mércores, 3 de xuño de 2026

CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE


 


O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunican con pequenas descargas eléctricas. Cando este sistema de comunicación sofre un cambio, e dicir, se altera, poden producirse episodios de actividade eléctrica excesiva que é  o que nos coñecemos como epilepsia.

Que é a epilepsia?

A epilepsia é un trastorno crónico do sistema nervioso central, formado por o encéfalo e a medula espiñal. Normalmente, as neuronas envían as sinais a todo o corpo mediante impulsos eléctricos e fano de forma organizada. Na epilepsia, un grupo de neuronas comeza a emitir os sinais eléctricos de forma repentina, desproporcionada e desordenada.

Isto coñecese como crise epiléptica. Dependendo da parte do cerebro onde ocorra a persoa pode experimentar: 

  • Movementos involuntarios

  • Alteracións nos sentidos  

  • Perda de consciencia.

De onde xorde esta enfermidade e que a causa?

Aínda que en moitos casos (arredor dun 50%) non se pode ver unha causa exacta, existen varios factores que poden levar a aparición da epilepsia. Estes factores son:

  • Xenética: algúns tipos de epilepsia son hereditarios. Existen certas mutacións xenéticas poden facer que o cerebro sexa máis sensible a estas descargas eléctricas repentinas.

  • Lesións cerebrais: os golpes fortes na cabeza, tumores ou os accidentes vasculares poden deixar cicatrices no tecido cerebral que dificultan e cambian a comunicación entre neuronas.

  • Enfermidades infecciosas: certas infeccións que afectan ao cerebro como a meninxite, a encefalite ou outras similares poden axudar a que apareza a epilepsia.

  • Problemas no desenvolvemento: os trastornos como o autismo ou a neurofibromatose ás veces se relacionan coa epilepsia.

Cales son os seus síntomas? Como se diagnostica?

Os síntomas da epilepsia cambian segundo o tipo de crise que sufra a persoas. As crises mais coñecidas son más que o afectado cae ao chan e convulsiona, pero non todas son así. Os síntomas máis comúns son:

  • Confusión temporal: a persoa parece ausente por uns momentos.

  • Movementos espasmódicos: sacudidas incontrolables en brazos e pernas, son as coñecidas convulsións.

     

  • Síntomas psíquicos: sensacións de medo, ansiedade ou o coñecido déjà vu.

O sei diagnóstico realízase mediante o estudo do historial clínico do paciente realizado por parte dun neurólogo. O que confirma a enfermidade son probas mais específicas como o electroencefalograma, que sirve para rexistrar a actividade eléctrica do cerebro, ou probas de imaxe como a resonancia magnética usadas para buscar lesións físicas no cerebro.

Complicacións da enfermidade

A maioría das persoas con epilepsia poden levar unha vida normal. Aínda que hai algunhas complicacións causadas polas crises. Estas complicacións poden ser:

  • Caídas e traumatismos: os golpes durante unha crise poden causar fracturas ou feridas no corpo.

  • Afogamento: hai un maior risco se a crise ocorre mentres se nada ou se está na bañeira.

  • Problemas de saúde emocional: son comúns a ansiedade e a depresión polo impacto social e o medo a sufrir unha crise en público.

  • Estado de mal epiléptico: consiste nunha crise que dura moito tempo ou en varias crises seguidas.

Hai cura para esta enfermidade?

Actualmente non se coñece unha cura definitiva que elimine a epilepsia para sempre, pero si hai tratamentos moi eficaces que pode controlar as crises. O tratamento principal son os medicamentos anticonvulsivos, que conseguen que arredor do 70% das persoas deixen de ter crises.

En casos onde os medicamentos non funcionan, existen hai opcións:

  • Cirurxía: Se as crises se dan nunha zona moi concreta do cerebro que non controla funcións vitais, pódese operar.

  • Estimulación do nervio vago: implánntase un dispositivo que envía sinais eléctricos co obxectivo de calmar a actividade cerebral.

  • Dieta cetoxénica: é unha alimentación específica baixa en hidratos e alta en graxas que axuda a reducir as crises. É eficaz en algúns nenos. 

     





CONEXIÓN INESTABLE

 

O cerebro é o órgano encargado de controlar os movementos, a postura e moitas das funcións do noso corpo. O seu correcto desenvolvemento é fundamental para que as persoas poidan realizar as actividades da vida diaria con normalidade. Porén, ás veces prodúcense lesións ou alteracións no cerebro durante o embarazo, o parto ou os primeiros anos de vida, o que pode afectar ao movemento e á coordinación.

