Amosando publicacións coa etiqueta aparato locomotor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aparato locomotor. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de decembro de 2025

CAMIÑOS QUE CRUXEN


 

A artrose é a enfermidade articular dexenerativa, crónica e a máis frecuente na poboación adulta. Prodúcese polo desgaste do cartilaxe articular. A pesar de que este proceso de desgaste foi vinculado ao envellecemento durante moito tempo hoxe en día enténdese como unha condición na que inflúen factores como xenéticos, metabólicos e ambientais. 

O cartilaxe é o tecido que recobre os extremos dos osos nas articulacións. Cando se desenvolve a artrose o cartilaxe  perde as súas propiedades e incuso pode desaparecer facendo que os extremos de ambos osos rocen directamente, producindo dor.

Habitualmente localizase na columna cervical e lumbar, algunhas articulacións do ombreiro e dos dedos das mans, a articulación da raíz do polgar, a cadeira, o xeonllo e a articulación do comezo do dedo gordo do pe. 

Cales son os síntomas?

O síntoma máis frecuente é a dor. Esta dor soe aparecer cando se exixe un esforzo a articulación danada e xeralmente empeora a medida que avanza o día. Este dor pode aparecer co repouso ou descanso se a enfermidade avanza.

Na artrose da columna vertebral, prodúcese dor de pescozo ou da rexión lumbar, dificultade para o movemento e contractura dos músculos da rexión afectada. 

Outros síntomas son as deformidades articulares ou as limitacións da mobilidade con dor á presión, estralos e crepitacións da articulación. 

Síntomas habituais

  • Dor articular
  • Deformidade articular
  • Inflamación nas articulacións
  • Rixidez
Orixe

Esta enfermidade non é hereditaria pero si que ten un compoñente de risco xenético.

A artrose comeza con unha alteración na cartilaxe que protexe as superficies articulares provocando a súa dexeneración. Este dano inicial pode provocar respostas celulares que intenten reparar a cartilaxe pero a miúdo son desadaptativas. 

Finalmente a cartilaxe deteriórase e os osos que están debaixo poden rozarse o que leva a formación de esporóns óseos (osteofitos) nos bordes da articulación e causa dos síntomas característicos. 


Factores que favorecen a artrose 

Existen factores de risco que favorecen esta enfermidade, hai algúns que podemos evitar pero outros que  non son modificables.

Os factores non modificables son a idade, o sexo, a xenética e as deformidades óseas. O risco desta enfermidade aumenta a medida que cumprimos anos, é moi común que esta enfermidade apareza despois dos 65 anos. Tamén as mulleres despois da menopausa son máis propensas a padecela.

Pero así como hai factores non modificables tamén hai outros que son modificables como a obesidade, as lesións, a sobrecarga repentina ou o tabaquismo. Con obesidade podemos cargar sobre articulacións danadas que aumenta a posibilidade de que produzan proteínas inflamatorias. As lesións ou sobrecargas incitan a estas enfermidades por bruscos movementos ou traballos forzados. Por último o tabaquismo inflúe ao deterioro articular por o seu efecto oxidante. 

Outros factores poden ser enfermidades metabólicas como a diabetes ou a inflamación que contribúe ao deterioro articular por o seu efecto oxidante. 

Tipos segundo a zona infectada
  •  Artrose de pelve: Os síntomas máis habituais son a dor na ingua, muslo ou glúteo, rixidez ao levantarse ou perda de mobilidade na cadeira. 
  • Artrose cervical: Desgaste das articulacións e cartilaxes das vértebras do pescozo. Os síntomas mais comúns son dor no pescozo, rixidez cervical, estralos e mareos. 
  • Artrose lumbar: Localízase nas vértebras da zona baixa das costas. Os síntomas mais comúns son a dor na parte baixa das costas, rixidez lumbar ou sensación de fricción.
  • Artrose de man: Localízase nos dedos e na base do polgar, os síntomas mais comúns son a dor na articulación, rixidez, inflamación ou vultos. 
  • Artrose de xeonllo: Localízase na cartilaxe que une os ósos da articulación do xeonllo. Os síntomas son dor de xeonllo, inflamación ou rixidez. 

Diagnóstico

O diagnóstico desta enfermidade realízase a través do historial clínico e a exploración física. Algúns casos necesitan probas complementarias.

Estas probas poden ser análises do líquido sinovial, para ver se presentan derrame articular. Tamén se utilizan radiografías que mostran o estreitamento do espazo articular, osteofitos e cambios nos osos.


Tratamento

O tratamento adoitase basear en aliviar a dor e mellorar a función articular.

  • Tratamentos non farmacolóxicos: Estes adoitan ser os máis importantes e a clave para aliviar a dor. Normalmente soen ser exercicios e fisioterapia que axudan a fortalecer músculos e mellorar a flexibilidade. Tamén é necesario controlar o peso para poder reducir a carga sobre as articulacións.
  • Tratamentos farmacolóxicos: Os analxésicos soen ser os mellores para reducir a dor coma por exemplo o paracetamol. Tamén para reducir a inflamación pódenos receitar antiinflamatorios como o ibuprofeno. 


