorno hereditario relacionado co colesterol.
Presión arterial alta, que co tempo pode terminar danando as paredes arteriais permitindo a acumulación de placa.
Enfermidades inflamatorias, que poden danar os vasos sanguíneos.
Sobrepeso ou obesidade, e tabaquismo.
Idade avanzada: normalmente a acumulación de placa comeza na infancia e empeora coa idade.
Dieta pouco saudables e pouca actividade física: as dietas pouco saudables, altas en graxas, aumentan as concentracións de colesterol, e a falta de actividade física permite a súa acumulación.
Diagnóstico e tratamentos
A aterosclerose pode ser diagnosticada mediante diferentes probas coma por exemplo análises de sangue, electrocardiogramas ou índice de nocello-brazo (IBA).
Despois do seu diagnóstico pódense tomar diferentes tratamentos, tales como:
Medicamentos: para controlar o colesterol, regular a presión arterial, evitar a formación de coágulos, adelgazar e controlar outras patoloxías que poden causar a aterosclerose.
Intervencións e cirurxías como a intervención coronaria percutánea, a cirurxía de revascularización miocárdica ou a anxioplastia.
Tamén en algunhas persoas é necesario que participen nun programa de exercicios, de rehabilitación cardíaca ou de terapias para axudalas a que progresen nunha nova forma de vida.
Medidas para evitar a Aterosclerose
A pesar de que hai algunhas cousas que non podemos cambiar, como a idade ou os xenes, si existen medidas que axudan a reducir o risco de padecela:
Levar unha forma de vida saudable, cunha dieta baixa en graxas e glícidos, abandono do tabaquismo, disminución do consumo de alcohol e realización de actividade física varias veces a semana.
Controlar a presión arterial, o colesterol e outras enfermidades que poden causar a ateroscleroses.
A partir dos 40-50 anos, acudir a exames periódicos de saúde, sobre todo se existen antecedentes familiares con enfermidades relacionadas ou que a padeceran.
Na imaxe podemos observar a enfermidade de cálculos renais causada en gran medida pola pouca inxesta deficiente de auga.
Definición de cálculo renal.
Os cálculos renais, ou comunmente chamados pedras nos riles, é unha enfermidade renal que consiste na deposición de elementos duros formados por minerais e sales minerais que se localizan na urina. O tamaño pode ser moi variado, dende un gran de area ata unha pelota de ping-pong. O persoal sanitario refírese a esta enfermidade como nefrolitiase ou urolitiase.
As pedras nos riles son máis comúns nos homes que nas mulleres. A diferenza é do dobre (afectando un 11%-13% nos homes e un 6% nas mulleres).
Localización.
Os cálculos renais localízanse nos riles, especificamente encóntrase na pelve renal (nela conflúen todos os cálices renais e continúa co uréter). Os riles son os órganos encargados na formación da urina.
Cálculos de calcio. A maioría dos cálculos están compostos por oxalato de calcio. Esta é unha sustancia que produce o fígado diariamente co que se obtén na alimentación. Hai diferentes causas para a formación deste tipo de cálculos, como poden ser unha dose elevada da vitamina D, unha cirurxía de bypass intestinal, entre outras. Este tipo de cálculos tamén poden estar formados por fosfato de calcio.
Cálculos de ácido úrico. Este pode formarse nas persoas que perden moito líquido a causa dunha diarrea ou dunha mala absorción dos nutrientes dos alimentos. Tamén poden afectar a súa composición diversos factores xenéticos.
Cálculos de estruvita. Fórmanse a partir dunha infección das vías urinarias. Estes poden crecer moi rapidamente e non teñen gran presenza de síntomas ou pequenas advertencias polo que se complica máis o seu diagnóstico.
Cálculos de cistina. Fórmanse en persoas cunha afección xenética pouco frecuente chamada cistinuria, que causa a perda de moita base proteica dos riles.
Formación.
Solen formarse cando a urina vólvese demasiado concentrada e os minerais comezan a cristalizar. Ocorre con moita frecuencia cando non se inxire algunha bebida, principalmente auga. Outros factores que afectan a súa formación son antecedentes familiares de uriolitiase, consumir demasiados alimentos con azucre e sal ou padecer enfermidades como a obesidade e a gota.
Sinais de alerta para o seu diagnóstico.
A uriolitiose pódese sentir cando a dor aparece de forma repentina e é intensa. A dor soe sentirse nas costas pero co avance da enfermidade esténdese a zona do abdome e da ingua. Outros síntomas para detectar esta enfermidade son a urina con sangue, vómitos e náuseas constantes, febre e urina con mal cheiro.
Cando se experimenta esta dor e importante ir rapidamente ao médico para evitar que o cálculo sexa máis grande e que se complique a súa expulsión.
Tratamento. Dependendo do seu tamaño e da súa ubicación imos distinguir diversos tratamentos:
Tratamento expectante. Este utilízase cando os cálculos son pequenos. Os urólogos nestes casos recomendan beber moita auga, para que o cálculo se descompoña e baixe con menos dor polas vías urinarias.
Medicamentos. Empléanse para evitar a dor e para relaxar os músculos dos uréteres, facilitando a súa saída ao exterior na forma menos dolorosa posible.
Litotricia extracorpórea por ondas de choque. É un método non invansivo que utiliza unhas ondas de choque para fragmentar os cálculos e para que así podan saír mediante a urina.
Ureteroscopia. É un procedemento invasivo no que se introduce un tubo delgado (ureteroscopio) nos uréteres para romper cun láser os cálculos e extraelos ao exterior.
Nefrolitomía percutánea. Este recoméndase cando os cálculos son moi grandes. Implica unha operación na que se accede ao ril e extráese directamente o cálculo renal.
Prevención.
Para previr a uriolitiose ou nefrolitiose aconséllase:
1. Beber polo menos dous litros de auga ao día.
2. Limitar o consumo de sal, así como, de proteínas animais.
3. Manter un peso saudable, isto quere dicir ter un peso acorde coa talla do individuo.
A celiaquía é unha enfermidade dixestiva crónica que afecta ao intestino delgado e está relacionada co consumo de gluten. Aínda que moitas persoas pensan que só consiste en "non poder comer pan", en realidade é unha patoloxía máis complexa que implica ao sistema inmunitario e pode afectar a todo organismo.
Que é a celiaquía?
A celiaquía é unha enfermidade autoinmune na que o sistema inmunitario ataca ao propio organismo ao detectar o glute como unha sustancia perigosa. O glute é unha proteína presente en cereais como o trigo, a cebada e o centeo.
Cando unha persoa celíaca consume glute, o seu sistema inmunitario ataca as vilosidades intestinais, que son pequenas estruturas do intestino delgado encargadas de absorber os nutrientes.
Como afecta ao sistema dixestivo?
O intestino delgado ten millóns de vilosidades que aumentan a superficie de absorción.
As vilosidades inflámanse
Dánanse ou desaparecen
Redúcese a absorción de nutrientes
Isto pode causar varios problemas como a desnutrición, a anemia ou perda de peso.
Síntomas principais
Os síntomas principais poden variar dependendo da persoa. Algúns dos máis comúns son:
Dor abdominal
Diarrea ou estrinximento
Inchazo abdominal
Cansazo e debilidade
Perda de peso
Anemia (por falta de ferro)
Nos nenos tamén pode causar atraso no crecemento e problemas de desenvolvemento.
E tamén poden aparecer síntomas que non están relacionados co aparato dixestivo.
Como se pode diagnosticar?
O diagnóstico da celiaquía non sempre é fácil, xa que os síntomas poden confundirse con outras enfermidades dixestivas.
Os principais métodos son:
Análise de sangue (para detectar anticorpos)
Biopsia intestinal (confirmar dano nas vilosidades)
É importante que a persoa consuma glute antes das probas porque se non, os resultados poden ser incorrectos xa que os danos non serán visibles.
Tratamento
Actualmente non existe unha cura para a celiaquía, o máis correcto para tratalo sería ter unha dieta sen glute para toda a vida.
Isto implica non poder consumir alimentos como pan, pasta, bolería ou cervexa, e ter que comer produtos marcados como sen glute.
Algúns alimentos permitidos son o arroz, o millo, as patacas, a carne, o peixe, os ovos, as froitas e as verduras.
Se a dieta se segue correctamente o intestino recuperase pouco a pouco, mellorando a absorción de nutrientes.
A diabetes tipo 2 é unha enfermidade moi común que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. Esta moi relacionada cos bos hábitos, por iso é importante o seu estudo para comprender como prevela e controlala.
Que é ?
A diabetes tipo dous, o tipo máis común de
diabetes, é unha enfermidade que ocorre cando o nivel de glicosa no sangue, tamén
chamado azucre en sangue, é demasiado alto. A glicosa no sangue é a principal fonte de enerxía e
provén principalmente dos alimentos que se consumen. A insulina,
que é unha hormona producida polo páncreas, axuda a que a glicosa entre nas
células para que se utilice como enerxía. Na diabetes tipo 2, o corpo non
produce suficiente insulina ou non a emprega ben. Polo tanto, quédase demasiada
glicosa no sangue e non chega o suficiente ás células.
Causas
A diabetes tipo 2 é o resultado de dous
problemas principalmente:
As células dos músculos, a graxa e o fígado
non responden á insulina como deberían. Como resultado, as células non reciben
a cantidade suficiente de azucre.
O páncreas, a glándula que produce insulina,
non pode producila nunha cantidade suficiente para manter os niveis de glicosa
en sangue dentro dun rango saudable.
