A síndrome de Tourette é un trastorno neurolóxico que aparece antes dos 18 anos. Os seus principais signos son os tics motores e vocais, que duran máis dun ano. Os tics son movementos ou sons involuntarios e recorrentes que a persoa non pode controlar. Por exemplo, alguén pode rir continuamente, rascarse a cabeza ou falar en voz alta. O primeiro síntoma adoita aparecer entre os 4 e os 6 anos e adoita ser un tic facial, como unha careta ou un golpe na boca. Na fase inicial, outros tics tamén poden aparecer en diferentes zonas do corpo ou incluír vocalizacións. As persoas xeralmente experimentan unha certa necesidade de realizar un tic, que logo desaparece.
SÍNTOMAS:
Os principais signos son os tics como movementos pequenos, repentinos, repetitivos e voluntarios que son un obstáculo para o individuo. Estes poden ser leves ou graves e, ás veces, afectan a comunicación, a vida diaria, as relacións cos demais e a calidade de vida do individuo.
Hai dous tipos de tics: simples e complexos. Os primeiros afectan varios músculos ou producen sons breves, mentres que os segundos engloban movementos máis desenvolvidos ou fases completas. A maioría da xente cre que esta síndrome está asociada a dicir palabras mal soantes, pero esta característica obsérvase principalmente nun número moi pequeno de individuos con síndrome de Tourette.
Tamén se observan tics vocais. Estes inclúen tics vocais simples, como tusir, respirar ou falar repetidamente. Os tics complexos implican repetir palabras ou frases que a persoa se di a si mesma e, ocasionalmente, repetir cousas ofensivas ou impropias.
Os tics poden variar co tempo, tanto en intensidade como frecuencia. Estes adoitan aumentar durante o estrés, a ansiedade, a fatiga ou a excitación, e tamén tender a empeorar durante a adolescencia temperá, mellorando co tempo.
Antes de que aparezan os tics, moitas persoas experimentan unha sensación incómoda no corpo, como unha sensación de opresión, formigueo ou ardor. Isto chámase urxencia premonitoria e desaparece despois de que se produza o tic. Algunhas persoas poden controlar temporalmente os seus tics, pero isto require unha dedicación e un esforzo significativo.
A intensidade dos tics varía co tempo. Hai períodos nos que aumentan e outros nos que case desaparecen. A maioría dos nenos experimentan un nivel menor destes tics durante a adolescencia, aínda que ás veces poden incluso desaparecer na idade adulta.
Está síndrome tamén pode acompañar outros tipos de trastornos mentais como o TDAH, o TOC, as discapacidades de aprendizaxe ou outras afeccións neurolóxicas, o que ás veces se traduce nunha maior dificultade na vida diaria. Non obstante, a maioría das persoas con síndrome de Tourette levan unha vida completamente normal; estudan, traballan e socializan sen problemas.
CAUSAS:
Descoñécese as causas exactas desta síndrome. É un trastorno complexo, polo que pode haber factores hereditarios ou xenéticos implicados, e mesmo a participación de neurotransmisores como a dopamina e a serotonina.
FACTORES DE RISCO:
Esta síndrome está fortemente ligada aos antecedentes familiares. Se alguén da familia ten esta síndrome, outros membros da familia tamén teñen máis probabilidades de padecela.
Os homes teñen máis probabilidades de desenvolver a síndrome de Tourette que as mulleres. De feito, os homes teñen de tres a catro veces máis probabilidades de padecela que as mulleres.
Algúns estudos descubriron que certas cousas que ocorren durante o embrazo ou despois do parto poden influír na probabilidade de desenvolver esta síndrome. Por exemplo, se unha muller fuma durante o embarazo, se hai complicacións durante a xestación, se o bebé nace con baixo peso ao nacer ou se ten certas infeccións, podería haber un maior risco. Non obstante, aínda se necesita máis investigación para determinar se estes factores realmente inflúen no desenvolvemento da síndrome de Tourette.