Unha das condicións que pode provocar estas dificultades é a parálise cerebral. Esta consiste nun conxunto de trastornos permanentes do movemento e da postura causadas por unha lesión no cerebro en desenvolvemento.

Que é a parálise cerebral?

A parálise cerebral (PC) é un grupo de trastornos neurolóxicos que afectan ao cerebro e ao sistema nervioso. Estas alteracións poden influír no movemento, a postura, o equilibrio, a coordinación e, nalgúns casos, no aprendizaxe, a audición, a visión e o pensamento.

Existen diferentes tipos de parálise cerebral:

  • Espástica
  • Discinética
  • Atáxica
  • Hipotónica
  • Mixta

Cada persoa pode presentar síntomas e necesidades diferentes segundo o tipo e a gravidade da lesión cerebral.

Causas da parálise cerebral

A maioría dos casos de parálise cerebral teñen a súa orixe durante o embarazo, aínda que tamén poden producirse lesións cerebrais durante o parto ou na primeira infancia. Entre os factores máis frecuentes atópanse a falta de osíxeno en determinadas áreas do cerebro, o nacemento prematuro, as hemorraxias cerebrais, as infeccións que afectan ao sistema nervioso central, os traumatismos cranioencefálicos ou algunhas infeccións maternas durante a xestación, como a rubéola.

Tamén poden influír a ictericia grave non tratada, determinadas complicacións durante o parto ou a exposición do feto a substancias tóxicas, como o mercurio. Con todo, nalgúns casos non é posible identificar con exactitude a causa que provocou a lesión cerebral.

Síntomas

Os síntomas adoitan manifestarse antes dos dous anos de idade. Moitas veces son os propios pais quen detectan os primeiros sinais ao observar atrasos no desenvolvemento motor, como dificultades para sentar, gatear, poñerse de pé ou comezar a camiñar.

A forma máis frecuente é a parálise cerebral espástica, caracterizada por unha maior tensión muscular e rixidez que pode dificultar os movementos. Isto pode provocar alteracións na marcha, como camiñar de puntillas ou cruzando as pernas, así como limitación da mobilidade articular e debilidade muscular.

Ademais da espasticidade, algunhas persoas presentan movementos involuntarios, tremores, problemas de equilibrio e coordinación ou unha diminución do ton muscular. Tamén son frecuentes outras manifestacións asociadas, como dificultades de aprendizaxe, trastornos da fala, alteracións visuais ou auditivas e crises epilépticas.

Os problemas relacionados coa alimentación tamén poden aparecer con certa frecuencia. Algunhas persoas teñen dificultades para succionar, mastigar ou tragar os alimentos, o que pode acompañarse de babeo excesivo, estrinximento ou vómitos recorrentes. Nalgúns casos tamén se observan problemas respiratorios, un crecemento máis lento do esperado ou incontinencia urinaria.

Diagnóstico

O diagnóstico baséase fundamentalmente na observación do desenvolvemento e do comportamento motor do neno. Os profesionais sanitarios avalían aspectos como o ton muscular, os reflexos, a coordinación, o equilibrio e a evolución das habilidades motoras.

Tamén se analiza a persistencia de determinados reflexos primitivos que normalmente desaparecen durante o primeiro ano de vida. Para confirmar o diagnóstico ou investigar a causa da lesión cerebral poden empregarse probas de imaxe como a resonancia magnética, a tomografía computarizada ou a ecografía cerebral.


Tratamento

Na actualidade non existe unha cura definitiva para a parálise cerebral. O tratamento céntrase en mellorar a funcionalidade, favorecer a autonomía persoal e aumentar a calidade de vida.

Para conseguir estes obxectivos é fundamental un enfoque multidisciplinar no que participan diferentes profesionais, entre eles médicos especialistas, fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, logopedas, traballadores sociais e outros expertos segundo as necesidades de cada persoa.

A fisioterapia constitúe unha das intervencións máis importantes, xa que contribúe a mellorar a mobilidade, a forza muscular e o equilibrio. Pola súa banda, a terapia ocupacional axuda a desenvolver habilidades para as actividades da vida diaria, mentres que a logopedia resulta esencial cando existen dificultades de comunicación ou de deglutición.

Tamén poden empregarse dispositivos de apoio, órteses, andadores ou cadeiras de rodas para facilitar a mobilidade e a participación nas actividades cotiás. Ademais, moitas persoas precisan adaptacións educativas que favorezan a súa inclusión escolar.

En determinados casos, os tratamentos farmacolóxicos permiten controlar síntomas específicos. Os anticonvulsivantes utilízanse para tratar as crises epilépticas, mentres que a toxina botulínica e os relaxantes musculares poden contribuír a reducir a espasticidade e a rixidez muscular.

