luns, 23 de marzo de 2026
O LADO OCULTO DA DIETA
Como evitar a enfermidade?
ENTRE A SAÚDE E A OBSESIÓN
Durante os últimos anos aumentou a preocupación por levar unha vida saudable. Cada vez máis persoas intentan comer mellor, facer moito exercicio e coidar o corpo. Este interese pola saúde é algo moi positivo e necesario, xa que ter unha boa alimentación axuda a manter unha boa calidade de vida, pero cando a preocupación pola alimentación vólvese unha obsesión, pode aparecer un problema chamado ortorexia.
A ortorexia pode afectar a calquera persoa, pero é máis frecuente en mulleres e adolescentes. Tamén aparece con máis frecuencia en persoas que practican deportes como o atletismo ou a danza, xa que adoitan preocuparase moito pola alimentación e pola imaxe corporal.
Relación con outros trastornos de conduta alimentaria (TCA) A ortorexia pode estar relacionada con outros trastornos da conduta alimentaria, como por exemplo a anorexia ou a bulimia. Nestes tres casos existe unha preocupación por querer ser perfectos e unha visión alterada de si mesmos.
A diferenza está en que na anorexia e na bulimia a obsesión está máis relacionada coa cantidade de comida, mentres que na ortorexia a preocupación baséase na calidade dos alimentos.
A pesar de que o obxectivo destas persoas é comer de maneira saudable, a ortorexia pode provocar graves problemas de saúde.
Ao eliminar determinados alimentos sen substituílos por outros que acheguen os mesmos nutrientes, poden aparecer carencias nutricionais. Estas carencias poden provocar anemia, falta de vitaminas, falta de enerxía ou outros problemas de saúde. Ademais, unha dieta demasiado restritiva tamén pode causar unha perda de peso excesiva.
A nivel social e psicolóxico tamén pode ter consecuencias importantes. Moitas persoas poden chegar a evitar reunións con amigos e familiares polo feito de que non confían nos alimentos que se van servir. Isto pode provocar illamento social, tristeza, ou tamén poden chegar a criticar ou menosprezar a quen non come do mesmo xeito.
Para previr a ortorexia é importante manter unha relación equilibrada coa comida. Comer saudable non significa eliminar todos os alimentos que non se consideran perfectos, senón levar unha dieta variada e equilibrada.
Tamén é importante informarse a través de profesionais da saúde, como nutricionistas ou médicos, e non crer en toda a información que aparece en internet ou nas redes sociais.
ENTRE BROTES E CALMA
Vivir cunha enfermidade crónica
pode ser un largo camiño de dificultades que implican tanto como malestares
físicos como psicolóxicos. O Crohn é unha afección case impredicible é moi dura
que trae consigo un longo camiño de etapas e dificultades para a vida cotiá.
QUE É?
SÍNTOMAS
O Crohn é un tipo de enfermidade inflamatoria intestinal que causa inflamación, é dicir inchazón e irritación nos tecidos do tracto dixestivo. Soe aparecer entre os 15-35 anos aínda que tamén se pode diagnosticar en nenos e persoas maiores.
Entre os seus síntomas
destacan a dor abdominal, soe ser unha dor tipo cólico localizado con maior
frecuencia na parte inferior dereita do ventre, frecuentemente aparece ao
acabar de comer e pode ser sutil ao principio e aumentar a intensidade durante
un brote.
Outros síntomas que soen
acompañar a esta enfermidade son:
- Diarrea
- Fatiga
- Febre
- Dores e cambras abdominais
- Sangue
de feces
- Diminución
do apetito e perdida de peso.
Tamén podemos atoparnos con inflamación da pel, ollos ou articulacións, tamén a inflamación do fígado ou condutos biliares, cálculos renais, deficiencia do ferro (anemia), e atraso do crecemento ou desenvolvemento sexual en caso dos nenos.
CAUSAS
Non se coñecen as causas desta enfermidade pero podemos saber que é unha afección que se presenta cando o sistema inmunitario do propio corpo ataca por error e destruír o tecido corporal sano. Cando as partes do tubo dixestivo permanecen inchadas ou inflamadas, as paredes intestinais resultan engrosadas. Os papeis que poden influír nesta enfermidade son:
- Xenes ou antecedentes familiares: Se temos familiares con antecedentes desta enfermidade aumenta o risco.
