A epilepsia é un trastorno cerebral crónico que se caracteriza por provocar convulsións. Estás convulsións son episodios de actividade eléctrica anormal no cerebro que poden causar cambios na atención, comportamento e, nalgúns casos movementos corporais. A epilepsia non é contaxiosa e pode afectar a persoas de calquera idade.
CAUSAS
A epilepsia ocorre cando os cambios no tecido cerebral fan que o cerebro esté demasiado excitable ou irritable. Como resultado disto, as células cerebrais envían señais eléctricas anormais. Isto provoca convulsións repetitivas e impredicibles.
Infeccións, como absceso cerebral, meninxite, encefalite e VIH.
Problemas cerebrais presentes no nacemento.
Trastornos metabólicos presentes ao nacer.
Tumor cerebral.
Vasos sanguíneos anormais no cerebro.
Outra enfermidade que dane ou destrúa o tecido cerebral.
SÍNTOMAS
Os síntomas poden variar dependendo da persoa. Algunhas poden sufrir leves episodios de ausencias. Outras teñen tremores violentos e perda da lucidez mental (convulsión).
O médico pode dar máis información acerca do tipo específico de convulsión que se pode ter:
Ausencias típicas: inclúen convulsións que involucran un cambio no comportamento pero sen cambios no movemento motor.
Convulsións parciais focais: os síntomas dependen da parte do cerebro afectada. Estas convulsións poden estenderse en todo o cerebro.
Convulsións tonicoclónicas xeneralizadas: afecta a ambos lados do cerebro e causan alteración da conciencia.
PROBAS
Primeiro realízase un exame físico. Este comprende unha avaliación detallada do cerebro e da función do sistema nervioso.
Farase un electroencefalograma (EEG) para revisar a actividade eléctrica do cerebro. As persoas con epilepsia a miúdo teñen unha actividade eléctrica anormal.
Para diagnosticar a epilepsia ou planear unha cirurxía, necesítase:
Usar un aparato de rexistro electroencefalográfico durante días ou semanas.
Permanecer nun hospital especial onde se poda gravar a actividade do cerebro mentres cámaras de vídeo capturan o queoasa durante unha convulsión. (EEG en vídeo)
Aneuralxia do trixémino, tamén coñecida como tic doloroso, é unha enfermidade crónica que afecta ao nervio trixémino ou V par cranial, encargado de transmitir a sensibilidade da cara ao cerebro. Esta enfermidade provoca ataques de dor facial intensa, punzante ou parecida a unha descarga eléctrica, que aparece xeralmente nun só lado da cara, sobre todo no dereito (nun 60 % dos casos).
Esta dor pode durar desde uns poucos segundos ata varios minutos, e é tan forte que se considera unha das máis intensas que existen. Aínda que ás veces desaparece durante semanas ou meses, normalmente volve aparecer e cada vez pode ser máis frecuente e máis intensa.
As actividades cotiás como lavarse a cara, cepillarse os dentes, maquillarse, falar ou recibir aire frío, poden facer que comece a dor de repente.
A neuralxia do trixémino é máis frecuente en mulleres e persoas maiores de 50 anos, aínda que pode aparecer a calquera idade. Moitas veces confúndese con problemas dentais debido á localización da dor, que pode afectar a mandíbula superior ou inferior.
Aínda que ao principio pode responder a tratamento farmacolóxico, non sempre é eficaz, e en moitos casos é necesario recorrer a tratamentos neurocirúrxicos especializados.
Como se diagnostica a neuralxia do trixémino?
Para diagnosticar a neuralxia do trixémino, o médico baséase principalmente en como describes a dor que sentes. O prifesional ten en conta varios aspectos:
Tipo de dor, obasérvase se é repentina, moi forte e semella unha descarga eléctrica.
Lugar da dor, localizase en que parte da cara doe, xa que isto indica se o nervio trixémino está afectado.
Que causa a dor, se ao comer, falar, tocar suavemente a cara ou o aire frío provocan os ataques.
