Amosando publicacións coa etiqueta sistema nervioso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sistema nervioso. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de xuño de 2026

CONEXIÓN INESTABLE

 

O cerebro é o órgano encargado de controlar os movementos, a postura e moitas das funcións do noso corpo. O seu correcto desenvolvemento é fundamental para que as persoas poidan realizar as actividades da vida diaria con normalidade. Porén, ás veces prodúcense lesións ou alteracións no cerebro durante o embarazo, o parto ou os primeiros anos de vida, o que pode afectar ao movemento e á coordinación.

Unha das condicións que pode provocar estas dificultades é a parálise cerebral. Esta consiste nun conxunto de trastornos permanentes do movemento e da postura causadas por unha lesión no cerebro en desenvolvemento.

Que é a parálise cerebral?

A parálise cerebral (PC) é un grupo de trastornos neurolóxicos que afectan ao cerebro e ao sistema nervioso. Estas alteracións poden influír no movemento, a postura, o equilibrio, a coordinación e, nalgúns casos, no aprendizaxe, a audición, a visión e o pensamento.

Existen diferentes tipos de parálise cerebral:

  • Espástica
  • Discinética
  • Atáxica
  • Hipotónica
  • Mixta

Cada persoa pode presentar síntomas e necesidades diferentes segundo o tipo e a gravidade da lesión cerebral.

Causas da parálise cerebral

A maioría dos casos de parálise cerebral teñen a súa orixe durante o embarazo, aínda que tamén poden producirse lesións cerebrais durante o parto ou na primeira infancia. Entre os factores máis frecuentes atópanse a falta de osíxeno en determinadas áreas do cerebro, o nacemento prematuro, as hemorraxias cerebrais, as infeccións que afectan ao sistema nervioso central, os traumatismos cranioencefálicos ou algunhas infeccións maternas durante a xestación, como a rubéola.

Tamén poden influír a ictericia grave non tratada, determinadas complicacións durante o parto ou a exposición do feto a substancias tóxicas, como o mercurio. Con todo, nalgúns casos non é posible identificar con exactitude a causa que provocou a lesión cerebral.

Síntomas

Os síntomas adoitan manifestarse antes dos dous anos de idade. Moitas veces son os propios pais quen detectan os primeiros sinais ao observar atrasos no desenvolvemento motor, como dificultades para sentar, gatear, poñerse de pé ou comezar a camiñar.

A forma máis frecuente é a parálise cerebral espástica, caracterizada por unha maior tensión muscular e rixidez que pode dificultar os movementos. Isto pode provocar alteracións na marcha, como camiñar de puntillas ou cruzando as pernas, así como limitación da mobilidade articular e debilidade muscular.

Ademais da espasticidade, algunhas persoas presentan movementos involuntarios, tremores, problemas de equilibrio e coordinación ou unha diminución do ton muscular. Tamén son frecuentes outras manifestacións asociadas, como dificultades de aprendizaxe, trastornos da fala, alteracións visuais ou auditivas e crises epilépticas.

Os problemas relacionados coa alimentación tamén poden aparecer con certa frecuencia. Algunhas persoas teñen dificultades para succionar, mastigar ou tragar os alimentos, o que pode acompañarse de babeo excesivo, estrinximento ou vómitos recorrentes. Nalgúns casos tamén se observan problemas respiratorios, un crecemento máis lento do esperado ou incontinencia urinaria.

Diagnóstico

O diagnóstico baséase fundamentalmente na observación do desenvolvemento e do comportamento motor do neno. Os profesionais sanitarios avalían aspectos como o ton muscular, os reflexos, a coordinación, o equilibrio e a evolución das habilidades motoras.

Tamén se analiza a persistencia de determinados reflexos primitivos que normalmente desaparecen durante o primeiro ano de vida. Para confirmar o diagnóstico ou investigar a causa da lesión cerebral poden empregarse probas de imaxe como a resonancia magnética, a tomografía computarizada ou a ecografía cerebral.


Tratamento

Na actualidade non existe unha cura definitiva para a parálise cerebral. O tratamento céntrase en mellorar a funcionalidade, favorecer a autonomía persoal e aumentar a calidade de vida.