- Factores ambientais
- Reaccións esaxeradas a bacterias normais no intestino.
- Tabaquismo.
- Estrés
crónico
Poden manifestarse sen previo aviso e a xente con esta enfermidade pode ter remisións (períodos sen síntomas). Estes periodos poden durar meses ou anos. Durante este tempo poden estar ocurrindo puntos clave como por exemplo:
- Ausencia de síntomas: Os síntomas desaparecen, os pacientes sentense ben e poden facer vida normal.
- Inflamación controlada: A mucosa intestinal recupérase e a inflamación desaparece.
- Tratamento: Continuar de maneira persistente e moi importante para poder lograr períodos de remisión e diminuír os riscos de recaída.
CONSECUENCIAS
As consecuencias poden variar dependendo da gravidade e localización dos síntomas pero algunhas das consecuencias mais común soen ser:
Úlceras e chagas: As inflamacións poden causar úlceras profundas na mucosa do intestino o que causa sangrado e dor.
Engrosamento das paredes intestinais: A inflamación prolongada pode facer que as paredes intestinais engrosen e se volvan ríxidas.
Formación de fístulas: Unha fístula é unha conexión anormal entre o intestino e outras estruturas. Poden ser dolorosas e propensas a infeccións.
Abscesos: Nalgunhas persoas a inflamación pode causar abscesos (coleccións de pus) dentro do intestino ou áreas próximas.
Deficiencias nutricionais: A inflamación pode provocar que a capacidade de absorción da parede intestinal vexase afectada e provoque unha deficiencia, e que o corpo non obteña os nutrientes necesarios de maneira eficiente.
Un exame físico pode revelar una masa ou sensibilidade no abdomen,erupción cutánea, articulacións inflamadas ou úlceras. Os exámes poden incluír:
- Análises de sangue: Serven para detectar signos de inflamación, deficiencias nutricionais ou anemia.
- Proba de feces
- Enema opaco: É unha proba para analizar o colon e nalgúns casos o recto.
- Colonoscopia: Unha das mais importantes para detectar esta enfermidade.
- Tomografía computerizada (TAC) do abdome
- Endoscopia por cápsula
- Resonancia magnética (RM) do abdome
- Enteroscopia
O seu
tratamento consiste na redución da inflamación, aliviar síntomas e lograr a
remisión a largo prazo mediante medicamentos e se é necesario a cirurxía.
Os medicamento que podemos usar para tratar esta enfermidade son os corticoides, inmunomoduladores, aminosalicilatos e antibióticos.
Tamén esta a opción dunha cirurxía pero non cura a enfermidade se non que serve para poder aliviar os dores e os síntomas. Tamén pódese utilizar inxeccións como tratamento, xeralmente soen ser inmunosupresores ou biolóxicos que actúan no sistema inmunolóxico para reducir a inflamación. Este tipo de inxeccións soen ser para persoas en fase moderada ou grave ou persoas que non respondan a outros tratamentos.
O manexo da enfermidade na casa é un paso moi importante que todos deben seguir para poder levar un control sobre ela
O control da dieta e o estrés tamén xoga un papel importante, unha dieta baixa en fibra axuda a reducir a irritación do intestino especialmente durante brotes.
Hai alimentos propensos á axuda de aumentar os nosos síntomas e para controlalo podemos levar unha dieta. Algúns soen ser malos para as persoas que padezan esta enfermidade e é necesario controlar o seu consumo:
- Lactosa: O intestino inflamado non a dixire ben e pode empeorar os síntomas.
- Alimentos picantes: Poden irritar, acelerar o intestino e aumentar a sensación de dor.
- Alimentos graxos: Son mais difíciles de inxerir, poden causar diarrea e aumentan a irritación intestinal
- Bebidas gasosas: Aumentan os gases, irritan o intestino e poden provocar diarrea.
- Alimentos con fibra: Irrita fisicamente e acelera o intestino.
