luns, 23 de marzo de 2026

ARTERIAS BLOQUEADAS

 


Unha das patoloxías máis comúns do sistema circulatorio humano é a arteriosclerose, que consiste no endurecemento e engrosamento das paredes das arterias dificultando así o paso do sangue polo seu interior. Entre os diversos tipos de arteriosclerose, destaca a ateroesclerose.

Este tipo en concreto, caracterízase pola acumulación de graxas, colesterol LDL e outras sustancias, que acabarán formando a placa ateroma no recubrimento interno das arterias de mediano e gran tamaño. A placa, ademais da redución e do bloqueo do fluxo sanguíneo, tamén pode chegar a romperse e formar coágulos sanguíneos. É unha enfermidade asintomática, sobre todo nas primeiras etapas, pero unha vez avanzada, aparecen síntomas que varían segundo a arteria afectada:

  • Nas arterias do corazón: dor no peito, palpitacións cardíacas, dificultade para respirar ou mareos.
  • Arterias do cerebro: dificultades na fala, perda temporal da visión ou caída dos músculos da cara. Si non se tratan a tempo, poden acabar causando un accidente cerebrovascular, comúnmente chamado ictus.
  • Arterias das extremidades: dor, molestias ou cambras nas pernas ao camiñar, o que se chama claudicación. Tamén pode ter a presión arterial máis baixa nas extremidades as que afecta.
  • Arterias mesentéricas: dor abdominal despois de comer, perda de peso ou diarrea.
  • Tamén pode causar problemas renais, ou disfunción eréctil nos homes. 

 

Todos estes síntomas adoitan presentarse en situacións de estrés ou momentos nos que o corpo necesita máis osíxeno. 

 

 

Factores de risco e causas

A acumulación de placa é debida a distintos motivos, entre os que destacan: 

  • Diabetes: o alto nivel de azucre pode danar as capas internas das arterias, lugar onde se acumula a placa.
  • Antecedentes familiares: os xenes poden aumentar o risco de padecela, especialmente no caso de ter un trastorno hereditario relacionado co colesterol.
  • Presión arterial alta, que co tempo pode terminar danando as paredes arteriais permitindo a acumulación de placa.
  • Enfermidades inflamatorias, que poden danar os vasos sanguíneos.
  • Sobrepeso ou obesidade, e tabaquismo.
  • Idade avanzada: normalmente a acumulación de placa comeza na infancia e empeora coa idade.
  • Dieta pouco saudables e pouca actividade física: as dietas pouco saudables, altas en graxas, aumentan as concentracións de colesterol, e a falta de actividade física permite a súa acumulación.

Diagnóstico e tratamentos

A aterosclerose pode ser diagnosticada mediante diferentes probas coma por exemplo análises de sangue, electrocardiogramas ou índice de nocello-brazo (IBA).

Despois do seu diagnóstico pódense tomar diferentes tratamentos, tales como:

  • Medicamentos: para controlar o colesterol, regular a presión arterial, evitar a formación de coágulos, adelgazar e controlar outras patoloxías que poden causar a aterosclerose. 
  • Intervencións e cirurxías como a intervención coronaria percutánea, a cirurxía de revascularización miocárdica ou a anxioplastia.
  • Tamén en algunhas persoas é necesario que participen nun programa de exercicios, de rehabilitación cardíaca ou de terapias para axudalas a que progresen nunha nova forma de vida.

Medidas para evitar a Aterosclerose

A pesar de que hai algunhas cousas que non podemos cambiar, como a idade ou os xenes, si existen medidas que axudan a reducir o risco de padecela: 

  • Levar unha forma de vida saudable, cunha dieta baixa en graxas e glícidos, abandono do tabaquismo, disminución do consumo de alcohol e realización de actividade física varias veces a semana.
  • Controlar a presión arterial, o colesterol e outras enfermidades que poden causar a ateroscleroses.
  • A partir dos 40-50 anos, acudir a exames periódicos de saúde, sobre todo se existen antecedentes familiares con enfermidades relacionadas ou que a padeceran.