Para conseguir estes obxectivos é fundamental un enfoque multidisciplinar no que participan diferentes profesionais, entre eles médicos especialistas, fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, logopedas, traballadores sociais e outros expertos segundo as necesidades de cada persoa.

A fisioterapia constitúe unha das intervencións máis importantes, xa que contribúe a mellorar a mobilidade, a forza muscular e o equilibrio. Pola súa banda, a terapia ocupacional axuda a desenvolver habilidades para as actividades da vida diaria, mentres que a logopedia resulta esencial cando existen dificultades de comunicación ou de deglutición.

Tamén poden empregarse dispositivos de apoio, órteses, andadores ou cadeiras de rodas para facilitar a mobilidade e a participación nas actividades cotiás. Ademais, moitas persoas precisan adaptacións educativas que favorezan a súa inclusión escolar.

En determinados casos, os tratamentos farmacolóxicos permiten controlar síntomas específicos. Os anticonvulsivantes utilízanse para tratar as crises epilépticas, mentres que a toxina botulínica e os relaxantes musculares poden contribuír a reducir a espasticidade e a rixidez muscular.

Cando as limitacións físicas son importantes ou aparecen deformidades articulares, pode ser necesaria a intervención cirúrxica. Estas operacións buscan mellorar a mobilidade, diminuír a dor e previr complicacións futuras. Actualmente tamén se investigan novas opcións terapéuticas, como a terapia de ondas de choque para o tratamento da espasticidade.


Posibles complicacións

A parálise cerebral pode asociarse a diversas complicacións ao longo da vida. Entre as máis habituais atópanse a osteoporose, as deformidades articulares, a escoliose, a luxación de cadeira e a artrite. Tamén poden aparecer problemas nutricionais, pneumonías por aspiración, lesións derivadas de caídas ou úlceras por presión en persoas con mobilidade reducida.

Ademais das consecuencias físicas, algunhas persoas afrontan dificultades de comunicación, alteracións cognitivas e situacións de estigmatización social que poden afectar ao seu benestar emocional e á súa participación na comunidade.

Prevención

Aínda que non sempre é posible evitar a aparición da parálise cerebral, existen medidas que poden reducir o risco. Un adecuado seguimento do embarazo, o control das enfermidades maternas, a prevención das infeccións e unha atención obstétrica de calidade son factores fundamentais. Nos embarazos considerados de alto risco, o control especializado resulta especialmente importante.

As persoas con parálise cerebral deben manter revisións periódicas cos distintos profesionais sanitarios para detectar de forma precoz posibles complicacións e optimizar a súa calidade de vida.

Conclusión

A parálise cerebral é unha condición neurolóxica permanente que afecta principalmente ao movemento e á postura debido a unha lesión no cerebro en desenvolvemento. A pesar de que non ten cura, o diagnóstico precoz e a intervención multidisciplinar permiten mellorar significativamente a autonomía, a participación social e a calidade de vida das persoas afectadas, favorecendo a súa inclusión plena na sociedade.




A DOR QUE APAGA OS DÍAS


Que é a migraña crónica?

A migraña crónica é unha enfermidade neurolóxica que afecta ao sistema nervioso e provoca dores de cabeza intensas e repetidas. Non se trata dun simple síntoma nin dun malestar ocasional, senón dun trastorno complexo que pode alterar gravemente a vida diaria das persoas que a padecen.

Considérase migraña crónica cando os dores de cabeza aparecen durante quince ou máis días ao mes, ao longo de polo menos tres meses consecutivos. Ademais, en oito ou máis deses días deben aparecer síntomas típicos de migraña, como náuseas, mareos, sensibilidade á luz ou ao ruído e dor pulsátil intensa.

Os ataques de migraña poden durar entre catro e setenta e dúas horas. En moitos casos, a enfermidade empeora progresivamente ata converterse nun problema constante que afecta á rutina diaria.

Síntomas principais

Os síntomas da migraña crónica son moi variados e poden cambiar segundo a persoa. O máis habitual é unha dor forte e pulsátil nun lado da cabeza, aínda que ás veces afecta a toda a cabeza.