MÚSCULOS SEN LÍMITES
Na actualidade, cada vez é máis habitual ver nas redes sociais e nos medios corpos moi musculados que se presentan como ideais de beleza e éxito. Isto pode facer que moitas persoas, sobre todo xente nova, non se sintan satisfeitas co seu propio corpo. Nalgúns casos, esta preocupación pode chegar a converterse nun problema serio de saúde: a vigorexia.
Ademais, non é algo pouco común, xa que se estima que arredor do 10 % das persoas que practican exercicio poden padecela. A maioría dos afectados son homes (aproximadamente un 80 %) e adoita aparecer sobre todo entre os 18 e os 25 anos. Tamén é frecuente en persoas que practican culturismo ou acoden regularmente ao ximnasio.
Que é a vigorexia?
A vigorexia, tamén coñecida como dismorfia muscular ou complexo de Adonis, é un trastorno da imaxe corporal. A persoa percíbese máis débil ou con menos músculo do que realmente ten, o que lle xera unha insatisfacción constante.
Como consecuencia, intenta compensalo con exercicio excesivo, dietas moi estritas e, ás veces, consumo de esteroides.
Causas
A vigorexia non ten unha única causa, senón que aparece pola combinación de varios factores:
-
Psicolóxicos: Baixa autoestima, unha persoa que no se sente ben consigo mesma busca a musculatura como compensación; inseguridade; perfeccionismo adoitan poñerse obxectivos físicos moi difíciles de conseguir e nunca están contentos cos resultados que logran; experiencias persoais, críticas sobre o corpo ou bullying.
-
Sociais e Culturais: Presión dos medios, fan que moitas persoas comparen o seu corpo con modelos irreais e se sintan inferiores e as redes sociais que mostran corpos “perfectos”. Asociación entre músculo, éxito e atractivo.
-
Biolóxicos: o exercicio libera endorfinas que poden crear dependencia.
Síntomas
Os principais síntomas son:
-
Exercicio físico excesivo e obsesivo, co obxectivo de aumentar a masa muscular.
Obsesión polo físico e polos músculos.
Verse débil a pesar de estar musculado.
-
Dietas moi estritas e con gran control dos alimentos e nutrientes.
-
Uso de esteroides anabolizantes ou suplementos.
-
Ansiedade ou irritabilidade se non se pode adestrar.
-
Abandono da vida social.
Consecuencias
A vigorexia pode ter efectos graves tanto a nivel físico como psicolóxico:
Físicos:
Lesións musculares e articulares por sobreentrenamento.
- Problemas cardíacos e hormonais.
-
Danos no fígado polo uso de esteroides.
-
Fatiga constante.
- O consumo de esteroides ou outras substancias para aumentar o músculo pode provocar efectos secundarios que afectan á vida sexual, como perda de desexo, problemas de erección ou cambios no desexo sexual.
Psicolóxicos:
-
Ansiedade e depresión.
-
Illamento social.
-
Insatisfacción permanente co propio corpo.
-
Posible aparición doutros trastornos (alimentarios ou obsesivos).
Diagnóstico e tratamento
O diagnóstico realízase por profesionais da psicoloxía ou psiquiatría mediante entrevistas e cuestionarios específicos.
O tratamento adoita ser multidisciplinar:
-
Psicoterapia: Terapia cognitivo-conductual (TCC) para cambiar pensamentos negativos.
-
Educación sobre hábitos saudables de exercicio.
-
Asesoramento nutricional.
-
Control médico, sobre todo se hai consumo de substancias. Os medicamentos como antidepresivos ou ansiolíticos poden ser necesarios para tratar síntomas como a depresión ou a ansiedad.
Terapia de grupo: onde persoas con problemas parecidos se xuntan para falar das súas experiencias. Isto axuda a sentirse comprendido, compartir o que lles pasa e recibir apoio doutras persoas que están pasando por algo similar.
Tamén é importante facer seguimento, xa que existe risco de recaídas.
Prevención
Para evitar a vigorexia é importante:
-
Ter unha visión realista e saudable do corpo.
Evitar comparacións constantes con outras persoas ou redes sociais.
Practicar exercicio de forma equilibrada, non obsesiva.
-
Fomentar a autoestima e a aceptación persoal.