CANTEIRA NO ORGANISMO

 


Na imaxe podemos observar a enfermidade de cálculos renais causada en gran medida pola pouca inxesta deficiente de auga.

Definición de cálculo renal.

Os cálculos renais, ou comunmente chamados pedras nos riles, é unha enfermidade renal que consiste na deposición de elementos duros formados por minerais e sales minerais que se localizan na urina. O tamaño pode ser moi variado, dende un gran de area ata unha pelota de ping-pong. O persoal sanitario refírese a esta enfermidade como nefrolitiase ou urolitiase. 

As pedras nos riles son máis comúns nos homes que nas mulleres. A diferenza é do dobre (afectando un 11%-13% nos homes e un 6% nas mulleres).


Localización.

Os cálculos renais localízanse nos riles, especificamente encóntrase na pelve renal (nela conflúen todos os cálices renais e continúa co uréter). Os riles son os órganos encargados na formación da urina. 


Tipos de cálculos renais.
  • Cálculos de calcio. A maioría dos cálculos están compostos por oxalato de calcio. Esta é unha sustancia que produce o fígado diariamente co que se obtén na alimentación. Hai diferentes causas para a formación deste tipo de cálculos, como poden ser unha dose elevada da vitamina D, unha cirurxía de bypass intestinal, entre outras. Este tipo de cálculos tamén poden estar formados por fosfato de calcio.
  • Cálculos de ácido úrico. Este pode formarse nas persoas que perden moito líquido a causa dunha diarrea ou dunha mala absorción dos nutrientes dos alimentos. Tamén poden afectar a súa composición diversos factores xenéticos.
  • Cálculos de estruvita. Fórmanse a partir dunha infección das vías urinarias. Estes poden crecer moi rapidamente e non teñen gran presenza de síntomas ou pequenas advertencias polo que se complica máis o seu diagnóstico.
  • Cálculos de cistina. Fórmanse en persoas cunha afección xenética pouco frecuente chamada cistinuria, que causa a perda de moita base proteica dos riles.


Formación.
Solen formarse cando a urina vólvese demasiado concentrada e os minerais comezan a cristalizar. Ocorre con moita frecuencia cando non se inxire algunha bebida, principalmente auga. Outros factores que afectan a súa formación son antecedentes familiares de uriolitiase, consumir demasiados alimentos con azucre e sal ou padecer enfermidades como a obesidade e a gota.


Sinais de alerta para o seu diagnóstico.
A uriolitiose pódese sentir cando a dor aparece de forma repentina e é intensa. A dor soe sentirse nas costas pero co avance da enfermidade esténdese a zona do abdome e da ingua. Outros síntomas para detectar esta enfermidade son a urina con sangue, vómitos e náuseas constantes, febre e urina con mal cheiro.
Cando se experimenta esta dor e importante ir rapidamente ao médico para evitar que o cálculo sexa máis grande e que se complique a súa expulsión.


Tratamento.
Dependendo do seu tamaño e da súa ubicación imos distinguir diversos tratamentos:
  • Tratamento expectante. Este utilízase cando os cálculos son pequenos. Os urólogos nestes casos recomendan beber moita auga, para que o cálculo se descompoña e baixe con menos dor polas vías urinarias.
  • Medicamentos. Empléanse para evitar a dor e para relaxar os músculos dos uréteres, facilitando a súa saída ao exterior na forma menos dolorosa posible.
  • Litotricia extracorpórea por ondas de choque. É un método non invansivo que utiliza unhas ondas de choque para fragmentar os cálculos e para que así podan saír mediante a urina.
  • Ureteroscopia. É un procedemento invasivo no que se introduce un tubo delgado (ureteroscopio) nos uréteres para romper cun láser os cálculos e extraelos ao exterior.
  • Nefrolitomía percutánea. Este recoméndase cando os cálculos son moi grandes. Implica unha operación na que se accede ao ril e extráese directamente o cálculo renal.

Prevención.

