Amosando publicacións coa etiqueta patoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta patoloxía. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de decembro de 2025

ENTRE O AIRE E O ÓSO

 

Que é o Pectus Excavatum e porque ocorre?

Que é o pectus excavatum?
O pectus excavatum é o nome que se lle dá a unha deformidade conxénita da parede torácica. Nesta afección, o esterno está afundido, formando unha depresión no peito, ás veces chamada "peito en funil". Actualmente, este tipo de deformidade torácica primaria é a máis común. Máis do 80 % destes casos danse en homes.
Isto analizarase ao longo desta publicación.

Por que ocorre isto? Causas e factores asociados
Non hai unha única causa para esta afección, pero as investigacións suxiren varios factores:

1. Crecemento anormal da cartilaxe costal
O mecanismo máis amplamente aceptado é que as cartilaxes que conectan as costelas co esterno medran de forma desigual ou excesiva, empurrando o esterno cara a dentro.

2. Compoñente xenético
A miúdo obsérvase un historial familiar, o que indica un factor hereditario.

3. Asociacións con outras afeccións
Non sempre ocorre de forma illada; ás veces está relacionado con:
  • Escoliose (curvatura da columna vertebral)
  • Síndrome de Marfan
  • Síndrome de Poland
  • Trastornos do tecido conxuntivo
Pero na maioría dos casos aparece de forma illada e sen enfermidades asociadas.

Síntomas: Como se manifesta?
O pectus excavatum pode variar moito dunha persoa a outra. Hai casos moi leves, case imperceptibles, e outros que son máis pronunciados.

1. Síntomas físicos máis comúns
  • Afundimento visible no centro do peito
  • Asimetría pectoral
  • Resistencia ao exercicio reducida
  • Falta de aire durante o esforzo intenso
  • Fatiga durante as actividades deportivas
 2. Síntomas emocionais e psicolóxicos
Especialmente durante a adolescencia, son comúns os seguintes:
  • Baixa autoestima
  • Vergoña por mostrar o torso
  • Inseguridade corporal
Diagnóstico: Como se identifica?
O diagnóstico adoita ser clínico, o que significa que abonda con observar a forma do peito. Non obstante, utilízanse varios métodos para avaliar a gravidade:
 
1. Exploración física
O médico avalía a profundidade da escavación  , a simetría e a forma.

2. Índice de Haller
Este obtense mediante unha tomografía computerizada e mide a relación entre o ancho do peito e a distancia entre o esterno e a columna vertebral.

Axuda a clasificar a gravidade:
  • Leve
  • Moderada
  • Grave
3. Probas adicionais
  • Espirometría (función pulmonar)
  • Electrocardiograma
  • Ecocardiograma
Estas probas determinan se a deformidade afecta o corazón ou os pulmóns.

Tratamentos: Que opcións hai dispoñibles?
O tratamento depende da gravidade, a idade e os síntomas.

1. Observación (casos leves)
Cando a depresión é leve e non produce síntomas físicos significativos, as revisións periódicas adoitan ser suficientes.

2. Exercicios e fisioterapia
Estes non corrixen completamente a malformación, pero poden:
  • Mellorar a postura
  • Fortalecer os músculos pectorais e das costas
  • Aumentar a capacidade respiratoria
Son especialmente útiles en casos leves e moderados.

3. Campá de vacío
Un dispositivo que crea succión no esterno e axuda a elevalo gradualmente.
Funciona mellor en adolescentes cun peito flexible.

4. Cirurxía
Indicada en casos moderados a graves ou cando hai deterioración funcional.

As dúas técnicas máis comúns son:
 
Procedemento de Nuss
  • Cirurxía minimamente invasiva
  • Insírese unha barra metálica que empurra o esterno cara a fóra
  • A barra permanece no seu lugar durante 2-4 anos
  • É a máis utilizada na actualidade
Procedemento de Ravitch
  • Máis tradicional
  • Require a extirpación da cartilaxe deformada e o reposicionamento do esterno
  • Úsase en casos moi complexos ou asimétricos
Prognóstico:
Que se pode esperar?
O pectus excavatum, especialmente en casos leves, non adoita afectar gravemente a saúde.
Cos tratamentos actuais, a corrección estética e funcional é excelente na maioría dos casos.
Ademais, moitas persoas levan unha vida completamente normal, mesmo participando en actividades deportivas intensas.



mércores, 4 de xuño de 2025

VISTA NUBLADA

 

Que é o Astigmatismo?

O Astigmatismo é unha enfermidade ocular que afecta á nitidez, o ollo normalmente é redondo pero as persoas que padecen de Astigmatismo teñen os ollos máis ovalados e iso fai que vexan borroso, é bastante común xa que o 26% dos españois padecen esta enfermidade. O astigmatismo é unha enfermidade hereditaria, non ten nada que ver con cousas como as pantallas ou ler con pouca luz. Pode ter dous formas distintas, horizontal ou vertical, a diferenza é que o ollo es máis ancho no horizontal pero menos alto e viceversa no vertical. O Astigmatismo afecta á visión porque a forma irregular da córnea non enfoca nítidamente os raios de luz, por iso vese borroso. 
Vídeo explicativo sobre o Astigmatismo:



En https://www.aao.org/salud-ocular/enfermedades/astigmatismo encontrarán unha información máis específica sobre o tema.

