Amosando publicacións coa etiqueta colesterol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colesterol. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de xuño de 2025

PRISIONEIROS DO ESTRÉS INTERNO: A ENFERMIDADE DE CUSHING

 





A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería de ser.
Exposición prolongada a glucocorticoides.


CAUSAS

Esta enfermidade é provocada por un tumor ou crecemento excesivo da hipófise, esta glándula está localizada xusto debaixo da base do cerebro. Un tipo de tumor da hipófise chamado adenoma é a causa máis común.
A hipófise secreta demasiada ACTH, que estimula a produción de cortisol, a hormona do estrés.



SÍNTOMAS

Os síntomas que presenta a enfermidade de cushing son os seguintes:
  • Obesidade da parte superior do corpo (por enriba da cintura) e extremidades delgadas.
  • Cara redonda, vermella e chea.
  • Taxa de crecemento lento nos nenos.
Respecto a os cambios na pel máis frecuentes:
  • Acné o infeccións da pel
  • Estrías
  • Pel delgada propensa á formación de hematomas.
Os cambios nos ósos e músculos:
  • Dor de lombo mais nos ósos
  • Acumulación de graxa entre os ombros.
  • Decaemento dos ósos, facilidade de fractura.
  • Músculos débiles.
Nas mulleres, a diferenza dos homes, tamén pode darse un crecemento excesivo do vello na cara, pescozo, abdome e muslos; ademais dun ciclo menstrual irregular o inexistente.
Mentres que nos homes poden presentarse a ausencia de desexo sexual e problemas de erección.




DIAGNÓSTICO

Primeiro fanse diferentes exames para confirmar a presenza de demasiada cantidade de cortisol, que son os seguintes:
  • Cortisol libre en urina de 24 horas.
  • Proba de inhibición con dexametasona (dose baixa).
  • Niveles de cortisol na saliva.
Estes, en cambio, determinan a causa do cortisol alto unha vez confirmado:
  • Nivel de ACTH no sangue.
  • Resonancia magnética do cerebro.
  • Proba da hormona liberadora de corticotropina.
  • Proba de inhibición con dexametasona (doses alta).
  • Mostra do seno petroso inferior, que mide os niveis de ACTH nas veas que drenan a hipófise en comparación coas do tórax.
Outros exames:
  • Proba de glicosa na sangue en xaxún e A1C para diabetes.
  • Probas de lípidos e colesterol.
  • Exame de densidade mineral ósea para detectar osteoporoses  .




TRATAMENTO

O tratamento para esta enfermidade implica a extirpación cirúrxica do tumor hipofisario. Despois da cirurxía, a hipófise pode comezar lentamente a funcionar de novo e retornar á normalidade.

Ademais, durante o proceso de recuperación, se pode necesitar tratamentos de substitución de cortisol, xa que a hipófise precisa de tempo para comezar a producir ACTH novamente.
A radioterapia na hipófise tamén se pode utilizar se o tumor non se extirpou por completo.
No caso de que o tumor non responda á cirurxía o á radiación, é probable que se precise de medicamentos para impedir que o corpo produza cortisol. E no caso que estes tratamentos non teñan éxito, é posible que sexa necesario extirpar as glándulas suprarrenais para que estas deixen de producir os altos niveis de cortisol.


PROGNÓSTICO

No caso de que non se trate, a enfermidade de Cushing pode provocar un padecemento grave e incluso a morte. A extirpación do tumor pode levar a unha recuperación completa, pero o tumor pode crecer novamente.

https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000348.htm

No seguinte vídeo podemos atopar máis información:




mércores, 4 de xuño de 2025

CORPO EN PAUSA: ENFERMIDADE QUE FREA SEN AVISAR


 DEFINICIÓN

O hipotiroidismo é unha enfermidade do sistema endócrino na que a glándula tiroide non produce suficientes hormonas tiroideas. Estas hormonas, chamadas T3 e T4, son moi importantes porque regulan o noso metabolismo e moitas funcións do noso corpo.
Cando faltan hormonas tiroideas, o corpo funciona máis lentamente. Isto afecta ao corazón, ao cerebro, a dixestión, ao metabolismo e a outros sistemas, reducindo o nivel de actividade do organismo.
Co paso do tempo, se o hipotiroidismo non se trata, pode derivar en outros problemas de saúde, como problemas no corazón ou colesterol alto.




CAUSAS

A glándula tiroide é unha glándula pequena en forma de bolboreta que se sitúa na base do pescozo. Esta glándula produce dúas hormonas principais, a tiroxina (T4) e a triiodotironina (T3), que afectan a todas a células do corpo. Inflúen na velocidade á que o corpo utiliza as graxas e os carbohidratos. Controlan a temperatura corporal, a frecuencia cardíaca e a produción de proteínas.
Algúns dos problemas que poden provocar o hipotiroidismo son:
  • Enfermidade autoinmunitaria: a causa máis común é a enfermidade de Hashimoto, que consiste en que o sistema inmunitario ataca a glándula tiroide, dificultando a produción das súas hormonas.
  • Radioterapia: a radiación empregada no tratamento de cancro de cabeza e pescozo pode causar o hipotiroidismo.
  • Tiroidite: é a inflamación da glándula tiroide, que pode ser causada por infeccións, trastornos autoinmunes ou outras enfermidades. Pode provocar a liberación rápida de hormonas tiroideas, o que fai que a actividade da tiroide aumente temporalmente.

SÍNTOMAS

Os síntomas relaciónanse coa diminución da actividade funcional dos sistemas do organismo.
Os principais síntomas son: 
  • Cansazo
  • Perda da memoria
  • Pel pálida
  • Fraxilidade nas uñas
  • Aumento de peso e/ou estrinximento
  • Somnolencia excesiva 



COMPLICACIÓNS

O hipotiroidismo sin tratar pode derivar en outros problemas de saúde, como:
  • Bocio: o máis común é que o hipotiroidismo poda causar que a glándula tiroidea aumente de tamaño. Isto pode xerar problemas ao tragar ou respirar.
  • Problemas cardíacos: o hipotiroidismo pode derivar en unha insuficiencia cardíaca. Isto ocorre porque as persoas con tiroide con baixa actividade adoitan ter niveis altos de colesterol LDL.
  • Neuropatía periférica: o hipotiroidismo non tratado durante moito tempo pode danar os nervios periféricos, que transmiten información do cerebro e da medula espiñal ao corpo.
  • Infertilidade: a redución das hormonas tiroideas pode afectar á ovulación e limitar a fertilidade.   
                    

 



DIAGNÓSTICO

Os síntomas do hipotiroidismo varían entre persoas e son parecidos aos doutras enfermidades, polo que o diagnóstico se fai principalmente con análises de sangue.
O primeiro paso é medir a TSH (hormona estimulante da tiroide). Se está alta, mídese tamén a T4. Un nivel alto de TSH e baixo de T4 confirma o hipotiroidismo.
Este análise tamén se usa para axustar o tratamento. Algunhas substancias, como a biotina, poden afectar os resultados, así que é importante saber os suplementos que se toman.



TRATAMENTO 

O tratamento do hipotiroidismo é moi sinxelo e consiste en tomar diariamente levotiroxina, unha hormona tiroidea en pastilla. Este medicamento restablece os niveis hormonais e alivia os síntomas da enfermidade.









CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...