Amosando publicacións coa etiqueta ósos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ósos. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de decembro de 2025

CAMIÑOS QUE CRUXEN


 

A artrose é a enfermidade articular dexenerativa, crónica e a máis frecuente na poboación adulta. Prodúcese polo desgaste do cartilaxe articular. A pesar de que este proceso de desgaste foi vinculado ao envellecemento durante moito tempo hoxe en día enténdese como unha condición na que inflúen factores como xenéticos, metabólicos e ambientais. 

O cartilaxe é o tecido que recobre os extremos dos osos nas articulacións. Cando se desenvolve a artrose o cartilaxe  perde as súas propiedades e incuso pode desaparecer facendo que os extremos de ambos osos rocen directamente, producindo dor.

Habitualmente localizase na columna cervical e lumbar, algunhas articulacións do ombreiro e dos dedos das mans, a articulación da raíz do polgar, a cadeira, o xeonllo e a articulación do comezo do dedo gordo do pe. 

Cales son os síntomas?

O síntoma máis frecuente é a dor. Esta dor soe aparecer cando se exixe un esforzo a articulación danada e xeralmente empeora a medida que avanza o día. Este dor pode aparecer co repouso ou descanso se a enfermidade avanza.

Na artrose da columna vertebral, prodúcese dor de pescozo ou da rexión lumbar, dificultade para o movemento e contractura dos músculos da rexión afectada. 

Outros síntomas son as deformidades articulares ou as limitacións da mobilidade con dor á presión, estralos e crepitacións da articulación. 

Síntomas habituais

  • Dor articular
  • Deformidade articular
  • Inflamación nas articulacións
  • Rixidez
Orixe

Esta enfermidade non é hereditaria pero si que ten un compoñente de risco xenético.

A artrose comeza con unha alteración na cartilaxe que protexe as superficies articulares provocando a súa dexeneración. Este dano inicial pode provocar respostas celulares que intenten reparar a cartilaxe pero a miúdo son desadaptativas. 

Finalmente a cartilaxe deteriórase e os osos que están debaixo poden rozarse o que leva a formación de esporóns óseos (osteofitos) nos bordes da articulación e causa dos síntomas característicos. 


Factores que favorecen a artrose 

Existen factores de risco que favorecen esta enfermidade, hai algúns que podemos evitar pero outros que  non son modificables.

Os factores non modificables son a idade, o sexo, a xenética e as deformidades óseas. O risco desta enfermidade aumenta a medida que cumprimos anos, é moi común que esta enfermidade apareza despois dos 65 anos. Tamén as mulleres despois da menopausa son máis propensas a padecela.

Pero así como hai factores non modificables tamén hai outros que son modificables como a obesidade, as lesións, a sobrecarga repentina ou o tabaquismo. Con obesidade podemos cargar sobre articulacións danadas que aumenta a posibilidade de que produzan proteínas inflamatorias. As lesións ou sobrecargas incitan a estas enfermidades por bruscos movementos ou traballos forzados. Por último o tabaquismo inflúe ao deterioro articular por o seu efecto oxidante. 

Outros factores poden ser enfermidades metabólicas como a diabetes ou a inflamación que contribúe ao deterioro articular por o seu efecto oxidante. 

Tipos segundo a zona infectada
  •  Artrose de pelve: Os síntomas máis habituais son a dor na ingua, muslo ou glúteo, rixidez ao levantarse ou perda de mobilidade na cadeira. 
  • Artrose cervical: Desgaste das articulacións e cartilaxes das vértebras do pescozo. Os síntomas mais comúns son dor no pescozo, rixidez cervical, estralos e mareos. 
  • Artrose lumbar: Localízase nas vértebras da zona baixa das costas. Os síntomas mais comúns son a dor na parte baixa das costas, rixidez lumbar ou sensación de fricción.
  • Artrose de man: Localízase nos dedos e na base do polgar, os síntomas mais comúns son a dor na articulación, rixidez, inflamación ou vultos. 
  • Artrose de xeonllo: Localízase na cartilaxe que une os ósos da articulación do xeonllo. Os síntomas son dor de xeonllo, inflamación ou rixidez. 

Diagnóstico

O diagnóstico desta enfermidade realízase a través do historial clínico e a exploración física. Algúns casos necesitan probas complementarias.

Estas probas poden ser análises do líquido sinovial, para ver se presentan derrame articular. Tamén se utilizan radiografías que mostran o estreitamento do espazo articular, osteofitos e cambios nos osos.