Para previr a uriolitiose ou nefrolitiose aconséllase:

1. Beber polo menos dous litros de auga ao día.
2. Limitar o consumo de sal, así como, de proteínas animais.
3. Manter un peso saudable, isto quere dicir ter un peso acorde coa talla do individuo.
 


A TRAMPA DO TRIGO

 



A celiaquía é unha enfermidade dixestiva crónica que afecta ao intestino delgado e está relacionada co consumo de gluten. Aínda que moitas persoas pensan que só consiste en "non poder comer pan", en realidade é unha patoloxía máis complexa que implica ao sistema inmunitario e pode afectar a todo organismo.



Que é a celiaquía?

A celiaquía é unha enfermidade autoinmune na que o sistema inmunitario ataca ao propio organismo ao detectar o glute como unha sustancia perigosa. O glute é unha proteína presente en cereais como o trigo, a cebada e o centeo.



Cando unha persoa celíaca consume glute, o seu sistema inmunitario ataca as vilosidades intestinais, que son pequenas estruturas do intestino delgado encargadas de absorber os nutrientes.

Como afecta ao sistema dixestivo?

O intestino delgado ten millóns de vilosidades que aumentan a superficie de absorción.
  • As vilosidades inflámanse 
  • Dánanse ou desaparecen
  • Redúcese a absorción de nutrientes


Isto pode causar varios problemas como a desnutrición, a anemia ou perda de peso.



Síntomas principais


Os síntomas principais poden variar dependendo da persoa. Algúns dos máis comúns son: 
  • Dor abdominal 
  • Diarrea ou estrinximento
  • Inchazo abdominal
  • Cansazo e debilidade
  • Perda de peso
  • Anemia (por falta de ferro)


Nos nenos tamén pode causar atraso no crecemento e problemas de desenvolvemento.
E tamén poden aparecer síntomas que non están relacionados co aparato dixestivo.


Como se pode diagnosticar?


O diagnóstico da celiaquía non sempre é fácil, xa que os síntomas poden confundirse con outras enfermidades dixestivas. 

Os principais métodos son:
  • Análise de sangue (para detectar anticorpos)
  • Biopsia intestinal (confirmar dano nas vilosidades)

É importante que a persoa consuma glute antes das probas porque se non, os resultados poden ser incorrectos xa que os danos non serán visibles.


Tratamento 

Actualmente non existe unha cura para a celiaquía, o máis correcto para tratalo sería ter unha dieta sen glute para toda a vida.

Isto implica non poder consumir alimentos como pan, pasta, bolería ou cervexa, e ter que comer produtos marcados como sen glute. 

Algúns alimentos permitidos son o arroz, o millo, as patacas, a carne, o peixe, os ovos, as froitas e as verduras.

Se a dieta se segue correctamente o intestino recuperase pouco a pouco, mellorando a absorción de nutrientes.














MÁIS ALÁ DO AZÚCRE

 

 

A diabetes tipo 2 é unha enfermidade moi común que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. Esta moi relacionada cos bos hábitos, por iso é importante o seu estudo para comprender como prevela e controlala. 

 

Que é ?

A diabetes tipo dous, o tipo máis común de diabetes, é unha enfermidade que ocorre cando o nivel de glicosa no sangue, tamén chamado azucre en sangue, é demasiado alto. A glicosa  no sangue é a principal fonte de enerxía e provén principalmente dos alimentos que se consumen. A insulina, que é unha hormona producida polo páncreas, axuda a que a glicosa entre nas células para que se utilice como
enerxía. Na diabetes tipo 2, o corpo non produce suficiente insulina ou non a emprega ben. Polo tanto, quédase demasiada glicosa no sangue e non chega o suficiente ás células.

 

Causas

A diabetes tipo 2 é o resultado de dous problemas principalmente:

  • As células dos músculos, a graxa e o fígado non responden á insulina como deberían. Como resultado, as células non reciben a cantidade suficiente de azucre.
  • O páncreas, a glándula que produce insulina, non pode producila nunha cantidade suficiente para manter os niveis de glicosa en sangue dentro dun rango saudable.
Ter sobrepeso e non moverse o suficiente tamén son factores clave.