DIAGNÓSTICO:
A síndrome de Tourette non se pode diagnosticar cunha soa proba, como unha mostra de sangue. O diagnóstico baséase na observación dos síntomas da síndrome de Tourette, o historial médico do paciente e o seu ambiente familiar e escolar. Para diagnosticar esta síndrome, as persoas deben presentar tics motores e vocais durante polo menos un ano. Os profesionais sanitarios poden usar varias escalas para avaliar a gravidade dos tics desta síndrome e identificar outros problemas relacionados, como o trastorno por déficit de atención con hiperactividade ou trastorno obsesivo-compulsivo. Ás veces, tamén se realizan probas adicionais, como análises de sangue, electroencefalogramas ou resonancia magnética para descartar outras afeccións médicas. Estas probas axudan aos expertos a determinar se os síntomas de Tourette son causados por outra afección médica.
TRATAMENTO:
Moitas persoas con síndrome de Tourette non precisa n tratamento porque os seus tics non afectan as súas vidas diarias. Non obstante, cando os tics causan dor, estrés ou dificultades na escola, no traballo ou nas relacións sociais existen varias opcións de tratamento. A terapia condutual, especialmente a Interveción Condutual Integral para os Tics, adoita ser unha das máis eficaces, xa que axuda a controlar os tics e a reducir a ansiedade ou os comportamentos obsesivos. Nalgúns casos, tamén se pode usar medicación, especialmente se hai outros trastornos asociados como o TDAH ou o TOC. Ademais, o apoio da familiar, a escola e os profesionais é esencial para mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Tourette e axudalas a funcionar mellor no seu contorno.
A enfermidade de Parkinson é unha patoloxía neurodexenerativa que afecta ao sistema nervioso e altera principalmente o control do movemento. Prodúcese cando determinadas neuronas do cerebro, especialmente as encargadas de producir dopamina, van deteriorándose progresivamente. A dopamina é unha substancia esencial para coordinar os movementos musculares e manter o equilibrio corporal.
Esta enfermidade afecta sobre todo ás persoas maiores de 60 anos, aínda que tamén existen casos de inicio temperán. Na actualidade non existe unha cura definitiva, pero si tratamentos que permiten mellorar a calidade de vida dos pacientes.
Que ocorre no cerebro?
Na enfermidade de Parkinson, as células nerviosas dunha zona cerebral chamada substancia negra deixan de producir suficiente dopamina. Isto provoca dificultades para controlar os movementos e coordinar os músculos.
Principais síntomas
Os síntomas aparecen de forma lenta e progresiva. Os máis frecuentes son:
Tremores nas mans, pernas ou mandíbula.
Lentitude nos movementos ou bradicinesia.
Rixidez muscular.
Problemas de equilibrio e coordinación.
Alteracións na fala e na escritura.
Ademais dos síntomas motores, tamén poden aparecer problemas de sono, ansiedade, depresión ou dificultades cognitivas.
Como se diagnostica?
Non existe unha proba única capaz de confirmar o Parkinson. O diagnóstico realízase mediante:
Exploración neurolóxica.
Avaliación dos síntomas.
Historial clínico do paciente.
Probas de imaxe para descartar outras enfermidades.
Os especialistas en neuroloxía observan especialmente os problemas de movemento, o equilibrio e a resposta aos medicamentos.
Tratamentos actuais
Aínda que o Parkinson non ten cura, existen tratamentos eficaces para controlar os síntomas. O máis empregado é a levodopa, un medicamento que axuda a aumentar os niveis de dopamina no cerebro.
Tamén se utilizan:
Fisioterapia.
Exercicios de mobilidade.
Terapias ocupacionais.
Estimulación cerebral profunda en casos graves.
Vivir coa enfermidade
Moitas persoas con Parkinson poden manter unha vida activa durante anos grazas ao tratamento, ao exercicio físico e ao apoio familiar. Actividades como camiñar, bailar ou practicar tai chi poden axudar a mellorar o equilibrio e reducir a rixidez muscular.
A investigación científica continúa avanzando para atopar novos tratamentos e mellorar o diagnóstico precoz da enfermidade.
Conclusión
A enfermidade de Parkinson é unha das patoloxías neurolóxicas máis frecuentes no mundo. A pesar de ser unha enfermidade progresiva, os avances médicos permiten controlar moitos dos síntomas e mellorar considerablemente a calidade de vida das persoas afectadas. A información, a prevención e o apoio social son fundamentais para afrontar esta enfermidade.
A esclerose múltiple é unha enfermidade que afecta ao sistema nervioso e provoca distintos problemas cognitivos e físicos. Moitas persoas no mundo padécena e, aínda que non ten cura, existen moitos tratamentos que axudan a controlar os síntomas e mellorar a calidade de vida.