Outros síntomas frecuentes son:

Nalgunhas persoas aparece a chamada “aura”, que consiste en alteracións visuais ou sensoriais antes da crise. Por exemplo, poden ver luces brillantes, manchas ou sentir adormecemento nalgunhas partes do corpo.

Causas

As causas exactas da migraña crónica aínda non se coñecen completamente, pero sábese que existen diferentes factores que aumentan o risco de padecela.

Factores xenéticos

A herdanza familiar ten unha grande importancia. Moitas persoas con migraña teñen familiares que tamén a padecen.

Factores de risco

Pode aparecer a calquera idade, aínda que é máis frecuente entre os 18 e os 44 anos. As mulleres teñen un maior risco de padecela. Ademais, a obesidade tamén se considera un factor que pode aumentar a probabilidade de desenvolver migraña crónica.

Factores ambientais

Certos factores ambientais poden favorecer a aparición das crises, como os cambios bruscos do tempo, a exposición a luces intensas, ruídos fortes, olores penetrantes ou cambios de altitude.

Estrés e factores emocionais

O estrés, a ansiedade e os problemas emocionais poden desencadear crises de migraña. A tensión acumulada favorece que os episodios sexan máis frecuentes.

Problemas de sono

Durmir pouco, ter horarios irregulares ou descansar mal pode aumentar a aparición das crises.

Cambios hormonais

Nas mulleres é frecuente que as migrañas aumenten durante a menstruación ou a menopausa debido ás variacións hormonais.

Alimentación e hábitos

Algúns alimentos e bebidas poden actuar como desencadeantes, por exemplo:

  • Alcohol.
  • Cafeína en exceso.
  • Embutidos.
  • Queixos curados.
  • Produtos con aditivos.

Uso excesivo de medicamentos

Abusar de analxésicos ou medicamentos contra a dor pode empeorar a enfermidade e provocar dores de cabeza máis frecuentes.

Outras enfermidades

A depresión, a ansiedade, a artrite e outros trastornos relacionados coa dor crónica tamén poden aumentar o risco de migraña crónica.

Impacto na vida diaria

A migraña crónica afecta moito máis que a saúde física. As persoas que a padecen poden ter dificultades para estudar, traballar ou participar en actividades sociais.

Moitas veces, durante unha crise, a persoa necesita permanecer nun lugar escuro e silencioso debido á sensibilidade á luz e ao ruído. Isto provoca limitacións importantes na vida familiar e social.

Tamén é frecuente que aparezan problemas emocionais como:

A incerteza de non saber cando chegará a próxima crise xera frustración e afecta á calidade de vida.

Diagnóstico

Para diagnosticar a migraña crónica, os médicos analizan:

  • A frecuencia dos episodios.
  • A duración da dor.
  • Os síntomas asociados.
  • Os antecedentes familiares.

Tamén poden realizar probas como:

Estas probas serven para descartar outras enfermidades neurolóxicas ou problemas cerebrais.

Tratamentos médicos

Actualmente non existe unha cura definitiva para a migraña crónica, pero si tratamentos que permiten controlar os síntomas e mellorar a calidade de vida.

Medicamentos preventivos

Utilízanse para reducir a frecuencia das crises. Entre eles destacan:


Medicamentos para aliviar a dor

Tómanse durante as crises:

  • Paracetamol.
  • Ibuprofeno.
  • Antiinflamatorios.
  • Triptáns.

Toxina botulínica

Nalgúns pacientes utilízase bótox para diminuír a intensidade das crises.


Neuromodulación

Existen dispositivos que empregan impulsos eléctricos ou magnéticos para reducir a actividade relacionada coa migraña.


Hábitos saudables e prevención

Ademais dos medicamentos, existen medidas que poden axudar a controlar a enfermidade:

  • Durmir suficientes horas.
  • Manter horarios regulares.
  • Reducir o estrés.
  • Practicar exercicio moderado.
  • Evitar alimentos desencadeantes.
  • Controlar a cafeína.
  • Aprender técnicas de relaxación.
  • Manter unha boa hidratación.
  • Evitar o tabaco.
  • Limitar o consumo de alcohol.
  • Non saltarse comidas.
  • Manter unha rutina diaria estable.

