domingo, 14 de decembro de 2025

Unha estrutura desequilibrada

O noso corpo está formado polo sistema óseo, que se encarga principalmente de proporcionar soporte ao corpo. Como outros sistemas, este pódese ver afectado por distintas afeccións, entre as que destaca a enfermidade de Paget.

En que consiste?

Esta enfermidade é un trastorno crónico que pode ser de dous tipos: monostótica, se afecta a un só óso; ou polostiótica, se afecta a varios ósos. Provoca un alteramento no proceso de descomposición e crecemento do óso, facendo que este se volva máis grande e á vez máis débil o que facilita que se deforme e se fracture. Esta patoloxía pode afectar a calquera óso, aínda que os máis propensos a sufrila son: a pelves, o cranio, a columna vertebral, o fémur e a tibia.

A enfermidade pode estar determinada pola idade, xa que esta desenvólvese na etapa adulta e normalmente en persoas maiores de 50 anos. Tamén é máis común en homes que en mulleres e nas zonas de Inglaterra, Escocia, Europa central e Grecia. Outro factor de risco son os antecedentes familiares que fan que sexa máis probable que se desenvolva a enfermidade.

Causas da enfermidade de Paget.

Esta patoloxía prodúcese por un desequilibrio na función dos osteoclastos, encargados de destruír e reabsorber o óso vello, e os osteoblastos, encargados de formar o novo óso. Estas dúas células vólvense hiperactivas, incrementando así a remodelación do óso.

A pesar de isto, as causas que provocan este desequilibrio aínda non están moi claras, pero algúns científicos pensan que pode estar provocada por factores ambientais ou xenéticos, porque hai varios xenes que parecen estar relacionados e porque é común que máis de un membro dunha familia a sofra. Tamén se ten asociado con algúns virus como o do sarampelo e o da rubéola.

Síntomas.

En moitas ocasións esta enfermidade é asintomática, pero cando ten síntomas estes son habitualmente confundidos con os da artrite posto que son similares. Algún de esos síntomas son:

  • Dor ósea, debido ao agrandamento do óso e as microfracturas que se producen pola súa fraxilidade.
  • Inflamación e deformación dos ósos: sobre todo aparecen arqueados os dos brazos e os das pernas, provocando estes últimos coxeira. Tamén pode causar un agrandamento do cranio o que pode derivar en xordeira ou mareos, e cando ocorre na columna vertebral provoca a aparición dunha xiba.
  • Dor articular, debido a que os ósos afectados poden exercer unha maior presión nelas, desgastando a cartilaxe. 
  • O crecemento do óso fai que aumente a cantidade de vasos sanguíneos nel, e que así aumente nese zona a temperatura.

Ademais, a enfermidade de Paget pode causar fracturas, deformidades, e outras patoloxías como artrite, problemas neurolóxicos, distintos problemas cardíacos ou incluso cáncer de óso.

Diagnóstico e tratamento

Esta enfermidade diagnostícase mediante analíticas do sangue, radiografías e gammagrafías óseas.

Unha vez diagnosticada, pode ser tratada con distintos medicamentos que controlan a formación e descomposición excesiva de óso, analxésicos, antiinflamatorios, cirurxía, fisioterapia ou dieta e suplementos.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

O LADO OCULTO DA DIETA

  A alimentación é un dos factores que máis inflúe na nosa saúde. A través dos alimentos que inxerimos obtemos a enerxía e os nutrientes nec...