Amosando publicacións coa etiqueta corazón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta corazón. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de decembro de 2025

ENTRE O AIRE E O ÓSO

 

Que é o Pectus Excavatum e porque ocorre?

Que é o pectus excavatum?
O pectus excavatum é o nome que se lle dá a unha deformidade conxénita da parede torácica. Nesta afección, o esterno está afundido, formando unha depresión no peito, ás veces chamada "peito en funil". Actualmente, este tipo de deformidade torácica primaria é a máis común. Máis do 80 % destes casos danse en homes.
Isto analizarase ao longo desta publicación.

Por que ocorre isto? Causas e factores asociados
Non hai unha única causa para esta afección, pero as investigacións suxiren varios factores:

1. Crecemento anormal da cartilaxe costal
O mecanismo máis amplamente aceptado é que as cartilaxes que conectan as costelas co esterno medran de forma desigual ou excesiva, empurrando o esterno cara a dentro.

2. Compoñente xenético
A miúdo obsérvase un historial familiar, o que indica un factor hereditario.

3. Asociacións con outras afeccións
Non sempre ocorre de forma illada; ás veces está relacionado con:
  • Escoliose (curvatura da columna vertebral)
  • Síndrome de Marfan
  • Síndrome de Poland
  • Trastornos do tecido conxuntivo
Pero na maioría dos casos aparece de forma illada e sen enfermidades asociadas.

Síntomas: Como se manifesta?
O pectus excavatum pode variar moito dunha persoa a outra. Hai casos moi leves, case imperceptibles, e outros que son máis pronunciados.

1. Síntomas físicos máis comúns
  • Afundimento visible no centro do peito
  • Asimetría pectoral
  • Resistencia ao exercicio reducida
  • Falta de aire durante o esforzo intenso
  • Fatiga durante as actividades deportivas
 2. Síntomas emocionais e psicolóxicos
Especialmente durante a adolescencia, son comúns os seguintes:
  • Baixa autoestima
  • Vergoña por mostrar o torso
  • Inseguridade corporal
Diagnóstico: Como se identifica?
O diagnóstico adoita ser clínico, o que significa que abonda con observar a forma do peito. Non obstante, utilízanse varios métodos para avaliar a gravidade:
 
1. Exploración física
O médico avalía a profundidade da escavación  , a simetría e a forma.

2. Índice de Haller
Este obtense mediante unha tomografía computerizada e mide a relación entre o ancho do peito e a distancia entre o esterno e a columna vertebral.

Axuda a clasificar a gravidade:
  • Leve
  • Moderada
  • Grave
3. Probas adicionais
  • Espirometría (función pulmonar)
  • Electrocardiograma
  • Ecocardiograma
Estas probas determinan se a deformidade afecta o corazón ou os pulmóns.

Tratamentos: Que opcións hai dispoñibles?
O tratamento depende da gravidade, a idade e os síntomas.

1. Observación (casos leves)
Cando a depresión é leve e non produce síntomas físicos significativos, as revisións periódicas adoitan ser suficientes.

2. Exercicios e fisioterapia
Estes non corrixen completamente a malformación, pero poden:
  • Mellorar a postura
  • Fortalecer os músculos pectorais e das costas
  • Aumentar a capacidade respiratoria
Son especialmente útiles en casos leves e moderados.

3. Campá de vacío
Un dispositivo que crea succión no esterno e axuda a elevalo gradualmente.
Funciona mellor en adolescentes cun peito flexible.