Algunhas terapias complementarias como o ioga, a meditación ou a acupuntura tamén poden ser útiles.


Complicacións

Se non se trata correctamente, a migraña crónica pode provocar:

  • Maior frecuencia de crises.
  • Dependencia de medicamentos.
  • Problemas psicolóxicos.
  • Diminución da calidade de vida.
  • Dificultades laborais e académicas.

Cando é necesario acudir ao médico?

É importante buscar atención médica inmediata se aparecen:

  • Dores de cabeza moi intensos e repentinos.
  • Problemas para falar.
  • Debilidade nunha parte do corpo.
  • Confusión.
  • Alteracións graves da visión.
  • Náuseas e vómitos persistentes.

Aínda que actualmente non existe unha cura definitiva para a migraña crónica, moitas persoas conseguen mellorar de forma significativa grazas a un diagnóstico adecuado e a un tratamento personalizado. Traballar xunto a profesionais da saúde, identificar os factores desencadeantes e tratar os síntomas desde o seu inicio pode reducir a frecuencia e a intensidade das crises.

Con hábitos saudables, seguimento médico e un tratamento correcto, moitos pacientes logran recuperar parte da súa vida cotiá, participar en actividades sociais e mellorar o seu benestar físico e emocional.



ATRAPADOS ENTRE TREMORES

 


A enfermidade de Parkinson é unha patoloxía neurodexenerativa que afecta ao sistema nervioso e altera principalmente o control do movemento. Prodúcese cando determinadas neuronas do cerebro, especialmente as encargadas de producir dopamina, van deteriorándose progresivamente. A dopamina é unha substancia esencial para coordinar os movementos musculares e manter o equilibrio corporal. 

Esta enfermidade afecta sobre todo ás persoas maiores de 60 anos, aínda que tamén existen casos de inicio temperán. Na actualidade non existe unha cura definitiva, pero si tratamentos que permiten mellorar a calidade de vida dos pacientes.

Que ocorre no cerebro?

Na enfermidade de Parkinson, as células nerviosas dunha zona cerebral chamada substancia negra deixan de producir suficiente dopamina. Isto provoca dificultades para controlar os movementos e coordinar os músculos.

Principais síntomas

Os síntomas aparecen de forma lenta e progresiva. Os máis frecuentes son:

  • Tremores nas mans, pernas ou mandíbula.
  • Lentitude nos movementos ou bradicinesia.
  • Rixidez muscular.
  • Problemas de equilibrio e coordinación.
  • Alteracións na fala e na escritura.

Ademais dos síntomas motores, tamén poden aparecer problemas de sono, ansiedade, depresión ou dificultades cognitivas.

Como se diagnostica?

Non existe unha proba única capaz de confirmar o Parkinson. O diagnóstico realízase mediante:

  • Exploración neurolóxica.
  • Avaliación dos síntomas.
  • Historial clínico do paciente.
  • Probas de imaxe para descartar outras enfermidades.

Os especialistas en neuroloxía observan especialmente os problemas de movemento, o equilibrio e a resposta aos medicamentos.

Tratamentos actuais

Aínda que o Parkinson non ten cura, existen tratamentos eficaces para controlar os síntomas. O máis empregado é a levodopa, un medicamento que axuda a aumentar os niveis de dopamina no cerebro.

Tamén se utilizan:

  • Fisioterapia.
  • Exercicios de mobilidade.
  • Terapias ocupacionais.
  • Estimulación cerebral profunda en casos graves.

Vivir coa enfermidade

Moitas persoas con Parkinson poden manter unha vida activa durante anos grazas ao tratamento, ao exercicio físico e ao apoio familiar. Actividades como camiñar, bailar ou practicar tai chi poden axudar a mellorar o equilibrio e reducir a rixidez muscular.

A investigación científica continúa avanzando para atopar novos tratamentos e mellorar o diagnóstico precoz da enfermidade.

