Amosando publicacións coa etiqueta prevención. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta prevención. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de marzo de 2026

ARTERIAS BLOQUEADAS

 


Unha das patoloxías máis comúns do sistema circulatorio humano é a arteriosclerose, que consiste no endurecemento e engrosamento das paredes das arterias dificultando así o paso do sangue polo seu interior. Entre os diversos tipos de arteriosclerose, destaca a ateroesclerose.

Este tipo en concreto, caracterízase pola acumulación de graxas, colesterol LDL e outras sustancias, que acabarán formando a placa ateroma no recubrimento interno das arterias de mediano e gran tamaño. A placa, ademais da redución e do bloqueo do fluxo sanguíneo, tamén pode chegar a romperse e formar coágulos sanguíneos. É unha enfermidade asintomática, sobre todo nas primeiras etapas, pero unha vez avanzada, aparecen síntomas que varían segundo a arteria afectada:

  • Nas arterias do corazón: dor no peito, palpitacións cardíacas, dificultade para respirar ou mareos.
  • Arterias do cerebro: dificultades na fala, perda temporal da visión ou caída dos músculos da cara. Si non se tratan a tempo, poden acabar causando un accidente cerebrovascular, comúnmente chamado ictus.
  • Arterias das extremidades: dor, molestias ou cambras nas pernas ao camiñar, o que se chama claudicación. Tamén pode ter a presión arterial máis baixa nas extremidades as que afecta.
  • Arterias mesentéricas: dor abdominal despois de comer, perda de peso ou diarrea.
  • Tamén pode causar problemas renais, ou disfunción eréctil nos homes. 

 

Todos estes síntomas adoitan presentarse en situacións de estrés ou momentos nos que o corpo necesita máis osíxeno. 

 

 

Factores de risco e causas

A acumulación de placa é debida a distintos motivos, entre os que destacan: 

  • Diabetes: o alto nivel de azucre pode danar as capas internas das arterias, lugar onde se acumula a placa.
  • Antecedentes familiares: os xenes poden aumentar o risco de padecela, especialmente no caso de ter un trastorno hereditario relacionado co colesterol.
  • Presión arterial alta, que co tempo pode terminar danando as paredes arteriais permitindo a acumulación de placa.
  • Enfermidades inflamatorias, que poden danar os vasos sanguíneos.
  • Sobrepeso ou obesidade, e tabaquismo.
  • Idade avanzada: normalmente a acumulación de placa comeza na infancia e empeora coa idade.
  • Dieta pouco saudables e pouca actividade física: as dietas pouco saudables, altas en graxas, aumentan as concentracións de colesterol, e a falta de actividade física permite a súa acumulación.

Diagnóstico e tratamentos

A aterosclerose pode ser diagnosticada mediante diferentes probas coma por exemplo análises de sangue, electrocardiogramas ou índice de nocello-brazo (IBA).

Despois do seu diagnóstico pódense tomar diferentes tratamentos, tales como:

  • Medicamentos: para controlar o colesterol, regular a presión arterial, evitar a formación de coágulos, adelgazar e controlar outras patoloxías que poden causar a aterosclerose. 
  • Intervencións e cirurxías como a intervención coronaria percutánea, a cirurxía de revascularización miocárdica ou a anxioplastia.
  • Tamén en algunhas persoas é necesario que participen nun programa de exercicios, de rehabilitación cardíaca ou de terapias para axudalas a que progresen nunha nova forma de vida.

Medidas para evitar a Aterosclerose

A pesar de que hai algunhas cousas que non podemos cambiar, como a idade ou os xenes, si existen medidas que axudan a reducir o risco de padecela: 

  • Levar unha forma de vida saudable, cunha dieta baixa en graxas e glícidos, abandono do tabaquismo, disminución do consumo de alcohol e realización de actividade física varias veces a semana.
  • Controlar a presión arterial, o colesterol e outras enfermidades que poden causar a ateroscleroses.
  • A partir dos 40-50 anos, acudir a exames periódicos de saúde, sobre todo se existen antecedentes familiares con enfermidades relacionadas ou que a padeceran.




domingo, 14 de decembro de 2025

MÚSCULOS EN TENSIÓN



As cambras son contraccións bruscas, breves e involuntarias dun músculo ou dun grupo de músculos que poden aparecer sen previo aviso. O músculo ténsase de golpe e queda ríxido así durante uns segundos ou incluso un par de minutos. Aínda que poden ser moi dolorosas e deixarnos inmóbiles un tempo, non adoitan ser perigosas.

Aparecen con máis frecuencia cando facemos deporte, cando nos esforzamos máis do habitual ou cando fai moita calor. Ademais, certos medicamentos ou algunhas enfermidades poden favorecer a súa aparición. Son moi comúns, e case todo o mundo as experimentou algunha vez, especialmente despois de facer exercicio ou durante a noite.

O lado positivo é que a maioría das cambras melloran soas e pódense tratar facilmente con medidas básicas de autocoidado.

Síntomas

A máis habitual é que aparezan nas pernas, especialmente nos xemelgos. A dor é intensa mentres dura a cambra, e despois a zona pode quedar algo dorida durante unhas horas ou incluso un día. Aínda que son molestas, adoitan ser episodios curtos. Tamén poden ocorrer noutras partes do corpo, como: 
  • Coxas
  • Pés
  • Mans
  • Brazos
  • Abdome
  • Ao longo da súa caixa torácica

  

Cando debería preocuparme?

Na maioría dos casos non é necesario ir ao médico. Aínda así, si se recomenda consultar cun profesional se as cambras:
  • Son severas.
  • Veñen acompañadas de inflamación, tumefacción ou cambios na pel.
  • Ocorren con moita frecuencia e duran demasiado.
  • Non melloran nin con estiramentos nin bebendo suficiente líquido. 

Por que se producen?

As cambras poden aparecer por varios motivos, aínda que ás veces non se chega a saber a causa exacta. Entre os factores máis comúns están:
  • Uso excesivo do músculo ou esforzo intenso.
  • Manter unha postura durante moito tempo.

Tamén poden estar relacionados con certos problemas de saúde:


  • Mala circulación nas pernas, que provoca dor tipo pinchazo mentres se fai exercicio.
  • Opresión dun nervio, sobre todo na columna, que causa dor ao camiñar e mellora ao inclinarse cara adiante (por exemplo, apoiado nun carro da compra).
  • Baixos niveis de electrólitos como potasio, calcio ou magnesio na sangue (por exemplo, ao final do embarazo). Algúns medicamentos que aumentan a micción tamén poden reducir estes minerais no corpo.

Factores de risco

Algunhas persoas teñen máis probabilidade de sufrir cambras. Isto ocorre, por exemplo:
  • A medida que envellecemos, porque perdemos masa muscular.
  • Se non estamos en boa forma física.
  • En situacións de moito suor, como en deportes intensos con calor.
  • En persoas con diabetes, problemas de nervios, fígado ou tiroide.
  • En situacións de sobrepeso.

Como se poden previr?

A boa noticia é que hai varias formas sinxelas de reducir o risco de ter cambras:
  • Hidratación constante: bebe auga suficiente durante o día. Se fai calor ou fas deporte, as bebidas deportivas poden axudarte a reemprazar os electrólitos perdidos.
  • Estiramentos: é recomendable estirar os músculos, tanto antes como despois da actividade física.
  • Mentres fas exercicio, evita esforzarte máis do debido sen estar preparado.
  • Antes de durmir, facer estiramentos ou uns minutos de exercicio suave (como bicicleta estática) pode axudar a evitar as cambras nocturnas.
  • Non abusar de café, nicotina ou estimulantes.










CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...