-
Detectar sinais de obsesión a tempo e pedir axuda se é necesario.
ARTERIAS BLOQUEADAS
Unha das patoloxías máis comúns do sistema circulatorio humano é a arteriosclerose, que consiste no endurecemento e engrosamento das paredes das arterias dificultando así o paso do sangue polo seu interior. Entre os diversos tipos de arteriosclerose, destaca a ateroesclerose.
Este tipo en concreto, caracterízase pola acumulación de graxas, colesterol LDL e outras sustancias, que acabarán formando a placa ateroma no recubrimento interno das arterias de mediano e gran tamaño. A placa, ademais da redución e do bloqueo do fluxo sanguíneo, tamén pode chegar a romperse e formar coágulos sanguíneos. É unha enfermidade asintomática, sobre todo nas primeiras etapas, pero unha vez avanzada, aparecen síntomas que varían segundo a arteria afectada:
- Nas arterias do corazón: dor no peito, palpitacións cardíacas, dificultade para respirar ou mareos.
- Arterias do cerebro: dificultades na fala, perda temporal da visión ou caída dos músculos da cara. Si non se tratan a tempo, poden acabar causando un accidente cerebrovascular, comúnmente chamado ictus.
- Arterias das extremidades: dor, molestias ou cambras nas pernas ao camiñar, o que se chama claudicación. Tamén pode ter a presión arterial máis baixa nas extremidades as que afecta.
- Arterias mesentéricas: dor abdominal despois de comer, perda de peso ou diarrea.
- Tamén pode causar problemas renais, ou disfunción eréctil nos homes.
Todos estes síntomas adoitan presentarse en situacións de estrés ou momentos nos que o corpo necesita máis osíxeno.
Factores de risco e causas
A acumulación de placa é debida a distintos motivos, entre os que destacan:
- Diabetes: o alto nivel de azucre pode danar as capas internas das arterias, lugar onde se acumula a placa.
- Antecedentes familiares: os xenes poden aumentar o risco de padecela, especialmente no caso de ter un trastorno hereditario relacionado co colesterol.
- Presión arterial alta, que co tempo pode terminar danando as paredes arteriais permitindo a acumulación de placa.
- Enfermidades inflamatorias, que poden danar os vasos sanguíneos.
- Sobrepeso ou obesidade, e tabaquismo.
- Idade avanzada: normalmente a acumulación de placa comeza na infancia e empeora coa idade.
- Dieta pouco saudables e pouca actividade física: as dietas pouco saudables, altas en graxas, aumentan as concentracións de colesterol, e a falta de actividade física permite a súa acumulación.
Diagnóstico e tratamentos
A aterosclerose pode ser diagnosticada mediante diferentes probas coma por exemplo análises de sangue, electrocardiogramas ou índice de nocello-brazo (IBA).
Despois do seu diagnóstico pódense tomar diferentes tratamentos, tales como:
- Medicamentos: para controlar o colesterol, regular a presión arterial, evitar a formación de coágulos, adelgazar e controlar outras patoloxías que poden causar a aterosclerose.
- Intervencións e cirurxías como a intervención coronaria percutánea, a cirurxía de revascularización miocárdica ou a anxioplastia.
- Tamén en algunhas persoas é necesario que participen nun programa de exercicios, de rehabilitación cardíaca ou de terapias para axudalas a que progresen nunha nova forma de vida.
Medidas para evitar a Aterosclerose
A pesar de que hai algunhas cousas que non podemos cambiar, como a idade ou os xenes, si existen medidas que axudan a reducir o risco de padecela:
- Levar unha forma de vida saudable, cunha dieta baixa en graxas e glícidos, abandono do tabaquismo, disminución do consumo de alcohol e realización de actividade física varias veces a semana.
- Controlar a presión arterial, o colesterol e outras enfermidades que poden causar a ateroscleroses.
- A partir dos 40-50 anos, acudir a exames periódicos de saúde, sobre todo se existen antecedentes familiares con enfermidades relacionadas ou que a padeceran.
CANTEIRA NO ORGANISMO
Na imaxe podemos observar a enfermidade de cálculos renais causada en gran medida pola pouca inxesta deficiente de auga.