Conclusión

A enfermidade de Parkinson é unha das patoloxías neurolóxicas máis frecuentes no mundo. A pesar de ser unha enfermidade progresiva, os avances médicos permiten controlar moitos dos síntomas e mellorar considerablemente a calidade de vida das persoas afectadas. A información, a prevención e o apoio social son fundamentais para afrontar esta enfermidade.




xoves, 5 de xuño de 2025

CANDO O CORPO CONFUNDE AO CEREBRO: EM


 A Esclerose Múltiple (EM) é unha enfermidade crónica que afecta ao sistema nervioso central. Nesta enfermidade, o noso sistema inmune ataca á mielina, que é unha sustancia que recobre/protexe as fibras nerviosas. Este ataque causa interrupcións na transmisión dos impulsos nerviosos.

A súa causa non é coñecida con exactitude pero pénsase que afecta a xenética e o ambiente. Tamén pode ser provocada por infeccións de virus en persoas que xa teñan certa predisposición.

Os síntomas máis comúns desta enfermidade son:

  • Fatiga esaxerada.
  • Perda de equilibro e coordinación.
  • Debilidade nos músculos.
  • Visión borrosa/doble.
  • Entumecemento.
  • Problemas coa memoria ou a concentración.

En canto ao diagnóstico soen realizar as seguintes probas:

  • Punción lumbar: para analizar o líquido cefalorraquídeo.
  • Resonancia magnética: detecta lesións no cerebro e na medula.
  • Probas visuais: para ver a velocidade da resposta nerviosa.

A enfermidade non ten cura, pero si que hai tratamentos que axudan a controlar os seus síntomas e a frear un pouco o avance: medicamentos inmunomoduladores, corticoides, fisioterapia, rehabilitación…

Algúns datos curiosos son que afecta máis ás mulleres que aos homes, que normalmente aparece entre os 20 e os 40 anos e que hai varios tipos (progresiva, remitente…)




mércores, 4 de xuño de 2025

SÍNDROME DE TOURETTE

 


DESCRIPCIÓN:

Este síndrome de Gilles de Tourette caracterízase por movementos os cales se repiten moitas veces ou sons non desexados os cales son moi complicados de controlar.

Algúns deles son: xestos coas mans, xestos faciais, emitir sons raros, dicir palabras ofensivas ...

Estes tics xeralmente preséntanse entre os 2 a 15 anos. Os homes teñen entre tres e catro veces máis  que as  mulleres de probabilidade de que teñan este síndrome.

Este trastorno no ten cura, pódese tratar. Moitas persoas que padecen este trastorno non requiren dun tratamento xa que os seus síntomas non son molestos. Os tics adoitan disminuír despois  dos 10 anos.

SÍNTOMAS: 

Estes tics son os que fan distintivo este trastorno. Os cales poden variar en gravidade, e os máis severos poden afectar a comunicación e a calidade de vida.

Estes pódense clasificarse en dous tipos:

  1. Tics simples: Implican un número limitado de grupos musculares e son breves e repetitivos.
  2. Tics complexos: Involucran patróns de movementos coordinados que afectan a varios grupos  musculares.

Os tics poden ser motores (como parpadexo de ollos, sacudir a cabeza, encoller os ombreiros entre outros no caso dos tics simples e no caso dos complexos como inclinarse ou gritar, saltar, facer xestos ofensivos entre outros)  ou vocais (como resoprar tusir, ladrar no caso dos simples e nos complexos como repetir frases e palabras propias ou doutros), sendo os motores os que xeralmente aparecen primeiro. 

Ademais os tics poden empeorar si estás enfermo, estresado, canso ou emocionado.

CAUSAS: 

As causas deste trastorno son descoñecidas, é un trastorno complexo que probablemente  se causa por unha combinación de factores hereditarios e ambientais. Poden estar implicados produtos químicos no cerebro que transmiten impulsos nerviosos, como a dopamina e a serotonina.

FACTORES DE RISCO:

Os factores de risco que poden afectar neste trastorno son os antecedentes familiares, xa que se algúns dos teus familiares o tivo, ti tes máis posibilidades  de ter este trastorno, logo temos o sexo, xa que os homes teñen máis posibilidades de ter este trastorno que as mulleres.

