A artrose é a enfermidade articular dexenerativa, crónica e a máis frecuente na poboación adulta. Prodúcese polo desgaste do cartilaxe articular. A pesar de que este proceso de desgaste foi vinculado ao envellecemento durante moito tempo hoxe en día enténdese como unha condición na que inflúen factores como xenéticos, metabólicos e ambientais.
O cartilaxe é o tecido que recobre os extremos dos osos nas articulacións. Cando se desenvolve a artrose o cartilaxe perde as súas propiedades e incuso pode desaparecer facendo que os extremos de ambos osos rocen directamente, producindo dor.
Habitualmente localizase na columna cervical e lumbar, algunhas articulacións do ombreiro e dos dedos das mans, a articulación da raíz do polgar, a cadeira, o xeonllo e a articulación do comezo do dedo gordo do pe.
Cales son os síntomas?
O síntoma máis frecuente é a dor. Esta dor soe aparecer cando se exixe un esforzo a articulación danada e xeralmente empeora a medida que avanza o día. Este dor pode aparecer co repouso ou descanso se a enfermidade avanza.Na artrose da columna vertebral, prodúcese dor de pescozo ou da rexión lumbar, dificultade para o movemento e contractura dos músculos da rexión afectada.
Outros síntomas son as deformidades articulares ou as limitacións da mobilidade con dor á presión, estralos e crepitacións da articulación.
Síntomas habituais
- Dor articular
- Deformidade articular
- Inflamación nas articulacións
- Rixidez
- Artrose de pelve: Os síntomas máis habituais son a dor na ingua, muslo ou glúteo, rixidez ao levantarse ou perda de mobilidade na cadeira.
- Artrose cervical: Desgaste das articulacións e cartilaxes das vértebras do pescozo. Os síntomas mais comúns son dor no pescozo, rixidez cervical, estralos e mareos.
- Artrose lumbar: Localízase nas vértebras da zona baixa das costas. Os síntomas mais comúns son a dor na parte baixa das costas, rixidez lumbar ou sensación de fricción.
- Artrose de man: Localízase nos dedos e na base do polgar, os síntomas mais comúns son a dor na articulación, rixidez, inflamación ou vultos.
- Artrose de xeonllo: Localízase na cartilaxe que une os ósos da articulación do xeonllo. Os síntomas son dor de xeonllo, inflamación ou rixidez.
- Tratamentos non farmacolóxicos: Estes adoitan ser os máis importantes e a clave para aliviar a dor. Normalmente soen ser exercicios e fisioterapia que axudan a fortalecer músculos e mellorar a flexibilidade. Tamén é necesario controlar o peso para poder reducir a carga sobre as articulacións.
- Tratamentos farmacolóxicos: Os analxésicos soen ser os mellores para reducir a dor coma por exemplo o paracetamol. Tamén para reducir a inflamación pódenos receitar antiinflamatorios como o ibuprofeno.

.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario