luns, 23 de marzo de 2026

ENTRE DOR, INFLAMACÍON E ALGO MÁIS...

 


A Enfermidade de Crohn é unha enfermidade inflamatoria crónica que afecta ao aparato dixestivo. Forma parta do grupo coñecido como Enfermidade inflamatoria intestinal (EII), xunto coa colite ulcerosa.

Esta patoloxía provoca inflamación en diferentes partes do tubo dixestivo, especialmente no intestino delgado e no intestino groso, o que pode causar dor abdominal, problemas dixestivos e outros síntomas que afectan á vida diaria das persoas que a padecen.

Que é a enfermidade de Crohn?

A enfermidade de Crohn prodúcese cando o sistema inmunitario provoca unha inflamación persistente no tracto dixestivo. Esta inflamación pode afectar ás capas profundas do intestino e provocar complicacións.

Síntomas principais

Os síntomas poden variar dependendo da gravidade da enfermidade e da parte do intestino afectada. Os máis frecuentes son:

  • Dor abdominal

  • Diarrea persistente

  • Cansazo extremo

  • Perda de peso

  • Febre

  • Sangue nas feces

  • Falta de apetito

En casos máis graves tamén poden aparecer inflamacións nas articulacións, problemas na pel ou nos ollos.

Causas e factores de risco

As causas exactas da enfermidade de Crohn non se coñecen completamente, pero os investigadores cren que inflúen varios factores:

Factores xenéticos: pode existir predisposición familiar.
Sistema inmunitario: o corpo pode reaccionar de forma incorrecta contra bacterias do intestino.
Factores ambientais: a dieta, o estrés ou o tabaco poden aumentar o risco.

Tratamento

Actualmente non existe unha cura definitiva para a enfermidade de Crohn, pero existen tratamentos que permiten controlar os síntomas e reducir a inflamación.

Os tratamentos máis habituais inclúen:

  • Medicamentos antiinflamatorios

  • Inmunosupresores

  • Terapias biolóxicas

  • Cambios na alimentación

  • Cirurxía en casos graves

O obxectivo do tratamento é conseguir períodos de remisión, nos que os síntomas desaparecen ou se reducen moito.

Vivir con enfermidade de Crohn

Aínda que é unha enfermidade crónica, moitas persoas con Crohn poden levar unha vida relativamente normal se seguen o tratamento adecuado e realizan controis médicos regulares.

Tamén é importante:

  • Manter unha dieta equilibrada

  • Evitar alimentos que empeoren os síntomas

  • Reducir o estrés

  • Contar con apoio médico e familiar




Ningún comentario:

Publicar un comentario

CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...