Tratamento

O tratamento adoitase basear en aliviar a dor e mellorar a función articular.

  • Tratamentos non farmacolóxicos: Estes adoitan ser os máis importantes e a clave para aliviar a dor. Normalmente soen ser exercicios e fisioterapia que axudan a fortalecer músculos e mellorar a flexibilidade. Tamén é necesario controlar o peso para poder reducir a carga sobre as articulacións.
  • Tratamentos farmacolóxicos: Os analxésicos soen ser os mellores para reducir a dor coma por exemplo o paracetamol. Tamén para reducir a inflamación pódenos receitar antiinflamatorios como o ibuprofeno. 


Unha estrutura desequilibrada

O noso corpo está formado polo sistema óseo, que se encarga principalmente de proporcionar soporte ao corpo. Como outros sistemas, este pódese ver afectado por distintas afeccións, entre as que destaca a enfermidade de Paget.

En que consiste?

Esta enfermidade é un trastorno crónico que pode ser de dous tipos: monostótica, se afecta a un só óso; ou polostiótica, se afecta a varios ósos. Provoca un alteramento no proceso de descomposición e crecemento do óso, facendo que este se volva máis grande e á vez máis débil o que facilita que se deforme e se fracture. Esta patoloxía pode afectar a calquera óso, aínda que os máis propensos a sufrila son: a pelves, o cranio, a columna vertebral, o fémur e a tibia.

A enfermidade pode estar determinada pola idade, xa que esta desenvólvese na etapa adulta e normalmente en persoas maiores de 50 anos. Tamén é máis común en homes que en mulleres e nas zonas de Inglaterra, Escocia, Europa central e Grecia. Outro factor de risco son os antecedentes familiares que fan que sexa máis probable que se desenvolva a enfermidade.

Causas da enfermidade de Paget.

Esta patoloxía prodúcese por un desequilibrio na función dos osteoclastos, encargados de destruír e reabsorber o óso vello, e os osteoblastos, encargados de formar o novo óso. Estas dúas células vólvense hiperactivas, incrementando así a remodelación do óso.

A pesar de isto, as causas que provocan este desequilibrio aínda non están moi claras, pero algúns científicos pensan que pode estar provocada por factores ambientais ou xenéticos, porque hai varios xenes que parecen estar relacionados e porque é común que máis de un membro dunha familia a sofra. Tamén se ten asociado con algúns virus como o do sarampelo e o da rubéola.

Síntomas.

En moitas ocasións esta enfermidade é asintomática, pero cando ten síntomas estes son habitualmente confundidos con os da artrite posto que son similares. Algún de esos síntomas son:

  • Dor ósea, debido ao agrandamento do óso e as microfracturas que se producen pola súa fraxilidade.
  • Inflamación e deformación dos ósos: sobre todo aparecen arqueados os dos brazos e os das pernas, provocando estes últimos coxeira. Tamén pode causar un agrandamento do cranio o que pode derivar en xordeira ou mareos, e cando ocorre na columna vertebral provoca a aparición dunha xiba.
  • Dor articular, debido a que os ósos afectados poden exercer unha maior presión nelas, desgastando a cartilaxe. 
  • O crecemento do óso fai que aumente a cantidade de vasos sanguíneos nel, e que así aumente nese zona a temperatura.

Ademais, a enfermidade de Paget pode causar fracturas, deformidades, e outras patoloxías como artrite, problemas neurolóxicos, distintos problemas cardíacos ou incluso cáncer de óso.

Diagnóstico e tratamento

Esta enfermidade diagnostícase mediante analíticas do sangue, radiografías e gammagrafías óseas.

Unha vez diagnosticada, pode ser tratada con distintos medicamentos que controlan a formación e descomposición excesiva de óso, analxésicos, antiinflamatorios, cirurxía, fisioterapia ou dieta e suplementos.








ÓSOS FÓRA DE CONTROL





O sistema óseo é o encargado de soster o noso corpo e permitir o movemento deste. Este sistema está formado por todos os ósos do noso corpo. Cando un deles altera a súa forma ou estrutura pode afectar a forma na que nos movemos e soportamos o peso corporal. Un exemplo de como o cambio nos nosos ósos pode afectar ao funcionamento do corpo é a enfermidade do Paget.

Que é a enfermidade do Paget?