Factores de risco

 Hai algúns factores que poden aumentar o risco a padecer a diabetes tipo 2.

  • Sobrepeso e obesidade: ter sobrepeso ou obesidade é un risco principal. O almacenamento de graxa no abdome en lugar da cadeira ou nas coxas aumenta o risco.
  • Vida sedentaria: canto menos activa sexa a persoa, maior será o risco. A actividade física axuda a controlar o peso e fai que se empregue a glicosa como enerxía é que as células respondan mellor á insulina.
  • Antecedentes familiares: ter un pai unha nai ou un irmán con diabetes tipo dous aumenta o risco.
  • Niveis de lípidos en sangue: un maior risco está asociado con baixos niveis de lípidos de alta densidade. Isto chámase colesterol HDL, coñecido como colesterol bo. Un risco máis alto tamén está asociado con altos niveis de triacilglicéridos.
  • Idade: o risco de ter diabetes tipo 2 aumenta coa idade, especialmente a partir dos 40 anos.
  • Riscos relacionados co embarazo: o risco de padecer diabetes tipo 2 é maior en persoas que tiveron diabetes xestacional durante o embarazo.

 

Síntomas

 Os síntomas da diabetes tipo 2 adoitan desenvolverse lentamente. De feito, unha persoa pode vivir con diabetes tipo 2 durante anos sen sabelo. Cando aparecen síntomas poden ser os seguintes:

  • Aumento da sede
  • Aumento da micción
  • Aumento da fame
  • Perda de peso sen razón aparente
  • Esgotamento
  • Visión borrosa
  • Feridas de cicatrización lenta
  • Infeccións frecuentes
  • Formigueo nas mans ou nos pés
  • Zonas da pel escurecidas, sobre todo axilas e pescozo

 

Diagnóstico

A diabetes tipo 2 detéctase cunha análise de sangre, que mide canta glicosa (azucre) hai no sangue. Hai tres probas principais:

  1. Glicemia en xaxún: se unha persoa ten 126 mg/dl ou máis (sen comer nas últimas 8 horas), pode ser diabetes.
  2. Proba de sobrecarga oral de glicosa: consiste en beber un líquido e, ás dúas horas, mídese a glicosa en sague desa persoa, se o nivel é 200 mg/dl ou máis , considérase diabetes. 
  3. Hemoglobina glicosada (HbA1c): esta proba mostra o nivel medio de glicosa dunha persoanos últimos 2-3 meses. Se o resultado é 6,5% ou máis, indica diabetes.
E se os niveis de glicosa non chegan a eses valores, pero están elevados?
Cando a glicosa está entre 100 e 125 mg/dl en xaxún, ou a HbA1c está entre 5,7% e 6,4%, falamos de prediabetes. é unha sinal de aviso, unha oportunidade para actuar a tempo e evitar que avance a diabetes tipo 2.


Tratamento

Actualmente, a diabetes tipo 2 non ten cura, pero si pode controlarse cun tratamento axeitado. O obxectivo principal é manter os niveis de glicosa en sangue o máis próximo posible á normalidade,
evitando tanto hiperglucemias como hipoglucemias e reducindo posibles complicacións.
O tratamento baséase nos seguintes pilares:

  • Alimentación: seguir unha dieta equilibrada, parecida á mediterránea, con moitas froitas, verduras, legumes e cereais integrais, tamén reducir os azucres e os ultraprocesados.
  • Actividade física: recoméndase o exercicio físico, uns 150 minutos de media á semana, combinando exercicios de forza e exercicio aeróbico. Axuda a controlar o azucre, o peso e a saúde.
  • Medicación: cando os cambios no estilo de vida non son suficientes, empréganse medicamentos. Os máis comúns son: 
    • Antidiabéticos orais: o máis habitual é a Metformina, que mellora a                    sensibilidade á insulina e reduce a glicosa en sangue.
    • Fármacos inxectables(non insulina): o exemplo máis común sn os                           análogos GLP-1, que axudan a controlar a glicosa e ademí a baixar de                      peso. 
    • Insulina: utilizase cando o organismo xa non produce suficiente ou o                        control non é axeitado con outros tratamentos

