domingo, 14 de decembro de 2025

A MITOLOXÍA RELACIÓNASE CO NOSO CORPO

 


1. Introdución
O tendón de Aquiles é o tendón máis grande e robusto do corpo humano. É unha estrutura fundamental para a locomoción que permite a flexión plantar do pé, necesaria para actividades cotiás e deportivas(como camiñar, correr e saltar). É moi vulnerable a diversas patoloxías desde inflamacións ata roturas. Con este traballo, pretendo contestar algunhas preguntas relacionadas coa anatomía do tendón de Aquiles, a súas causas de lesión, os métodos de diagnóstico e as opcións de tratamento co obxectivo de ter suficiente información acerca deste tendón.

2. Que é o tendón de Aquiles?

O tendón de Aquiles atópase na parte posterior e inferior da perna. Comeza na mitade da tibia e percorre a parte posterior da perna ata o talón. Conecta os músculos da metade inferior da perna co calcáneo. O termo médico para o tendón de Aquiles é "tendón calcáneo".
Considérase o tendón máis grande e potente do corpo, xunto co tendón cuádriceps e o rotuliano. Pode medir entre 15 e 26 centímetros de longo nos adultos. Pode soportar forzas de hasta 4 veces o peso corporal.

Está formado por 2 tipos de proteínas: coláxeno e elastina. O coláxeno fortalece os tendóns. A elastina axuda que os tendóns se estendan e recuperen a súa forma orixinal a medida que nos movemos.

3. Función do tendón de Aquiles 

O tendón de Aquiles é esencial para a biomecánica da perna. Conecta os músculos da pantorrilla co óso do talón. Axuda a mover o pé e o talón. Cando os músculos da perna se contraen, o tendón de Aquiles eleva o talón. Este tendón utilízase para camiñar, correr, saltar, subir escaleiras, poñerse de puntillas...

4. Orixe do nome
Chámaselle tendón de Aquiles pola mitoloxía grega.

Ten a súa orixe nun antigo poema incompleto Aquileida escrito por Estacio no século I, que contén unha versión do mito do nacemento de Aquiles.
O heroe Aquiles era case invencible, excepto polo seu talón, o único punto por onde a súa nai Tetis mergullouno no rio Estixia para facelo inmortal. A súa nai o suxeitou polo talón dereito para somerxelo no río deixando esa parte do corpo sen o efecto protector do río. Ese preciso punto do seu corpo quedou vulnerable, sendo a única zona na que Aquiles podía ser ferido en batalla. Esta vulnerabilidade fixo que Aquiles, a pesar da súa invencibilidade, morrera ao recibir unha frecha envelenada no seu talón durante a guerra de Troia
Esta historia deu orixe a expresión "talón de Aquiles", que hoxe se usa para referirse á debilidade ou punto vulnerable dunha persoa ou cousa por moi forte que sexa.

5. Causas de lesión
O tendón de Aquiles é un dos tendóns máis coñecidos debido ás lesións no deporte profesional. Estas poden ser causadas por un aumento repentino da intensidade deportiva, polos deportes de salto e cambio de dirección. As lesións e problemas máis comúns son:
  •  Tendinites
  •  Tendinoses
  •  Roturas (desgarros) do tendón de Aquiles 
  •  Burdite do talón
  •  Deformidade de Haglund                  
6. Diagnóstico   
Un profesional da saúde diagnosticará os problemas no tendón de Aquiles mediante un exame físico e algunhas probas. Examinará a parte inferior da perna, o pé e o nocello. 
As probas físicas para detectas unha rotura no tendón de Aquiles é a proba de Thompson que detecta roturas. Outras probas a utilizar son:
7. Tratamento          
Os tratamentos no caso de lesión do tendón de Aquiles dependerán do tipo de lesión, a súa causa e a nivel de actividade habitual. Algúns destes tratamentos poden ser:
  • O método RICE: descanso, aplicación de xeo no tendón, uso dunha venda de compresión e      elevación da parte inferior da perna.
  • Medicamentos: como poden ser os antiinflamatorios.
  • Inmobilización. Usar un aparato ortopédico ou unha bota para camiñar.
  • Fisioterapia
  • Ortopedia. Utilizar soletas que suxeiten os pés e os xeonllos.
  • Cirurxía. Utilízase no caso das roturas.
8. Prevención de lesións
Un bo estado de forma e unha boa tonificación muscular son importantes para manter sans os nosos tendóns.
En xeral, podemos seguir estes consellos para reducir o risco de lesións no tendón de Aquiles:
  • Facer estiramentos antes e despois de practicar un deporte ou facer exercicio.
    Estirar o tendón de Aquiles alivia a presión sobre a articulación do xeonllo e é a mellor maneira para previr lesións.
  • Descansar e recuperarse despois dunha actividade intensa.
  • Non seguir facendo exercicio si notamos dor.
  • Utilizar un equipo de protección adecuado tanto para traballar como para facer unha actividade física.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

O LADO OCULTO DA DIETA

  A alimentación é un dos factores que máis inflúe na nosa saúde. A través dos alimentos que inxerimos obtemos a enerxía e os nutrientes nec...