Que é?
A esclerose múltiple (EM) é unha enfermidade crónica do sistema nervioso central que afecta ao cerebro e á medula espiñal. É considerada unha enfermidade autoinmune porque o sistema inmunitario ataca por erro á mielina. Esta lesión dificulta a transmisión dos impulsos nerviosos entre o cerebro e o resto do corpo.
Como afecta ao sistema nervioso?
A esclerose múltiple afecta ao sistema nervioso central porque dana a mielina que rodea e protexe as fibras nerviosas. Cando esta cuberta se desgasta, as mensaxes eléctricas que viaxan entre as neuronas vólvense máis lentas, interrómpense ou deixan de transmitirse.
Debido a isto, ao cerebro dificúltaselle a comunicación eficiente con distintas partes do corpo. Dependendo da zona afectada aparecen problemas diferentes, como poden ser, problemas de mobilidade, de coordinación, de sensibilidade, de visión ou de funcións cognitivas. Co paso do tempo, o dano continuo pode provocar lesións permanentes nas fibras nerviosas, o que provoca a progresión de algúns síntomas.
Causas
A causa da esclerose múltiple descoñécese. Considérase que é unha enfermidade de orixe imunitario na que o sistema inmunitario do corpo ataca aos propios tecidos. Non está claro porque se manifesta nalgunhas persoas e noutras non. Unha combinación de factores xenéticos e ambientais pode aumentar o risco a padecer esta enfermidade. Estes factores son:
Idade, máis común a aparición entre os 20 e os 40 anos.
Sexo, as mulleres teñen máis posibilidades de padecela.
Antecedentes familiares, se alguén na túa familia a ten, é máis probable que a padezas.
A raza, as persoas con descendencia do norte de Europa, son máis propensas a ter esta enfermidade.
Baixos niveis de vitamina D.
Fumar
Ter obesidade
Determinadas enfermidades autoinmunes, se padeces algunha outra enfermidade autoinmune, é máis probable que padezas esclerose múltipe
Síntomas
Os síntomas da esclerose múltiple varían en función da persoa. Durante o avance da enfermidade poden cambiar, dependendo das fibras nerviosas ás que afecte. Os síntomas máis comúns son:
Entumecemento ou formigueo
Sensacións de descargas eléctricas que se producen con certos movementos do pescozo, especialmente, ao inclinalo cara a diante. Esta sensación denomínase signo de Lhermitte.
Falta de coordinación
Problemas para camiñar ou imposibilidade de facelo
Debilidade
Perda da visión parcial ou completa, que adoita ir acompañada de dor durante os movementos oculares.
Visión dobre e borrosa
Mareos e sensación de que todo o que está ao teu arredor se move, é dicir vertixe.
Problemas coa funcionalidade sexual, a vexiga e os intestinos.
Fatiga
Dificultade na fala
Problemas de memoria, pensamento e comprensión da información
Cambios no estado de ánimo
Os aumentos da temperatura corporal poden empeorar os síntomas da esclerose múltiple.
Tipos
Os tipos de esclerose múltiple dependen da progresión dos síntomas e da frecuencia das recaídas, e son:
Con recaídas e mellorías: a maior parte das persoas padecen este tipo. Teñen períodos con novos síntomas ou recaídas que aparecen durante días ou semanas e, normalmente melloran de forma parcial ou total. Estas recaídas están seguidas de períodos tranquilos da enfermidade que poden durar meses.
Secundaria progresiva: entre o 20% e o 40% das persoas con esclerose múltiple con recaídas e mellorías co tempo poden desenvolver unha progresión constante dos síntomas. Esta progresión pode ocorrer entre 10 e 40 anos despois do inicio da enfermidade.
Primaria progresiva: nalgunhas persoas, os síntomas empeoran pouco a pouco dende o principio, sen fases de recuperación.
Diagnóstico
Non existen probas específicas para detectar a esclerose múltiple. O diagnóstico consta de varias probas, exploración física, resonancia magnética e resultados da punción lumbar. O diagnóstico da esclerose múltiple tamén implica descartar outras afeccións que poidan causar síntomas similares. Isto coñécese como diferenciación diagnóstica.
