As cambras son contraccións bruscas, breves e involuntariasdun músculo ou dun grupo de músculos que poden
aparecer sen previo aviso. O músculo ténsase de
golpe e queda ríxido así durante uns segundos ou incluso un par de minutos. Aínda que poden ser moi dolorosas e deixarnos inmóbiles un tempo, non adoitan ser perigosas.
Aparecen con máis frecuencia cando facemos
deporte, cando nos esforzamos máis do habitual ou cando fai moita calor. Ademais, certos medicamentos ou algunhas enfermidades poden favorecer a súa aparición. Son moi comúns, e case todo o mundo as experimentou algunha vez, especialmente despois de facer exercicio ou durante a noite.
O lado
positivo é que a maioría das cambras melloran soase pódense tratar
facilmente con medidas básicas de autocoidado.
Síntomas
A máis
habitual é que aparezan nas pernas, especialmente nos xemelgos. A
dor é intensa mentres dura a cambra, e despois a zona pode quedar algo dorida durante unhas horas ou incluso un día. Aínda que son molestas, adoitan
ser episodios curtos. Tamén poden ocorrer noutras partes do corpo, como:
Coxas
Pés
Mans
Brazos
Abdome
Ao longo da súa caixa torácica
Cando debería preocuparme?
Na maioría
dos casos non é necesario ir ao médico. Aínda así, si se recomenda consultar
cun profesional se as cambras:
Son severas.
Veñen acompañadas de inflamación, tumefacción ou cambios na pel.
Tamén poden
estar relacionados con certos problemas de saúde:
Mala circulación nas pernas, que provoca dor
tipo pinchazo mentres se fai exercicio.
Opresión dun nervio, sobre todo na columna, que
causa dor ao camiñar e mellora ao inclinarse cara adiante (por exemplo,
apoiado nun carro da compra).
Baixos niveis de electrólitoscomo potasio, calcioou
magnesio na sangue (por exemplo, ao final do embarazo). Algúns medicamentos que aumentan a micción tamén poden reducir
estes minerais no corpo.
En persoas con diabetes,
problemas de nervios, fígado ou tiroide.
En situacións de sobrepeso.
Como se poden previr?
A boa
noticia é que hai varias formas sinxelas de reducir o risco de ter cambras:
Hidratación constante: bebe auga suficiente durante o día. Se fai calor ou fas deporte, as bebidas deportivas poden axudarte a reemprazar os electrólitos perdidos.
Estiramentos: é recomendable estirar os
músculos, tanto antes como despois da actividade física.
Mentres fas exercicio, evita esforzarte máis do debido sen estar preparado.
Antes de durmir, facer estiramentos ou uns
minutos de exercicio suave (como bicicleta estática) pode axudar a evitar as cambras nocturnas.
O corpo ás veces sofre batallas interiores que case non se notan. A artrite reumatoide é unha desas loitas que transforma tarefas moi sinxelas en verdadeiros retos. Trátase dunha enfermidade duradeira no tempo e que non desaparece por si soa. Aínda así, cando se aplican os tratamentos recomendados a tempo é posible controlar os síntomas e evitar que avance.
Que é a artrite reumatoide?
A artrite reumatoide é unha enfermidade na que o sistema inmunolóxico, por erro, ataca ás articulacións e provoca dor, inflamación e rixidez. Afecta principalmente ás mans, ó pulso e ós pes, e ata pode chegar a deformar as articulacións.
Que lle pasa exactamente ás articulacións?
No interior das articulacións hai unha membrana
denominada sinovial. A súa función é producir líquido que lubrica e permite o movemento sen dor. Na artrite reumatoide, esta membrana inflámase continuamente, o que causa dor, rixidez, inflamación visible e zonas quentes e ata deformacións das articulacións e perda de mobilidade.
Algo característico de esta enfermidade é que afecta de forma simétrica: se afecta a o pulso dereito tamén vai a a afectar ao pulso esquerdo.