Definición de cálculo renal.Os cálculos renais, ou comunmente chamados pedras nos riles, é unha enfermidade renal que consiste na deposición de elementos duros formados por minerais e sales minerais que se localizan na urina. O tamaño pode ser moi variado, dende un gran de area ata unha pelota de ping-pong. O persoal sanitario refírese a esta enfermidade como nefrolitiase ou urolitiase.
As pedras nos riles son máis comúns nos homes que nas mulleres. A diferenza é do dobre (afectando un 11%-13% nos homes e un 6% nas mulleres).
- Cálculos de calcio. A maioría dos cálculos están compostos por oxalato de calcio. Esta é unha sustancia que produce o fígado diariamente co que se obtén na alimentación. Hai diferentes causas para a formación deste tipo de cálculos, como poden ser unha dose elevada da vitamina D, unha cirurxía de bypass intestinal, entre outras. Este tipo de cálculos tamén poden estar formados por fosfato de calcio.
- Cálculos de ácido úrico. Este pode formarse nas persoas que perden moito líquido a causa dunha diarrea ou dunha mala absorción dos nutrientes dos alimentos. Tamén poden afectar a súa composición diversos factores xenéticos.
- Cálculos de estruvita. Fórmanse a partir dunha infección das vías urinarias. Estes poden crecer moi rapidamente e non teñen gran presenza de síntomas ou pequenas advertencias polo que se complica máis o seu diagnóstico.
- Cálculos de cistina. Fórmanse en persoas cunha afección xenética pouco frecuente chamada cistinuria, que causa a perda de moita base proteica dos riles.
Dependendo do seu tamaño e da súa ubicación imos distinguir diversos tratamentos:
- Tratamento expectante. Este utilízase cando os cálculos son pequenos. Os urólogos nestes casos recomendan beber moita auga, para que o cálculo se descompoña e baixe con menos dor polas vías urinarias.
- Medicamentos. Empléanse para evitar a dor e para relaxar os músculos dos uréteres, facilitando a súa saída ao exterior na forma menos dolorosa posible.
- Litotricia extracorpórea por ondas de choque. É un método non invansivo que utiliza unhas ondas de choque para fragmentar os cálculos e para que así podan saír mediante a urina.
- Ureteroscopia. É un procedemento invasivo no que se introduce un tubo delgado (ureteroscopio) nos uréteres para romper cun láser os cálculos e extraelos ao exterior.
- Nefrolitomía percutánea. Este recoméndase cando os cálculos son moi grandes. Implica unha operación na que se accede ao ril e extráese directamente o cálculo renal.
Para previr a uriolitiose ou nefrolitiose aconséllase:
1. Beber polo menos dous litros de auga ao día.
A TRAMPA DO TRIGO
- As vilosidades inflámanse
- Dánanse ou desaparecen
- Redúcese a absorción de nutrientes
- Diarrea ou estrinximento
- Inchazo abdominal
- Cansazo e debilidade
- Perda de peso
- Anemia (por falta de ferro)
- Análise de sangue (para detectar anticorpos)
- Biopsia intestinal (confirmar dano nas vilosidades)
MÁIS ALÁ DO AZÚCRE
A diabetes tipo 2 é unha enfermidade moi común que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. Esta moi relacionada cos bos hábitos, por iso é importante o seu estudo para comprender como prevela e controlala.
Que é ?
enerxía. Na diabetes tipo 2, o corpo non produce suficiente insulina ou non a emprega ben. Polo tanto, quédase demasiada glicosa no sangue e non chega o suficiente ás células.
Causas
A diabetes tipo 2 é o resultado de dous problemas principalmente:
- As células dos músculos, a graxa e o fígado non responden á insulina como deberían. Como resultado, as células non reciben a cantidade suficiente de azucre.
- O páncreas, a glándula que produce insulina, non pode producila nunha cantidade suficiente para manter os niveis de glicosa en sangue dentro dun rango saudable.
Factores de risco
- Sobrepeso e obesidade: ter sobrepeso ou obesidade é un risco principal. O almacenamento de graxa no abdome en lugar da cadeira ou nas coxas aumenta o risco.