Cando as limitacións físicas son importantes ou aparecen deformidades articulares, pode ser necesaria a intervención cirúrxica. Estas operacións buscan mellorar a mobilidade, diminuír a dor e previr complicacións futuras. Actualmente tamén se investigan novas opcións terapéuticas, como a terapia de ondas de choque para o tratamento da espasticidade.


Posibles complicacións

A parálise cerebral pode asociarse a diversas complicacións ao longo da vida. Entre as máis habituais atópanse a osteoporose, as deformidades articulares, a escoliose, a luxación de cadeira e a artrite. Tamén poden aparecer problemas nutricionais, pneumonías por aspiración, lesións derivadas de caídas ou úlceras por presión en persoas con mobilidade reducida.

Ademais das consecuencias físicas, algunhas persoas afrontan dificultades de comunicación, alteracións cognitivas e situacións de estigmatización social que poden afectar ao seu benestar emocional e á súa participación na comunidade.

Prevención

Aínda que non sempre é posible evitar a aparición da parálise cerebral, existen medidas que poden reducir o risco. Un adecuado seguimento do embarazo, o control das enfermidades maternas, a prevención das infeccións e unha atención obstétrica de calidade son factores fundamentais. Nos embarazos considerados de alto risco, o control especializado resulta especialmente importante.

As persoas con parálise cerebral deben manter revisións periódicas cos distintos profesionais sanitarios para detectar de forma precoz posibles complicacións e optimizar a súa calidade de vida.

Conclusión

A parálise cerebral é unha condición neurolóxica permanente que afecta principalmente ao movemento e á postura debido a unha lesión no cerebro en desenvolvemento. A pesar de que non ten cura, o diagnóstico precoz e a intervención multidisciplinar permiten mellorar significativamente a autonomía, a participación social e a calidade de vida das persoas afectadas, favorecendo a súa inclusión plena na sociedade.




UNHA PEQUENA GLÁNDULA, GRANDES CAMBIOS

 

O noso corpo funciona como unha máquina coordinada, onde cada órgano desempeña un papel esencial. Entre estes órganos atópase a glándula tiroide, unha pequena estrutura situada no pescozo que actúa como centro de control do metabolismo. Cando esta glándula produce máis hormonas das necesarias, o corpo comeza a acelerar o seu funcionamento, o que leva ao hipertiroidismo.

QUE É?

O hipertiroidismo ocorre cando a glándula do tiroides produce mais hormonas tiroideas das que o corpo necesita. Estas hormonas controlan a velocidade na que funcionan moitos procesos do organismo.

O tiroides é unha pequena glándula situada na parte dianteira do pescozo con forma de bolboreta. Esta glándula produce hormonas que controlan como o corpo produce enerxías. Estes hormonas afectan a case todos os órganos do corpo e controlan moitas das funcións mais importantes do noso organismo.

CAUSAS 

As principais causas soen ser:

  • Enfermidades graves: É a causa mais frecuente. Isto é un trastorno auto inmune no que o sistema inmunitario ataca a tiroides e fai que produza demasiadas hormonas.

  • Nódulos tiroideos: Crecementos ou vultos na tiroides que comezan a producir hormonas por conta propia. 
  • Tiroidite: Inflamación da glándula tiroides causada por infeccións, problemas inmunitarios ou tras o embarazo. Isto provoca que as hormonas almacenadas se filtren cara o torrente sanguíneo.
  • Exceso de iodo: O iodo atópase nalgúns medicamentos, xaropes, algas ou suplementos a base de algas. Tomar demasiado pode causar que a tiroides produza hormonas de mais. 

  • Medicamentos ou suplementos: Tomar demasiadas hormonas tiroideas tamén poden causar síntomas de hipertiroidismo.
SÍNTOMAS

Os síntomas do hipertiroidismo poden variar dunha persoa a outra e aparecer de forma gradual ou repentina. En moitos casos, afectan a diferentes sistemas corporais, causando cambios físicos, emocionais e metabólicos. Recoñecer estas manifestacións é importante para identificar o problema a tempo e recibir unha avaliación médica axeitada. Os síntomas inclúen:

  • Nerviosismo ou irritabilidade

  • Fatiga

  • Debilidade muscular

  • Problemas para tolerar o calor

  • Problemas para durmir

  • Tremores, xeralmente nas mans

  • Latídos cardíacos irregulares ou rápidos

  • Diarrea
  • Perda de peso

  • Cambios de humor
  • Cambios menstruais

Os adultos maiores de 60 anos poden ter síntomas distintos aos máis novos. Por exemplo poden perder o apetito ou illarse das persoas, estes síntomas habitualmente pódense confundir con depresión ou demencia.


