Amosando publicacións coa etiqueta Imaxe Corporal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Imaxe Corporal. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de marzo de 2026

MÚSCULOS SEN LÍMITES


Na actualidade, cada vez é máis habitual ver nas redes sociais e nos medios corpos moi musculados que se presentan como ideais de beleza e éxito. Isto pode facer que moitas persoas, sobre todo xente nova, non se sintan satisfeitas co seu propio corpo. Nalgúns casos, esta preocupación pode chegar a converterse nun problema serio de saúde: a vigorexia.

Ademais, non é algo pouco común, xa que se estima que arredor do 10 % das persoas que practican exercicio poden padecela. A maioría dos afectados son homes (aproximadamente un 80 %) e adoita aparecer sobre todo entre os 18 e os 25 anos. Tamén é frecuente en persoas que practican culturismo ou acoden regularmente ao ximnasio.

Que é a vigorexia?

A vigorexia, tamén coñecida como dismorfia muscular ou complexo de Adonis, é un trastorno da imaxe corporal. A persoa percíbese máis débil ou con menos músculo do que realmente ten, o que lle xera unha insatisfacción constante. 

Como consecuencia, intenta compensalo con exercicio excesivo, dietas moi estritas e, ás veces, consumo de esteroides.

Causas

A vigorexia non ten unha única causa, senón que aparece pola combinación de varios factores:

  • Psicolóxicos: Baixa autoestima, unha persoa que no se sente ben consigo mesma busca a musculatura como compensación; inseguridade; perfeccionismo adoitan poñerse obxectivos físicos moi difíciles de conseguir e nunca están contentos cos resultados que logran; experiencias persoais, críticas sobre o corpo ou bullying.

  • Sociais e Culturais: Presión dos medios, fan que moitas persoas comparen o seu corpo con modelos irreais e se sintan inferiores e as redes sociais que mostran corpos “perfectos”. Asociación entre músculo, éxito e atractivo.

  • Biolóxicos: o exercicio libera endorfinas que poden crear dependencia.

Síntomas

Os principais síntomas son:

  • Exercicio físico excesivo e obsesivo, co obxectivo de aumentar a masa muscular.

  • Obsesión polo físico e polos músculos.

  • Verse débil a pesar de estar musculado.

  • Mirarse frecuentemente ao espello ou compararse cos demais.

  • Dietas moi estritas e con gran control dos alimentos e nutrientes.

  • Uso de esteroides anabolizantes ou suplementos.

  • Ansiedade ou irritabilidade se non se pode adestrar.

  • Abandono da vida social.

Consecuencias

A vigorexia pode ter efectos graves tanto a nivel físico como psicolóxico:

Físicos:

  • Lesións musculares e articulares por sobreentrenamento.

  • Problemas cardíacos e hormonais.
  • Danos no fígado polo uso de esteroides.

  • Fatiga constante.

  • O consumo de esteroides ou outras substancias para aumentar o músculo pode provocar efectos secundarios que afectan á vida sexual, como perda de desexo, problemas de erección ou cambios no desexo sexual.

Psicolóxicos:

  • Ansiedade e depresión.

  • Illamento social.

  • Insatisfacción permanente co propio corpo.

  • Posible aparición doutros trastornos (alimentarios ou obsesivos).


Diagnóstico e tratamento

O diagnóstico realízase por profesionais da psicoloxía ou psiquiatría mediante entrevistas e cuestionarios específicos.

O tratamento adoita ser multidisciplinar:

  • Psicoterapia: Terapia cognitivo-conductual (TCC) para cambiar pensamentos negativos.

  • Educación sobre hábitos saudables de exercicio.

  • Asesoramento nutricional.

  • Control médico, sobre todo se hai consumo de substancias. Os medicamentos como antidepresivos ou ansiolíticos poden ser necesarios para tratar síntomas como a depresión ou a ansiedad.

  • Terapia de grupo: onde persoas con problemas parecidos se xuntan para falar das súas experiencias. Isto axuda a sentirse comprendido, compartir o que lles pasa e recibir apoio doutras persoas que están pasando por algo similar.

Tamén é importante facer seguimento, xa que existe risco de recaídas.

Prevención

Para evitar a vigorexia é importante:

  • Ter unha visión realista e saudable do corpo.

  • Evitar comparacións constantes con outras persoas ou redes sociais.

  • Practicar exercicio de forma equilibrada, non obsesiva.

  • Fomentar a autoestima e a aceptación persoal.

  • Detectar sinais de obsesión a tempo e pedir axuda se é necesario.



CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...