ENTRE O AIRE E O ÓSO

 

Que é o Pectus Excavatum e porque ocorre?

Que é o pectus excavatum?
O pectus excavatum é o nome que se lle dá a unha deformidade conxénita da parede torácica. Nesta afección, o esterno está afundido, formando unha depresión no peito, ás veces chamada "peito en funil". Actualmente, este tipo de deformidade torácica primaria é a máis común. Máis do 80 % destes casos danse en homes.
Isto analizarase ao longo desta publicación.

Por que ocorre isto? Causas e factores asociados
Non hai unha única causa para esta afección, pero as investigacións suxiren varios factores:

1. Crecemento anormal da cartilaxe costal
O mecanismo máis amplamente aceptado é que as cartilaxes que conectan as costelas co esterno medran de forma desigual ou excesiva, empurrando o esterno cara a dentro.

2. Compoñente xenético
A miúdo obsérvase un historial familiar, o que indica un factor hereditario.

3. Asociacións con outras afeccións
Non sempre ocorre de forma illada; ás veces está relacionado con:
  • Escoliose (curvatura da columna vertebral)
  • Síndrome de Marfan
  • Síndrome de Poland
  • Trastornos do tecido conxuntivo
Pero na maioría dos casos aparece de forma illada e sen enfermidades asociadas.

Síntomas: Como se manifesta?
O pectus excavatum pode variar moito dunha persoa a outra. Hai casos moi leves, case imperceptibles, e outros que son máis pronunciados.

1. Síntomas físicos máis comúns
  • Afundimento visible no centro do peito
  • Asimetría pectoral
  • Resistencia ao exercicio reducida
  • Falta de aire durante o esforzo intenso
  • Fatiga durante as actividades deportivas
 2. Síntomas emocionais e psicolóxicos
Especialmente durante a adolescencia, son comúns os seguintes:
  • Baixa autoestima
  • Vergoña por mostrar o torso
  • Inseguridade corporal
Diagnóstico: Como se identifica?
O diagnóstico adoita ser clínico, o que significa que abonda con observar a forma do peito. Non obstante, utilízanse varios métodos para avaliar a gravidade:
 
1. Exploración física
O médico avalía a profundidade da escavación  , a simetría e a forma.

2. Índice de Haller
Este obtense mediante unha tomografía computerizada e mide a relación entre o ancho do peito e a distancia entre o esterno e a columna vertebral.

Axuda a clasificar a gravidade:
  • Leve
  • Moderada
  • Grave
3. Probas adicionais
  • Espirometría (función pulmonar)
  • Electrocardiograma
  • Ecocardiograma
Estas probas determinan se a deformidade afecta o corazón ou os pulmóns.

Tratamentos: Que opcións hai dispoñibles?
O tratamento depende da gravidade, a idade e os síntomas.

1. Observación (casos leves)
Cando a depresión é leve e non produce síntomas físicos significativos, as revisións periódicas adoitan ser suficientes.

2. Exercicios e fisioterapia
Estes non corrixen completamente a malformación, pero poden:
  • Mellorar a postura
  • Fortalecer os músculos pectorais e das costas
  • Aumentar a capacidade respiratoria
Son especialmente útiles en casos leves e moderados.

3. Campá de vacío
Un dispositivo que crea succión no esterno e axuda a elevalo gradualmente.
Funciona mellor en adolescentes cun peito flexible.

4. Cirurxía
Indicada en casos moderados a graves ou cando hai deterioración funcional.

As dúas técnicas máis comúns son:
 
Procedemento de Nuss
  • Cirurxía minimamente invasiva
  • Insírese unha barra metálica que empurra o esterno cara a fóra
  • A barra permanece no seu lugar durante 2-4 anos
  • É a máis utilizada na actualidade
Procedemento de Ravitch
  • Máis tradicional
  • Require a extirpación da cartilaxe deformada e o reposicionamento do esterno
  • Úsase en casos moi complexos ou asimétricos
Prognóstico:
Que se pode esperar?
O pectus excavatum, especialmente en casos leves, non adoita afectar gravemente a saúde.
Cos tratamentos actuais, a corrección estética e funcional é excelente na maioría dos casos.
Ademais, moitas persoas levan unha vida completamente normal, mesmo participando en actividades deportivas intensas.



domingo, 8 de decembro de 2024

AS NOSAS BISAGRAS FALLAN


A Bursite é un trastorno doloroso que afecta as pequenas bolsas sinoviais, que ocorre cando as bolsas sinoviais inflamase. Estas bolsas son as encargadas de proporcionar amortecemento aos osos, músculos e tendóns a redor das articulacións.