FACTORES DE RISCO

A identificación dos factores de risco que aumentan a probabilidade de desenvolver esta enfermidade, permite recoñecer con maior facilidade as persoas que poderían ter máis risco de padecela. Estes factores son:

  • Ser muller
  • Ter máis de 60 anos
  • Embarazo
  • Ter pasado por algunha cirurxía ou problema na tiroides
  • Ter antecedentes familiares de persoas que a padezan
  • Ter anemia perniciosa
  • Ter diabetes tipo 1

DIAGNÓSTICO

O hipertiroidismo diagnosticase principalmente mediante análise de sangue que miden as hormonas tiroideas, onde se soe atopar un baixo nivel de TSH ou un elevado nivel de T4 ou T3. Tamén avalíanse síntomas como a perda de peso, nerviosismo, palpitacións, tolerancia ao calor, etc. Poden realizarse probas complementarias como a detección de anticorpos tiroideos, unha ecografía ou unha gammagrafía da tiroides para determinar a causa do trastorno.



TRATAMENTO

Os tratamentos para esta enfermidade van desde medicamentos ou terapia con iodo activo, ata a cirurxiá da glándula do tiroides.

  •  Medicamentos: Soen ser medicamentos antitiroideos, que fan que a tiroides produza menos hormonas tiroideas. É probable que unha persoa que padeza esta enfermidade necesite tomar estes tratamentos de 1 a 2 anos é nalgúns casos varios anos. Outro medicamento son betablonqueantes que se empregan para reducir os síntomas , estes funcionan rapidamente e poden axudar a sentirse mellor.

  • Terapia con iodo radioactivo: Tratamento común e moi efectivo. Isto implica tomar iodo radioactivo por vía oral. Isto destrúe lentamente as células da glándula tiroides que producen a hormona tiroides. Este tratamento non é efectivo a largo prazo xa que mais tarde desenrolan hipertiroidismo.

  • Cirurxia: Realizase en casos raros, consiste en extirpar a maioría da glándula tiroidea. Se se extirpa a persoa deberá tomar medicamentos de por vida.

IMPACTO NA VIDA DIARIA

O hipertiroidismo ao causar ansiedade, nerviosismo, palpitacións, insomnio, cansazo e perda de peso entre outras, provoca que as actividades cotiás se fagan máis difíciles, dificultan o descanso, a  concentración ou incluso problemas para traballar. Se esta enfermidade trátase ben os síntomas poden mellorar facendo que tamén mellore a calidade de vida.









A BOLBORETA ATRAPADA


Esta enfermidade que vemos en pantalla é a enfermidade do bocio. Esta acontece cando a glándula tiroide crece desmesuradamente ata quedar como na fotografía.
  • Que é o bocio?
O Bozo é o crecemento irregular da glándula tiroide. O bocio pode ser de dous tipos:

  1. Agrandamento xeneral da glándula tiroide.
  2. Crecemento celular irregular que forma vultos na tiroide.
  • Anatomía da tiroide
A tiroide é unha glándula que se atopa na parte anterior do pescozo. Ten forma de bolboreta. Esta atópase debaixo da noz de Adán.

