Vivir cunha enfermidade crónica
pode ser un largo camiño de dificultades que implican tanto como malestares
físicos como psicolóxicos. O Crohn é unha afección case impredicible é moi dura
que trae consigo un longo camiño de etapas e dificultades para a vida cotiá.
QUE É?
SÍNTOMAS
O Crohn é un tipo de enfermidade inflamatoria intestinal que causa inflamación, é dicir inchazón e irritación nos tecidos do tracto dixestivo. Soe aparecer entre os 15-35 anos aínda que tamén se pode diagnosticar en nenos e persoas maiores.
Entre os seus síntomas
destacan a dor abdominal, soe ser unha dor tipo cólico localizado con maior
frecuencia na parte inferior dereita do ventre, frecuentemente aparece ao
acabar de comer e pode ser sutil ao principio e aumentar a intensidade durante
un brote.
Outros síntomas que soen
acompañar a esta enfermidade son:
- Diarrea
- Fatiga
- Febre
- Dores e cambras abdominais
- Sangue
de feces
- Diminución
do apetito e perdida de peso.
Tamén podemos atoparnos con inflamación da pel, ollos ou articulacións, tamén a inflamación do fígado ou condutos biliares, cálculos renais, deficiencia do ferro (anemia), e atraso do crecemento ou desenvolvemento sexual en caso dos nenos.
CAUSAS
Non se coñecen as causas desta enfermidade pero podemos saber que é unha afección que se presenta cando o sistema inmunitario do propio corpo ataca por error e destruír o tecido corporal sano. Cando as partes do tubo dixestivo permanecen inchadas ou inflamadas, as paredes intestinais resultan engrosadas. Os papeis que poden influír nesta enfermidade son:
- Xenes ou antecedentes familiares: Se temos familiares con antecedentes desta enfermidade aumenta o risco.
- Factores ambientais
- Reaccións esaxeradas a bacterias normais no intestino.
- Tabaquismo.
- Estrés
crónico
Poden manifestarse sen previo aviso e a xente con esta enfermidade pode ter remisións (períodos sen síntomas). Estes periodos poden durar meses ou anos. Durante este tempo poden estar ocurrindo puntos clave como por exemplo:
- Ausencia de síntomas: Os síntomas desaparecen, os pacientes sentense ben e poden facer vida normal.
- Inflamación controlada: A mucosa intestinal recupérase e a inflamación desaparece.
- Tratamento: Continuar de maneira persistente e moi importante para poder lograr períodos de remisión e diminuír os riscos de recaída.
CONSECUENCIAS
As consecuencias poden variar dependendo da gravidade e localización dos síntomas pero algunhas das consecuencias mais común soen ser:
Úlceras e chagas: As inflamacións poden causar úlceras profundas na mucosa do intestino o que causa sangrado e dor.
Engrosamento das paredes intestinais: A inflamación prolongada pode facer que as paredes intestinais engrosen e se volvan ríxidas.
Formación de fístulas: Unha fístula é unha conexión anormal entre o intestino e outras estruturas. Poden ser dolorosas e propensas a infeccións.
Abscesos: Nalgunhas persoas a inflamación pode causar abscesos (coleccións de pus) dentro do intestino ou áreas próximas.
Deficiencias nutricionais: A inflamación pode provocar que a capacidade de absorción da parede intestinal vexase afectada e provoque unha deficiencia, e que o corpo non obteña os nutrientes necesarios de maneira eficiente.
Un exame físico pode revelar una masa ou sensibilidade no abdomen,erupción cutánea, articulacións inflamadas ou úlceras. Os exámes poden incluír:
- Análises de sangue: Serven para detectar signos de inflamación, deficiencias nutricionais ou anemia.
- Proba de feces
- Enema opaco: É unha proba para analizar o colon e nalgúns casos o recto.
- Colonoscopia: Unha das mais importantes para detectar esta enfermidade.
- Tomografía computerizada (TAC) do abdome
- Endoscopia por cápsula
- Resonancia magnética (RM) do abdome
- Enteroscopia
O seu
tratamento consiste na redución da inflamación, aliviar síntomas e lograr a
remisión a largo prazo mediante medicamentos e se é necesario a cirurxía.
Os medicamento que podemos usar para tratar esta enfermidade son os corticoides, inmunomoduladores, aminosalicilatos e antibióticos.
Tamén esta a opción dunha cirurxía pero non cura a enfermidade se non que serve para poder aliviar os dores e os síntomas. Tamén pódese utilizar inxeccións como tratamento, xeralmente soen ser inmunosupresores ou biolóxicos que actúan no sistema inmunolóxico para reducir a inflamación. Este tipo de inxeccións soen ser para persoas en fase moderada ou grave ou persoas que non respondan a outros tratamentos.
O manexo da enfermidade na casa é un paso moi importante que todos deben seguir para poder levar un control sobre ela
O control da dieta e o estrés tamén xoga un papel importante, unha dieta baixa en fibra axuda a reducir a irritación do intestino especialmente durante brotes.
Hai alimentos propensos á axuda de aumentar os nosos síntomas e para controlalo podemos levar unha dieta. Algúns soen ser malos para as persoas que padezan esta enfermidade e é necesario controlar o seu consumo:
- Lactosa: O intestino inflamado non a dixire ben e pode empeorar os síntomas.
- Alimentos picantes: Poden irritar, acelerar o intestino e aumentar a sensación de dor.
- Alimentos graxos: Son mais difíciles de inxerir, poden causar diarrea e aumentan a irritación intestinal
- Bebidas gasosas: Aumentan os gases, irritan o intestino e poden provocar diarrea.
- Alimentos con fibra: Irrita fisicamente e acelera o intestino.



Ningún comentario:
Publicar un comentario