Causas do Astigmatismo

Como xa se mencionou anteriormente, o Astigmatismo é unha enfermidade hereditaria, non existe forma algunha de previlo o saber porqué ocorre. A pesar diso pode aparecer asociado a distintas enfermidades do ollo como a miopía, estrabismo ou queratocono. Tamén existe a posibilidade de que unha cirurxía salga mal e como consecuencia apareza o astigmatismo, ou tamén pode aparecer por un golpe ou lesión no ollo.

Síntomas

- Fatiga visual
- Proído
- Problemas ao enfocar- Visión borrosa
- Mareos ou dores de cabeza polo sobreesforzo do ollo
- Visión borrosa

Tratamento

Os tratamentos do astigmatismo están para corrixir a desviación dos raios de luz é adaptalos á forma do ollo para que se poida ver con nitidez.
Pode ser corrixido mediante gafas con unhas lentes graduadas correspondendo o grado de Astigmatismo que teña o paciente, tamén pode ser corrixido mediante cirurxía.
Hai dous tipos de cirurxías:
-Técnica Lasik: O médico utiliza un instrumento para levantar unha fina capa de tecido corneal e así liberar a zona ocular onde vai a actuar un Láser para corrixir e moldear a forma de córnea. Por último recolocase o tecido extraído da córnea para que cure de forma natural. O seguinte vídeo explica a técnica Lasik.  




-Lentes Intraoculares: Este tratamento consiste en colocar unha lente artificial sen substituír á natural, é útil porque hai formas de córneas que o Lasik non pode corrixir así que esta e unha alternativa que poden escoller as persoas de ese caso, e é un pouco máis segura que o Lasik. Hai varios tipos de lentes intraoculares.
  • Lentes epicristalinas: Son as máis común hoxe en día, colócanse na parte posterior do ollo, detrás do Iris e diante do cristalino.
  • Lentes de fixación iradiana: Neste caso a lente colócase na cámara anterior do ollo, por diante do Iris.
  • Lentes de apoio angular: Colócanse na cámara anterior do ollo e as súas terminación están no ángulo desta cámara.




O seguinte vídeo fala sobre este tratamento: 



martes, 25 de marzo de 2025

CANDO O CORAZÓN VAI COMA UNHA TARTARUGA

 


O bloqueo auriculoventricular, comunmente chamado bloqueo AV, é unha interrupción da transmisión dos estímulos eléctricos que controlan o ritmo e frecuencia cardíaca. Como resultado atopámonos un corazón cun latido lento, sen poder bombear a suficiente sangue a través das arterias. Este trastorno cardíaco é pouco común e pode orixinarse por distintas causas, por exemplo, coma consecuencia dun infarto de miocardio ou dunha valvulopatía, polo aumento da actividade do nervio vago,  provocado por medicamentos, por cardiopatías conxénitas e trastornos xenéticos entre outros.

Existen distintos tipos de bloqueos AV, o bloqueo tipo 1, tipo 2 e tipo 3, pero imos profundizar un pouco máis:

  • Bloqueo AV tipo 1:  Prodúcese un retraso no paso do estímulo eléctrico polo nodo AV ou no sistema His-Purkinje ,o estímulo chega ata os ventrículos, pero móvese mas lento do normal. Este é o tipo máis leve de bloqueo cardíaco no cal non existe interrupción da condución auriculovetricular.Na maioría dos casos no é necesario ningún tratamento.
  • Bloqueo AV tipo 2: os impulsos cardíacos interrómpense de forma intermitente. Segundo determinadas características dun electrocardiograma podemos distinguir dous tipos:

    • Tipo Morbitz 1: Obsérvase un latido progresivamente máis lento da condución auriculoventricular ata interromperse o paso do impulso. Malia que neste caso non se considera necesario un tratamento, se o doente chega a causarlle bradicardia sintomática irreversible sería necesario a implantación dun marcapasos.
    • Tipo Morbitz 2: Os fallos nos latidos son máis frecuentes, cun latido irregular uo máis lento do normal. Este tipo de bloqueo é menos frecuente que os anteriores é polo xeral implica unha cardiopatía previa.
  • Bloqueo AV tipo 3 ou completo: A sinal eléctrica está totalmente bloqueada, como consecuencia o ventrículo comeza a latir de forma autónoma, estes latidos son irregulares e pouco fiables. A maioría dos doentes necesitan a implantación dun marcapasos, a non ser que dito bloqueo estea causado polo uso de determinados fármacos antiarrítmicos.
Como xa se comentou, a implantación dun marcapasos é a solución na maioría dos casos, xa que regula o ritmo cardíaco. Un marcapasos é un pequeno dispositivo que se implanta de forma subcutánea. Este dispositivo está formado por un xerador, o cal contén a pila e a información para controlar o latido cardíaco, e uns cables que saen do xerador ata o miocardio levando as mensaxes eléctricas.





CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...