  • Función da tiroide
A glándula tiroide é unha glándula do sistema endócrino que ten como función principal a de almacenar e segregar as hormonas tiroxina(T4) e triiodotironina(T3) as cales regulan o metabolismo do corpo. Esta glándula utiliza o iodo para producir as hormonas tiroideas. A función principal da glándula tiroidea é controlar o metabolismo e regular o gasto enerxético de case todas as células do corpo. As hormonas tiroideas inflúen directamente no ritmo cardíaco e na presión arterial, na temperatura corporal, no desenrolo e crecemento, na dixestión e  tránsito intestinal e no sistema nervioso e estado de ánimo.
Así mesmo produce calcitonina, que é unha hormona que axuda a regular a cantidade de calcio en sangue.
A creación destas hormonas na tiroide está dirixida polo hipotálamo e a hipófise.
  • Causas do bocio
Hai varios factores para que a glándula tiroide creza. Neste blog imos diferenciar seis causas:
  1. Deficiencia de iodo. O iodo é un mineral esencial para a produción das hormonas tiroideas. Se non se enxiren alimentos con iodo a glándula tiroide non pode producir estas hormonas. A glándula pituitaria manda un sinal a tiroide para que intente  captar máis iodo e debido a isto a glándula aumenta (bozo).
  2. Enfermidade de Hashimoto. Trastorno inmunitario que dana os tecidos sanos da tiroide. Debido a isto, para que a tiroide poda producir o suficiente iodo ten que medrar (hipotiroidismo).
  3. Enfermidade de Graves. Trastorno inmunitario que produce unha proteína que imita a función da tiroide. Esta proteína patóxena fai que o exceso de hormonas cause o aumento da glándula da tiroide.
  4. Nódulos tiroideos. Prodúcense cando hai un aumento excesivo de células na tiroide. Isto fai que aparezan bultos na tiroide, aumentando o seu tamaño.
  5. Cancro da tiroide. É o menos común dos cancros do corpo. No caso de que unha persoa teña nódulos tiroideos, hai un 5% de posibilidades de desenrolar un cancro de tiroide.
  6. Embarazo. A causa dunha hormona que aparece cando unha muller está de parto, a gonadotropina coriónica humana, pode facer que a glándula tiroide creza.
  • Síntomas
A maioría da poboación que ten bocio non ten ningún síntoma, excepto o da inflamación da glándula tiroide que se pode ver cando incha a zona do pescozo. Cabe mencionar que como é unha glándula pequena, ás veces non chega a crecer moito polo que se pode diagnosticar facendo revisións médicas anuais.
Os síntomas do Bozo van a depender da función tiroidea afectada:
  1. Hipotiroidismo (glándula tiroide en baixa actividade). Esta pode causar fatiga, aumento da sensibilidade co frío, pel seca...
  2. Hipertiroidismo( glándula tiroide moi activa). Esta pode causar perda de peso, latidos cardíacos rápidos (taquicardia), aumento da sensibilidade ao calor...
  • Diagnóstico
As probas que se utilizan para diagnosticar problemas coa glándula tiroide son as seguintes:
  1. Probas da función da tiroide. Obtense unha mostra de sangue e mídese a cantidade de hormona estimulante. Con esta proba pódese ver se a hormona creceu ou perdeu tamaño.
  2. Análise de anticorpos. Segundo a proba da función da tiroide, o médico pode solicitar unha análise de sangue para detectar un anticorpo.
  3. Ultrasonografía. Nesta caso úsanse ondas de son para producir unha imaxe virtual do tecido do pescozo. Con esta proba pode mostrarse o tamaño da glándula tiroide e detectar nódulos.
  4. Absorción de iodo radioactivo. Introdúcese no corpo iodo radioactivo para ver a cantidade de iodo que absorbe a glándula tiroide e a que velocidade.
  5. Biopsia. Con esta proba detéctase se hai cancro na tiroide. É moi pouco común, como comentamos antes.
  • Tratamento
O tratamento do Bozo depende do tamaño deste. Vou mencionar as solucións que hai para recompoñer a glándula tiroide:
  1. Medicamentos. Imos destacar tres tipos de medicamentos:Para aumentar a produción de hormonas utilízase un medicamento que substitúa a función da glándula tiroidea. Este medicamento chámase levotiroxina. Para diminuír a produción de hormona utilízase un medicamento antitiroideo que interrompe a produción de hormonas. O medicamento máis utilizado é o metimazol.  Para bloquear as actividades hormonais precísase un medicamento que controle os síntomas do hipertiroidismo. Un dos medicamentos que hai é o atenolol. Para controlar a dor trátase cun medicamento que reduza a dor, como é o ibuprofeno.
  2. Cirurxía. Utilízase para extraer a glándula tiroide.
  • Prevención
Para evitar o bocio cómpre inxerir alimentos con iodo. A cantidade de iodo necesaria que temos que inxerir diariamente está arredor dos 150 microgramos.
  •  Bocio na actualidade
Esta enfermidade, hoxe en día, non é moi común. Antigamente era máis común, xa que, os alimentos que se inxerían  non contiñan a suficiente cantidade de iodo necesaria para satisfacer as necesidades diarias.


CANDO NON HAI PAUSA

 


Para que o noso organismo funcione correctamente é fundamental a intervención das hormonas, razón pola cal existen unha ampla variedade delas, producidas por distintas glándulas endócrinas. Entre elas destaca a tiroide, situada no pescozo, a ambos lados da tráquea, é a produtora das hormonas tiroideas, necesarias para o control do metabolismo, da enerxía, do calor corporal, do crecemento e do estado de ánimo. 

Como calquera outra parte do noso corpo, esta glándula pódese ver afectada e causar problemas, e é aí onde aparece a enfermidade de Graves. Trátase dunha enfermidade autoinmune, na que o noso sistema inmunitario produce anticorpos que estimulan a glándula tiroidea, facendo que produza un exceso de hormonas, é dicir, causando hipertiroidismo. A enfermidade de Graves é a causa principal de hipertiroidismo, xa que o 85% dos casos son debidos a esta enfermidade.

