Amosando publicacións coa etiqueta enfermidade crónica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta enfermidade crónica. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de xuño de 2025

CANDO O CORPO FALA



1. QUE É?

A enfermidade do Parkinson é un trastorno neurodexenerativo lento e progresivo que afecta principalmente aos movementos, aínda que tamén pode afectar a outras funcións cognitivas.

Caracterízase polo tremor, lentitude nos movementos, problemas coa postura e o equilibrio.


2. SÍNTOMAS

Os síntomas varían segundo a persoa e soen aparecer nun lado do corpo, e despois afectar a ambos lados. Os síntomas son xeralmente peores nun lado que no outro. 

Algúns dos síntomas son: 
  • Tremores: Soen comezar nas mans ou nos dedos, pero poden comezar tamén nos pés e na mandíbula.
  • Atraso do movemento: Esta enfermidade pode facer que os movementos sexan moito máis lentos, polo que as tarefas máis simples volveranse moito máis difíciles.
  • Rixidez muscular: É moi posible sentir os músculos tensos e con moito dor. Os movementos dos brazos serán curtos e bruscos.
  • Perda de movementos automáticos: É posible ter menos capacidade para realizar algúns movementos que normalmente fanse sen pensar, como sorrir ou mover os brazos cando te moves.
  • Postura e equilibrio malos: É posible adoptar unha postura encorvada e tamén é normal a perda de equilibrio e que caían con certa facilidade.



3. CAUSAS

Nesta enfermidade algunhas neuronas degrádanse ou morren progresivamente, moitos síntomas desta enfermidade son causados pola perda de neuronas.

A causa desta enfermidade descoñécese pero existen varios factores que inflúen:
  
  • Xenes: Hai varios cambios xenéticos específicos relacionados coa enfermidade, entón se moitos familiares próximos tiveron ou teñen esta enfermidade pódese pasar polos xenes, debido a xenética familiar.
  • Factores ambientais: A exposición a toxinas ou outros factores ambientais poderían aumentar o risco de desenvolver a enfermidade de Parkinson no futuro.
  • Mitocondria alterada: As mitocondrias son compartimentos dentro das células que crean a maior parte da enerxía do corpo. Os cambios na mitocondria poden causar danos nas células.


4. COMO SE DIAGNOSTICA?

Non hai unha proba que poida confirmar esta enfermidade, pero se tes 2 ou 4 síntomas de Parkinson pode haber posibilidades de que si que o teñas.

Si o médico ao realizar unhas preguntas e un exame físico pensa que o paciente pode ter Parkinson, ten que ser derivado a un neurólogo.

Os neurólogos farán probas de equilibrio, músculos, forma de andar e axilidade.


5. TRATAMENTO

Non existe unha cura para esta enfermidade, pero os medicamentos poden axudar a controlar os síntomas. 

O medicamento máis común para tratar o Parkinson é a levodopa-carbidopa. Isto axuda a aumentar a cantidade de dopamina no cerebro. Pero os medicamentos receitados dependen do tipo de persoa, por iso o médico recomendará o mellor para cada paciente.

A parte de medicamentos, o médico tamén pode recomendar exercicios ou fisioterapia, estos axudan a controlar mellor os movementos do paciente.

Nalgúns casos a cirurxía pode axudar a aliviar os síntomas.


6. VIVIR CON ESTA ENFERMIDADE

Vivir con esta enfermidade crónica pode ser frustrante, xa que o Parkinson vai empeorando.

É moi probable que teña problemas con tareas sinxelas, nas que inclúen camiñar, falar e comer, entre moitas outras.

Tamén é común que as persoas con esta enfermidade acaben tendo depresión, pero pode tratarse cunha serie de medicamentos antidepresivos que poden axudar coa estabilidade emocional de cada persoa.
 







CONTRA O TEMPO E A CONFUSIÓN NERVIOSA


1. Que é a esclerose múltiple?

A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica que afecta ao sistema nervioso central especialmente as zonas cerebrais e á medula espiñal. O que pasa é que o sistema inmunitario, que normalmente nos defende das enfermidades, equivócase e ataca a mielina, que é a capa que recobre os nervios. Cando a mielina se dana, os nervios non funcionan ben e iso provoca problemas para facer cousas que antes se facían con normalidade.



2. Causas e factores de risco

Non se sabe exactamente por que aparece esta enfermidade, pero parece que é por unha mestura de cousas: a xenética, o ambiente, a falta de vitamina D, e incluso vivir en sitios con pouca luz solar. Tamén se cre que algúns virus poden influír. É máis común en mulleres e soe comezar entre os 20 e os 40 anos.




3. Síntomas

Os síntomas cambian moito dunhas persoas a outras. Algúns dos máis frecuentes son:

  • Estar moi cansa sen razón

  • Problemas para manter o equilibrio ou camiñar ben

  • Debilidade nos músculos

  • Visión borrosa ou dobre

  • Sensación de formigueo ou de picazón na pel

  • Dificultade para falar ou tragar

Hai veces que estes síntomas veñen e van, e outras veces van empeorando pouco a pouco.





4. Diagnóstico

Para saber se unha persoa ten esclerose múltiple, os médicos fan varias probas. A máis común é unha resonancia magnética, que permite ver se hai lesións no cerebro ou na medula. Tamén se pode facer unha análise do líquido cefalorraquídeo e algunhas probas neurolóxicas para ver como responde o corpo.



5. Tratamento

Hoxe en día aínda non hai unha cura para esta enfermidade, pero si hai formas de tratala para que non avance tan rápido e para que os síntomas molesten o menos posible. Por exemplo:

  • Medicamentos que frean a enfermidade

  • Exercicios de fisioterapia

  • Medicinas para tratar cousas como o cansazo ou os espasmos musculares

  • Apoio psicolóxico, que é moi importante para aprender a vivir con isto


6. Impacto na vida diaria

A esclerose múltiple pode cambiar moito o día a día dunha persoa. Cousas que antes se facían sen pensar, como subir escaleiras ou escribir, poden facerse máis difíciles. Aínda así, con axuda e co apoio da xente que nos rodea, moitas persoas conseguen levar unha vida bastante normal, adaptándose aos cambios pouco a pouco.



7. Conclusión

A esclerose múltiple é unha enfermidade complicada, pero iso non significa que a vida se pare. Grazas aos tratamentos actuais e ao apoio que existe, moita xente pode seguir adiante, facer plans e ser feliz. É importante falar sobre esta enfermidade para entender mellor o que viven as persoas que a teñen.

8.Vídeo 



CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...