 Causas da Bursite  

  • Traumáticas o mecánicas: lesións causadas por movementos reiterados dunha mesma articulación, golpes, sobrecargas excesivas musculares ou presión prolongada na articulación.
  • Mecánicas: lesións asociadas a patoloxías coma a artrite reumatoide, feridas, procesos infecciosos, diabetes ou trastornos tiroideos

 

 

 Síntomas 

  •   Dor na zona da articulación ao presionala ou movela.
  •   Rixidez e incapacidade de realizar determinados movementos.
  •   Inflamación.
  •   Sensación de calor.
  •   Aumento da cantidade de líquido na bolsa. 


           

  Diagnóstico

  • Probas de diagnóstico por imaxes: Ecografía o resonancia magnética, xa que os raios X non establecen unha maneira segura de diagnosticala. 
  • Análise de Laboratorio: O médico podría indicar realizar un análise de sangue ou un análise do líquido sinovial da zona afectada para identificar a causa da inflamación e a dor das articulacións.
                



 Tratamento

        A bursite soe mellorar soa, pero podemos tomar algunhas medidas para tratala mellor:

  • Medicamentos: Se unha infección causou a inflamación dunha bolsa sinovial, o médico pode receitar un antibiótico.
  • Terapia: A fisioterapia e o exercicio físico poden fortalecer os músculos da zona afectada, que axudan ao alivio da dor e a prevención da reaparición.      
  • Inxeccións: Polo xeral, unha inxección actúa rapidamente, e na maioría de casos só se necesita unha.
  • Dispositivos de asistencia: O uso temporal dun bastón, ou outro tipo de dispositivo, axudaran a aliviar o dor na zona afectada.
  • As veces, pódese drenar o líquido da bolsa sinovial cirurxicamente, pero moi poucas veces, se realiza a extirpación cirúrxica da bolsa afectada.  


           

          Factores de risco 

  • Idade: A bursite e máis frecuente a medida que nos facemos maiores.
  • Profesións ou actividades de ocio: O risco de sufrir unha Bursite aumenta se o teu traballo ou pasatempo require movementos repetitivos  ou presión en unha bolsa sinovial determinada.
  • Outro tipo de afeccións: Certo tipo de enfermidades, trastornos coma a artrite reumatoide, diabetes, aumentan o risco de padecer bursite.

          
           

venres, 6 de decembro de 2024

O MITOLÓXICO PUNTO DÉBIL



A tendinite de Aquiles é unha lesión común que afecta a moitas persoas, principalmente a quen practica deporte ou realiza actividades que exercen presión sobre o tendón de Aquiles. Esta lesión é unha lesión por uso excesivo.


A maioría dos casos desta lesión pódense tratar con coidados domésticos sinxelos baixo a supervisión dun médico.


Os casos máis graves de tendinite de Aquiles poden provocar desgarramento no tendón que poden requirir unha intervención cirúrxica.


Síntomas


Os síntomas máis comúns da tendinite de Aquiles inclúen dor na parte posterior do nocello, rixidez, inchazón e dificultade para correr ou camiñar.

A dor tende a empeorar se continúas esforzándote e pode dificultar a camiñada e será dolorosa cando se exerce presión no nocello.

Factores de Risco


Hai varios factores que poden aumentar o risco de sufrir esta lesión. Entre eles están:


  • Sexo: os homes tenden a padecer tendinite de Aquiles con máis frecuencia que as mulleres.

  • Idade: e máis frecuente en idades máis avanzadas.

  • Problemas físicos: se naturalmente tes pés planos ou valgo, podes poñer máis presión sobre o teu tendón de Aquiles. A obesidade e a rixidez muscular tamén poden ser factores de risco.

  • Opcións de adestramento: Se corres cun calzado inadecuado, podes aumentar a porcentaxe de risco de sufrir esta lesión. Correr en terreos montañosos tamén pode aumentar o risco.

  • Condicións: as persoas que padecen presión arterial alta tiñan un maior risco de padecer tendinite de Aquiles.

  • Medicamentos: certos tipos de antibióticos están asociados con taxas máis altas desta lesión.


Cómo se diagnostica?

Para diagnosticar a tendinite de Aquiles, o paciente debe someterse a probas de imaxe como a ecografía ou a resonancia magnética.

Se a lesión require intervención cirúrxica, pódense realizar tres tipos de cirurxía, como a cirurxía convencional, a cirurxía endoscópica e a cirurxía guiada por ecografía.

Posibles complicacións

A tendinite de Aquiles pode aumentar a probabilidade de sufrir unha rotura do tendón de Aquiles. Esta lesión caracterízase por unha dor aguda e moitas veces é necesaria a reparación cirúrxica. Non obstante, a cirurxía pode non ter tanto éxito porque o tendón xa está danado.


Tratamento

Os tratamentos domésticos para a tendinite de Aquiles inclúen a redución da actividade física, o cambio a exercicios de baixo impacto, a aplicación de xeo, o exercicio excéntrico para fortalecer os músculos da parte inferior da perna e o uso de botas ou zapatos con talón reforzado para evitar o movemento do talón.



CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...