Afortunadamente esta non é unha enfermidade mortal, e cos medicamentos e hábitos de vida saudables pódese levar unha vida bastante boa.

Factores de risco

Existen diferentes factores que poden aumentar a probabilidade de padecer a enfermidade, como o son:

  • O sexo: afecta principalmente a mulleres. Aumentando máis a probabilidade durante o embarazo.
  • A idade: tende a desenvolverse a partir dos 30 anos.
  • Antecedentes familiares de enfermidade de Graves ou de Hashimoto.
  • Outros trastornos autoinmunes como o vitiligo ou artrite reumatoide.
  • Estrés.
  • Tabaquismo ou outros produtos derivados da nicotina.
Síntomas

A enfermidade de Graves presenta unha gran variedade de síntomas, como son:

  • Bocio difuso, que consiste no aumento do tamaño da glándula tiroide.
  • Perda de peso, aínda que aumenta o apetito.
  • Diarrea.
  • Dificultade para durmir e para concentrarse.
  • Nerviosismo e irritabilidade.
  • Intolerancia ao calor e aumento da sudación.
  • Tremor nas mans.
  • Debilidade muscular.
  • Taquicardias.
  • Cansazo e fatiga.
  • Cambios nos ciclos menstruais, e disfunción eréctil.
  • Oftalmopatía de Graves: ollos saltóns, inflamados, irritados, maior sensibilidade á luz e visión borrosa.
  • Dermopatía de Graves: pel grosa e descolorida nas pernas.


Diagnóstico

Comunmente os médicos diagnostícana realizando primeiro un exame físico buscando os síntomas mencionados anteriormente, para despois levar a cabo outros exames para confirmala:

  • Análise de sangue, para medir a concentración de hormonas tiroideas e ver se hai TSI, o anticorpo estimulante da glándula tiroide.
  • Ecografía tiroidea, para ver o tamaño da tiroide.
  • Proba de absorción do iodo radioactivo.

Tratamentos

Non ten unha unha cura xa que é unha enfermidade autoinmune, polo que para tratala os médicos empregan medicamentos como bloqueadores, para reducir os síntomas, ou metimazól e propiltiouracilo, que reducen a produción de hormonas na tiroides. Tamén poden empregar terapias con iodo radioactivo, que destrúe as hormonas que produce a glándula tiroidea e aliviando temporalmente os síntomas. Por último, poden realizar unha cirurxía para extirpar a tiroides, pero esta operación ten bastantes riscos, como un dano ao nervio que controla as cordas vocais ou á glándula paratiroide.

Ademais de todo isto, tamén é recomendable seguir unha dieta evitando o máximo posible o consumo de iodo xa que podería empeorar o hipertiroidismo.

Complicacións

Debido á enfermidade de Graves pódense desenvolver outras patoloxías ou problemas no noso organismo, como ósos fráxiles, afeccións cardíacas ou problemas de saúde durante o embarazo. Tamén se poden desenvolver problemas oculares e dermatolóxicos, e pódese ter unha crise tirotóxica que é moi rara pero potencialmente mortal, xa que se produce un aumento repentino de hormonas tiroideas no sangue, provocando febre, delirios, taquicardia extrema, axitación e insuficiencia cardíaca.



A DOR QUE APAGA OS DÍAS


Que é a migraña crónica?

A migraña crónica é unha enfermidade neurolóxica que afecta ao sistema nervioso e provoca dores de cabeza intensas e repetidas. Non se trata dun simple síntoma nin dun malestar ocasional, senón dun trastorno complexo que pode alterar gravemente a vida diaria das persoas que a padecen.

Considérase migraña crónica cando os dores de cabeza aparecen durante quince ou máis días ao mes, ao longo de polo menos tres meses consecutivos. Ademais, en oito ou máis deses días deben aparecer síntomas típicos de migraña, como náuseas, mareos, sensibilidade á luz ou ao ruído e dor pulsátil intensa.

Os ataques de migraña poden durar entre catro e setenta e dúas horas. En moitos casos, a enfermidade empeora progresivamente ata converterse nun problema constante que afecta á rutina diaria.

Síntomas principais

Os síntomas da migraña crónica son moi variados e poden cambiar segundo a persoa. O máis habitual é unha dor forte e pulsátil nun lado da cabeza, aínda que ás veces afecta a toda a cabeza.

Outros síntomas frecuentes son:

Nalgunhas persoas aparece a chamada “aura”, que consiste en alteracións visuais ou sensoriais antes da crise. Por exemplo, poden ver luces brillantes, manchas ou sentir adormecemento nalgunhas partes do corpo.