- Vida sedentaria: canto menos activa sexa a persoa, maior será o risco. A actividade física axuda a controlar o peso e fai que se empregue a glicosa como enerxía é que as células respondan mellor á insulina.
- Antecedentes familiares: ter un pai unha nai ou un irmán con diabetes tipo dous aumenta o risco.
- Niveis de lípidos en sangue: un maior risco está asociado con baixos niveis de lípidos de alta densidade. Isto chámase colesterol HDL, coñecido como colesterol bo. Un risco máis alto tamén está asociado con altos niveis de triacilglicéridos.
- Idade: o risco de ter diabetes tipo 2 aumenta coa idade, especialmente a partir dos 40 anos.
- Riscos relacionados co embarazo: o risco de padecer diabetes tipo 2 é maior en persoas que tiveron diabetes xestacional durante o embarazo.
Síntomas
- Aumento da sede
- Aumento da micción
- Aumento da fame
- Perda de peso sen razón aparente
- Esgotamento
- Visión borrosa
- Feridas de cicatrización lenta
- Infeccións frecuentes
- Formigueo nas mans ou nos pés
- Zonas da pel escurecidas, sobre todo axilas e pescozo
Diagnóstico
A diabetes tipo 2 detéctase cunha análise de sangre, que mide canta glicosa (azucre) hai no sangue. Hai tres probas principais:
- Glicemia en xaxún: se unha persoa ten 126 mg/dl ou máis (sen comer nas últimas 8 horas), pode ser diabetes.
- Proba de sobrecarga oral de glicosa: consiste en beber un líquido e, ás dúas horas, mídese a glicosa en sague desa persoa, se o nivel é 200 mg/dl ou máis , considérase diabetes.
- Hemoglobina glicosada (HbA1c): esta proba mostra o nivel medio de glicosa dunha persoanos últimos 2-3 meses. Se o resultado é 6,5% ou máis, indica diabetes.
evitando tanto hiperglucemias como hipoglucemias e reducindo posibles complicacións.
- Alimentación: seguir unha dieta equilibrada, parecida á mediterránea, con moitas froitas, verduras, legumes e cereais integrais, tamén reducir os azucres e os ultraprocesados.
- Actividade física: recoméndase o exercicio físico, uns 150 minutos de media á semana, combinando exercicios de forza e exercicio aeróbico. Axuda a controlar o azucre, o peso e a saúde.
- Medicación: cando os cambios no estilo de vida non son suficientes, empréganse medicamentos. Os máis comúns son:
- Antidiabéticos orais: o máis habitual é a Metformina, que mellora a sensibilidade á insulina e reduce a glicosa en sangue.
- Fármacos inxectables(non insulina): o exemplo máis común sn os análogos GLP-1, que axudan a controlar a glicosa e ademí a baixar de peso.
- Insulina: utilizase cando o organismo xa non produce suficiente ou o control non é axeitado con outros tratamentos
Prevención
A diabetes tipo 2 en moitos casos é previsible e, se
xa está presente, pode controlarse con cambios no estilo de vida.
Diversos estudos mostran que adoptar hábitos saudables pode reducir o risco de desenvolvela en máis dun 40%. Algunhas recomendacións clave para a prevención e
o autocoidado son:
- Manter un peso saudable, e evitar a graxa abdominal.
- Facer exercicio regular, tanto exercicios de forza como de cardio.
- Seguir unha dieta equilibrada, como a mediterránea, priorizando alimentos frescos e reducindo os ultraprocesados.
- Controlar a presión arterial e o colesterol.
O LADO OCULTO DA DIETA
A alimentación é un dos factores que máis inflúe na nosa saúde. A través dos alimentos que inxerimos obtemos a enerxía e os nutrientes nec...
-
A enfermidade de Cushing pode chegar a aparecer cando as glándulas suprarrenais producen unha cantidade de hormonas superior á que debería...
-
Que é a enfermidade de Addison? A enfermidade de Addison, tamén coñecida como insuficiencia adrenal primaria, é unha condición pouco común...
-
A bacteria Helycobacter pylori , pertence ao grupo das Helicobacter, e o nome de pylori e posto pola estrutura da célula a cal soe atacar....











.png)


.png)