As probas que se utilizan para diagnosticar esta enfermidade son:
Resonancia magnética que pode revelar áreas de esclerose múltiple no cerebro e na medula espiñal. Estas áreas denomínanse lesións. É unha proba non invasiva que proporciona imaxes moi detalladas do sistema nervioso central e axuda a confirmar o diagnóstico da enfermidade.
Punción lumbar na que se extrae unha pequena mostra de líquido cefalorraquídeo do conduto espiñal para a súa análise en laboratorio. Esta mostra pode mostrar cambios nos anticorpos que están asociados coa esclerose múltiple. Unha punción lumbar tamén axuda a descartar infeccións e outras afeccións con síntomas similares aos da esclerose múltiple. Unha proba de anticorpos máis recente para as cadeas lixeiras libres pode ser máis rápida e menos custosa que as probas anteriores de líquido cefalorraquídeo para detectar a esclerose múltiple.
Tomografía de coherencia óptica que usa ondas de luz para producir imaxes do ollo. Na esclerose múltiple, unha afección chamada neurite óptica provoca cambios na retina. A tomografía de coherencia óptica úsase para medir o grosor da retina. Tamén pode mostrar danos nas fibras nerviosas da retina.
Análise de sangue axudan a descartar outras enfermidades con síntomas similares aos da esclerose múltiple. Estanse a desenvolver probas para comprobar se hai biomarcadores específicos asociados coa esclerose múltiple.
Probas neuropsicolóxicas avalían funcións como a memoria, o pensamento, a linguaxe e o estado de ánimo. Realízanas neuropsicólogos e son moi importantes na esclerose múltiple para detectar posibles problemas cognitivos que poden afectar á vida diaria. Estas probas poden facerse ao diagnóstico e repetirse ao longo do tempo para controlar a evolución da enfermidade.
Tratamento
Por agora non se coñece ningunha cura para a esclerose múltiple, pero existen diferentes tratamentos que poden parar a enfermidade. O obxectivo do tratamento é deter o progreso e controlar os síntomas para así axudar ás persoas. Os medicamentos normalmente tómanse durante un tempo prolongado. Estes inclúen:
Medicamentos para atrasar a enfermidade
Esteroides para diminuír a gravidade dos ataques
Medicamentos para controlar os síntomas como espasmos musculares, problemas urinarios, etc.
Os medicamentos son máis efectivos para o tipo con recaídas e mellorías, que para o resto. Para os outros tipos pode ser beneficioso:
Fisioterapia e terapia da fala
Dispositivos asistenciais, como cadeiras de rodas
Un estilo de vida saudable
Evitar a fatiga e o estrés
Facer cambios no entorno para previr caídas
Posibles complicacións
A esclerose múltiple pode complicarse conforme esta enfermidade avance
A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica que afecta ao sistema nervioso e pode provocar importantes cambios na vida das persoas que a padecen. Actualmente non ten cura, pero existen tratamentos que permiten controlar os síntomas e mellorar a calidade de vida. A investigación continúa avanzando para comprender mellor a enfermidade e desenvolver terapias mellores.
A alimentación é un dos factores que máis inflúe na nosa saúde. A través dos alimentos que inxerimos obtemos a enerxía e os nutrientes necesarios para o correcto funcionamento do organismo, pero tamén pode chegar a ser a orixe de moitos problemas de saúde distintos se non temos unha dieta equilibrada Un dos moitos problemas que pode causar unha mala alimentación esta a dislipidemia. Esta consiste nunha alteración dos niveis de graxas no sangue.
Que é a dislipidemia?
A dislipidemia consiste na alteración nos niveis de lípidos presentes no sangue, principalmente do colesterol e dos triglicéridos (graxas). Prodúcese cando estes compoñentes aparecen en cantidades demasiado altas ou cando o colesterol bo (HDL) esta demasiado baixo. Aínda que as graxas son indispensables na nosa dieta, o seu exceso pode provocar graves problemas de saúde.
Esta enfermidade está súper relacionada coa alimentación debido a que os lípidos presentes no noso sangue proceden da dieta, e un consumo excesivo de graxas saturadas, azucres ou alimentos ultraprocesados pode contribuír a que os niveis de colesterol e triglicéridos sexan mais altos do debido.
Que tipos de graxas están implicadas na dislipidemia?
Como se menciona anteriormente, os lípidos son os principais causantes desta enfermidade, en concreto son: o colesterol e os triglicéridos.
