domingo, 14 de decembro de 2025

DE DEPORTISTA A MOBLE



O peor de facer exercicio non é o esforzo, senón acordarse dos músculos ao día seguinte. Todos tivemos algunha vez maniotas, esa dor intensa que aparece despois dun día de actividade física, que non che deixa andar con normalidade, levantar un peso ou incluso agacharte. Unha auténtica tortura, pero... que son e por que aparecen? 

As maniotas son un dor muscular que aparecen entre as 24 e 72 horas de facer exercicio intenso ou ao que non estás acostumado. A súa intensidade soe aumentar ata as 48 horas e logo vai desaparecendo pouco a pouco en uns 3 ou 4 días.

Por que aparecen?

                                                                               Aínda que non se sabe con certeza cal é a causa exacta, existen varias teorías sobre por que aparecen as maniotas. A máis aceptada é a que di que se deben a pequenas roturas nas fibras musculares, que se producen cando facemos un esforzo ao que o noso corpo non está acostumado. Estas microrroturas provocan inflamación e, como resultado, aparece a dor e a rixidez.
Ademais, tamén se pensa que poden influír outros factores, como o aumento da temperatura nos músculos, a acumulación de substancias que irritan as terminacións nerviosas ou a formación de cristais de ácido láctico. Aínda así, as microrroturas musculares seguen sendo a explicación máis aceptada polos expertos.

Son perigosas?

As maniotas non son malas para a saúde, de feito son unha sinal de que o corpo está adaptándose ao esforzo e mellorando. Cando faise un novo exercicio ou máis intenso do normal, os músculos sofren pequenas roturas nas fibras e posteriormente o corpo as repara.
Porén, é moi importante distinguir entre a dor normal das maniotas e o dor dunha lesión. Se a dor é moi intensa, dura máis dunha semana, ou aparece acompañada de inflamación forte, hematomas ou dificultade para moverse, entón pode ser unha contractura ou unha rotura muscular.


Zonas máis comúns onde aparecen as maniotas

Aparecen nas zonas que máis foron traballadas ou nas que non se está acostumado a usar tanto. Por exemplo, nas pernas é onde máis se notan, sobre todo nos cuádriceps, nos glúteos e nos xemelgos, despois de correr, facer sentadiñas ou subir moitas escaleiras. Tamén é bastante común sentilas nos brazos e nos ombros, sobre todo se se fixo exercicio con pesas, flexións ou natación. Outro lugar onde tamén aparecen moito é na zona abdominal, cando se comeza a traballar os abdominais ou se fan pranchas, xa que son músculos que non se usan tanto no día a día.
As maniotas adoitan ser máis fortes canto máis intenso ou longo foi o exercicio, e van aumentando pouco a pouco ata chegar ao seu punto máximo entre as 24 e 48 horas despois da actividade física. A partir dese momento, a dor vai diminuíndo pouco a pouco e normalmente desaparece ao redor do cuarto día.

Os principais síntomas das maniotas son:

  • Un dor que aparece un tempo despois de facer exercicio e que se nota sobre todo nas zonas onde os músculos se unen cos tendóns

  • Moita máis sensibilidade, incluso sentindo dor con movementos leves

  • Diminución da flexibilidade e da amplitude de movemento do músculo afectado

  • Menor forza muscular

  • Sensación de debilidade no músculo traballado

  • Rixidez e inflamación que dificultan moverse con normalidade


A mellor forma de evitar que aparezan as maniotas é preparar o corpo antes de facer calquera exercicio. É moi  importante facer un quentamento porque axuda aos músculos a activarse e reduce o risco de pequenas roturas. Tamén é importante ir aumentando pouco a pouco a intensidade do exercicio e non facer esforzos aos que o corpo non está acostumado. 

Tamén é fundamental estirar despois de facer o exercicio xa que así os músculos mantéñense máis flexibles e a recuperación é máis rápida. E non nos podemos esquecer da auga e dunha boa alimentación: beber suficiente e comer alimentos que proporcionan proteínas e enerxía axuda ao corpo a recuperarse mellor.


































Ningún comentario:

Publicar un comentario

O LADO OCULTO DA DIETA

  A alimentación é un dos factores que máis inflúe na nosa saúde. A través dos alimentos que inxerimos obtemos a enerxía e os nutrientes nec...