Para confirmar este diagnóstico, o médico pode facer varias probas como:
Un exame neurolóxico, onde o médico examina a túa cara para saber onde aparece a dor e para comprobar como funciona o nervio. Tamén pode facer probas para ver se o nervio está comprimido ou se hai outro problema.
Unha resonancia magnética (RM), esta proba permite ver se hai algo que presiona o nervio, como un vaso sanguíneo, un tumor ou unha enfermidade no sistema nervioso.
Como a dor pode estar na mandíbula ou nas meixelas, moitas persoas primeiro acoden ao dentista para descartar problemas nos dentes. Se non atopa nada, recomendará que visites ao médico ou a un especialista en dor facial ou neurólogo. É importante facer un diagnóstico preciso porque a neuralxia do trixémino pode confundirse con outros problemas, e só así se pode recibir o tratamento adecuado.
Cales son os síntomas da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino pode causar diferentes tipos de síntomas, que poden aparecer de forma separada ou xuntas. Os máis comúns son:
Episodios de dor moi intensa, punzantes como unha descarga eléctrica.
A dor aparece de repente e pode ser provocada por accións normais como tocar a cara, masticar ou falar.
O dolor afecta zonas que controla o nervio trixémino, a mandíbula, os dentes, e os labios. Tamén pode afectar o ollo ou a fronte.
A neuralxia do trixémino é moi incapacitante porque as actividades cotiás, como falar ou comer, poden desencadear a dor e dificultar a vida diaria.
Cales son as causas da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino prodúcese cando o nervio trixémino deixa de funcionar ben. A causa máis común é que un vaso sanguíneo, que pode ser unha arteria ou unha vea comprima o nervio na base do cerebro. Esta presión dana a capa protectora do nervio, vaina de mielina que fai que o nervio non funcione correctamente, provocando dor. Outras razóns poden ser:
A esclerose múltiple, unha enfermidade que tamén dana a vaina de mielina e afecta ao sistema nervioso.
Tumores que presionan o nervio trixémino.
Traumatismos faciais ou accidentes cerebrovasculares que lesionan o nervio.
Lesións do nervio despois dunha operación cirúrxica.
Como se trata a neuralxia do trixémino?
O tratamento da neuralxia do trixémino trátase con medicamentos para controlar o dolor. Os máis usados son os anticonvulsivantes, que son medicinas que axudan a reducir ou bloquear as sensacións de dor que envía o nervio ao cerebro. Entre estes medicamentos están a carbamazepina, gabapentina, lamotrigina ou fenitoína. Outros fármacos como o baclofeno, que é un relaxante muscular, pode usarse cos anticonvulsivantes.
Os analxésicos normais, como o son a aspirina ou o paracetamol, non funcionan para este tipo de dor. Existen outras opcións de tratamento, como as inxeccións e a cirurxía.
Unha opción cirúrxica importante é a descompresión microvascular, que consiste en mover ou eliminar vasos sanguíneos que presionan o nervio trixémino. Esta operación faise cun pequeno corte detrás da orella para liberar o nervio. Outra opción é a radiocirurxía estereotáxica, que utiliza radiación para danar o nervio e así reducir a dor.
O tratamento comeza con medicación, e se esta non é suficiente, pódense usar técnicas cirúrxicas para aliviar a dor.
Como impacta na vida diaria da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino provoca dores moi fortes e repentinas que dificultan facer cousas normais do día a día, comer, tocarse a cara, falar, mascar, beber. A menudo estas dores aparecen sen aviso e poden durar segundos ou minutos, o que fai que a persoa estea sempre preocupada por cando volverán.
Esta situación pode afectar non só o corpo, senón tamén o ánimo, facendo que a persoa se sinta cansa, triste ou nerviosa. Tamén pode evitar saír ou facer actividades sociais porque ten medo de que o dor empeore.
É moi importante contar cun bo tratamento e tamén co apoio da familia, amigos e profesionais, para poder levar unha vida máis tranquila e mellorar a calidade de vida.