Ter
sobrepeso e non moverse o suficiente tamén son factores clave.
Factores de risco
Hai algúns factores que poden aumentar o risco a
padecer a diabetes tipo 2.
Sobrepeso e obesidade: ter sobrepeso
ou obesidade é un risco principal. O almacenamento de graxa no abdome en lugar
da cadeira ou nas coxas aumenta o risco.
Vida sedentaria: canto menos activa
sexa a persoa, maior será o risco. A actividade física axuda a controlar o
peso e fai que se empregue a glicosa como enerxía é que as células respondan
mellor á insulina.
Antecedentes familiares: ter un pai
unha nai ou un irmán con diabetes tipo dous aumenta o risco.
Niveis de lípidos en sangue: un maior
risco está asociado con baixos niveis de lípidos de alta densidade. Isto chámase
colesterol HDL, coñecido como colesterol bo. Un risco máis alto tamén está
asociado con altos niveis de triacilglicéridos.
Idade: o risco de ter diabetes tipo 2 aumenta coa idade, especialmente a partir dos 40 anos.
Riscos relacionados co embarazo: o risco de padecer diabetes tipo 2 é maior en persoas que tiveron diabetes
xestacional durante o embarazo.
Síntomas
Os síntomas da diabetes tipo 2 adoitan
desenvolverse lentamente. De feito, unha persoa pode vivir con diabetes tipo 2
durante anos sen sabelo. Cando aparecen síntomas poden ser os seguintes:
Aumento da sede
Aumento da micción
Aumento da fame
Perda de peso sen razón aparente
Esgotamento
Visión borrosa
Feridas de cicatrización lenta
Infeccións frecuentes
Formigueo nas mans ou nos pés
Zonas da pel escurecidas, sobre todo axilas e
pescozo
Diagnóstico
A diabetes tipo 2 detéctase cunha análise de sangre, que mide canta glicosa (azucre) hai no sangue. Hai tres probas principais:
Glicemia en xaxún: se unha persoa ten 126 mg/dl ou máis (sen comer nas últimas 8 horas), pode ser diabetes.
Proba de sobrecarga oral de glicosa: consiste en beber un líquido e, ás dúas horas, mídese a glicosa en sague desa persoa, se o nivel é 200 mg/dl ou máis , considérase diabetes.
Hemoglobina glicosada (HbA1c): esta proba mostra o nivel medio de glicosa dunha persoanos últimos 2-3 meses. Se o resultado é 6,5% ou máis, indica diabetes.
E se os niveis de glicosa non chegan a eses valores, pero están elevados?
Cando a glicosa está entre 100 e 125 mg/dl en xaxún, ou a HbA1c está entre 5,7% e 6,4%, falamos de prediabetes. é unha sinal de aviso, unha oportunidade para actuar a tempo e evitar que avance a diabetes tipo 2.
Tratamento
Actualmente, a diabetes tipo 2 non ten cura, pero si pode controlarse cun tratamento axeitado. O obxectivo principal é manter os niveis de glicosa en sangue o máis próximo posible á normalidade, evitando tanto hiperglucemias como hipoglucemias e reducindo posibles complicacións.
O tratamento baséase nos seguintes pilares:
Alimentación: seguir unha dieta equilibrada, parecida á mediterránea, con moitas froitas, verduras, legumes e cereais integrais, tamén reducir os azucres e os ultraprocesados.
Actividade física: recoméndase o exercicio físico, uns 150 minutos de media á semana, combinando exercicios de forza e exercicio aeróbico. Axuda a controlar o azucre, o peso e a saúde.
Medicación: cando os cambios no estilo de vida non son suficientes, empréganse medicamentos. Os máis comúns son:
Antidiabéticos orais: o máis habitual é a Metformina, que mellora a sensibilidade á insulina e reduce a glicosa en sangue.
Fármacos inxectables(non insulina): o exemplo máis común sn os análogos GLP-1, que axudan a controlar a glicosa e ademí a baixar de peso.
Insulina: utilizase cando o organismo xa non produce suficiente ou o control non é axeitado con outros tratamentos
Prevención
A diabetes tipo 2 en moitos casos é previsible e, se
xa está presente, pode controlarse con cambios no estilo de vida.
Diversos estudos mostran que adoptar hábitos saudables pode reducir o risco de desenvolvela en máis dun 40%. Algunhas recomendacións clave para a prevención e
o autocoidado son:
Manter un peso
saudable, e evitar a graxa abdominal.
Facer exercicio
regular, tanto exercicios de forza como de cardio.
Seguir unha dieta equilibrada, como a mediterránea, priorizando alimentos frescos e reducindo os ultraprocesados.
Controlar a
presión arterial e o colesterol.
A diabetes tipo 2 é unha enfermidade oi común que se pode controlar coidando os hábitos. Coidarse e detectala a tempo é importante para evitar problemas posteriores.