Moitas veces pensamos que a dor de pernas é por estar cansos, por facer deporte ou por pasar moitas horas de pé, pero non sempre é así. Isto pode ocorrer por culpa da enfermidade de Paget, que é un problema que afecta aos ósos que fai que non se formen como deberían e se volvan máis deformes cambiando pouco a pouco a súa estrutura.
Cando esta enfermidade parece nas pernas poden empezar a doer moito e cambiar a forma. Por culpa diso cada vez custa máis camiñar, subir escaleiras...
Que é a enfermidade de Paget?
A enfermidade de Paget é un problema que fai que os ósos non funcionen como deberían. Normalmente, o corpo rompe parte do óso vello e logo forma óso novo, pero nesta enfermidade ese proceso volvese raro. O óso rómpese demasiado e logo volve a crecer moi rápido, polo que remata sendo máis grande e máis brando do normal. Isto fai que poda deformarse ou romperse con máis facilidade.
Por lo xeneral esta enfermidade non afecta todo o corpo, senón uns poucos ósos concretos.
Que causa a enfermidade de Paget?
Que síntomas ten?
- Dor ósea: debido ao agrandamento dos ósos e formación de microfracturas.
- Deformación dos ósos: os ósos arquéanse e depende da zona na que ocorra pode afectar dunha forma ou doutra.
- Dor articular: por culpa da deformación dos ósos facemos máis esforzo nas articulacións.
Onde é máis normal que apareza?
Quen ten máis risco de contraer esta enfermidade?
Que outros problemas pode causar?
A enfermidade de Paget non só afecta aos ósos, tamén pode causar outras complicacións:
-
Artrite: Os ósos deformados poden premer máis as articulacións e facer que se desgasten, causando dor e dificultade para moverse.
-
Insuficiencia cardíaca: Nos casos graves, o corazón ten que traballar máis para enviar sangue aos ósos afectados. Isto pode ser perigoso sobre todo se a persoa tamén ten as arterias máis ríxidas do normal.
-
Cálculos renais: Como o óso se rompe demasiado rápido pode haber demasiado calcio no corpo e iso pode formar pedras nos riles.
-
Problemas no sistema nervioso: Se os ósos medran mal poden premer o cerebro, a medula espiñal ou os nervios e tamén reducir o fluxo de sangue a estas zonas.
-
Osteosarcoma: É un tipo de cancro de óso pouco frecuente, pero pode aparecer en persoas con esta enfermidade.
-
Dentes soltos: Pode ocorrer se a enfermidade afecta os ósos da cara ou da mandíbula.
-
Perda de visión: É unha complicación rara pero pode pasar se o Paget no cranio afecta os nervios relacionados coa vista.
Que tratamentos podemos levar a cabo?
É importante detectar e tratar a enfermidade de Paget canto antes para evitar complicacións. Os tratamentos máis habituais son:
-
Medicamentos:
Hai varios tipos pero os máis usados son os bifosfonatos. Estes axudan a reducir a dor nos ósos e a frear o avance da enfermidade. -
Cirurxía:
A veces é necesaria cando aparecen certas complicacións. As operacións poden servir para: -
Axudar a que as fracturas curen nunha posición mellor.
-
Substituír articulacións como o xeonllo ou a cadeira cando hai unha artrite moi grave.
-
Corrixir un óso deformado para reducir a dor en articulacións que soportan peso
especialmente os xeonllos. -
Reducir a presión sobre un nervio cando o crecemento do cranio ou problemas na columna afectan o sistema nervioso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario