Amosando publicacións coa etiqueta intestino delgado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta intestino delgado. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de marzo de 2026

A TRAMPA DO TRIGO

 



A celiaquía é unha enfermidade dixestiva crónica que afecta ao intestino delgado e está relacionada co consumo de gluten. Aínda que moitas persoas pensan que só consiste en "non poder comer pan", en realidade é unha patoloxía máis complexa que implica ao sistema inmunitario e pode afectar a todo organismo.



Que é a celiaquía?

A celiaquía é unha enfermidade autoinmune na que o sistema inmunitario ataca ao propio organismo ao detectar o glute como unha sustancia perigosa. O glute é unha proteína presente en cereais como o trigo, a cebada e o centeo.



Cando unha persoa celíaca consume glute, o seu sistema inmunitario ataca as vilosidades intestinais, que son pequenas estruturas do intestino delgado encargadas de absorber os nutrientes.

Como afecta ao sistema dixestivo?

O intestino delgado ten millóns de vilosidades que aumentan a superficie de absorción.
  • As vilosidades inflámanse 
  • Dánanse ou desaparecen
  • Redúcese a absorción de nutrientes


Isto pode causar varios problemas como a desnutrición, a anemia ou perda de peso.



Síntomas principais


Os síntomas principais poden variar dependendo da persoa. Algúns dos máis comúns son: 
  • Dor abdominal 
  • Diarrea ou estrinximento
  • Inchazo abdominal
  • Cansazo e debilidade
  • Perda de peso
  • Anemia (por falta de ferro)


Nos nenos tamén pode causar atraso no crecemento e problemas de desenvolvemento.
E tamén poden aparecer síntomas que non están relacionados co aparato dixestivo.


Como se pode diagnosticar?


O diagnóstico da celiaquía non sempre é fácil, xa que os síntomas poden confundirse con outras enfermidades dixestivas. 

Os principais métodos son:
  • Análise de sangue (para detectar anticorpos)
  • Biopsia intestinal (confirmar dano nas vilosidades)

É importante que a persoa consuma glute antes das probas porque se non, os resultados poden ser incorrectos xa que os danos non serán visibles.


Tratamento 

Actualmente non existe unha cura para a celiaquía, o máis correcto para tratalo sería ter unha dieta sen glute para toda a vida.

Isto implica non poder consumir alimentos como pan, pasta, bolería ou cervexa, e ter que comer produtos marcados como sen glute. 

Algúns alimentos permitidos son o arroz, o millo, as patacas, a carne, o peixe, os ovos, as froitas e as verduras.

Se a dieta se segue correctamente o intestino recuperase pouco a pouco, mellorando a absorción de nutrientes.














mércores, 26 de marzo de 2025

AS BACTERIAS OKUPAS

 



 Que é o SIBO?

O sobrecrecemento anormal na poboación bacteriana do intestino delgado ocorre cando se observa un incremento anormal de todas as bacterias presentes nesa parte do tubo dixestivo.

O aumento desmedido de bacterias no intestino delgado soe ocorrer cando unha situación, como unha intervención cirúrxica ou unha enfermidade, obstaculiza a circulación de alimentos e residuos no tubo dixestivo, xerando así un ambiente favorable para o crecemento das bacterias. Se ben o aumento desmedido de bacterias no intestino delgado soe ser unha complicación das intervencións cirúrxicas de estómago, este problema tamén pode derivarse en problemas estruturais e certas patoloxías. En ocasións, requírese unha intervención cirúrxica para resolver este problema, sen embargo, o tratamento máis habitual son os antibióticos.

Signos e síntomas:

A multiplicación excesiva das bacterias do intestino delgado causa que estas bacterias fermenten os carbohidratos que non foron totalmente dixeridos, producindo gases como hidróxeno e metano. Esta fermentación non só incrementa o volume de gas, se non que tamén obstaculiza a correcta         


absorción de nutrientes, o cal pode incrementar a permeabilidade do intestino e provocar síntomas coma a diarrea. O signos do SIBO poden diferir entre individuos, pero os máis comúns son:

  • Presenza de gases e tensión abdominal.
  • Dolor abdominal ou incomodidade dixestiva.
  • Diarrea.
  • A mala absorción de nutrientes pode provocar perda de peso e carencias na nutrición.
  • Náuseas.
  • Perda do apetito.
  • Sensación desagradable de saciedade ao rematar de comer.
  • Persistente cansanzo.
  • Inflamación.
  • Malnutrición.
Dependendo dos síntomas pódese ter dous tipos diferentes de SIBO:

  • SIBO - Hidróxeno: Sucede cando existe unha proliferación desmedida de bacterias. Os individuos que padecen  deste tipo de SIBO tenden a ter máis diarrea, e poucas veces estrinximento.
  • SIBO - Metano (IMO): Sucede cando se produce un incremento nas arqueas metanoxénicas e teñen unha maior relación co estrinximento.



Causas:

O crecemento desmedido de bacterias no intestino delgado pode orixinarse polas seguintes razóns:

  • Complicacións das intervencións cirúrxicas abdominais, tales como o bypass gástrico para a obesidade e a gastrectomía para o tratamento das úlceras pépticas e o cáncer abdominal.
  • Problemas estruturais no interior e exterior do intestino delgado, tales como tecido cicatricial (adherencias intestinais) que poden revestir o exterior do intestino delgado, e grumos de tecido que se proxectan a través da parede do intestino delgado (diverticulose intestinal).
  • Algunhas condicións médicas, como a enfermidade de Crohn, a enterite por radiación, a esclerodermia, a enfermidade celíaca, a diabetes, entre outras, poden obstaculizar o tránsito de alimentos e residuos a través do intestino delgado.

Tratamento:

O coidado do SIBO depende da gravidade do caso e as circunstancias subxacentes de cada individuo. Este debe enfocarse en identificar e rectificar (se é posible) as causas subxacentes, rectificar os defectos nutricionais e administrar antibióticos.

Os antibióticos son a terapia inicial que se basea en antibióticos concretos para eliminar o crecemento excesivo das bacterias.

A dieta en individuos que padecen de SIBO, é crucial modificar a alimentación para aliviar síntomas como a xeración excesiva de gases. Aconséllase unha alimentación reducida en fibras e azucres fermentables durante o tratamento e hasta oito semanas posteriormente. É crucial sempre acudir a un experto para a súa adecuada implementación e seguimento.

Os probióticos son microorganismos vivos que actualmente se utilizan como restablecedores da microbiota durante o tratamento con antibióticos e tras a súa finalización. 




 

 




 

CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...