Amosando publicacións coa etiqueta dieta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dieta. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de marzo de 2026

ENTRE A SAÚDE E A OBSESIÓN




Durante os últimos anos aumentou a preocupación por levar unha vida saudable. Cada vez máis persoas intentan comer mellor, facer moito exercicio e coidar o corpo. Este interese pola saúde é algo moi positivo e necesario, xa que ter unha boa alimentación axuda a manter unha boa calidade de vida, pero cando a preocupación pola alimentación vólvese unha obsesión, pode aparecer un problema chamado  ortorexia.

A ortorexia é unha obsesión patolóxica por comer alimentos considerados saudables. As persoas que teñen este problema pasan moito tempo pensando na calidade dos alimentos e evitando consumir comida que non consideran saudables. Este termo foi proposto por Steven Bratman en 1997.  Este doutor comezouse a interesar por esta obsesión despois de observar que algunhas persoas que intentaban levar unha dieta moi saudable acababan tendo unha relación pouco equilibrada coa comida. Bratman decatouse de que estes individuos dedicaban moito tempo da súa vida pensando nos alimentos que consumían, planificando as comidas con moita precisión e evitando calquera produto que consideraran pouco saludable. Ademais, moitas destas persoas experimentaban sentimentos de culpa ou ansiedade cando non seguían as súas propias regras alimentarias. 


Por que aparece a ortorexia?

A ortorexia pode aparecer por diferentes motivos. Na sociedade actual hai moita presión por levar un estilo de vida saudable e por ter un corpo perfecto. Ademais, nas redes sociais e en internet hai moita información sobre dietas e alimentación, pero non sempre é correcta. Isto pode facer que algunhas persoas se obsesionen coa idea de comer perfecto e comecen a deixar de comer cada vez máis alimentos da súa dieta.                                                                                                                                         
Tamén pode influír a personalidade da persoa. Algunhas persoas son moi perfeccionistas ou moi estritas consigo mesmas, e isto pode facer que intenten controlar demasiado a súa alimentación.


A quen pode afectar a ortorexia?


A ortorexia pode afectar a calquera persoa, pero é máis frecuente en mulleres e adolescentes. Tamén aparece con máis frecuencia en persoas que practican deportes como o atletismo ou a danza, xa que adoitan preocuparase moito pola alimentación e pola imaxe corporal.



Relación con outros trastornos de conduta alimentaria 
(TCA)                                                        A ortorexia pode estar relacionada con outros trastornos da conduta alimentaria, como por exemplo a anorexia ou a bulimia. Nestes tres casos existe unha preocupación por querer ser perfectos e unha visión alterada de si mesmos.

A diferenza está en que na anorexia e na bulimia a obsesión está máis relacionada coa cantidade de comida, mentres que na ortorexia a preocupación baséase na calidade dos alimentos.

Tamén está relacionado cos trastornos obsesivo-compulsivos, xa que as persoas con ortorexia adoitan ter regras moi estritas sobre a alimentación e pensamentos constantes sobre a comida e a saúde. 

Que consecuencias pode ter para a saúde?

A pesar de que o obxectivo destas persoas é comer de maneira saudable, a ortorexia pode provocar graves problemas de saúde. 

Ao eliminar determinados alimentos sen substituílos por outros que acheguen os mesmos nutrientes, poden aparecer carencias nutricionais. Estas carencias poden provocar anemia, falta de vitaminas, falta de enerxía ou outros problemas de saúde. Ademais, unha dieta demasiado restritiva tamén pode causar unha perda de peso excesiva.

A nivel social e psicolóxico tamén pode ter consecuencias importantes. Moitas persoas poden chegar a evitar reunións con amigos e familiares polo feito de que non confían nos alimentos que se van servir. Isto pode provocar illamento social,  tristeza, ou tamén poden chegar a criticar ou menosprezar a quen non come do mesmo xeito.


Como se pode previr a ortorexia?

Para previr a ortorexia é importante manter unha relación equilibrada coa comida. Comer saudable non significa eliminar todos os alimentos que non se consideran perfectos, senón levar unha dieta variada e equilibrada.

Tamén é importante informarse a través de profesionais da saúde, como nutricionistas ou médicos, e non crer en toda a información que aparece en internet ou nas redes sociais.




ENTRE BROTES E CALMA

 


 Vivir cunha enfermidade crónica pode ser un largo camiño de dificultades que implican tanto como malestares físicos como psicolóxicos. O Crohn é unha afección case impredicible é moi dura que trae consigo un longo camiño de etapas e dificultades para a vida cotiá.



QUE É?


A enfermidade do Crohn é unha afectación inflamatoria crónica e autoinmune do tubo dixestivo que evoluciona de modo recorrente con brotes. Case sempre compromete ao extremo inferior do intestino delgado e comezos do intestino groso. Tamén pode ocorrer en calquera parte do tubo dixestivo dende a boca ata o extremo do recto
. Temos varios puntos clave de localización íleo terminal, colon, afectación parcheada, tracto dixestivo superior.

 

SÍNTOMAS

O Crohn é un tipo de enfermidade inflamatoria intestinal que causa inflamación, é dicir inchazón e irritación nos tecidos do tracto dixestivo. Soe aparecer entre os 15-35 anos aínda que tamén se pode diagnosticar en nenos e persoas maiores.

Entre os seus síntomas destacan a dor abdominal, soe ser unha dor tipo cólico localizado con maior frecuencia na parte inferior dereita do ventre, frecuentemente aparece ao acabar de comer e pode ser sutil ao principio e aumentar a intensidade durante un brote.

Outros síntomas que soen acompañar a esta enfermidade son:

  • Diarrea
  • Fatiga
  • Febre
  • Dores e cambras abdominais
  • Sangue de feces
  • Diminución do apetito e perdida de peso.

Tamén podemos atoparnos con inflamación da pel, ollos ou articulacións, tamén a inflamación do fígado ou condutos biliares, cálculos renais, deficiencia do ferro (anemia), e atraso do crecemento ou desenvolvemento sexual en caso dos nenos. 

CAUSAS

Non se coñecen as causas desta enfermidade pero podemos saber que é unha afección que se presenta cando o sistema inmunitario do propio corpo ataca por error e destruír o tecido corporal sano.  Cando as partes do tubo dixestivo permanecen inchadas ou inflamadas, as paredes intestinais resultan engrosadas.  Os papeis que poden influír nesta enfermidade son: 

  • Xenes ou antecedentes familiares: Se temos familiares con antecedentes desta enfermidade aumenta o risco. 
  • Factores ambientais 
  • Reaccións esaxeradas a bacterias normais no intestino. 
  • Tabaquismo.
  • Estrés crónico 


Poden manifestarse sen previo aviso e a xente con esta enfermidade pode ter remisións (períodos sen síntomas). Estes periodos poden durar meses ou anos. Durante este tempo poden estar ocurrindo puntos clave como por exemplo:

  • Ausencia de síntomas: Os síntomas desaparecen, os pacientes sentense ben e poden facer vida normal.
  • Inflamación controlada: A mucosa intestinal recupérase e a inflamación desaparece.
  • Tratamento: Continuar de maneira persistente e moi importante para poder lograr períodos de remisión e diminuír os riscos de recaída.


CONSECUENCIAS

As consecuencias poden variar dependendo da gravidade e localización dos síntomas pero algunhas das consecuencias mais común soen ser:

  • Úlceras e chagas: As inflamacións poden causar úlceras profundas na mucosa do intestino o que causa sangrado e dor.

  • Engrosamento das paredes intestinais: A inflamación prolongada pode facer que as paredes intestinais engrosen e se volvan ríxidas.


  • Formación de fístulas: Unha fístula é unha conexión anormal  entre o intestino e outras estruturas. Poden ser dolorosas e propensas a infeccións.

  • Abscesos: Nalgunhas persoas a inflamación pode causar abscesos (coleccións de pus) dentro do intestino ou áreas próximas.

  • Deficiencias nutricionais: A inflamación pode provocar que a capacidade de absorción da parede intestinal vexase afectada e provoque unha deficiencia, e que o corpo non obteña os nutrientes necesarios de maneira eficiente. 


PROBAS

Un exame físico pode revelar una masa ou sensibilidade no abdomen,erupción cutánea, articulacións inflamadas ou úlceras. Os exámes poden incluír:

  • Análises de sangue: Serven para detectar signos de inflamación, deficiencias nutricionais ou anemia.
  • Proba de feces
  • Enema opaco: É unha proba para analizar o  colon e nalgúns casos o recto.
  • Colonoscopia: Unha das mais importantes para detectar esta enfermidade.
  • Tomografía computerizada (TAC) do abdome
  • Endoscopia por cápsula
  • Resonancia magnética (RM) do abdome
  • Enteroscopia

TRATAMENTO

O seu tratamento consiste na redución da inflamación, aliviar síntomas e lograr a remisión a largo prazo mediante medicamentos e se é necesario a cirurxía. 

Os medicamento que podemos usar para tratar esta enfermidade son os corticoides, inmunomoduladores, aminosalicilatos e antibióticos. 

Tamén esta a opción dunha cirurxía pero non cura a enfermidade se non que serve para poder aliviar os dores e os síntomas. Tamén pódese utilizar inxeccións como tratamento, xeralmente soen ser inmunosupresores ou biolóxicos que actúan no sistema inmunolóxico para reducir a inflamación. Este tipo de inxeccións soen ser para persoas en fase moderada ou grave ou persoas que non respondan a outros tratamentos.

O manexo da enfermidade na casa é un paso moi importante que todos deben seguir para poder levar un control sobre ela

O control da dieta e o estrés tamén xoga un papel importante, unha dieta baixa en fibra axuda a reducir a irritación do intestino especialmente durante brotes.

Hai alimentos propensos á axuda de aumentar os nosos síntomas e para controlalo podemos levar unha dieta. Algúns soen ser malos para as persoas que padezan esta enfermidade e é necesario controlar o seu consumo:

  • Lactosa: O intestino inflamado non a dixire ben e pode empeorar os síntomas.
  • Alimentos picantes: Poden irritar, acelerar o intestino e aumentar a sensación de dor.
  • Alimentos graxos: Son mais difíciles de inxerir, poden causar diarrea e aumentan a irritación intestinal
  • Bebidas gasosas: Aumentan os gases, irritan o intestino e poden provocar diarrea. 
  • Alimentos con fibra: Irrita fisicamente e acelera o intestino.

O estrés crónico favorece a inflamación intestinal, polo seu control e moi importante para poder axudar a efectividade dos tratamentos, a meditación, ioga, axudan a regular o sistema nervioso e a inflamación. 




 

 

 







A TRAMPA DO TRIGO

 



A celiaquía é unha enfermidade dixestiva crónica que afecta ao intestino delgado e está relacionada co consumo de gluten. Aínda que moitas persoas pensan que só consiste en "non poder comer pan", en realidade é unha patoloxía máis complexa que implica ao sistema inmunitario e pode afectar a todo organismo.



Que é a celiaquía?

A celiaquía é unha enfermidade autoinmune na que o sistema inmunitario ataca ao propio organismo ao detectar o glute como unha sustancia perigosa. O glute é unha proteína presente en cereais como o trigo, a cebada e o centeo.



Cando unha persoa celíaca consume glute, o seu sistema inmunitario ataca as vilosidades intestinais, que son pequenas estruturas do intestino delgado encargadas de absorber os nutrientes.

Como afecta ao sistema dixestivo?

O intestino delgado ten millóns de vilosidades que aumentan a superficie de absorción.
  • As vilosidades inflámanse 
  • Dánanse ou desaparecen
  • Redúcese a absorción de nutrientes


Isto pode causar varios problemas como a desnutrición, a anemia ou perda de peso.



Síntomas principais


Os síntomas principais poden variar dependendo da persoa. Algúns dos máis comúns son: 
  • Dor abdominal 
  • Diarrea ou estrinximento
  • Inchazo abdominal
  • Cansazo e debilidade
  • Perda de peso
  • Anemia (por falta de ferro)


Nos nenos tamén pode causar atraso no crecemento e problemas de desenvolvemento.
E tamén poden aparecer síntomas que non están relacionados co aparato dixestivo.


Como se pode diagnosticar?


O diagnóstico da celiaquía non sempre é fácil, xa que os síntomas poden confundirse con outras enfermidades dixestivas. 

Os principais métodos son:
  • Análise de sangue (para detectar anticorpos)
  • Biopsia intestinal (confirmar dano nas vilosidades)

É importante que a persoa consuma glute antes das probas porque se non, os resultados poden ser incorrectos xa que os danos non serán visibles.


Tratamento 

Actualmente non existe unha cura para a celiaquía, o máis correcto para tratalo sería ter unha dieta sen glute para toda a vida.

Isto implica non poder consumir alimentos como pan, pasta, bolería ou cervexa, e ter que comer produtos marcados como sen glute. 

Algúns alimentos permitidos son o arroz, o millo, as patacas, a carne, o peixe, os ovos, as froitas e as verduras.

Se a dieta se segue correctamente o intestino recuperase pouco a pouco, mellorando a absorción de nutrientes.














mércores, 26 de marzo de 2025

AS BACTERIAS OKUPAS

 



 Que é o SIBO?

O sobrecrecemento anormal na poboación bacteriana do intestino delgado ocorre cando se observa un incremento anormal de todas as bacterias presentes nesa parte do tubo dixestivo.

O aumento desmedido de bacterias no intestino delgado soe ocorrer cando unha situación, como unha intervención cirúrxica ou unha enfermidade, obstaculiza a circulación de alimentos e residuos no tubo dixestivo, xerando así un ambiente favorable para o crecemento das bacterias. Se ben o aumento desmedido de bacterias no intestino delgado soe ser unha complicación das intervencións cirúrxicas de estómago, este problema tamén pode derivarse en problemas estruturais e certas patoloxías. En ocasións, requírese unha intervención cirúrxica para resolver este problema, sen embargo, o tratamento máis habitual son os antibióticos.

Signos e síntomas:

A multiplicación excesiva das bacterias do intestino delgado causa que estas bacterias fermenten os carbohidratos que non foron totalmente dixeridos, producindo gases como hidróxeno e metano. Esta fermentación non só incrementa o volume de gas, se non que tamén obstaculiza a correcta         


absorción de nutrientes, o cal pode incrementar a permeabilidade do intestino e provocar síntomas coma a diarrea. O signos do SIBO poden diferir entre individuos, pero os máis comúns son:

  • Presenza de gases e tensión abdominal.
  • Dolor abdominal ou incomodidade dixestiva.
  • Diarrea.
  • A mala absorción de nutrientes pode provocar perda de peso e carencias na nutrición.
  • Náuseas.
  • Perda do apetito.
  • Sensación desagradable de saciedade ao rematar de comer.
  • Persistente cansanzo.
  • Inflamación.
  • Malnutrición.
Dependendo dos síntomas pódese ter dous tipos diferentes de SIBO:

  • SIBO - Hidróxeno: Sucede cando existe unha proliferación desmedida de bacterias. Os individuos que padecen  deste tipo de SIBO tenden a ter máis diarrea, e poucas veces estrinximento.
  • SIBO - Metano (IMO): Sucede cando se produce un incremento nas arqueas metanoxénicas e teñen unha maior relación co estrinximento.



Causas:

O crecemento desmedido de bacterias no intestino delgado pode orixinarse polas seguintes razóns:

  • Complicacións das intervencións cirúrxicas abdominais, tales como o bypass gástrico para a obesidade e a gastrectomía para o tratamento das úlceras pépticas e o cáncer abdominal.
  • Problemas estruturais no interior e exterior do intestino delgado, tales como tecido cicatricial (adherencias intestinais) que poden revestir o exterior do intestino delgado, e grumos de tecido que se proxectan a través da parede do intestino delgado (diverticulose intestinal).
  • Algunhas condicións médicas, como a enfermidade de Crohn, a enterite por radiación, a esclerodermia, a enfermidade celíaca, a diabetes, entre outras, poden obstaculizar o tránsito de alimentos e residuos a través do intestino delgado.

Tratamento:

O coidado do SIBO depende da gravidade do caso e as circunstancias subxacentes de cada individuo. Este debe enfocarse en identificar e rectificar (se é posible) as causas subxacentes, rectificar os defectos nutricionais e administrar antibióticos.

Os antibióticos son a terapia inicial que se basea en antibióticos concretos para eliminar o crecemento excesivo das bacterias.

A dieta en individuos que padecen de SIBO, é crucial modificar a alimentación para aliviar síntomas como a xeración excesiva de gases. Aconséllase unha alimentación reducida en fibras e azucres fermentables durante o tratamento e hasta oito semanas posteriormente. É crucial sempre acudir a un experto para a súa adecuada implementación e seguimento.

Os probióticos son microorganismos vivos que actualmente se utilizan como restablecedores da microbiota durante o tratamento con antibióticos e tras a súa finalización. 




 

 




 

MÁIS ALÁ DA FATIGA, A ANEMIA FERROPÉNICA

La anemia es una condición


A anemia ferropénica é a segunda enfermidade nutricional máis importante, con extensión mundial; afecta a varios grupos de risco, principalmente mulleres novas e nenos, e pode provocar importantes disfuncións nos órganos e sistemas do corpo. Aínda que a súa orixe é multifactorial e están implicados factores xenéticos e hábitos de vida, a alimentación xoga un papel importante na súa prevención. Por iso resulta de grande interese coñecer os mecanismos reguladores e os compoñentes dietéticos que condicionan a absorción de ferro, así como identificar os compoñentes alimentarios que favorecen ou impiden a biodispoñibilidade deste micronutriente, co fin de deseñar estratexias de prevención dirixidas a optimizar as reservas de ferro do organismo. Este traballo describe de forma concisa os principais factores dietéticos que poden interactuar coa absorción de ferro presente nos alimentos.


-Síntomas comúns da anemia 

Os síntomas da anemia poden variar en función da súa gravidade e da rapidez coa que se desenvolva. Entre os máis frecuentes atópanse:

1- Fatiga e debilidade xeralizada
2- Palidez na pel e nas mucosas
3- Dores de cabeza e mareos 
4- Palpitacións e taquicardia 
5- Faltas de aire durante actividades físicas

En casos máis severos, poden presentarse síntomas como desmaios, uñas fráxiles e sensación de frío nas extremidades.


Principais causas da anemia

As causas da anemia poden clasificarse polo seu mecanismo de produción:
  • Polo aumento dos requirimentos: durante o primeiro ano de vida, a adolescencia ou o embarazo. Ademais os requirimentos tamén aumentan cando hai un aumento das perdas (menstruación).
  • Por aporte insuficiente: Cando o aporte a través da dieta é insuficiente ou as reservas son insuficientes no nacemento por prematuridade.

Por todo isto, os principais grupos en risco de anemia ferropénica son as mulleres novas (idade fértil), os nenos, e, aínda que en menor medida, as persoas de idade avanzada. Tamén deberían terse en conta como grupo de risco ós individuos que consomen dietas veganas, con ausencia total de produtos de orixe animal, o cal pode ser un factor de risco de deficiencia de ferro.

 
Consecuencias da anemia ferropénica para a saúde

A deficiencia de ferro adoita desembocar en anemia ferropénica, e esta refléxase na disfunción de diversos órganos e sistemas corporais. Esta carencia pode afectar ao desenvolvemento cognitivo e psicomotor en nenos e adolescentes e ao estado do sistema inmunitario. Tamén aumenta o risco de sufrir procesos infecciosos e ao rendemento da actividade física e a capacidade de traballo, debido á alteración de fontes enerxéticas polo músculo.

Os pacientes con deficiencia de ferro presentan alteracións nas funcións gastrointestinais e nos patróns de produción hormonal e o metabolismo.

A anemia durante o embarazo aumenta o risco de morte perinatal na nai e no neonato, ademais de incrementar o risco de mortalidade infantil. Incluso se chegou a relacionar que a nai teña anemia ferropénica con un maior risco de depresión postparto.


Tratamento

Unha vez diagnosticada a anemia ferropénica, o tratamento consiste xeralmente na prescrición de suplementos de ferro por vía oral. A forma mais concorrente son os comprimidos de sulfato ferroso, por ser o composto que produce menos efectos adversos (dor abdominal, ardor de estómago, náuseas, diarrea e estrinximento).


Factores dietéticos

A dieta é un dos principais factores que poden influír no estado de ferro nun individuo san, xa que tanto o contido de ferro dos alimentos coma a súa natureza condicionan a absorción intestinal.
O ferro non hemo atópase en carnes, peixes e aves, pero fundamentalmente en ovos, verduras e froitas.
Algúns dos compoñentes dos alimentos poden potenciar ou inhibir a absorción do ferro. Os potenciadores máis eficaces e coñecidos son o ácido ascórbico e os alimentos de orixe animal como carnes, peixes e aves.
Ademais, o calcio, aínda que é coñecido que pode reducir a absorción do ferro, os numerosos estudios realizados ata o momento obtiveron resultados dispares, o que leva a pensar que as interaccións calcio-ferro son complexas.

Expectativas

Con tratamento, o desenlace clínico probablemente sexa bo, pero iso dependerá da causa


Conclusións

Tendo en conta o exposto neste traballo, o principal obxectivo na loita contra a anemia ferropénica débese centrar na prevención primaria, evitando a deficiencia de ferro e con elo que se produza a anemia. Para isto, é importante coñecer e identificar os alimentos e compoñentes de alimentos que permitan deseñar dietas con ferro de alta dispoñibilidade. 






sábado, 22 de marzo de 2025

CANDO O ESTÓMAGO CRUZA A FRONTEIRA

 


A hernia de hiato é cando a parte superior do estómago sobresae a través do diafragma, que ten unha pequena apertura chamada hiato, polo que paso o esófago antes de conectarse co estómago. Na hernia de hiato o estómago sube a través desta abertura ao interior do peito.

Unha hernia de hiato de pequeno tamaño non causa problemas, é posible que nin sequera se coñeza a súa existencia a menos que a descubra un equipo médico. Mentres que unha hernia de hiato de grande tamaño pode causar acidez estomacal, ou se ten moito tamaño pode ser necesaria unha cirurxía.

TIPOS

Respecto a hernia de hiato podemos destinguir catro tipos:

  1. Hernia de hiato por esvaramento: é a máis común. Se despraza a través do hiato ao estómago xunto a unión gastroesofáxica.
  2. Hernia de hiato paraesofáxica: a unión gastroesofáxica segue no seu lugar, pero en cambio o fundus del estómago pasa a través do hiato esofáxico, é o que se hernie.
  3. Hernia de hiato mixta: é unha mestura entre os anteriores dous tipos.
  4. Hernia de hiato complexa: o que se hernia non é o estómago, senón que a través do hiato esofáxico se hernia calquera outro órgano abdominal.


SÍNTOMAS

Na maioría dos casos, unha hernia de hiato de pequeno tamaño non causa síntomas, pero as de un tamaño grande pode causar as seguintes:

  • Acidez estomacal.
  • Regurxitación: retroceso do fluxo de alimentos ou líquidos xa inxeridos.
  • Refluxo ácido: retroceso do ácido estomacal ao esófago.
  • Dificultade para tragar.
  • Dolor abdominal o no peito.
  • Sensación de saciedade pouco despois de comer.
  • Falta de aire.
  • Vómitos con sangue ou  feces de cor negro: poden indicar un sangrado no tubo dixestivo.

CAUSAS

Non se sabe ao cen por cen por que ocorre isto, pero coñécense unha serie de posibles causas, son as seguintes:

  • Cambios no diafragma pola idade.
  • Lesións nesta parte do corpo, por unha posible causa dun traumatismo ou cirurxía.
  • Nacemento cun hiato moi grande.
  • Constante e intensa presión nos músculos circundantes, por causa da tose, vómitos, moito esforzo ao defecar ou facer exercicio.

Hai uns factores de riscos nos que a hernia de hiato é máis común:

  • Ter 50 anos ou máis.
  • Padecer obesidade.

DIAGNÓSTICO

Polo usual, a hernia de hiato descóbrese por unha serie de procedementos ou probas, como por exemplo:

  • Radiografía do aparato dixestivo superior: o paciente debe beber un líquido esbrancuxado que recubre a mucosa interna do tubo dixestivo, que permite ver o contorno do esófago, estómago e do intestino delgado.
  • Endoscopia: procedemento polo que se observa o esófago e o estómago cun endoscopio, tubo largo e delgado cunha cámara, que se introduce pola garganta en busca dunha inflamación.   
  • Manometría esofáxica: proba que mide as contraccións musculares do esófago ao tragar, a parte de medir tamén a coordinación e a forza que utilizan os músculos do esófago.

TRATAMENTO

Maioritariamente, as persoas cunha hernia de hiato non presentan síntomas, polo que non necesitan tratamento. Se hai síntomas, como a acidez estomacal frecuente e o refluxo ácido, posiblemente sexa necesario o uso de medicamentos ou recorrir á cirurxía.

Os medicamentos recomendados se padece de síntomas son os seguintes:

  • Antiácidos que neutralizan o ácido estomacal
  • Medicamentos para reducir a produción de ácido: coñécense como bloqueadores dos receptores H2 e inclúen cimetidina, famotidina e nizatidina.
  • Medicamentos que bloquean a produción do ácido e curan o esófago: se coñecen como inhibidores da bomba de protóns, son máis fortes que os bloqueadores anteriores, e ademais danlle tempo ao tecido esofáxico danado a curarse. Inclúen o lansoprazol e o omeprazol.
Se no se amosa unha melloría cos medicamentos, recórrese á cirurxía. Isto implica empuxar o estómago ao abdome e reducir o tamaño da abertura do diafragma. Aínda que tamén pode implicar remodelar os músculos da parte inferior do esófago, que axuda a impedir o regreso do contido estomacal ao esófago.

A cirurxía pode realizarse mediante unha soa incisión na parede torácica, chamada toracotomía. Tamén pode realizarse inserindo unha cámara e instrumentos especiais a través de varias incisións pequenas no abdome, procedemento chamado laparoscopia.

ESTILO DE VIDA E REMEDIOS CASEROS

Para poder axudar a controlar os síntomas da hernia de hiato realizar algúns cambios no estilo de vida pode contribuír no seu control, como por exemplo:

  • Realizar varias comidas pequenas no día en vez de poucas comidas abundantes.
  • Deixar de consumir alimentos que provoquen acidez estomacal, como os alimentos grasosos o frituras, a salsa de tomate, o alcohol, chocolate, a menta,...
  • Evitar recostarte despois de comer ou comer tarde no día.
  • Manter un peso equilibrado e saudable.
  • Evitar o tabaco e outros tipos de substancias.
  • Elevar a cabeceira da cama 20 cm.





CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...