A enfermidade do Paget é un trastorno que afecta ao proceso de renovación dos ósos. En condicións normais, os nosos ósos están en continuo proceso de destrución e formación de tecido óseo. Este proceso recibe o nome de remodelado óseo, en el participan 2 células principais:
  • Os osteoclastos: encárganse de destruír ou eliminar o óso vello.
  • Os osteoblatos: forman óso novo que reempraza ao antigo xa destruído.
Estes procesos de destrución e formación ósea teñen que levarse acabo simultaneamente e de maneira equilibrada. Cando este equilibrio desaparece e os osteoclastos traballan demasiado rápido, os osteoblastos intentan compensar esta destrución acelerada coa creación de novo óso de forma rápida e desordenada. Como resultado, os ósos que se forman son máis grandes pero tamén con unha estrutura interna irregular que os volve fráxiles.
Esta enfermidade e pouco común, e afecta a poucos ósos do noso corpo. Os ósos máis comúns en ser afectados son: a pelve, o cranio, as pernas e a columna vertebral.

De onde xorde esta enfermidade? Que a causa?

A causa exacta de por que se desenvolve esta enfermidade non se coñece polo momento, pero hai dúas hipóteses: a xenética ou algunha infección anterior.

  • Xenética

Observouse que a enfermidade pode presentarse en varios membros de unha familia. Este feito suxire que existe algún factor hereditario.
Debido a certas mutacións nalgúns xenes, os osteoclatos alteran o seu comportamento/funcionamento. Isto podería axudar a entender a razón pola que ocorre a destrución acelerada do óso na enfermidade do Paget. 
Deste xeito, se un familiar próximo ten a enfermidade, aumenta as posibilidades de que se desenvolva.

  • Infeccións anteriores
A existencia de restos de virus anteriores no interior dos osteoclatos podería ser outra causa posible. Son fragmentos de virus que quedan nas células dende hai anos e que poden afectar no seu funcionamento.
Esta teoría non está confirmada pero explica o motivo do cambio da actividade nos osteoclastos.

Síntomas da enfermidade do Paget? Como se diagnostica?

Esta enfermidade moitas veces non presenta síntomas, ou cando os presenta confúndense cos de unha artrite ou outros problemas do sistema óseo. Por isto moitas persoas que a teñen e non o saben. Os síntomas máis comúns son:
  1. Dor óseo ou articular: pode ser debido a propia enfermidade do Paget ou a artrite que é unha complicación da enfermidade, das que falaremos a continuación.
  2. Dor de cabeza e perda de audición: cando a enfermidade afecta aos osos do cranio.
  3. Presión sobre os nervios: cando o/os ósos afectados pola enfermidade están no cranio. Cando isto sucede produce moita dor, formigueo, debilidade e incluso problemas de mobilidade.
  4. Dor de cadeira: preséntase cando a enfermidade afecta a os ósos da pelve ou ao fémur.
E importante recalcar que esta enfermidade non se propaga pos ósos sans, só avanza nas zonas xa afectadas.
O diagnostico desta enfermidade baséanse na combinación de varios elementos. No primeiro lugar un profesional revisa o historial clínico do paciente realizando diferentes preguntas sobre os síntomas anteriormente mencionados. Despois realizarase un exame físico para detectar aumento dos ósos, zonas dolorosas, mala postura ou fallos no movemento. O que confirma a presencia ou ausencia da enfermidade e unha radiografía.


Complicacións da enfermidade

A enfermidade pode levar a múltiples complicacións. As máis habituais son:
  • Artrite: os ósos deformados desgastan máis as articulacións.
  • Insuficiencia cardíaca: o corazón traballa máis para enviar sangue aos ósos afectados.
  • Cálculo renais: a descomposición excesiva dos ósos librea moito calcio.
  • Dentes soltos: si afecta a óso da mandíbula ou cara.
Outras menos habituais son:
  • Cancro de óso
  • Perda de visión: se a enfermidade está no cranio e afecta aos nervios visuais.

Hai cura para esta enfermidade?

Non existe un tratamento que elimine esta enfermidade, pero si hai algúns que controlan os síntomas e evitan complicacións. O tratamento principal son os medicamentos (en especial os bisfosfonatos) que axudan a diminuír a dor e a frear o avance da enfermidade do Paget. En casos extremos realízase unha cirurxía que consiste en, por exemplo, corrixir fracturas, substituír unha articulación moi danada ou aliviar a presión sobre un nervio.
Aparte dos tratamentos médicos, unha boa alimentación rica en calcio e vitamina D, e realizar unha actividade física adecuada pode axudar a fortalecer os ósos.