Por un lado, o colesterol cumpre funcións esenciais no organismo, como formar parte das membranas celulares e participar na produción de hormonas. Pero o seu exceso provoca que este se acumule nas paredes das arterias provocando problemas como a arterioclerose.
Por outro lado, os triglicéridos son unha forma de almacenamento de enerxía no corpo, pero, canso se consumen en exceso o organismo o almacénaos no tecido graxo ou os triglicéridos restantes circulan no sangue.
Cales son os seus síntomas? Como se detecta?
Un dos grandes problemas da dislipidemia é que na gran maioría dos casos non mostra síntomas evidentes. E por isto que se considera unha enfermidade silenciosa, xa que moitas persoas poden pasar anos con ela sen sabelo.
Nos casos máis avanzados deste trastorno poden aparecer xantomas ou problemas nas arterias. Sen embargo o máis común é que se detecte antes.
A forma máis habitual de detectar a dislipidemia é mediante unha análise de sangue, en concreto dun perfil lipídico no que se miden os niveis de colesterol HDL, LDL e triglicéridos.
Cos resultados desta proba pode saberse se a cantidade de graxas no sangue está dentro do saudable ou se existe un risco de desenvolver enfermidades cardiovasculares (infartos ou ictus, son unha das principais causas de morte no mundo).
Como evitar a enfermidade?
Existen varios factores que poden contribuír ao desenvolvemento desta alteración. Entre eles destacan unha alimentación rica en graxas saturadas e azucres, o sedentarismo, o sobrepeso, ou a obesidade. Inflúen tamén outros factores como a xenética, a idade ou certas enfermidades do metabolismo.
Cando falamos de evitar a enfermidade a alimentación ten un papel clave. Levan a acabo unha alimentación equlibrada axuda a regular os niveis de colesterol e triglicéridos no sangue.
É recomendable aumentar o consumo de alimentos como: froitas, verduras, cereais integrais, legumes e peixe. Tamén axuda reducir o consumo doutros alimentos como: graxas saturadas, alimentos ultraprocesados e produtos con moito azucre
Obesidade e dislipedemia
Aínda que estan relacionados, non sempre que unha persoa ten obesidade presenta dislipidemia. A obesidade, sobre todo cando se trata de acumulación excesiva de graxa abdominal pode cambiar o metabolismo das graxas no organismo, o que pode dar lugar a un aumento dos triglicéridos e do colesterol malo (LDL) e unha baixada do colesterol bo (HDL), e dicir, da lugar a dislipidemia.
Aínda así, non todas as persoas con obesidade desenvolven dislipidemia xa que inflúen outros factores mencionados anteriormente.
Cal é o tratamento da dislipedemia?
O tratamento adoita comezar con cambios no estilo de vida, especialmente na alimentación e nos hábitos relacionados con deporte. A perda de peso nos casos onde a enfermidade e causada por sobrepeso pode axudar a mellorar os niveis de lípidos no sangue.
Cando estas medidas non son suficientes, o médico pode recomendar tratamentos farmacolóxicos para reducir o colesterol ou os triglicéridos. O obxectivo principalmente é manter os niveis de graxas equilibrados coas necesidades do corpo para así reducir o risco de complicacións cardiovasculares.
Durante os últimos anos aumentou a preocupación por levar unha vida saudable. Cada vez máis persoas intentan comer mellor, facer moito exercicio e coidar o corpo. Este interese pola saúde é algo moi positivo e necesario, xa que ter unha boa alimentación axuda a manter unha boa calidade de vida, pero cando a preocupación pola alimentación vólvese unha obsesión, pode aparecer un problema chamado ortorexia.
A ortorexia é unha obsesión patolóxica por comer alimentos considerados saudables. As persoas que teñen este problema pasan moito tempo pensando na calidade dos alimentos e evitando consumir comida que non consideran saudables. Este termo foi proposto por Steven Bratman en 1997. Este doutor comezouse a interesar por esta obsesión despois de observar que algunhas persoas que intentaban levar unha dieta moi saudable acababan tendo unha relación pouco equilibrada coa comida. Bratman decatouse de que estes individuos dedicaban moito tempo da súa vida pensando nos alimentos que consumían, planificando as comidas con moita precisión e evitando calquera produto que consideraran pouco saludable. Ademais, moitas destas persoas experimentaban sentimentos de culpa ou ansiedade cando non seguían as súas propias regras alimentarias.