Causas
Non se coñece con exactitude as causas da artrite reumatoide pero si se coñecen algúns factores que aumentan o risco de sufrila.
A xenética: xa que certas variantes xenéticas relacionadas co sistema inmunitario aumentan a probabilidade.
Sexo: pode afectar tanto a homes como a mulleres, pero é máis común en mulleres.
Idade: pode manifestarse a calquera idade, nos nenos e adolescentes como unha forma de artrite chamada artrite idiopática xuvenil, e máis común entre os 30 e 60 anos.
Un dos factores ambientais máis relacionados coa enfermidade é o tabaco.
Hormonas: os cambios hormonais tamén poden influír,o que explica que sexa máis común en mulleres.
Síntomas
Os síntomas máis habituais son:
Dor e rixidez nas articulacións
Inflamación e calor nas zonas afectadas.
Fatiga e malestar xeral
En casos avanzados, deformación das mans, pes...
A medida que a enfermidade avanza os síntomas poden estenderse a outras articulacións e a moitas persoas tamén lle afecta a máis áreas como:
pel
ollos
pulmóns
corazón
tecido nervioso
sangue
Diagnóstico
Nas fases iniciais da enfermidade é moi complexo diagnosticala. Os médicos combinan distintas probas:
Análises de sangue: os médicosbuscan marcadores como o factor reumatoide ou anticorpos anti-CCP que adoitan estar presentes en persoas que padecen esta enfermidade, aínda que nos en todas.
Exploración física para ver que articulacións están afectadas, se hai dor ao movemento e tamén rixidez. Miran se a dor é simétrica xa que é algo característico desta enfermidade.
Radiografías, ecografías ou resonancias que permiten comprobar se hai danos nas articulacións e ata que punto están deformadas incuso antes de que se presente externamente.
É moi importante un diagnóstico precoz para evitar que a enfermidade se complique.
Tratamentos
A artrite reumatoide é unha enfermidade que non ten cura. Aínda así hai moitos tratamentos eficaces para controlala e impedir que vaia a máis. Estes son:
Fármacos antiinflamatorios: estes axudan a reducir a dor e a inflamación en períodos de brote.
FAMEs (fármacos modificadores da enfermidade): coma o metotrexato. Son fundamentais porque frean o avance dos danos nas articulacións.
Terapias biolóxicas: son tratamentos máis modernos que actúan sobre moléculas concretas do sistema inmunitario. Son moi efectivas cando xa non funcionan os medicamentos tradicionais.
Exercicio e fisioterapia: manter o movemento é fundamenta. Axuda a fortalecer os músculos e a evitar a perda de mobilidade.
Vida diaria coa enfermidade
Vivir con artrite reumatoide é algo complexo porque os síntomas non son constantes: hai días mellores e días peores, por iso é moi importante ter rutinas e facer exercicio para manterse activo, mellorando así a mobilidade e reducindo a inflamación.
Tamén é clave coidar a alimentación, tomar alimentos ricos en omega-3, moitas froitas e verduras e evitar os ultraprocesados. Outro aspecto importante é saber detectar cando estás canso e parar, tamén usar obxectos que faciliten algunhas tarefas que requiran moito esforzo.
O apoio máis importante é o emocional e o social, que é o que te axuda a afrontar mellor os momentos complicados.
Mitos sobre a artrite reumatoide
Cando se fala desta enfermidade moitas persoas atribúenlle frases que son totalmente falsas, que ata xerán confusión. Os mitos máis destacados son:
" É unha enfermidade de xente maior": Isto é falso. Aínda que pode aparecer en persoas maiores , a artrite reumatoide é unha enfermidade autoinmune e pode comezar en adultos, novo e ata adolescentes xa que non está relacionada co desgaste das articulacións.
"A dor vai e vén, así que non é nada serio": Moitas persoas teñen períodos mellores e períodos peores, pero iso non significa que a enfermidade sexa leve. Se non se trata a tempo a inflamación pode producir danos irreversibles.
