Amosando publicacións coa etiqueta saúde.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saúde.. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de marzo de 2025

UNHA COPA POR UN FÍGADO



O fígado é un órgano no aparato dixestivo formado principalmente por hepatocitos que cumpre funcións moi importantes: Descompón e almacena moitos nutrientes que absorbe o intestino, Segrega unha sustancia chamada bile ao intestino para axudalo coa absorción de nutrientes e produce a maioría de factores que regulan a coagulación. As variadas bacteria do fígado son as que causan os tumores, pero entre as distintas causas está tamén o excesivo consumo de alcohol e tabaco porque pode producir Cirrose que é unha enfermidade na que as células do fígado danado foron substituídas por tecido cicatrizado 



TIPOS DE CANCRO DE FÍGADO

Neste apartado comentarei os tipos de cancro de fígado principais, aquí podes ver os tipos de cancro secundario e primario con máis información.
  • Carcinoma Hepatocelular: É o tipo de cancro de fígado máis común nos adultos, xeralmente comeza sendo pequeno es crece nun único lugar expandíndose pero tamén pode aparecer en varias partes ao mesmo tempo e non crecer tanto.
  • Colangiocarcinoma intrahepático: É un tipo de cancro menos común, orixínase nas células que revisten os condutos biliares dentro do fígado inda que tamén pode orixinarse por fora.
  • Anxiosarcoma: É un tipo de cancro no que case non existen casos, afecta ás persoas que foron expostas ao Arsénico ou ao Dióxido de Torio, este tipo de cancro crece moi rápido e cando se detectan xa é tarde para ser extirpados cirurxicamente, o único que sirve a quimioterapia pero non é seguro que funcione.

TRATAMENTO CONTRA O CANCRO DE FÍGADO

Hai moitas formas de tratar o cancro de fígado aquí podes ver todos os existentes pero centrarémonos nos mais comúns.
  • Cirurxía. Elimínase a parte do fígado infectada polo tumor e un pouco da parte san que a rodea, a parte que queda do fígado ocupa a función e a veces volve a crecer.
  • Terapia de Ablación. Extráese ou destrúese tecido de distintas formas
    • Radiofrecuencia: Introdúcense agullas especias pola pel o unha incisión no abdome, despois úsanse ondas de radio para quentar as agullas e que destrúan as células.
    • Inxección de Etanol: Úsase unha agulla pequena para inxectar etanol sobre as células  infectadas e eliminalas.
    • Terapia de Microondas: Neste tratamento úsase un microondas para expoñer ao calor ao tumor e eliminalo ou debilitalo para que os medicamentos e outros tratamentos sexan máis eficaces.




       











A BATALLA CONTRA O CANCRO DE PULMÓN

 QUE É O CANCRO DE PULMÓN?

Frecuentemente asociamos esta condición ao tabaquismo pero non ten porque ser así. Esta condición é unha das formas más comúns  e mortais do cancro en todo o mundo, e ten unha das taxas de mortalidade máis elevadas tanto en mulleres como homes.

Esta condición débese  ao crecemento excesivo e descontrolado das células do pulmón, normalmente dáse no tecido pulmonar .

Como dixemos antes ao ser unha condición moi común é necesario que se diagnostique nas primeiras fases para poder actuar.

TIPOS DE CANCRO DE PULMÓN:

Podemos distinguir dous tipos de cancro de pulmón debido ao tamaño que teñan las células baixo o  microscopio.

  • Cancro de pulmón de células pequenas: Este é o que se presenta en xente que leva fumando en exceso por moitos anos. Este cancro é menos común que o otro tipo.
  • Cancro de pulmón de células non pequenas: É un tipo no que inclúen varios tipos de cancro de pulmón como o carcinoma epidermoide, o adenorcarcinoma, e o carcinoma de células grandes.

SÍNTOMAS:

Esta condición non ten uns síntomas específicos (como o cansanzo, perda de peso, perda de apetito, tose a cal persiste...) xa que se poden chegar a confundir con outras enfermidades benignas.

Outro dos síntomas non tan comúns é a hemoptise, que con outras palabras é a tose con sangue, este fenómeno non se chega a dar en todos os casos pero si ata o 50% dos casos, por outro lado temos a disnea que é a falta de aire, a cal normalmente se debe pola causa da  ocupación do espazo no pulmón e isto fai e que o aire non entre de maneira correcta.

Finalmente hai outros síntomas chamados síndrome paraneoplásticos xa que se supón que estes non proceden de maneira directa do tumor, polo que estes proceden da excreción tumoral inadecuada.

CAUSAS:

Como dixemos anteriormente esta condición normalmente é debida ao tabaquismo (o 80% dos casos están asociados ao tabaco) pero hai moitas máis causas como a exposición ao radon, a contaminación do aire, antecedentes familiares....

Esta condición prodúcese cando temos cambios no ADN das células pulmonares. Este ADN dá comandos ás células sans de cando crecer, multiplicarse e morrer. Nas células cancerosas estes comandos están alterados, facendo que estas crezan sen control, se multipliquen rapidamente e non morran cando se lles manda. isto é o que leva a formación do tumor que pode invadir e danar o tecido san. Co tempo estas células malas  pódense expandir por todo o corpo polo que é chamado metástase

PREVENCIÓN:

Algúns métodos de prevención ao noso alcance  son deixar de fumar se o fas, evitar o fume doutras persoas (concienciar á xente do que implica ser fumador activo, e se fuma, que o faga nun espazo aberto onde non haxa nenos pequenos aos que poida afectar), e no caso de que o teu traballo implique exposición prolongada a substancia químicas, manterte protexido. Manteña unha alimentación sa e equilibrada e fai exercicio.









CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...