BONE-DERLAND: UN PAÍS DE ÓSOS TOLOS

 


Moitas veces pensamos que a dor de pernas é por estar cansos, por facer deporte ou por pasar moitas horas de pé, pero non sempre é así. Isto pode ocorrer por culpa da enfermidade de Paget, que é un problema que afecta aos ósos que fai que non se formen como deberían e se volvan máis deformes cambiando pouco a pouco a súa estrutura. 
Cando esta enfermidade parece nas pernas poden empezar a doer moito e cambiar a forma. Por culpa diso cada vez custa máis camiñar, subir escaleiras...

Que é a enfermidade de Paget?

A enfermidade de Paget é un problema que fai que os ósos non funcionen como deberían. Normalmente, o corpo rompe parte do óso vello e logo forma óso novo, pero nesta enfermidade ese proceso volvese raro. O óso rómpese demasiado e logo volve a crecer moi rápido, polo que remata sendo máis grande e máis brando do normal. Isto fai que poda deformarse ou romperse con máis facilidade.

Por lo xeneral esta enfermidade non afecta todo o corpo, senón uns poucos ósos concretos.

Que causa a enfermidade de Paget?

Actualmente non sabemos exactamente que é o que causa esta enfermidade. Pénsase que pode ser por culpa dos xenes e que pode ser hereditaria, por culpa dunha especie de fallo nas células que crean o óso que fan que se forme de maneira descontrolada.

Que síntomas ten?

Normalmente a enfermidade de Paget non provoca síntomas, pero cando aparecen poden ser calquera dos seguintes:



  • Dor ósea: debido ao agrandamento dos ósos e formación de microfracturas.
  • Deformación dos ósos: os ósos arquéanse e depende da zona na que ocorra pode afectar dunha forma ou doutra.
  • Dor articular: por culpa da deformación dos ósos facemos máis esforzo nas articulacións.


Onde é máis normal que apareza?

As partes do corpo máis afectadas son a pelve (pode causar dor de costas ou cadeira), o cranio (pode causar dor de cabeza, xordeira e deformidades faciais), a columna vertebral (pode causar debilidade nas extremidades) e as pernas (pode causar dor e arqueamento dos ósos).

Quen ten máis risco de contraer esta enfermidade?

Esta enfermidade podémola atopar sobre todo na xente da terceira idade e se ten descendentes con este problema é aínda máis posible tela.

Que outros problemas pode causar?

A enfermidade de Paget non só afecta aos ósos, tamén pode causar outras complicacións:

  • Artrite: Os ósos deformados poden premer máis as articulacións e facer que se desgasten, causando dor e dificultade para moverse.

  • Insuficiencia cardíaca: Nos casos graves, o corazón ten que traballar máis para enviar sangue aos ósos afectados. Isto pode ser perigoso sobre todo se a persoa tamén ten as arterias máis ríxidas do normal.

  • Cálculos renais: Como o óso se rompe demasiado rápido pode haber demasiado calcio no corpo e iso pode formar pedras nos riles.

  • Problemas no sistema nervioso: Se os ósos medran mal poden premer o cerebro, a medula espiñal ou os nervios e tamén reducir o fluxo de sangue a estas zonas.

  • Osteosarcoma: É un tipo de cancro de óso pouco frecuente, pero pode aparecer en persoas con esta enfermidade.

  • Dentes soltos: Pode ocorrer se a enfermidade afecta os ósos da cara ou da mandíbula.

  • Perda de visión: É unha complicación rara pero pode pasar se o Paget no cranio afecta os nervios relacionados coa vista.

Que tratamentos podemos levar a cabo?

É importante detectar e tratar a enfermidade de Paget canto antes para evitar complicacións. Os tratamentos máis habituais son:

  • Medicamentos:
    Hai varios tipos pero os máis usados son os bifosfonatos. Estes axudan a reducir a dor nos ósos e a frear o avance da enfermidade.

  • Cirurxía:
    A veces é necesaria cando aparecen certas complicacións. As operacións poden servir para:

    • Axudar a que as fracturas curen nunha posición mellor.

    • Substituír articulacións como o xeonllo ou a cadeira cando hai unha artrite moi grave.

    • Corrixir un óso deformado para reducir a dor en articulacións que soportan peso
      especialmente os xeonllos.

    • Reducir a presión sobre un nervio cando o crecemento do cranio ou problemas na columna afectan o sistema nervioso.


