Amosando publicacións coa etiqueta dor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dor. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de decembro de 2025

CAMIÑOS QUE CRUXEN


 

A artrose é a enfermidade articular dexenerativa, crónica e a máis frecuente na poboación adulta. Prodúcese polo desgaste do cartilaxe articular. A pesar de que este proceso de desgaste foi vinculado ao envellecemento durante moito tempo hoxe en día enténdese como unha condición na que inflúen factores como xenéticos, metabólicos e ambientais. 

O cartilaxe é o tecido que recobre os extremos dos osos nas articulacións. Cando se desenvolve a artrose o cartilaxe  perde as súas propiedades e incuso pode desaparecer facendo que os extremos de ambos osos rocen directamente, producindo dor.

Habitualmente localizase na columna cervical e lumbar, algunhas articulacións do ombreiro e dos dedos das mans, a articulación da raíz do polgar, a cadeira, o xeonllo e a articulación do comezo do dedo gordo do pe. 

Cales son os síntomas?

O síntoma máis frecuente é a dor. Esta dor soe aparecer cando se exixe un esforzo a articulación danada e xeralmente empeora a medida que avanza o día. Este dor pode aparecer co repouso ou descanso se a enfermidade avanza.

Na artrose da columna vertebral, prodúcese dor de pescozo ou da rexión lumbar, dificultade para o movemento e contractura dos músculos da rexión afectada. 

Outros síntomas son as deformidades articulares ou as limitacións da mobilidade con dor á presión, estralos e crepitacións da articulación. 

Síntomas habituais

  • Dor articular
  • Deformidade articular
  • Inflamación nas articulacións
  • Rixidez
Orixe

Esta enfermidade non é hereditaria pero si que ten un compoñente de risco xenético.

A artrose comeza con unha alteración na cartilaxe que protexe as superficies articulares provocando a súa dexeneración. Este dano inicial pode provocar respostas celulares que intenten reparar a cartilaxe pero a miúdo son desadaptativas. 

Finalmente a cartilaxe deteriórase e os osos que están debaixo poden rozarse o que leva a formación de esporóns óseos (osteofitos) nos bordes da articulación e causa dos síntomas característicos. 


Factores que favorecen a artrose 

Existen factores de risco que favorecen esta enfermidade, hai algúns que podemos evitar pero outros que  non son modificables.

Os factores non modificables son a idade, o sexo, a xenética e as deformidades óseas. O risco desta enfermidade aumenta a medida que cumprimos anos, é moi común que esta enfermidade apareza despois dos 65 anos. Tamén as mulleres despois da menopausa son máis propensas a padecela.

Pero así como hai factores non modificables tamén hai outros que son modificables como a obesidade, as lesións, a sobrecarga repentina ou o tabaquismo. Con obesidade podemos cargar sobre articulacións danadas que aumenta a posibilidade de que produzan proteínas inflamatorias. As lesións ou sobrecargas incitan a estas enfermidades por bruscos movementos ou traballos forzados. Por último o tabaquismo inflúe ao deterioro articular por o seu efecto oxidante. 

Outros factores poden ser enfermidades metabólicas como a diabetes ou a inflamación que contribúe ao deterioro articular por o seu efecto oxidante. 

Tipos segundo a zona infectada
  •  Artrose de pelve: Os síntomas máis habituais son a dor na ingua, muslo ou glúteo, rixidez ao levantarse ou perda de mobilidade na cadeira. 
  • Artrose cervical: Desgaste das articulacións e cartilaxes das vértebras do pescozo. Os síntomas mais comúns son dor no pescozo, rixidez cervical, estralos e mareos. 
  • Artrose lumbar: Localízase nas vértebras da zona baixa das costas. Os síntomas mais comúns son a dor na parte baixa das costas, rixidez lumbar ou sensación de fricción.
  • Artrose de man: Localízase nos dedos e na base do polgar, os síntomas mais comúns son a dor na articulación, rixidez, inflamación ou vultos. 
  • Artrose de xeonllo: Localízase na cartilaxe que une os ósos da articulación do xeonllo. Os síntomas son dor de xeonllo, inflamación ou rixidez. 

Diagnóstico

O diagnóstico desta enfermidade realízase a través do historial clínico e a exploración física. Algúns casos necesitan probas complementarias.

Estas probas poden ser análises do líquido sinovial, para ver se presentan derrame articular. Tamén se utilizan radiografías que mostran o estreitamento do espazo articular, osteofitos e cambios nos osos.


Tratamento

O tratamento adoitase basear en aliviar a dor e mellorar a función articular.

