domingo, 14 de decembro de 2025

ARTICULACIÓNS EN GUERRA

 



O corpo ás veces sofre batallas interiores que case non se notan. A artrite reumatoide é unha desas loitas que transforma tarefas moi sinxelas en verdadeiros retos. Trátase dunha enfermidade duradeira no tempo e que non desaparece por si soa. Aínda así, cando se aplican os tratamentos recomendados a tempo é posible controlar os síntomas e evitar que avance.

Que é a artrite reumatoide?

A artrite reumatoide é unha enfermidade na que o sistema inmunolóxico, por erro, ataca ás articulacións e provoca dor, inflamación e rixidez. Afecta principalmente ás mans, ó pulso e ós pes, e ata pode chegar a deformar as articulacións.

Que lle pasa exactamente ás articulacións?


No interior das articulacións hai unha membrana
denominada sinovial. A súa función é producir líquido que lubrica e permite o movemento sen dor. Na artrite reumatoide, esta membrana inflámase continuamente, o que causa dor, rixidez, inflamación visible e zonas quentes e ata deformacións das articulacións e perda de mobilidade.
Algo característico de esta enfermidade é que afecta de forma simétrica: se afecta a o pulso dereito tamén vai a a afectar ao pulso esquerdo.


Causas

Non se coñece con exactitude as causas da artrite reumatoide pero si se coñecen algúns factores que aumentan o risco de sufrila.
  • A xenética: xa que certas variantes xenéticas relacionadas co sistema inmunitario aumentan a probabilidade.
  • Sexo: pode afectar tanto a homes como a mulleres, pero é máis común en mulleres.
  • Idade: pode manifestarse a calquera idade, nos nenos e adolescentes como unha forma de artrite chamada artrite idiopática xuvenil, e máis común entre os 30 e 60 anos.
  • Un dos factores ambientais máis relacionados coa enfermidade é o tabaco.
  • Hormonas: os cambios hormonais tamén poden influír,o que explica que sexa máis común en mulleres.

Síntomas

Os síntomas máis habituais son:

  • Dor e rixidez nas articulacións
  • Inflamación e calor nas zonas afectadas.
  • Fatiga e malestar xeral
  • En casos avanzados, deformación das mans, pes...


A medida que a enfermidade avanza os síntomas poden estenderse a outras articulacións e a moitas persoas tamén lle afecta a máis áreas como:

  • pel
  • ollos
  • pulmóns
  • corazón
  • tecido nervioso
  • sangue

Diagnóstico

Nas fases iniciais da enfermidade é moi complexo diagnosticala. Os médicos combinan distintas probas:

    • Análises de sangue: os médicos buscan marcadores como o factor reumatoide ou anticorpos anti-CCP que adoitan estar presentes en persoas que padecen esta enfermidade, aínda que nos en todas.
    • Exploración física para ver que articulacións están afectadas, se hai dor ao movemento e tamén rixidez. Miran se a dor é simétrica xa que é algo característico desta enfermidade.
    • Radiografías, ecografías ou resonancias  que permiten comprobar se hai danos nas articulacións e ata que punto están deformadas incuso antes de que se presente externamente.

É moi importante un diagnóstico precoz para evitar que a enfermidade se complique.

Tratamentos

A artrite reumatoide é unha enfermidade que non ten cura. Aínda así hai moitos tratamentos eficaces para controlala e impedir que vaia a máis. Estes son: 

  • Fármacos antiinflamatorios: estes axudan a reducir a dor e a inflamación en períodos de brote.
  • FAMEs (fármacos modificadores da enfermidade): coma o metotrexato. Son fundamentais porque frean o avance dos danos nas articulacións.
  • Terapias biolóxicas: son tratamentos máis modernos que actúan sobre moléculas concretas do sistema inmunitario. Son moi efectivas cando xa non funcionan os medicamentos tradicionais.
  • Exercicio e fisioterapia: manter o movemento é fundamenta. Axuda a fortalecer os músculos e a evitar a perda de mobilidade.


Vida diaria coa enfermidade

Vivir con artrite reumatoide é algo complexo porque os síntomas non son constantes: hai días mellores e días peores, por iso é moi importante ter rutinas e facer exercicio para manterse activo, mellorando así a mobilidade e reducindo a inflamación.

Tamén é clave coidar a alimentación, tomar alimentos ricos en omega-3,  moitas froitas e verduras e evitar os ultraprocesados. Outro aspecto importante é saber detectar cando estás canso e parar, tamén usar obxectos que faciliten algunhas tarefas que requiran moito esforzo.

O apoio máis importante é o emocional e o social, que é o que te axuda a afrontar mellor os momentos complicados.

Mitos sobre a artrite reumatoide

Cando se fala desta enfermidade moitas persoas atribúenlle frases que son totalmente falsas, que ata xerán confusión. Os mitos máis destacados son:
  • " É unha enfermidade de xente maior": Isto é falso. Aínda que pode aparecer en persoas maiores , a artrite reumatoide é unha enfermidade autoinmune e pode comezar en adultos, novo e ata adolescentes xa que non está relacionada co desgaste das articulacións.
  • "A dor vai e vén, así que non é nada serio": Moitas persoas teñen períodos mellores e períodos peores, pero iso non significa que a enfermidade sexa leve. Se non se trata a tempo a inflamación pode producir danos irreversibles.

A artrite reumatoide é unha enfermidade complexa, pero hoxe en día coñécese moito mellor ca antes. Se se diagnostica a tempo e se lle indique un tratamento axeitado, pódese controlar e evitar que avance e que provoque danos a longo prazo.
É moi importante informarse para entender esta enfermidade tanto se a sofres como se tes persoas próximas que a sofren.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

O LADO OCULTO DA DIETA

  A alimentación é un dos factores que máis inflúe na nosa saúde. A través dos alimentos que inxerimos obtemos a enerxía e os nutrientes nec...