4. Cirurxía
Indicada en casos moderados a graves ou cando hai deterioración funcional.

As dúas técnicas máis comúns son:
 
Procedemento de Nuss
  • Cirurxía minimamente invasiva
  • Insírese unha barra metálica que empurra o esterno cara a fóra
  • A barra permanece no seu lugar durante 2-4 anos
  • É a máis utilizada na actualidade
Procedemento de Ravitch
  • Máis tradicional
  • Require a extirpación da cartilaxe deformada e o reposicionamento do esterno
  • Úsase en casos moi complexos ou asimétricos
Prognóstico:
Que se pode esperar?
O pectus excavatum, especialmente en casos leves, non adoita afectar gravemente a saúde.
Cos tratamentos actuais, a corrección estética e funcional é excelente na maioría dos casos.
Ademais, moitas persoas levan unha vida completamente normal, mesmo participando en actividades deportivas intensas.



martes, 25 de marzo de 2025

O SUSURRO OCULTO DUN CORAZÓN FERIDO


 QUE É O CORAZÓN?

O corazón é un órgano do tamaño dun puño (dependendo da persoa) que bombea sangue por todo o corpo.

Está formado por 4 cámaras:
Estas cámaras teñen válvulas que péchanse con cada latido cardíaco, isto provoca que o sangue flúa nunha soa dirección.

SOPROS CARDÍACOS

Un sopro é un ruído asubiante que se escoita durante os latidos cardíacos. É ocasionado por un fluxo sanguíneo desigual a través das válvulas do corazón.

Os sopros poden suceder por moitas razóns, nas cales están os seguintes exemplos:
  • Cando unha válvula non pecha ven e a sangue devólvese (regurxitación).
  • Cando o sangue flúe a través dunha válvula estreita ou ríxida (estenose).
Os sopros cardíacos poden ser de nacemento (conxénito) ou desenvolverse durante a vida (adquirido).

Algúns sopros cardíacos son inofensivos. Este non resulta perigoso e non necesita tratamento, xa que non se considera como unha enfermidade.

SÍNTOMAS

Os sopros cardíacos inofensivos non soen provocar síntomas.

Entre os principais síntomas, podemos incluír os seguintes:
  1. Unllas ou labios de cor azul ou gris.
  2. Dor no peito.
  3. Tose.
  4. Mareos.
  5. Fígado inchado.
  6. Veas do pescozo inchadas.
  7. Desmaios.
  8. Suoración intensa con pouca ou ningunha actividade física.
  9. Nos bebés, pouco apetito e crecemento insuficiente.
  10. Falta de aire.
  11. Inchazón ou aumento de peso repentino.

CAUSAS

O sopro cardíaco prodúcese por un fluxo sanguíneo acelerado e axitado que vai en dirección ao corazón. Pode haber un sopro cardíaco nos seguintes casos:
  • Cando o corazón estase enchendo de sangue (sopro diastólico).
  • Cando o corazón estase baleirando (sopro sistólico).
  • Durante o latido cardíaco (sopro continuo).

SOPLO CARDÍACO INOFENSIVO (FUNCIONAL)

Os sopros cardíacos inofensivos son comúns en recén nacidos e en nenos.

Entre os factores que poden cambiar un fluxo sanguíneo e provocar un sopro cardíaco inofensivo, inclúese o seguinte:
    1. Febre.
    2. Falta de glóbulos vermellos saudables que transportan osíxeno aos tecidos do corpo (anemia).
    3. Unha glándula tiroides hiperactiva (hipertiroidismo).
    4. Fases de crecemento acelerado, como a adolescencia.
    5.  Actividade física ou exercicio.
6. Embarazo.

Os sopros cardíacos inofensivos poden desaparecer co tempo. Ás veces, os sopros cardíacos continúan toda a vida sen causar ningún tipo de problema de saúde grave.



SOPLOS CARDÍACOS QUE CAUSAN PREOCUPACIÓN

Nos nenos, os sopros que poden causar preocupación soen deberse a un problema relacionado coa estrutura do corazón que está presente no nacemento.

Entre as causas que que causan preocupación encontramos:
  • Orificios no corazón. Pode formarse un orificio antes do nacemento na parede que se encontra entre as cavidades superior e inferior do corazón, ou tamén en ambas.
  • Derivacións cardíacas. Un problema na estrutura cardíaca presente antes do nacemento provoca un fluxo sanguíneo irregular entre as cavidades sanguíneas ou nos vasos sanguíneos.
En adultos, os sopros cardíacos que causan preocupación soen deberse a problemas na válvula cardíaca que se desenvolven máis adiante durante a vida. 