  • Tratamentos non farmacolóxicos: Estes adoitan ser os máis importantes e a clave para aliviar a dor. Normalmente soen ser exercicios e fisioterapia que axudan a fortalecer músculos e mellorar a flexibilidade. Tamén é necesario controlar o peso para poder reducir a carga sobre as articulacións.
  • Tratamentos farmacolóxicos: Os analxésicos soen ser os mellores para reducir a dor coma por exemplo o paracetamol. Tamén para reducir a inflamación pódenos receitar antiinflamatorios como o ibuprofeno. 


ARTICULACIÓNS EN GUERRA

 



O corpo ás veces sofre batallas interiores que case non se notan. A artrite reumatoide é unha desas loitas que transforma tarefas moi sinxelas en verdadeiros retos. Trátase dunha enfermidade duradeira no tempo e que non desaparece por si soa. Aínda así, cando se aplican os tratamentos recomendados a tempo é posible controlar os síntomas e evitar que avance.

Que é a artrite reumatoide?

A artrite reumatoide é unha enfermidade na que o sistema inmunolóxico, por erro, ataca ás articulacións e provoca dor, inflamación e rixidez. Afecta principalmente ás mans, ó pulso e ós pes, e ata pode chegar a deformar as articulacións.

Que lle pasa exactamente ás articulacións?


No interior das articulacións hai unha membrana
denominada sinovial. A súa función é producir líquido que lubrica e permite o movemento sen dor. Na artrite reumatoide, esta membrana inflámase continuamente, o que causa dor, rixidez, inflamación visible e zonas quentes e ata deformacións das articulacións e perda de mobilidade.
Algo característico de esta enfermidade é que afecta de forma simétrica: se afecta a o pulso dereito tamén vai a a afectar ao pulso esquerdo.


Causas

Non se coñece con exactitude as causas da artrite reumatoide pero si se coñecen algúns factores que aumentan o risco de sufrila.
  • A xenética: xa que certas variantes xenéticas relacionadas co sistema inmunitario aumentan a probabilidade.
  • Sexo: pode afectar tanto a homes como a mulleres, pero é máis común en mulleres.
  • Idade: pode manifestarse a calquera idade, nos nenos e adolescentes como unha forma de artrite chamada artrite idiopática xuvenil, e máis común entre os 30 e 60 anos.
  • Un dos factores ambientais máis relacionados coa enfermidade é o tabaco.
  • Hormonas: os cambios hormonais tamén poden influír,o que explica que sexa máis común en mulleres.

Síntomas

Os síntomas máis habituais son:

  • Dor e rixidez nas articulacións
  • Inflamación e calor nas zonas afectadas.
  • Fatiga e malestar xeral
  • En casos avanzados, deformación das mans, pes...


A medida que a enfermidade avanza os síntomas poden estenderse a outras articulacións e a moitas persoas tamén lle afecta a máis áreas como:

  • pel
  • ollos
  • pulmóns
  • corazón
  • tecido nervioso
  • sangue

Diagnóstico

Nas fases iniciais da enfermidade é moi complexo diagnosticala. Os médicos combinan distintas probas:

    • Análises de sangue: os médicos buscan marcadores como o factor reumatoide ou anticorpos anti-CCP que adoitan estar presentes en persoas que padecen esta enfermidade, aínda que nos en todas.
    • Exploración física para ver que articulacións están afectadas, se hai dor ao movemento e tamén rixidez. Miran se a dor é simétrica xa que é algo característico desta enfermidade.
    • Radiografías, ecografías ou resonancias  que permiten comprobar se hai danos nas articulacións e ata que punto están deformadas incuso antes de que se presente externamente.

É moi importante un diagnóstico precoz para evitar que a enfermidade se complique.

Tratamentos

A artrite reumatoide é unha enfermidade que non ten cura. Aínda así hai moitos tratamentos eficaces para controlala e impedir que vaia a máis. Estes son: 

  • Fármacos antiinflamatorios: estes axudan a reducir a dor e a inflamación en períodos de brote.
  • FAMEs (fármacos modificadores da enfermidade): coma o metotrexato. Son fundamentais porque frean o avance dos danos nas articulacións.
  • Terapias biolóxicas: son tratamentos máis modernos que actúan sobre moléculas concretas do sistema inmunitario. Son moi efectivas cando xa non funcionan os medicamentos tradicionais.
  • Exercicio e fisioterapia: manter o movemento é fundamenta. Axuda a fortalecer os músculos e a evitar a perda de mobilidade.


Vida diaria coa enfermidade

Vivir con artrite reumatoide é algo complexo porque os síntomas non son constantes: hai días mellores e días peores, por iso é moi importante ter rutinas e facer exercicio para manterse activo, mellorando así a mobilidade e reducindo a inflamación.

Tamén é clave coidar a alimentación, tomar alimentos ricos en omega-3,  moitas froitas e verduras e evitar os ultraprocesados. Outro aspecto importante é saber detectar cando estás canso e parar, tamén usar obxectos que faciliten algunhas tarefas que requiran moito esforzo.

O apoio máis importante é o emocional e o social, que é o que te axuda a afrontar mellor os momentos complicados.

Mitos sobre a artrite reumatoide

Cando se fala desta enfermidade moitas persoas atribúenlle frases que son totalmente falsas, que ata xerán confusión. Os mitos máis destacados son:
  • " É unha enfermidade de xente maior": Isto é falso. Aínda que pode aparecer en persoas maiores , a artrite reumatoide é unha enfermidade autoinmune e pode comezar en adultos, novo e ata adolescentes xa que non está relacionada co desgaste das articulacións.
  • "A dor vai e vén, así que non é nada serio": Moitas persoas teñen períodos mellores e períodos peores, pero iso non significa que a enfermidade sexa leve. Se non se trata a tempo a inflamación pode producir danos irreversibles.

A artrite reumatoide é unha enfermidade complexa, pero hoxe en día coñécese moito mellor ca antes. Se se diagnostica a tempo e se lle indique un tratamento axeitado, pódese controlar e evitar que avance e que provoque danos a longo prazo.
É moi importante informarse para entender esta enfermidade tanto se a sofres como se tes persoas próximas que a sofren.




domingo, 1 de xuño de 2025

A DOR DESCOÑECIDA: NEURALXIA DO TRIXÉMINO



Que é a neuralxia do trixémino?

A neuralxia do trixémino, tamén coñecida como tic doloroso, é unha enfermidade crónica que afecta ao nervio trixémino ou V par cranial, encargado de transmitir a sensibilidade da cara ao cerebro. Esta enfermidade provoca ataques de dor facial intensa, punzante ou parecida a unha descarga eléctrica, que aparece xeralmente nun só lado da cara, sobre todo no dereito (nun 60 % dos casos).

Esta dor pode durar desde uns poucos segundos ata varios minutos, e é tan forte que se considera unha das máis intensas que existen. Aínda que ás veces desaparece durante semanas ou meses, normalmente volve aparecer e cada vez pode ser máis frecuente e máis intensa.

As actividades cotiás como lavarse a cara, cepillarse os dentes, maquillarse, falar ou recibir aire frío, poden facer que comece a dor de repente. 

A neuralxia do trixémino é máis frecuente en mulleres e persoas maiores de 50 anos, aínda que pode aparecer a calquera idade. Moitas veces confúndese con problemas dentais debido á localización da dor, que pode afectar a mandíbula superior ou inferior.

Aínda que ao principio pode responder a tratamento farmacolóxico, non sempre é eficaz, e en moitos casos é necesario recorrer a tratamentos neurocirúrxicos especializados.

Como se diagnostica a neuralxia do trixémino?

Para diagnosticar a neuralxia do trixémino, o médico baséase principalmente en como describes a dor que sentes. O prifesional ten en conta varios aspectos:

  • Tipo de dor, obasérvase se é repentina, moi forte e semella unha descarga eléctrica.

  • Lugar da dor, localizase en que parte da cara doe, xa que isto indica se o nervio trixémino está afectado.

  • Que causa a dor, se ao comer, falar, tocar suavemente a cara ou o aire frío provocan os ataques.

Para confirmar este diagnóstico, o médico pode facer varias probas como:

  • Un exame neurolóxico, onde o médico examina a túa cara para saber onde aparece a dor e para comprobar como funciona o nervio. Tamén pode facer probas para ver se o nervio está comprimido ou se hai outro problema.

  • Unha resonancia magnética (RM) esta proba permite ver se hai algo que presiona o nervio, como un vaso sanguíneo, un tumor ou unha enfermidade no sistema nervioso. 

Como a dor pode estar na mandíbula ou nas meixelas, moitas persoas primeiro acoden ao dentista para descartar problemas nos dentes. Se non atopa nada, recomendará que visites ao médico ou a un especialista en dor facial ou neurólogo. É importante facer un diagnóstico preciso porque a neuralxia do trixémino pode confundirse con outros problemas, e só así se pode recibir o tratamento adecuado.

Cales son os síntomas da neuralxia do trixémino?


  A neuralxia do trixémino pode causar diferentes tipos de síntomas, que poden aparecer de forma separada ou xuntas. Os máis comúns son:

  •   Episodios de dor moi intensa, punzantes como unha descarga eléctrica.
  •   A dor aparece de repente e pode ser provocada por accións normais como tocar a cara, masticar ou falar.

  •   O dolor afecta zonas que controla o nervio trixémino, a mandíbula, os dentes, e os labios. Tamén pode afectar o ollo ou a fronte.

A neuralxia do trixémino é moi incapacitante porque as actividades cotiás, como falar ou comer, poden desencadear a dor e dificultar a vida diaria.

Cales son as causas da neuralxia do trixémino?

A neuralxia do trixémino prodúcese cando o nervio trixémino deixa de funcionar ben. A causa máis común é que un vaso sanguíneo, que pode ser unha arteria ou unha vea comprima o nervio na base do cerebro. Esta presión dana a capa protectora do nervio, vaina de mielina que fai que o nervio non funcione correctamente, provocando dor. Outras razóns poden ser:

  • A esclerose múltiple, unha enfermidade que tamén dana a vaina de mielina e afecta ao sistema nervioso.

  • Tumores que presionan o nervio trixémino.

  • Traumatismos faciais ou accidentes cerebrovasculares que lesionan o nervio.

  • Lesións do nervio despois dunha operación cirúrxica.

Como se trata a neuralxia do trixémino?

O tratamento da neuralxia do trixémino trátase con medicamentos para controlar o dolor. Os máis usados son os anticonvulsivantes, que son medicinas que axudan a reducir ou bloquear as sensacións de dor que envía o nervio ao cerebro. Entre estes medicamentos están a carbamazepina, gabapentina, lamotrigina ou fenitoína. Outros fármacos como o baclofeno, que é un relaxante muscular, pode usarse cos anticonvulsivantes.

Os analxésicos normais, como o son a aspirina ou o paracetamol, non funcionan para este tipo de dor. Existen outras opcións de tratamento, como as inxeccións e a cirurxía.

Unha opción cirúrxica importante é a descompresión microvascular, que consiste en mover ou eliminar vasos sanguíneos que presionan o nervio trixémino. Esta operación faise cun pequeno corte detrás da orella para liberar o nervio. Outra opción é a radiocirurxía estereotáxica, que utiliza radiación para danar o nervio e así reducir a dor. 


O tratamento comeza con medicación, e se esta non é suficiente, pódense usar técnicas cirúrxicas para aliviar a dor.



Como impacta na vida diaria da neuralxia do trixémino?

A neuralxia do trixémino provoca dores moi fortes e repentinas que dificultan facer cousas normais do día a día, comer, tocarse a cara, falar, mascar, beber. A menudo estas dores aparecen sen aviso e poden durar segundos ou minutos, o que fai que a persoa estea sempre preocupada por cando volverán.

Esta situación pode afectar non só o corpo, senón tamén o ánimo, facendo que a persoa se sinta cansa, triste ou nerviosa. Tamén pode evitar saír ou facer actividades sociais porque ten medo de que o dor empeore.


É moi importante contar cun bo tratamento e tamén co apoio da familia, amigos e profesionais, para poder levar unha vida máis tranquila e mellorar a calidade de vida.


martes, 25 de marzo de 2025

O DANO QUE PODE FACER ALGO TAN PEQUENO

 


A bacteria Helycobacter pylori, pertence ao grupo das Helicobacter, e o nome de pylori e posto pola estrutura da célula a cal soe atacar. A infección por esta bacteria sóese dar na infancia e ao redor da 10%-15% das persoas infectadas terminan con úlceras pépticas, que se son pequenas non teñen problema, pero se son mais grande pode causar moito sangrado.

Causas:

A infección por Helicobacter pylori prodúcese cando a bacteria infecta o estómago, e transmítese a través do contacto directo coa saliva, con vómito ou a través das feces.



Síntomas:

A maioría de persoas infectadas non presentan ningún síntoma, e se os presentan son parecidos aos de  gastroenteríte ou principio de úlcera. Entre eles están:


  • Dor e ardor no estómago (por debaixo do embigo)
  • Dor estomacal agudo e empeora ao ter o estómago baleiro
  • Inchazón abdominal

  • Vómito con sangue
  • Náuseas continuas

  • Perda de apetito
  • Complicación para inxerir líquidos

Tratamentos:

O tratamento que ten a infección por Helicobacter pylori e a través de antibióticos, tamén pódese integrar a dieta Bismuto que se atopa en cérelas, furta, patacas e incluso iogur.

Probas e exames: 

Para poder detectar esta bacteria, fanse unha serie de probas sanguíneas ou a través das feces para ver se se atopan anticorpos, tamén pódese facer unha biopsia onde se mira a ureasa a través da mostra extraída, pero ningún destas probas son cen por cen fiables, por exemplo a proba sanguínea ten un 84% de sensibilidade.





CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...