Por que aparece a ortorexia?
A ortorexia pode aparecer por diferentes motivos. Na sociedade actual hai moita presión por levar un estilo de vida saudable e por ter un corpo perfecto. Ademais, nas redes sociais e en internet hai moita información sobre dietas e alimentación, pero non sempre é correcta. Isto pode facer que algunhas persoas se obsesionen coa idea de comer perfecto e comecen a deixar de comer cada vez máis alimentos da súa dieta.
Tamén pode influír a personalidade da persoa. Algunhas persoas son moi perfeccionistas ou moi estritas consigo mesmas, e isto pode facer que intenten controlar demasiado a súa alimentación.
A quen pode afectar a ortorexia?
A ortorexia pode afectar a calquera persoa, pero é máis frecuente en mulleres e adolescentes. Tamén aparece con máis frecuencia en persoas que practican deportes como o atletismo ou a danza, xa que adoitan preocuparase moito pola alimentación e pola imaxe corporal.
Relación con outros trastornos de conduta alimentaria (TCA)A ortorexia pode estar relacionada con outros trastornos da conduta alimentaria, como por exemplo a anorexia ou a bulimia. Nestes tres casos existe unha preocupación por querer ser perfectos e unha visión alterada de si mesmos.
A diferenza está en que na anorexia e na bulimia a obsesión está máis relacionada coa cantidade de comida, mentres que na ortorexia a preocupación baséase na calidade dos alimentos.
Tamén está relacionado cos trastornos obsesivo-compulsivos, xa que as persoas con ortorexia adoitan ter regras moi estritas sobre a alimentación e pensamentos constantes sobre a comida e a saúde.
Que consecuencias pode ter para a saúde?
A pesar de que o obxectivo destas persoas é comer de maneira saudable, a ortorexia pode provocar graves problemas de saúde.
Ao eliminar determinados alimentos sen substituílos por outros que acheguen os mesmos nutrientes, poden aparecer carencias nutricionais. Estas carencias poden provocar anemia, falta de vitaminas, falta de enerxía ou outros problemas de saúde. Ademais, unha dieta demasiado restritiva tamén pode causar unha perda de peso excesiva.
A nivel social e psicolóxico tamén pode ter consecuencias importantes. Moitas persoas poden chegar a evitar reunións con amigos e familiares polo feito de que non confían nos alimentos que se van servir. Isto pode provocar illamento social, tristeza, ou tamén poden chegar a criticar ou menosprezar a quen non come do mesmo xeito.
Como se pode previr a ortorexia?
Para previr a ortorexia é importante manter unha relación equilibrada coa comida. Comer saudable non significa eliminar todos os alimentos que non se consideran perfectos, senón levar unha dieta variada e equilibrada.
Tamén é importante informarse a través de profesionais da saúde, como nutricionistas ou médicos, e non crer en toda a información que aparece en internet ou nas redes sociais.
Vivir cunha enfermidade crónica
pode ser un largo camiño de dificultades que implican tanto como malestares
físicos como psicolóxicos. O Crohn é unha afección case impredicible é moi dura
que trae consigo un longo camiño de etapas e dificultades para a vida cotiá.
QUE É?
A
enfermidade do Crohn é unha afectación inflamatoria crónica e autoinmune do
tubo dixestivo que evoluciona de modo recorrente con brotes. Case sempre
compromete ao extremo inferior do intestino delgado e comezos do intestino
groso. Tamén pode ocorrer en calquera parte do tubo dixestivo dende a boca ata
o extremo do recto. Temos varios puntos clave de localización íleo terminal, colon,
afectación parcheada, tracto dixestivo superior.
SÍNTOMAS
O Crohn é un tipo de
enfermidade inflamatoria intestinal que causa inflamación, é dicir inchazón e
irritación nos tecidos do tracto dixestivo. Soe aparecer entre os 15-35 anos aínda que tamén se pode diagnosticar en nenos e persoas maiores.
Entre os seus síntomas
destacan a dor abdominal, soe ser unha dor tipo cólico localizado con maior
frecuencia na parte inferior dereita do ventre, frecuentemente aparece ao
acabar de comer e pode ser sutil ao principio e aumentar a intensidade durante
un brote.