A artrite reumatoide é unha enfermidade complexa, pero hoxe en día coñécese moito mellor ca antes. Se se diagnostica a tempo e se lle indique un tratamento axeitado, pódese controlar e evitar que avance e que provoque danos a longo prazo.
É moi importante informarse para entender esta enfermidade tanto se a sofres como se tes persoas próximas que a sofren.
O sobrecrecemento anormal na poboación bacteriana do intestino delgado ocorre cando se observa un incremento anormal de todas as bacterias presentes nesa parte do tubo dixestivo.
O aumento desmedido de bacterias no intestino delgado soe ocorrer cando unha situación, como unha intervención cirúrxica ou unha enfermidade, obstaculiza a circulación de alimentos e residuos no tubo dixestivo, xerando así un ambiente favorable para o crecemento das bacterias. Se ben o aumento desmedido de bacterias no intestino delgado soe ser unha complicación das intervencións cirúrxicas de estómago, este problema tamén pode derivarse en problemas estruturais e certas patoloxías. En ocasións, requírese unha intervención cirúrxica para resolver este problema, sen embargo, o tratamento máis habitual son os antibióticos.
Signos e síntomas:
A multiplicación excesiva das bacterias do intestino delgado causa que estas bacterias fermenten os carbohidratos que non foron totalmente dixeridos, producindo gases como hidróxeno e metano. Esta fermentación non só incrementa o volume de gas, se non que tamén obstaculiza a correcta
absorción de nutrientes, o cal pode incrementar a permeabilidade do intestino e provocar síntomas coma a diarrea. O signos do SIBO poden diferir entre individuos, pero os máis comúns son:
Presenza de gases e tensión abdominal.
Dolor abdominal ou incomodidade dixestiva.
Diarrea.
A mala absorción de nutrientes pode provocar perda de peso e carencias na nutrición.
Náuseas.
Perda do apetito.
Sensación desagradable de saciedade ao rematar de comer.
Persistente cansanzo.
Inflamación.
Malnutrición.
Dependendo dos síntomas pódese ter dous tipos diferentes de SIBO:
SIBO - Hidróxeno: Sucede cando existe unha proliferación desmedida de bacterias. Os individuos que padecen deste tipo de SIBO tenden a ter máis diarrea, e poucas veces estrinximento.
SIBO - Metano (IMO): Sucede cando se produce un incremento nas arqueas metanoxénicas e teñen unha maior relación co estrinximento.
Causas:
O crecemento desmedido de bacterias no intestino delgado pode orixinarse polas seguintes razóns:
Complicacións das intervencións cirúrxicas abdominais, tales como o bypass gástrico para a obesidade e a gastrectomía para o tratamento das úlceras pépticas e o cáncer abdominal.
Problemas estruturais no interior e exterior do intestino delgado, tales como tecido cicatricial (adherencias intestinais) que poden revestir o exterior do intestino delgado, e grumos de tecido que se proxectan a través da parede do intestino delgado (diverticulose intestinal).
Algunhas condicións médicas, como a enfermidade de Crohn, a enterite por radiación, a esclerodermia, a enfermidade celíaca, a diabetes, entre outras, poden obstaculizar o tránsito de alimentos e residuos a través do intestino delgado.
Tratamento:
O coidado do SIBO depende da gravidade do caso e as circunstancias subxacentes de cada individuo. Este debe enfocarse en identificar e rectificar (se é posible) as causas subxacentes, rectificar os defectos nutricionais e administrar antibióticos.
Os antibióticos son a terapia inicial que se basea en antibióticos concretos para eliminar o crecemento excesivo das bacterias.
A dieta en individuos que padecen de SIBO, é crucial modificar a alimentación para aliviar síntomas como a xeración excesiva de gases. Aconséllase unha alimentación reducida en fibras e azucres fermentables durante o tratamento e hasta oito semanas posteriormente. É crucial sempre acudir a un experto para a súa adecuada implementación e seguimento.
Os probióticos son microorganismos vivos que actualmente se utilizan como restablecedores da microbiota durante o tratamento con antibióticos e tras a súa finalización.