Causas

As causas exactas da migraña crónica aínda non se coñecen completamente, pero sábese que existen diferentes factores que aumentan o risco de padecela.

Factores xenéticos

A herdanza familiar ten unha grande importancia. Moitas persoas con migraña teñen familiares que tamén a padecen.

Factores de risco

Pode aparecer a calquera idade, aínda que é máis frecuente entre os 18 e os 44 anos. As mulleres teñen un maior risco de padecela. Ademais, a obesidade tamén se considera un factor que pode aumentar a probabilidade de desenvolver migraña crónica.

Factores ambientais

Certos factores ambientais poden favorecer a aparición das crises, como os cambios bruscos do tempo, a exposición a luces intensas, ruídos fortes, olores penetrantes ou cambios de altitude.

Estrés e factores emocionais

O estrés, a ansiedade e os problemas emocionais poden desencadear crises de migraña. A tensión acumulada favorece que os episodios sexan máis frecuentes.

Problemas de sono

Durmir pouco, ter horarios irregulares ou descansar mal pode aumentar a aparición das crises.

Cambios hormonais

Nas mulleres é frecuente que as migrañas aumenten durante a menstruación ou a menopausa debido ás variacións hormonais.

Alimentación e hábitos

Algúns alimentos e bebidas poden actuar como desencadeantes, por exemplo:

  • Alcohol.
  • Cafeína en exceso.
  • Embutidos.
  • Queixos curados.
  • Produtos con aditivos.

Uso excesivo de medicamentos

Abusar de analxésicos ou medicamentos contra a dor pode empeorar a enfermidade e provocar dores de cabeza máis frecuentes.

Outras enfermidades

A depresión, a ansiedade, a artrite e outros trastornos relacionados coa dor crónica tamén poden aumentar o risco de migraña crónica.

Impacto na vida diaria

A migraña crónica afecta moito máis que a saúde física. As persoas que a padecen poden ter dificultades para estudar, traballar ou participar en actividades sociais.

Moitas veces, durante unha crise, a persoa necesita permanecer nun lugar escuro e silencioso debido á sensibilidade á luz e ao ruído. Isto provoca limitacións importantes na vida familiar e social.

Tamén é frecuente que aparezan problemas emocionais como:

A incerteza de non saber cando chegará a próxima crise xera frustración e afecta á calidade de vida.

Diagnóstico

Para diagnosticar a migraña crónica, os médicos analizan:

  • A frecuencia dos episodios.
  • A duración da dor.
  • Os síntomas asociados.
  • Os antecedentes familiares.

Tamén poden realizar probas como:

Estas probas serven para descartar outras enfermidades neurolóxicas ou problemas cerebrais.

Tratamentos médicos

Actualmente non existe unha cura definitiva para a migraña crónica, pero si tratamentos que permiten controlar os síntomas e mellorar a calidade de vida.

Medicamentos preventivos

Utilízanse para reducir a frecuencia das crises. Entre eles destacan:


Medicamentos para aliviar a dor

Tómanse durante as crises:

  • Paracetamol.
  • Ibuprofeno.
  • Antiinflamatorios.
  • Triptáns.

Toxina botulínica

Nalgúns pacientes utilízase bótox para diminuír a intensidade das crises.


Neuromodulación

Existen dispositivos que empregan impulsos eléctricos ou magnéticos para reducir a actividade relacionada coa migraña.


Hábitos saudables e prevención

Ademais dos medicamentos, existen medidas que poden axudar a controlar a enfermidade:

  • Durmir suficientes horas.
  • Manter horarios regulares.
  • Reducir o estrés.
  • Practicar exercicio moderado.
  • Evitar alimentos desencadeantes.
  • Controlar a cafeína.
  • Aprender técnicas de relaxación.
  • Manter unha boa hidratación.
  • Evitar o tabaco.
  • Limitar o consumo de alcohol.
  • Non saltarse comidas.
  • Manter unha rutina diaria estable.

Algunhas terapias complementarias como o ioga, a meditación ou a acupuntura tamén poden ser útiles.


Complicacións

Se non se trata correctamente, a migraña crónica pode provocar:

  • Maior frecuencia de crises.
  • Dependencia de medicamentos.
  • Problemas psicolóxicos.
  • Diminución da calidade de vida.
  • Dificultades laborais e académicas.

Cando é necesario acudir ao médico?

É importante buscar atención médica inmediata se aparecen:

  • Dores de cabeza moi intensos e repentinos.
  • Problemas para falar.
  • Debilidade nunha parte do corpo.
  • Confusión.
  • Alteracións graves da visión.
  • Náuseas e vómitos persistentes.

