luns, 23 de marzo de 2026

A TRAMPA DO TRIGO

 



A celiaquía é unha enfermidade dixestiva crónica que afecta ao intestino delgado e está relacionada co consumo de gluten. Aínda que moitas persoas pensan que só consiste en "non poder comer pan", en realidade é unha patoloxía máis complexa que implica ao sistema inmunitario e pode afectar a todo organismo.



Que é a celiaquía?

A celiaquía é unha enfermidade autoinmune na que o sistema inmunitario ataca ao propio organismo ao detectar o glute como unha sustancia perigosa. O glute é unha proteína presente en cereais como o trigo, a cebada e o centeo.



Cando unha persoa celíaca consume glute, o seu sistema inmunitario ataca as vilosidades intestinais, que son pequenas estruturas do intestino delgado encargadas de absorber os nutrientes.

Como afecta ao sistema dixestivo?

O intestino delgado ten millóns de vilosidades que aumentan a superficie de absorción.
  • As vilosidades inflámanse 
  • Dánanse ou desaparecen
  • Redúcese a absorción de nutrientes


Isto pode causar varios problemas como a desnutrición, a anemia ou perda de peso.



Síntomas principais


Os síntomas principais poden variar dependendo da persoa. Algúns dos máis comúns son: 
  • Dor abdominal 
  • Diarrea ou estrinximento
  • Inchazo abdominal
  • Cansazo e debilidade
  • Perda de peso
  • Anemia (por falta de ferro)


Nos nenos tamén pode causar atraso no crecemento e problemas de desenvolvemento.
E tamén poden aparecer síntomas que non están relacionados co aparato dixestivo.


Como se pode diagnosticar?


O diagnóstico da celiaquía non sempre é fácil, xa que os síntomas poden confundirse con outras enfermidades dixestivas. 

Os principais métodos son:
  • Análise de sangue (para detectar anticorpos)
  • Biopsia intestinal (confirmar dano nas vilosidades)

É importante que a persoa consuma glute antes das probas porque se non, os resultados poden ser incorrectos xa que os danos non serán visibles.


Tratamento 

Actualmente non existe unha cura para a celiaquía, o máis correcto para tratalo sería ter unha dieta sen glute para toda a vida.

Isto implica non poder consumir alimentos como pan, pasta, bolería ou cervexa, e ter que comer produtos marcados como sen glute. 

Algúns alimentos permitidos son o arroz, o millo, as patacas, a carne, o peixe, os ovos, as froitas e as verduras.

Se a dieta se segue correctamente o intestino recuperase pouco a pouco, mellorando a absorción de nutrientes.














Ningún comentario:

Publicar un comentario

CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...