Outros síntomas que soen
acompañar a esta enfermidade son:
Diarrea
Fatiga
Febre
Dores e cambras abdominais
Sangue
de feces
Diminución
do apetito e perdida de peso.
Tamén podemos atoparnos con inflamación da pel, ollos ou articulacións, tamén a
inflamación do fígado ou condutos biliares, cálculos renais, deficiencia do
ferro (anemia), e atraso do crecemento ou desenvolvemento sexual en caso dos
nenos.
CAUSAS
Non se
coñecen as causas desta enfermidade pero podemos saber que é unha afección que
se presenta cando o sistema inmunitario do propio corpo ataca por error e
destruír o tecido corporal sano. Cando as partes do tubo dixestivo
permanecen inchadas ou inflamadas, as paredes intestinais resultan
engrosadas. Os papeis que poden influír nesta enfermidade son:
Xenes ou antecedentes
familiares: Se temos familiares con antecedentes desta enfermidade aumenta o risco.
Factores
ambientais
Reaccións
esaxeradas a bacterias normais no intestino.
Tabaquismo.
Estrés
crónico
Poden
manifestarse sen previo aviso e a xente con esta enfermidade pode ter remisións
(períodos sen síntomas). Estes periodos poden durar meses ou anos. Durante este tempo poden estar ocurrindo puntos clave como por exemplo:
Ausencia de síntomas: Os síntomas desaparecen, os pacientes sentense ben e poden facer vida normal.
Inflamación controlada: A mucosa intestinal recupérase e a inflamación desaparece.
Tratamento: Continuar de maneira persistente e moi importante para poder lograr períodos de remisión e diminuír os riscos de recaída.
CONSECUENCIAS
As consecuencias poden variar dependendo da gravidade e localización dos síntomas pero algunhas das consecuencias mais común soen ser:
Úlceras e chagas: As
inflamacións poden causar úlceras profundas na mucosa do intestino o que causa
sangrado e dor.
Engrosamento das paredes
intestinais: A inflamación prolongada pode facer que as paredes intestinais engrosen
e se volvan ríxidas.
Formación de fístulas: Unha fístula é unha conexión anormal entre o intestino e outras estruturas. Poden ser dolorosas e propensas a infeccións.
Abscesos: Nalgunhas
persoas a inflamación pode causar abscesos (coleccións de pus) dentro do intestino
ou áreas próximas.
Deficiencias
nutricionais: A inflamación pode provocar que a capacidade de absorción da
parede intestinal vexase afectada e provoque unha deficiencia, e que o corpo
non obteña os nutrientes necesarios de maneira eficiente.
PROBAS
Un exame
físico pode revelar una masa ou sensibilidade no abdomen,erupción cutánea, articulacións
inflamadas ou úlceras. Os exámes poden incluír:
Análises de sangue: Serven para detectar signos de inflamación, deficiencias nutricionais ou anemia.
Proba de feces
Enema opaco: É unha proba para analizar o colon e nalgúns casos o recto.
Colonoscopia: Unha das mais importantes para detectar esta enfermidade.
O seu
tratamento consiste na redución da inflamación, aliviar síntomas e lograr a
remisión a largo prazo mediante medicamentos e se é necesario a cirurxía.
Os medicamento que
podemos usar para tratar esta enfermidade son os corticoides, inmunomoduladores,
aminosalicilatos e antibióticos.
Tamén esta a opción
dunha cirurxía pero non cura a enfermidade se non que serve para poder aliviar
os dores e os síntomas. Tamén pódese utilizar inxeccións como tratamento,
xeralmente soen ser inmunosupresores ou biolóxicos que actúan no sistema
inmunolóxico para reducir a inflamación. Este tipo de inxeccións soen ser para
persoas en fase moderada ou grave ou persoas que non respondan a outros
tratamentos.
O manexo da enfermidade na casa é un paso moi importante que todos deben seguir para poder levar un control sobre ela
O control da dieta e o estrés tamén xoga un papel importante, unha dieta baixa en fibra axuda a reducir a irritación do intestino especialmente durante brotes.
Hai alimentos propensos á axuda de aumentar os nosos síntomas e para controlalo podemos levar unha dieta. Algúns soen ser malos para as persoas que padezan esta enfermidade e é necesario controlar o seu consumo:
Lactosa: O intestino inflamado non a dixire ben e pode empeorar os síntomas.