Entre as cousas que poden danar as válvulas se inclúen:
  • Depósitos de calcio. Poden provocar que a válvula, como a mitral ou a aórtica, vólvase ríxida e estreita.
  • Infección do recubrimento interno do corazón e das válvulas (endocardite). As bacterias e outros xermes causan esta infección. Os xermes poden viaxar polo sangue ata o corazón desde calquera outra parte do corpo, como a boca. Pode ocorrer un sopro se a infección non se trata e afecta as válvulas cardíacas. Febre reumática. Trátase dunha complicación grave da farinxite estreptocócica. Cando a febre reumática afecta as válvulas cardíacas, chámase enfermidade cardíaca reumática. Un problema cunha válvula cardíaca pode causar un sopro.

PREVENCIÓN

Descoñécese como se poden previr os sopros cardíacos. Non obstante, adoptar un estilo de vida saudable pode mellorar a saúde cardíaca e axudar a previr algunhas condicións relacionadas cos sopros nos adultos. Nos nenos, moitos murmurios cardíacos desaparecen por si sos a medida que envellecen.

VÍDEO EXPLICATIVO




CANDO O CORAZÓN VAI COMA UNHA TARTARUGA

 


O bloqueo auriculoventricular, comunmente chamado bloqueo AV, é unha interrupción da transmisión dos estímulos eléctricos que controlan o ritmo e frecuencia cardíaca. Como resultado atopámonos un corazón cun latido lento, sen poder bombear a suficiente sangue a través das arterias. Este trastorno cardíaco é pouco común e pode orixinarse por distintas causas, por exemplo, coma consecuencia dun infarto de miocardio ou dunha valvulopatía, polo aumento da actividade do nervio vago,  provocado por medicamentos, por cardiopatías conxénitas e trastornos xenéticos entre outros.

Existen distintos tipos de bloqueos AV, o bloqueo tipo 1, tipo 2 e tipo 3, pero imos profundizar un pouco máis:

  • Bloqueo AV tipo 1:  Prodúcese un retraso no paso do estímulo eléctrico polo nodo AV ou no sistema His-Purkinje ,o estímulo chega ata os ventrículos, pero móvese mas lento do normal. Este é o tipo máis leve de bloqueo cardíaco no cal non existe interrupción da condución auriculovetricular.Na maioría dos casos no é necesario ningún tratamento.
  • Bloqueo AV tipo 2: os impulsos cardíacos interrómpense de forma intermitente. Segundo determinadas características dun electrocardiograma podemos distinguir dous tipos:

    • Tipo Morbitz 1: Obsérvase un latido progresivamente máis lento da condución auriculoventricular ata interromperse o paso do impulso. Malia que neste caso non se considera necesario un tratamento, se o doente chega a causarlle bradicardia sintomática irreversible sería necesario a implantación dun marcapasos.
    • Tipo Morbitz 2: Os fallos nos latidos son máis frecuentes, cun latido irregular uo máis lento do normal. Este tipo de bloqueo é menos frecuente que os anteriores é polo xeral implica unha cardiopatía previa.
  • Bloqueo AV tipo 3 ou completo: A sinal eléctrica está totalmente bloqueada, como consecuencia o ventrículo comeza a latir de forma autónoma, estes latidos son irregulares e pouco fiables. A maioría dos doentes necesitan a implantación dun marcapasos, a non ser que dito bloqueo estea causado polo uso de determinados fármacos antiarrítmicos.
Como xa se comentou, a implantación dun marcapasos é a solución na maioría dos casos, xa que regula o ritmo cardíaco. Un marcapasos é un pequeno dispositivo que se implanta de forma subcutánea. Este dispositivo está formado por un xerador, o cal contén a pila e a información para controlar o latido cardíaco, e uns cables que saen do xerador ata o miocardio levando as mensaxes eléctricas.





CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...