A alimentación é un dos factores que máis inflúe na nosa saúde. A través dos alimentos que inxerimos obtemos a enerxía e os nutrientes necesarios para o correcto funcionamento do organismo, pero tamén pode chegar a ser a orixe de moitos problemas de saúde distintos se non temos unha dieta equilibrada Un dos moitos problemas que pode causar unha mala alimentación esta a dislipidemia. Esta consiste nunha alteración dos niveis de graxas no sangue.
Que é a dislipidemia?
A dislipidemia consiste na alteración nos niveis de lípidos presentes no sangue, principalmente do colesterol e dos triglicéridos (graxas). Prodúcese cando estes compoñentes aparecen en cantidades demasiado altas ou cando o colesterol bo (HDL) esta demasiado baixo. Aínda que as graxas son indispensables na nosa dieta, o seu exceso pode provocar graves problemas de saúde.
Esta enfermidade está súper relacionada coa alimentación debido a que os lípidos presentes no noso sangue proceden da dieta, e un consumo excesivo de graxas saturadas, azucres ou alimentos ultraprocesados pode contribuír a que os niveis de colesterol e triglicéridos sexan mais altos do debido.
Que tipos de graxas están implicadas na dislipidemia?
Como se menciona anteriormente, os lípidos son os principais causantes desta enfermidade, en concreto son: o colesterol e os triglicéridos.
Por un lado, o colesterol cumpre funcións esenciais no organismo, como formar parte das membranas celulares e participar na produción de hormonas. Pero o seu exceso provoca que este se acumule nas paredes das arterias provocando problemas como a arterioclerose.
Por outro lado, os triglicéridos son unha forma de almacenamento de enerxía no corpo, pero, canso se consumen en exceso o organismo o almacénaos no tecido graxo ou os triglicéridos restantes circulan no sangue.
Cales son os seus síntomas? Como se detecta?
Un dos grandes problemas da dislipidemia é que na gran maioría dos casos non mostra síntomas evidentes. E por isto que se considera unha enfermidade silenciosa, xa que moitas persoas poden pasar anos con ela sen sabelo.
Nos casos máis avanzados deste trastorno poden aparecer xantomas ou problemas nas arterias. Sen embargo o máis común é que se detecte antes.
A forma máis habitual de detectar a dislipidemia é mediante unha análise de sangue, en concreto dun perfil lipídico no que se miden os niveis de colesterol HDL, LDL e triglicéridos.
Cos resultados desta proba pode saberse se a cantidade de graxas no sangue está dentro do saudable ou se existe un risco de desenvolver enfermidades cardiovasculares (infartos ou ictus, son unha das principais causas de morte no mundo).
Como evitar a enfermidade?
Existen varios factores que poden contribuír ao desenvolvemento desta alteración. Entre eles destacan unha alimentación rica en graxas saturadas e azucres, o sedentarismo, o sobrepeso, ou a obesidade. Inflúen tamén outros factores como a xenética, a idade ou certas enfermidades do metabolismo.
Cando falamos de evitar a enfermidade a alimentación ten un papel clave. Levan a acabo unha alimentación equlibrada axuda a regular os niveis de colesterol e triglicéridos no sangue.
É recomendable aumentar o consumo de alimentos como: froitas, verduras, cereais integrais, legumes e peixe. Tamén axuda reducir o consumo doutros alimentos como: graxas saturadas, alimentos ultraprocesados e produtos con moito azucre
Obesidade e dislipedemia
Aínda que estan relacionados, non sempre que unha persoa ten obesidade presenta dislipidemia. A obesidade, sobre todo cando se trata de acumulación excesiva de graxa abdominal pode cambiar o metabolismo das graxas no organismo, o que pode dar lugar a un aumento dos triglicéridos e do colesterol malo (LDL) e unha baixada do colesterol bo (HDL), e dicir, da lugar a dislipidemia.
Aínda así, non todas as persoas con obesidade desenvolven dislipidemia xa que inflúen outros factores mencionados anteriormente.
Cal é o tratamento da dislipedemia?
O tratamento adoita comezar con cambios no estilo de vida, especialmente na alimentación e nos hábitos relacionados con deporte. A perda de peso nos casos onde a enfermidade e causada por sobrepeso pode axudar a mellorar os niveis de lípidos no sangue.
Cando estas medidas non son suficientes, o médico pode recomendar tratamentos farmacolóxicos para reducir o colesterol ou os triglicéridos. O obxectivo principalmente é manter os niveis de graxas equilibrados coas necesidades do corpo para así reducir o risco de complicacións cardiovasculares.

Ningún comentario:
Publicar un comentario