Alimentos picantes: Poden irritar, acelerar o intestino e aumentar a sensación de dor.
Alimentos graxos: Son mais difíciles de inxerir, poden causar diarrea e aumentan a irritación intestinal
Bebidas gasosas: Aumentan os gases, irritan o intestino e poden provocar diarrea.
Alimentos con fibra: Irrita fisicamente e acelera o intestino.
O estrés crónico favorece a inflamación intestinal, polo seu control e moi importante para poder axudar a efectividade dos tratamentos, a meditación, ioga, axudan a regular o sistema nervioso e a inflamación.
Na actualidade, cada vez é máis habitual ver nas redes sociais e nos medios corpos moi musculados que se presentan como ideais de beleza e éxito. Isto pode facer que moitas persoas, sobre todo xente nova, non se sintan satisfeitas co seu propio corpo. Nalgúns casos, esta preocupación pode chegar a converterse nun problema serio de saúde: a vigorexia.
Ademais, non é algo pouco común, xa que se estima que arredor do 10 % das persoas que practican exercicio poden padecela. A maioría dos afectados son homes (aproximadamente un 80 %) e adoita aparecer sobre todo entre os 18 e os 25 anos. Tamén é frecuente en persoas que practican culturismo ou acoden regularmente ao ximnasio.
Que é a vigorexia?
A vigorexia, tamén coñecida como dismorfia muscular ou complexo de Adonis, é un trastorno da imaxe corporal. A persoa percíbese máis débil ou con menos músculo do que realmente ten, o que lle xera unha insatisfacción constante.
Como consecuencia, intenta compensalo con exercicio excesivo, dietas moi estritas e, ás veces, consumo de esteroides.
Causas
A vigorexia non ten unha única causa, senón que aparece pola combinación de varios factores:
Psicolóxicos: Baixa autoestima, unha persoa que no se sente ben consigo mesma busca a musculatura como compensación; inseguridade; perfeccionismo adoitan poñerse obxectivos físicos moi difíciles de conseguir e nunca están contentos cos resultados que logran; experiencias persoais, críticas sobre o corpo ou bullying.
Sociais e Culturais: Presión dos medios, fan que moitas persoas comparen o seu corpo con modelos irreais e se sintan inferiores e as redes sociais que mostran corpos “perfectos”. Asociación entre músculo, éxito e atractivo.
Biolóxicos: o exercicio libera endorfinas que poden crear dependencia.
Síntomas
Os principais síntomas son:
Exercicio físico excesivo e obsesivo, co obxectivo de aumentar a masa muscular.
Obsesión polo físico e polos músculos.
Verse débil a pesar de estar musculado.
Mirarse frecuentemente ao espello ou compararse cos demais.
Dietas moi estritas e con gran control dos alimentos e nutrientes.
Uso de esteroides anabolizantes ou suplementos.
Ansiedade ou irritabilidade se non se pode adestrar.
Abandono da vida social.
Consecuencias
A vigorexia pode ter efectos graves tanto a nivel físico como psicolóxico:
Físicos:
Lesións musculares e articulares por sobreentrenamento.
Problemas cardíacos e hormonais.
Danos no fígado polo uso de esteroides.
Fatiga constante.
O consumo de esteroides ou outras substancias para aumentar o músculo pode provocar efectos secundarios que afectan á vida sexual, como perda de desexo, problemas de erección ou cambios no desexo sexual.
Control médico, sobre todo se hai consumo de substancias. Os medicamentos como antidepresivos ou ansiolíticos poden ser necesarios para tratar síntomas como a depresión ou a ansiedad.
Terapia de grupo: onde persoas con problemas parecidos se xuntan para falar das súas experiencias. Isto axuda a sentirse comprendido, compartir o que lles pasa e recibir apoio doutras persoas que están pasando por algo similar.
Tamén é importante facer seguimento, xa que existe risco de recaídas.
Prevención
Para evitar a vigorexia é importante:
Ter unha visión realista e saudable do corpo.
Evitar comparacións constantes con outras persoas ou redes sociais.
Practicar exercicio de forma equilibrada, non obsesiva.
Fomentar a autoestima e a aceptación persoal.
Detectar sinais de obsesión a tempo e pedir axuda se é necesario.