                                                         

Prevención

A diabetes tipo 2 en moitos casos é previsible e, se xa está presente, pode controlarse con cambios no estilo de vida. Diversos estudos mostran que adoptar hábitos saudables pode reducir o risco de desenvolvela en máis dun 40%. Algunhas recomendacións clave para a prevención e o autocoidado son:

  • Manter un peso saudable, e evitar a graxa abdominal.
  • Facer exercicio regular, tanto exercicios de forza como de cardio.
  • Seguir unha dieta equilibrada, como a mediterránea, priorizando alimentos frescos e reducindo os ultraprocesados.
  • Controlar a presión arterial e o colesterol.

A diabetes tipo 2 é unha enfermidade oi común que se pode controlar coidando os hábitos. Coidarse e detectala a tempo é importante para evitar problemas posteriores.

 






 



ENTRE DOR, INFLAMACÍON E ALGO MÁIS...

 


A Enfermidade de Crohn é unha enfermidade inflamatoria crónica que afecta ao aparato dixestivo. Forma parta do grupo coñecido como Enfermidade inflamatoria intestinal (EII), xunto coa colite ulcerosa.

Esta patoloxía provoca inflamación en diferentes partes do tubo dixestivo, especialmente no intestino delgado e no intestino groso, o que pode causar dor abdominal, problemas dixestivos e outros síntomas que afectan á vida diaria das persoas que a padecen.

Que é a enfermidade de Crohn?

A enfermidade de Crohn prodúcese cando o sistema inmunitario provoca unha inflamación persistente no tracto dixestivo. Esta inflamación pode afectar ás capas profundas do intestino e provocar complicacións.

Síntomas principais

Os síntomas poden variar dependendo da gravidade da enfermidade e da parte do intestino afectada. Os máis frecuentes son:

  • Dor abdominal

  • Diarrea persistente

  • Cansazo extremo

  • Perda de peso

  • Febre

  • Sangue nas feces

  • Falta de apetito

En casos máis graves tamén poden aparecer inflamacións nas articulacións, problemas na pel ou nos ollos.

Causas e factores de risco

As causas exactas da enfermidade de Crohn non se coñecen completamente, pero os investigadores cren que inflúen varios factores:

Factores xenéticos: pode existir predisposición familiar.
Sistema inmunitario: o corpo pode reaccionar de forma incorrecta contra bacterias do intestino.
Factores ambientais: a dieta, o estrés ou o tabaco poden aumentar o risco.

Tratamento

Actualmente non existe unha cura definitiva para a enfermidade de Crohn, pero existen tratamentos que permiten controlar os síntomas e reducir a inflamación.

Os tratamentos máis habituais inclúen:

  • Medicamentos antiinflamatorios

  • Inmunosupresores

  • Terapias biolóxicas

  • Cambios na alimentación

  • Cirurxía en casos graves

O obxectivo do tratamento é conseguir períodos de remisión, nos que os síntomas desaparecen ou se reducen moito.

Vivir con enfermidade de Crohn

Aínda que é unha enfermidade crónica, moitas persoas con Crohn poden levar unha vida relativamente normal se seguen o tratamento adecuado e realizan controis médicos regulares.

Tamén é importante:

  • Manter unha dieta equilibrada

  • Evitar alimentos que empeoren os síntomas

  • Reducir o estrés

  • Contar con apoio médico e familiar




domingo, 14 de decembro de 2025

CAMIÑOS QUE CRUXEN


 

A artrose é a enfermidade articular dexenerativa, crónica e a máis frecuente na poboación adulta. Prodúcese polo desgaste do cartilaxe articular. A pesar de que este proceso de desgaste foi vinculado ao envellecemento durante moito tempo hoxe en día enténdese como unha condición na que inflúen factores como xenéticos, metabólicos e ambientais. 

