O sistema óseo é o encargado de soster o noso corpo e permitir o movemento deste. Este sistema está formado por todos os ósos do noso corpo. Cando un deles altera a súa forma ou estrutura pode afectar a forma na que nos movemos e soportamos o peso corporal. Un exemplo de como o cambio nos nosos ósos pode afectar ao funcionamento do corpo é a enfermidade do Paget.
Que é a enfermidade do Paget?
A enfermidade do Paget é un trastorno que afecta ao proceso de renovación dos ósos. En condicións normais, os nosos ósos están en continuo proceso de destrución e formación de tecido óseo. Este proceso recibe o nome de remodelado óseo, en el participan 2 células principais:
- Os osteoclastos: encárganse de destruír ou eliminar o óso vello.
- Os osteoblatos: forman óso novo que reempraza ao antigo xa destruído.
Estes procesos de destrución e formación ósea teñen que levarse acabo simultaneamente e de maneira equilibrada. Cando este equilibrio desaparece e os osteoclastos traballan demasiado rápido, os osteoblastos intentan compensar esta destrución acelerada coa creación de novo óso de forma rápida e desordenada. Como resultado, os ósos que se forman son máis grandes pero tamén con unha estrutura interna irregular que os volve fráxiles.
Esta enfermidade e pouco común, e afecta a poucos ósos do noso corpo. Os ósos máis comúns en ser afectados son: a pelve, o cranio, as pernas e a columna vertebral.
De onde xorde esta enfermidade? Que a causa?
A causa exacta de por que se desenvolve esta enfermidade non se coñece polo momento, pero hai dúas hipóteses: a xenética ou algunha infección anterior.
- Xenética
Observouse que a enfermidade pode presentarse en varios membros de unha familia. Este feito suxire que existe algún factor hereditario.Debido a certas mutacións nalgúns xenes, os osteoclatos alteran o seu comportamento/funcionamento. Isto podería axudar a entender a razón pola que ocorre a destrución acelerada do óso na enfermidade do Paget. Deste xeito, se un familiar próximo ten a enfermidade, aumenta as posibilidades de que se desenvolva.
- Infeccións anteriores
A existencia de restos de virus anteriores no interior dos osteoclatos podería ser outra causa posible. Son fragmentos de virus que quedan nas células dende hai anos e que poden afectar no seu funcionamento.Esta teoría non está confirmada pero explica o motivo do cambio da actividade nos osteoclastos.
Síntomas da enfermidade do Paget? Como se diagnostica?
Esta enfermidade moitas veces non presenta síntomas, ou cando os presenta confúndense cos de unha artrite ou outros problemas do sistema óseo. Por isto moitas persoas que a teñen e non o saben. Os síntomas máis comúns son:
- Dor óseo ou articular: pode ser debido a propia enfermidade do Paget ou a artrite que é unha complicación da enfermidade, das que falaremos a continuación.
- Dor de cabeza e perda de audición: cando a enfermidade afecta aos osos do cranio.
- Presión sobre os nervios: cando o/os ósos afectados pola enfermidade están no cranio. Cando isto sucede produce moita dor, formigueo, debilidade e incluso problemas de mobilidade.
- Dor de cadeira: preséntase cando a enfermidade afecta a os ósos da pelve ou ao fémur.
E importante recalcar que esta enfermidade non se propaga pos ósos sans, só avanza nas zonas xa afectadas.
O diagnostico desta enfermidade baséanse na combinación de varios elementos. No primeiro lugar un profesional revisa o historial clínico do paciente realizando diferentes preguntas sobre os síntomas anteriormente mencionados. Despois realizarase un exame físico para detectar aumento dos ósos, zonas dolorosas, mala postura ou fallos no movemento. O que confirma a presencia ou ausencia da enfermidade e unha radiografía.
Complicacións da enfermidade
A enfermidade pode levar a múltiples complicacións. As máis habituais son:
- Artrite: os ósos deformados desgastan máis as articulacións.
- Insuficiencia cardíaca: o corazón traballa máis para enviar sangue aos ósos afectados.
- Cálculo renais: a descomposición excesiva dos ósos librea moito calcio.
- Dentes soltos: si afecta a óso da mandíbula ou cara.
Outras menos habituais son:
- Cancro de óso
- Perda de visión: se a enfermidade está no cranio e afecta aos nervios visuais.
Hai cura para esta enfermidade?
Non existe un tratamento que elimine esta enfermidade, pero si hai algúns que controlan os síntomas e evitan complicacións. O tratamento principal son os medicamentos (en especial os bisfosfonatos) que axudan a diminuír a dor e a frear o avance da enfermidade do Paget. En casos extremos realízase unha cirurxía que consiste en, por exemplo, corrixir fracturas, substituír unha articulación moi danada ou aliviar a presión sobre un nervio.
Aparte dos tratamentos médicos, unha boa alimentación rica en calcio e vitamina D, e realizar unha actividade física adecuada pode axudar a fortalecer os ósos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario