Amosando publicacións coa etiqueta hipertiroidismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta hipertiroidismo. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de xuño de 2026

UNHA PEQUENA GLÁNDULA, GRANDES CAMBIOS

 

O noso corpo funciona como unha máquina coordinada, onde cada órgano desempeña un papel esencial. Entre estes órganos atópase a glándula tiroide, unha pequena estrutura situada no pescozo que actúa como centro de control do metabolismo. Cando esta glándula produce máis hormonas das necesarias, o corpo comeza a acelerar o seu funcionamento, o que leva ao hipertiroidismo.

QUE É?

O hipertiroidismo ocorre cando a glándula do tiroides produce mais hormonas tiroideas das que o corpo necesita. Estas hormonas controlan a velocidade na que funcionan moitos procesos do organismo.

O tiroides é unha pequena glándula situada na parte dianteira do pescozo con forma de bolboreta. Esta glándula produce hormonas que controlan como o corpo produce enerxías. Estes hormonas afectan a case todos os órganos do corpo e controlan moitas das funcións mais importantes do noso organismo.

CAUSAS 

As principais causas soen ser:

  • Enfermidades graves: É a causa mais frecuente. Isto é un trastorno auto inmune no que o sistema inmunitario ataca a tiroides e fai que produza demasiadas hormonas.

  • Nódulos tiroideos: Crecementos ou vultos na tiroides que comezan a producir hormonas por conta propia. 
  • Tiroidite: Inflamación da glándula tiroides causada por infeccións, problemas inmunitarios ou tras o embarazo. Isto provoca que as hormonas almacenadas se filtren cara o torrente sanguíneo.
  • Exceso de iodo: O iodo atópase nalgúns medicamentos, xaropes, algas ou suplementos a base de algas. Tomar demasiado pode causar que a tiroides produza hormonas de mais. 

  • Medicamentos ou suplementos: Tomar demasiadas hormonas tiroideas tamén poden causar síntomas de hipertiroidismo.
SÍNTOMAS

Os síntomas do hipertiroidismo poden variar dunha persoa a outra e aparecer de forma gradual ou repentina. En moitos casos, afectan a diferentes sistemas corporais, causando cambios físicos, emocionais e metabólicos. Recoñecer estas manifestacións é importante para identificar o problema a tempo e recibir unha avaliación médica axeitada. Os síntomas inclúen:

  • Nerviosismo ou irritabilidade

  • Fatiga

  • Debilidade muscular

  • Problemas para tolerar o calor

  • Problemas para durmir

  • Tremores, xeralmente nas mans

  • Latídos cardíacos irregulares ou rápidos

  • Diarrea
  • Perda de peso

  • Cambios de humor
  • Cambios menstruais

Os adultos maiores de 60 anos poden ter síntomas distintos aos máis novos. Por exemplo poden perder o apetito ou illarse das persoas, estes síntomas habitualmente pódense confundir con depresión ou demencia.


FACTORES DE RISCO

A identificación dos factores de risco que aumentan a probabilidade de desenvolver esta enfermidade, permite recoñecer con maior facilidade as persoas que poderían ter máis risco de padecela. Estes factores son:

  • Ser muller
  • Ter máis de 60 anos
  • Embarazo
  • Ter pasado por algunha cirurxía ou problema na tiroides
  • Ter antecedentes familiares de persoas que a padezan
  • Ter anemia perniciosa
  • Ter diabetes tipo 1

DIAGNÓSTICO

O hipertiroidismo diagnosticase principalmente mediante análise de sangue que miden as hormonas tiroideas, onde se soe atopar un baixo nivel de TSH ou un elevado nivel de T4 ou T3. Tamén avalíanse síntomas como a perda de peso, nerviosismo, palpitacións, tolerancia ao calor, etc. Poden realizarse probas complementarias como a detección de anticorpos tiroideos, unha ecografía ou unha gammagrafía da tiroides para determinar a causa do trastorno.



TRATAMENTO

Os tratamentos para esta enfermidade van desde medicamentos ou terapia con iodo activo, ata a cirurxiá da glándula do tiroides.

  •  Medicamentos: Soen ser medicamentos antitiroideos, que fan que a tiroides produza menos hormonas tiroideas. É probable que unha persoa que padeza esta enfermidade necesite tomar estes tratamentos de 1 a 2 anos é nalgúns casos varios anos. Outro medicamento son betablonqueantes que se empregan para reducir os síntomas , estes funcionan rapidamente e poden axudar a sentirse mellor.

  • Terapia con iodo radioactivo: Tratamento común e moi efectivo. Isto implica tomar iodo radioactivo por vía oral. Isto destrúe lentamente as células da glándula tiroides que producen a hormona tiroides. Este tratamento non é efectivo a largo prazo xa que mais tarde desenrolan hipertiroidismo.

  • Cirurxia: Realizase en casos raros, consiste en extirpar a maioría da glándula tiroidea. Se se extirpa a persoa deberá tomar medicamentos de por vida.

IMPACTO NA VIDA DIARIA

O hipertiroidismo ao causar ansiedade, nerviosismo, palpitacións, insomnio, cansazo e perda de peso entre outras, provoca que as actividades cotiás se fagan máis difíciles, dificultan o descanso, a  concentración ou incluso problemas para traballar. Se esta enfermidade trátase ben os síntomas poden mellorar facendo que tamén mellore a calidade de vida.









A BOLBORETA ATRAPADA


Esta enfermidade que vemos en pantalla é a enfermidade do bocio. Esta acontece cando a glándula tiroide crece desmesuradamente ata quedar como na fotografía.
  • Que é o bocio?
O Bozo é o crecemento irregular da glándula tiroide. O bocio pode ser de dous tipos:

  1. Agrandamento xeneral da glándula tiroide.
  2. Crecemento celular irregular que forma vultos na tiroide.
  • Anatomía da tiroide
A tiroide é unha glándula que se atopa na parte anterior do pescozo. Ten forma de bolboreta. Esta atópase debaixo da noz de Adán.

  • Función da tiroide
A glándula tiroide é unha glándula do sistema endócrino que ten como función principal a de almacenar e segregar as hormonas tiroxina(T4) e triiodotironina(T3) as cales regulan o metabolismo do corpo. Esta glándula utiliza o iodo para producir as hormonas tiroideas. A función principal da glándula tiroidea é controlar o metabolismo e regular o gasto enerxético de case todas as células do corpo. As hormonas tiroideas inflúen directamente no ritmo cardíaco e na presión arterial, na temperatura corporal, no desenrolo e crecemento, na dixestión e  tránsito intestinal e no sistema nervioso e estado de ánimo.
Así mesmo produce calcitonina, que é unha hormona que axuda a regular a cantidade de calcio en sangue.
A creación destas hormonas na tiroide está dirixida polo hipotálamo e a hipófise.
  • Causas do bocio
Hai varios factores para que a glándula tiroide creza. Neste blog imos diferenciar seis causas:
  1. Deficiencia de iodo. O iodo é un mineral esencial para a produción das hormonas tiroideas. Se non se enxiren alimentos con iodo a glándula tiroide non pode producir estas hormonas. A glándula pituitaria manda un sinal a tiroide para que intente  captar máis iodo e debido a isto a glándula aumenta (bozo).
  2. Enfermidade de Hashimoto. Trastorno inmunitario que dana os tecidos sanos da tiroide. Debido a isto, para que a tiroide poda producir o suficiente iodo ten que medrar (hipotiroidismo).
  3. Enfermidade de Graves. Trastorno inmunitario que produce unha proteína que imita a función da tiroide. Esta proteína patóxena fai que o exceso de hormonas cause o aumento da glándula da tiroide.
  4. Nódulos tiroideos. Prodúcense cando hai un aumento excesivo de células na tiroide. Isto fai que aparezan bultos na tiroide, aumentando o seu tamaño.
  5. Cancro da tiroide. É o menos común dos cancros do corpo. No caso de que unha persoa teña nódulos tiroideos, hai un 5% de posibilidades de desenrolar un cancro de tiroide.
  6. Embarazo. A causa dunha hormona que aparece cando unha muller está de parto, a gonadotropina coriónica humana, pode facer que a glándula tiroide creza.
  • Síntomas
A maioría da poboación que ten bocio non ten ningún síntoma, excepto o da inflamación da glándula tiroide que se pode ver cando incha a zona do pescozo. Cabe mencionar que como é unha glándula pequena, ás veces non chega a crecer moito polo que se pode diagnosticar facendo revisións médicas anuais.
Os síntomas do Bozo van a depender da función tiroidea afectada:
  1. Hipotiroidismo (glándula tiroide en baixa actividade). Esta pode causar fatiga, aumento da sensibilidade co frío, pel seca...
  2. Hipertiroidismo( glándula tiroide moi activa). Esta pode causar perda de peso, latidos cardíacos rápidos (taquicardia), aumento da sensibilidade ao calor...
  • Diagnóstico
As probas que se utilizan para diagnosticar problemas coa glándula tiroide son as seguintes:
  1. Probas da función da tiroide. Obtense unha mostra de sangue e mídese a cantidade de hormona estimulante. Con esta proba pódese ver se a hormona creceu ou perdeu tamaño.
  2. Análise de anticorpos. Segundo a proba da función da tiroide, o médico pode solicitar unha análise de sangue para detectar un anticorpo.
  3. Ultrasonografía. Nesta caso úsanse ondas de son para producir unha imaxe virtual do tecido do pescozo. Con esta proba pode mostrarse o tamaño da glándula tiroide e detectar nódulos.
  4. Absorción de iodo radioactivo. Introdúcese no corpo iodo radioactivo para ver a cantidade de iodo que absorbe a glándula tiroide e a que velocidade.
  5. Biopsia. Con esta proba detéctase se hai cancro na tiroide. É moi pouco común, como comentamos antes.
  • Tratamento
O tratamento do Bozo depende do tamaño deste. Vou mencionar as solucións que hai para recompoñer a glándula tiroide:
  1. Medicamentos. Imos destacar tres tipos de medicamentos:Para aumentar a produción de hormonas utilízase un medicamento que substitúa a función da glándula tiroidea. Este medicamento chámase levotiroxina. Para diminuír a produción de hormona utilízase un medicamento antitiroideo que interrompe a produción de hormonas. O medicamento máis utilizado é o metimazol.  Para bloquear as actividades hormonais precísase un medicamento que controle os síntomas do hipertiroidismo. Un dos medicamentos que hai é o atenolol. Para controlar a dor trátase cun medicamento que reduza a dor, como é o ibuprofeno.
  2. Cirurxía. Utilízase para extraer a glándula tiroide.
  • Prevención
Para evitar o bocio cómpre inxerir alimentos con iodo. A cantidade de iodo necesaria que temos que inxerir diariamente está arredor dos 150 microgramos.
  •  Bocio na actualidade
Esta enfermidade, hoxe en día, non é moi común. Antigamente era máis común, xa que, os alimentos que se inxerían  non contiñan a suficiente cantidade de iodo necesaria para satisfacer as necesidades diarias.