O cartilaxe é o tecido que recobre os extremos dos osos nas articulacións. Cando se desenvolve a artrose o cartilaxe  perde as súas propiedades e incuso pode desaparecer facendo que os extremos de ambos osos rocen directamente, producindo dor.

Habitualmente localizase na columna cervical e lumbar, algunhas articulacións do ombreiro e dos dedos das mans, a articulación da raíz do polgar, a cadeira, o xeonllo e a articulación do comezo do dedo gordo do pe. 

Cales son os síntomas?

O síntoma máis frecuente é a dor. Esta dor soe aparecer cando se exixe un esforzo a articulación danada e xeralmente empeora a medida que avanza o día. Este dor pode aparecer co repouso ou descanso se a enfermidade avanza.

Na artrose da columna vertebral, prodúcese dor de pescozo ou da rexión lumbar, dificultade para o movemento e contractura dos músculos da rexión afectada. 

Outros síntomas son as deformidades articulares ou as limitacións da mobilidade con dor á presión, estralos e crepitacións da articulación. 

Síntomas habituais

  • Dor articular
  • Deformidade articular
  • Inflamación nas articulacións
  • Rixidez
Orixe

Esta enfermidade non é hereditaria pero si que ten un compoñente de risco xenético.

A artrose comeza con unha alteración na cartilaxe que protexe as superficies articulares provocando a súa dexeneración. Este dano inicial pode provocar respostas celulares que intenten reparar a cartilaxe pero a miúdo son desadaptativas. 

Finalmente a cartilaxe deteriórase e os osos que están debaixo poden rozarse o que leva a formación de esporóns óseos (osteofitos) nos bordes da articulación e causa dos síntomas característicos. 


Factores que favorecen a artrose 

Existen factores de risco que favorecen esta enfermidade, hai algúns que podemos evitar pero outros que  non son modificables.

Os factores non modificables son a idade, o sexo, a xenética e as deformidades óseas. O risco desta enfermidade aumenta a medida que cumprimos anos, é moi común que esta enfermidade apareza despois dos 65 anos. Tamén as mulleres despois da menopausa son máis propensas a padecela.

Pero así como hai factores non modificables tamén hai outros que son modificables como a obesidade, as lesións, a sobrecarga repentina ou o tabaquismo. Con obesidade podemos cargar sobre articulacións danadas que aumenta a posibilidade de que produzan proteínas inflamatorias. As lesións ou sobrecargas incitan a estas enfermidades por bruscos movementos ou traballos forzados. Por último o tabaquismo inflúe ao deterioro articular por o seu efecto oxidante. 

Outros factores poden ser enfermidades metabólicas como a diabetes ou a inflamación que contribúe ao deterioro articular por o seu efecto oxidante. 

Tipos segundo a zona infectada
  •  Artrose de pelve: Os síntomas máis habituais son a dor na ingua, muslo ou glúteo, rixidez ao levantarse ou perda de mobilidade na cadeira. 
  • Artrose cervical: Desgaste das articulacións e cartilaxes das vértebras do pescozo. Os síntomas mais comúns son dor no pescozo, rixidez cervical, estralos e mareos. 
  • Artrose lumbar: Localízase nas vértebras da zona baixa das costas. Os síntomas mais comúns son a dor na parte baixa das costas, rixidez lumbar ou sensación de fricción.
  • Artrose de man: Localízase nos dedos e na base do polgar, os síntomas mais comúns son a dor na articulación, rixidez, inflamación ou vultos. 
  • Artrose de xeonllo: Localízase na cartilaxe que une os ósos da articulación do xeonllo. Os síntomas son dor de xeonllo, inflamación ou rixidez. 

Diagnóstico

O diagnóstico desta enfermidade realízase a través do historial clínico e a exploración física. Algúns casos necesitan probas complementarias.

