luns, 23 de marzo de 2026

CANTEIRA NO ORGANISMO

 


Na imaxe podemos observar a enfermidade de cálculos renais causada en gran medida pola pouca inxesta deficiente de auga.

Definición de cálculo renal.

Os cálculos renais, ou comunmente chamados pedras nos riles, é unha enfermidade renal que consiste na deposición de elementos duros formados por minerais e sales minerais que se localizan na urina. O tamaño pode ser moi variado, dende un gran de area ata unha pelota de ping-pong. O persoal sanitario refírese a esta enfermidade como nefrolitiase ou urolitiase. 

As pedras nos riles son máis comúns nos homes que nas mulleres. A diferenza é do dobre (afectando un 11%-13% nos homes e un 6% nas mulleres).


Localización.

Os cálculos renais localízanse nos riles, especificamente encóntrase na pelve renal (nela conflúen todos os cálices renais e continúa co uréter). Os riles son os órganos encargados na formación da urina. 


Tipos de cálculos renais.
  • Cálculos de calcio. A maioría dos cálculos están compostos por oxalato de calcio. Esta é unha sustancia que produce o fígado diariamente co que se obtén na alimentación. Hai diferentes causas para a formación deste tipo de cálculos, como poden ser unha dose elevada da vitamina D, unha cirurxía de bypass intestinal, entre outras. Este tipo de cálculos tamén poden estar formados por fosfato de calcio.
  • Cálculos de ácido úrico. Este pode formarse nas persoas que perden moito líquido a causa dunha diarrea ou dunha mala absorción dos nutrientes dos alimentos. Tamén poden afectar a súa composición diversos factores xenéticos.
  • Cálculos de estruvita. Fórmanse a partir dunha infección das vías urinarias. Estes poden crecer moi rapidamente e non teñen gran presenza de síntomas ou pequenas advertencias polo que se complica máis o seu diagnóstico.
  • Cálculos de cistina. Fórmanse en persoas cunha afección xenética pouco frecuente chamada cistinuria, que causa a perda de moita base proteica dos riles.


Formación.
Solen formarse cando a urina vólvese demasiado concentrada e os minerais comezan a cristalizar. Ocorre con moita frecuencia cando non se inxire algunha bebida, principalmente auga. Outros factores que afectan a súa formación son antecedentes familiares de uriolitiase, consumir demasiados alimentos con azucre e sal ou padecer enfermidades como a obesidade e a gota.


Sinais de alerta para o seu diagnóstico.
A uriolitiose pódese sentir cando a dor aparece de forma repentina e é intensa. A dor soe sentirse nas costas pero co avance da enfermidade esténdese a zona do abdome e da ingua. Outros síntomas para detectar esta enfermidade son a urina con sangue, vómitos e náuseas constantes, febre e urina con mal cheiro.
Cando se experimenta esta dor e importante ir rapidamente ao médico para evitar que o cálculo sexa máis grande e que se complique a súa expulsión.


Tratamento.
Dependendo do seu tamaño e da súa ubicación imos distinguir diversos tratamentos:
  • Tratamento expectante. Este utilízase cando os cálculos son pequenos. Os urólogos nestes casos recomendan beber moita auga, para que o cálculo se descompoña e baixe con menos dor polas vías urinarias.
  • Medicamentos. Empléanse para evitar a dor e para relaxar os músculos dos uréteres, facilitando a súa saída ao exterior na forma menos dolorosa posible.
  • Litotricia extracorpórea por ondas de choque. É un método non invansivo que utiliza unhas ondas de choque para fragmentar os cálculos e para que así podan saír mediante a urina.
  • Ureteroscopia. É un procedemento invasivo no que se introduce un tubo delgado (ureteroscopio) nos uréteres para romper cun láser os cálculos e extraelos ao exterior.
  • Nefrolitomía percutánea. Este recoméndase cando os cálculos son moi grandes. Implica unha operación na que se accede ao ril e extráese directamente o cálculo renal.

Prevención.

Para previr a uriolitiose ou nefrolitiose aconséllase:

1. Beber polo menos dous litros de auga ao día.
2. Limitar o consumo de sal, así como, de proteínas animais.
3. Manter un peso saudable, isto quere dicir ter un peso acorde coa talla do individuo.
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

O LADO OCULTO DA DIETA

  A alimentación é un dos factores que máis inflúe na nosa saúde. A través dos alimentos que inxerimos obtemos a enerxía e os nutrientes nec...