CANDO NON HAI PAUSA

 


Para que o noso organismo funcione correctamente é fundamental a intervención das hormonas, razón pola cal existen unha ampla variedade delas, producidas por distintas glándulas endócrinas. Entre elas destaca a tiroide, situada no pescozo, a ambos lados da tráquea, é a produtora das hormonas tiroideas, necesarias para o control do metabolismo, da enerxía, do calor corporal, do crecemento e do estado de ánimo. 

Como calquera outra parte do noso corpo, esta glándula pódese ver afectada e causar problemas, e é aí onde aparece a enfermidade de Graves. Trátase dunha enfermidade autoinmune, na que o noso sistema inmunitario produce anticorpos que estimulan a glándula tiroidea, facendo que produza un exceso de hormonas, é dicir, causando hipertiroidismo. A enfermidade de Graves é a causa principal de hipertiroidismo, xa que o 85% dos casos son debidos a esta enfermidade.

Afortunadamente esta non é unha enfermidade mortal, e cos medicamentos e hábitos de vida saudables pódese levar unha vida bastante boa.

Factores de risco

Existen diferentes factores que poden aumentar a probabilidade de padecer a enfermidade, como o son:

  • O sexo: afecta principalmente a mulleres. Aumentando máis a probabilidade durante o embarazo.
  • A idade: tende a desenvolverse a partir dos 30 anos.
  • Antecedentes familiares de enfermidade de Graves ou de Hashimoto.
  • Outros trastornos autoinmunes como o vitiligo ou artrite reumatoide.
  • Estrés.
  • Tabaquismo ou outros produtos derivados da nicotina.
Síntomas

A enfermidade de Graves presenta unha gran variedade de síntomas, como son:

  • Bocio difuso, que consiste no aumento do tamaño da glándula tiroide.
  • Perda de peso, aínda que aumenta o apetito.
  • Diarrea.
  • Dificultade para durmir e para concentrarse.
  • Nerviosismo e irritabilidade.
  • Intolerancia ao calor e aumento da sudación.
  • Tremor nas mans.
  • Debilidade muscular.
  • Taquicardias.
  • Cansazo e fatiga.
  • Cambios nos ciclos menstruais, e disfunción eréctil.
  • Oftalmopatía de Graves: ollos saltóns, inflamados, irritados, maior sensibilidade á luz e visión borrosa.
  • Dermopatía de Graves: pel grosa e descolorida nas pernas.


Diagnóstico

Comunmente os médicos diagnostícana realizando primeiro un exame físico buscando os síntomas mencionados anteriormente, para despois levar a cabo outros exames para confirmala:

  • Análise de sangue, para medir a concentración de hormonas tiroideas e ver se hai TSI, o anticorpo estimulante da glándula tiroide.
  • Ecografía tiroidea, para ver o tamaño da tiroide.
  • Proba de absorción do iodo radioactivo.

Tratamentos

Non ten unha unha cura xa que é unha enfermidade autoinmune, polo que para tratala os médicos empregan medicamentos como bloqueadores, para reducir os síntomas, ou metimazól e propiltiouracilo, que reducen a produción de hormonas na tiroides. Tamén poden empregar terapias con iodo radioactivo, que destrúe as hormonas que produce a glándula tiroidea e aliviando temporalmente os síntomas. Por último, poden realizar unha cirurxía para extirpar a tiroides, pero esta operación ten bastantes riscos, como un dano ao nervio que controla as cordas vocais ou á glándula paratiroide.

Ademais de todo isto, tamén é recomendable seguir unha dieta evitando o máximo posible o consumo de iodo xa que podería empeorar o hipertiroidismo.

Complicacións

Debido á enfermidade de Graves pódense desenvolver outras patoloxías ou problemas no noso organismo, como ósos fráxiles, afeccións cardíacas ou problemas de saúde durante o embarazo. Tamén se poden desenvolver problemas oculares e dermatolóxicos, e pódese ter unha crise tirotóxica que é moi rara pero potencialmente mortal, xa que se produce un aumento repentino de hormonas tiroideas no sangue, provocando febre, delirios, taquicardia extrema, axitación e insuficiencia cardíaca.



CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...