Estas probas poden ser análises do líquido sinovial, para ver se presentan derrame articular. Tamén se utilizan radiografías que mostran o estreitamento do espazo articular, osteofitos e cambios nos osos.


Tratamento

O tratamento adoitase basear en aliviar a dor e mellorar a función articular.

  • Tratamentos non farmacolóxicos: Estes adoitan ser os máis importantes e a clave para aliviar a dor. Normalmente soen ser exercicios e fisioterapia que axudan a fortalecer músculos e mellorar a flexibilidade. Tamén é necesario controlar o peso para poder reducir a carga sobre as articulacións.
  • Tratamentos farmacolóxicos: Os analxésicos soen ser os mellores para reducir a dor coma por exemplo o paracetamol. Tamén para reducir a inflamación pódenos receitar antiinflamatorios como o ibuprofeno. 


Unha estrutura desequilibrada

O noso corpo está formado polo sistema óseo, que se encarga principalmente de proporcionar soporte ao corpo. Como outros sistemas, este pódese ver afectado por distintas afeccións, entre as que destaca a enfermidade de Paget.

En que consiste?

Esta enfermidade é un trastorno crónico que pode ser de dous tipos: monostótica, se afecta a un só óso; ou polostiótica, se afecta a varios ósos. Provoca un alteramento no proceso de descomposición e crecemento do óso, facendo que este se volva máis grande e á vez máis débil o que facilita que se deforme e se fracture. Esta patoloxía pode afectar a calquera óso, aínda que os máis propensos a sufrila son: a pelves, o cranio, a columna vertebral, o fémur e a tibia.

A enfermidade pode estar determinada pola idade, xa que esta desenvólvese na etapa adulta e normalmente en persoas maiores de 50 anos. Tamén é máis común en homes que en mulleres e nas zonas de Inglaterra, Escocia, Europa central e Grecia. Outro factor de risco son os antecedentes familiares que fan que sexa máis probable que se desenvolva a enfermidade.

Causas da enfermidade de Paget.

Esta patoloxía prodúcese por un desequilibrio na función dos osteoclastos, encargados de destruír e reabsorber o óso vello, e os osteoblastos, encargados de formar o novo óso. Estas dúas células vólvense hiperactivas, incrementando así a remodelación do óso.

A pesar de isto, as causas que provocan este desequilibrio aínda non están moi claras, pero algúns científicos pensan que pode estar provocada por factores ambientais ou xenéticos, porque hai varios xenes que parecen estar relacionados e porque é común que máis de un membro dunha familia a sofra. Tamén se ten asociado con algúns virus como o do sarampelo e o da rubéola.

Síntomas.

En moitas ocasións esta enfermidade é asintomática, pero cando ten síntomas estes son habitualmente confundidos con os da artrite posto que son similares. Algún de esos síntomas son:

  • Dor ósea, debido ao agrandamento do óso e as microfracturas que se producen pola súa fraxilidade.
  • Inflamación e deformación dos ósos: sobre todo aparecen arqueados os dos brazos e os das pernas, provocando estes últimos coxeira. Tamén pode causar un agrandamento do cranio o que pode derivar en xordeira ou mareos, e cando ocorre na columna vertebral provoca a aparición dunha xiba.
  • Dor articular, debido a que os ósos afectados poden exercer unha maior presión nelas, desgastando a cartilaxe. 
  • O crecemento do óso fai que aumente a cantidade de vasos sanguíneos nel, e que así aumente nese zona a temperatura.

Ademais, a enfermidade de Paget pode causar fracturas, deformidades, e outras patoloxías como artrite, problemas neurolóxicos, distintos problemas cardíacos ou incluso cáncer de óso.

Diagnóstico e tratamento

Esta enfermidade diagnostícase mediante analíticas do sangue, radiografías e gammagrafías óseas.

Unha vez diagnosticada, pode ser tratada con distintos medicamentos que controlan a formación e descomposición excesiva de óso, analxésicos, antiinflamatorios, cirurxía, fisioterapia ou dieta e suplementos.








CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...