Aínda que actualmente non existe unha cura definitiva para a migraña crónica, moitas persoas conseguen mellorar de forma significativa grazas a un diagnóstico adecuado e a un tratamento personalizado. Traballar xunto a profesionais da saúde, identificar os factores desencadeantes e tratar os síntomas desde o seu inicio pode reducir a frecuencia e a intensidade das crises.

Con hábitos saudables, seguimento médico e un tratamento correcto, moitos pacientes logran recuperar parte da súa vida cotiá, participar en actividades sociais e mellorar o seu benestar físico e emocional.



LADRÓN DE RECORDOS





 


E se os teus recordos comezasen a desaparecer pouco a pouco sen que poidas evitalo? O Alzheimer é unha enfermidade que non só borra a memoria, senón tamén parte da identidade dunha persoa.

É un trastorno neurodexenerativo que afecta ao cerebro e provoca un deterioro progresivo das funcións cognitivas, especialmente da memoria.

COMO OCORRE

O Alzheimer vai danando o cerebro pouco a pouco por dous lados. 

Por unha parte, a proteína 

beta amiloide acumúlase fora das neuronas e forman placas que dificultan que se poidan comunicar entre elas. Ao mesmo tempo, outra proteína chamada tau afecta ao interior das células: desordénanse e créase unha especie de enredos que impiden que os nutrientes circulen con normalidade, facendo que as neuronas vaian morrendo.




Co paso do tempo, todo isto provoca que o cerebro se vaia encollendo, o que se coñece como atrofia cerebral. Este proceso adoita comezar no hipocampo, que é a zona relacionada coa memoria, e despois esténdese a outras partes do cerebro. Por iso, a persoa vai perdendo pouco a pouco os recordos, a súa identidade e tamén a capacidade de ser autónomo.

A QUEN AFECTA


O Alzheimer adoita afectar ás persoas maiores, sobre todo a partir dos 65 anos. 

É unha enfermidade que aparece a medida que aumenta a idade, polo que o envellecemento é o principal factor de risco.

Aínda que é pouco frecuente, tamén pode presentarse en persoas máis novas, normalmente por causas xenéticas, antecedentes familiares, problemas cardiovasculares ou levar un estilo de vida pouco saudable.

O Alzheimer en persoas novas é máis difícil de detectar, xa que os síntomas poden confundirse con estrés, ansiedade ou problemas de concentración. Aínda así, co tempo aparecen os mesmos problemas que nas persoas maiores: perda de memoria, dificultades para organizar tarefas e cambios na linguaxe ou no comportamento.

EVOLUCIÓN

O Alzheimer non comeza xusto no momento no que aparecen os primeiros síntomas. É un proceso moi lento que pode levar anos ou décadas desenvolverse sen que a persoa se decate.

Os científicos dividen esta evolución en tres etapas principais, nas que pouco a pouco se vai perdendo cada vez máis capacidade.


  • Fase leve: Os síntomas céntranse sobre todo na memoria recente. A persoa comeza a repetir preguntas, esquécese de cousas que acaban de ocorrer ou ten máis dificultades para atopar palabras no medio dunha conversa. Aínda así, nesta etapa conserva bastante autonomía, e moitas veces estes despistes atribúense ao estrés ou á idade. 
  • Fase moderada:É a máis longa e o deterioro faise máis evidente. Xa non afecta só á memoria, senón tamén á linguaxe, á orientación e ao razoamento. A persoa pode perderse en lugares coñecidos, necesitar axuda para tarefas cotiás como vestirse ou preparar comida, e é frecuente que aparezan cambios de ánimo ou episodios de confusión.
  • Fase avanzada: Aquí o dano cerebral é moito máis xeneralizado. A comunicación practicamente desaparece, non recoñece ás persoas do seu entorno e a dependencia é total. Nesta etapa, o corpo tamén vai perdendo capacidade para funcionar con normalidade, polo que son necesarios coidados constantes durante todo o día.

TRATAMENTO

Non existe unha cura para o Alzheimer, pero hai tratamentos que axudan a mellorar a calidade de vida das persoas que o padecen e poden moderar un pouco a evolución da enfermidade.

Os medicamentos son moi importantes e poden mellorar temporalmente a memoria, a atención ou a capacidade de realizar tarefas diarias. 

Tamén son moi importantes as terapias non farmacolóxicas, xa que, grazas a exercicios de memoria, actividades de estimulación cognitiva e xogos mentais, axudan a manter o cerebro activo o maior tempo posible. 

O coidado da persoa é fundamental, xa que o apoio da familia ou de coidadores axuda a manter a súa seguridade, autonomía e benestar emocional. 

















CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...