      En conclusión, a enfermidade de Paget é unha patoloxía que afecta ao crecemento dos ósos. A detección temperá e o tratamento adecuado son fundamentais para evitar complicacións e manter unha boa calidade de vida.

ENTRE O AIRE E O ÓSO

 

Que é o Pectus Excavatum e porque ocorre?

Que é o pectus excavatum?
O pectus excavatum é o nome que se lle dá a unha deformidade conxénita da parede torácica. Nesta afección, o esterno está afundido, formando unha depresión no peito, ás veces chamada "peito en funil". Actualmente, este tipo de deformidade torácica primaria é a máis común. Máis do 80 % destes casos danse en homes.
Isto analizarase ao longo desta publicación.

Por que ocorre isto? Causas e factores asociados
Non hai unha única causa para esta afección, pero as investigacións suxiren varios factores:

1. Crecemento anormal da cartilaxe costal
O mecanismo máis amplamente aceptado é que as cartilaxes que conectan as costelas co esterno medran de forma desigual ou excesiva, empurrando o esterno cara a dentro.

2. Compoñente xenético
A miúdo obsérvase un historial familiar, o que indica un factor hereditario.

3. Asociacións con outras afeccións
Non sempre ocorre de forma illada; ás veces está relacionado con:
  • Escoliose (curvatura da columna vertebral)
  • Síndrome de Marfan
  • Síndrome de Poland
  • Trastornos do tecido conxuntivo
Pero na maioría dos casos aparece de forma illada e sen enfermidades asociadas.

Síntomas: Como se manifesta?
O pectus excavatum pode variar moito dunha persoa a outra. Hai casos moi leves, case imperceptibles, e outros que son máis pronunciados.

1. Síntomas físicos máis comúns
  • Afundimento visible no centro do peito
  • Asimetría pectoral
  • Resistencia ao exercicio reducida
  • Falta de aire durante o esforzo intenso
  • Fatiga durante as actividades deportivas
 2. Síntomas emocionais e psicolóxicos
Especialmente durante a adolescencia, son comúns os seguintes:
  • Baixa autoestima
  • Vergoña por mostrar o torso
  • Inseguridade corporal
Diagnóstico: Como se identifica?
O diagnóstico adoita ser clínico, o que significa que abonda con observar a forma do peito. Non obstante, utilízanse varios métodos para avaliar a gravidade:
 
1. Exploración física
O médico avalía a profundidade da escavación  , a simetría e a forma.

2. Índice de Haller
Este obtense mediante unha tomografía computerizada e mide a relación entre o ancho do peito e a distancia entre o esterno e a columna vertebral.

Axuda a clasificar a gravidade:
  • Leve
  • Moderada
  • Grave
3. Probas adicionais
  • Espirometría (función pulmonar)
  • Electrocardiograma
  • Ecocardiograma
Estas probas determinan se a deformidade afecta o corazón ou os pulmóns.

Tratamentos: Que opcións hai dispoñibles?
O tratamento depende da gravidade, a idade e os síntomas.

1. Observación (casos leves)
Cando a depresión é leve e non produce síntomas físicos significativos, as revisións periódicas adoitan ser suficientes.

2. Exercicios e fisioterapia
Estes non corrixen completamente a malformación, pero poden:
  • Mellorar a postura
  • Fortalecer os músculos pectorais e das costas
  • Aumentar a capacidade respiratoria
Son especialmente útiles en casos leves e moderados.

3. Campá de vacío
Un dispositivo que crea succión no esterno e axuda a elevalo gradualmente.
Funciona mellor en adolescentes cun peito flexible.

4. Cirurxía
Indicada en casos moderados a graves ou cando hai deterioración funcional.

As dúas técnicas máis comúns son:
 
Procedemento de Nuss
  • Cirurxía minimamente invasiva
  • Insírese unha barra metálica que empurra o esterno cara a fóra
  • A barra permanece no seu lugar durante 2-4 anos
  • É a máis utilizada na actualidade
Procedemento de Ravitch
  • Máis tradicional
  • Require a extirpación da cartilaxe deformada e o reposicionamento do esterno
  • Úsase en casos moi complexos ou asimétricos
Prognóstico:
Que se pode esperar?
O pectus excavatum, especialmente en casos leves, non adoita afectar gravemente a saúde.
Cos tratamentos actuais, a corrección estética e funcional é excelente na maioría dos casos.
Ademais, moitas persoas levan unha vida completamente normal, mesmo participando en actividades deportivas intensas.



CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...