DIAGNÓSTICO:

Para este trastorno non existe unha proba específica. O diagnóstico baséase no historial medico dos síntomas que padeces.

  • A causa de que non hai unha proba específica úsanse uns criterios para diagnosticar ste trastorno as cales son:
  • Os tics ocorren varias veces ao día, case todos os días durante máis dun ano.
  • Os tics aparecen antes dos 18 anos de idade.
  • Os tics non son consecuencia de medicamentos, outras sustancias ou outros trastornos médicos.
  • Os tics deben de cambiar co tempo o seu lugar, frecuencia, tipo, complexidade ou gravidade.

Por outro lado os síntomas do síndrome de Tourette pódense confundir con outras enfermidades como o o parpadexo nos ollos con problemas de visión..

Polo que os doutores recomendan facerse unha proba de sangue e estudos por unha imaxe como unha resonancias magnética. 

TRATAMENTO: 

Este trastorno pódese tratar con medicamentos ou terapia. No caso da medicación, pódense utilizar fármacos que resucen ou eliminan a dopamina, as inxeccións de Botox as cales deteñen o movemento do músculo, medicamentos para controlar o transtorno por déficit de atención e hiperactividade, antidepresivos, entre outros, e terapias como a terapia condutual, psicoterapia ou estimulación profunda .   






CONTRA O TEMPO E A CONFUSIÓN NERVIOSA


1. Que é a esclerose múltiple?

A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica que afecta ao sistema nervioso central especialmente as zonas cerebrais e á medula espiñal. O que pasa é que o sistema inmunitario, que normalmente nos defende das enfermidades, equivócase e ataca a mielina, que é a capa que recobre os nervios. Cando a mielina se dana, os nervios non funcionan ben e iso provoca problemas para facer cousas que antes se facían con normalidade.



2. Causas e factores de risco

Non se sabe exactamente por que aparece esta enfermidade, pero parece que é por unha mestura de cousas: a xenética, o ambiente, a falta de vitamina D, e incluso vivir en sitios con pouca luz solar. Tamén se cre que algúns virus poden influír. É máis común en mulleres e soe comezar entre os 20 e os 40 anos.




3. Síntomas

Os síntomas cambian moito dunhas persoas a outras. Algúns dos máis frecuentes son:

  • Estar moi cansa sen razón

  • Problemas para manter o equilibrio ou camiñar ben

  • Debilidade nos músculos

  • Visión borrosa ou dobre

  • Sensación de formigueo ou de picazón na pel

  • Dificultade para falar ou tragar

Hai veces que estes síntomas veñen e van, e outras veces van empeorando pouco a pouco.





4. Diagnóstico

Para saber se unha persoa ten esclerose múltiple, os médicos fan varias probas. A máis común é unha resonancia magnética, que permite ver se hai lesións no cerebro ou na medula. Tamén se pode facer unha análise do líquido cefalorraquídeo e algunhas probas neurolóxicas para ver como responde o corpo.



5. Tratamento

Hoxe en día aínda non hai unha cura para esta enfermidade, pero si hai formas de tratala para que non avance tan rápido e para que os síntomas molesten o menos posible. Por exemplo:

  • Medicamentos que frean a enfermidade

  • Exercicios de fisioterapia

  • Medicinas para tratar cousas como o cansazo ou os espasmos musculares

  • Apoio psicolóxico, que é moi importante para aprender a vivir con isto


6. Impacto na vida diaria

A esclerose múltiple pode cambiar moito o día a día dunha persoa. Cousas que antes se facían sen pensar, como subir escaleiras ou escribir, poden facerse máis difíciles. Aínda así, con axuda e co apoio da xente que nos rodea, moitas persoas conseguen levar unha vida bastante normal, adaptándose aos cambios pouco a pouco.



7. Conclusión

A esclerose múltiple é unha enfermidade complicada, pero iso non significa que a vida se pare. Grazas aos tratamentos actuais e ao apoio que existe, moita xente pode seguir adiante, facer plans e ser feliz. É importante falar sobre esta enfermidade para entender mellor o que viven as persoas que a teñen.

8.Vídeo 



CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...