Que é a neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino, tamén coñecida como tic doloroso, é unha enfermidade crónica que afecta ao nervio trixémino ou V par cranial, encargado de transmitir a sensibilidade da cara ao cerebro. Esta enfermidade provoca ataques de dor facial intensa, punzante ou parecida a unha descarga eléctrica, que aparece xeralmente nun só lado da cara, sobre todo no dereito (nun 60 % dos casos).
Esta dor pode durar desde uns poucos segundos ata varios minutos, e é tan forte que se considera unha das máis intensas que existen. Aínda que ás veces desaparece durante semanas ou meses, normalmente volve aparecer e cada vez pode ser máis frecuente e máis intensa.
As actividades cotiás como lavarse a cara, cepillarse os dentes, maquillarse, falar ou recibir aire frío, poden facer que comece a dor de repente.
A neuralxia do trixémino é máis frecuente en mulleres e persoas maiores de 50 anos, aínda que pode aparecer a calquera idade. Moitas veces confúndese con problemas dentais debido á localización da dor, que pode afectar a mandíbula superior ou inferior.
Aínda que ao principio pode responder a tratamento farmacolóxico, non sempre é eficaz, e en moitos casos é necesario recorrer a tratamentos neurocirúrxicos especializados.
Como se diagnostica a neuralxia do trixémino?
Para diagnosticar a neuralxia do trixémino, o médico baséase principalmente en como describes a dor que sentes. O prifesional ten en conta varios aspectos:
- Tipo de dor, obasérvase se é repentina, moi forte e semella unha descarga eléctrica.
-
Lugar da dor, localizase en que parte da cara doe, xa que isto indica se o nervio trixémino está afectado.
-
Que causa a dor, se ao comer, falar, tocar suavemente a cara ou o aire frío provocan os ataques.
Para confirmar este diagnóstico, o médico pode facer varias probas como:
-
Un exame neurolóxico, onde o médico examina a túa cara para saber onde aparece a dor e para comprobar como funciona o nervio. Tamén pode facer probas para ver se o nervio está comprimido ou se hai outro problema.
-
Unha resonancia magnética (RM), esta proba permite ver se hai algo que presiona o nervio, como un vaso sanguíneo, un tumor ou unha enfermidade no sistema nervioso.
Como a dor pode estar na mandíbula ou nas meixelas, moitas persoas primeiro acoden ao dentista para descartar problemas nos dentes. Se non atopa nada, recomendará que visites ao médico ou a un especialista en dor facial ou neurólogo. É importante facer un diagnóstico preciso porque a neuralxia do trixémino pode confundirse con outros problemas, e só así se pode recibir o tratamento adecuado.
Cales son os síntomas da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino pode causar diferentes tipos de síntomas, que poden aparecer de forma separada ou xuntas. Os máis comúns son:
- Episodios de dor moi intensa, punzantes como unha descarga eléctrica.
-
A dor aparece de repente e pode ser provocada por accións normais como tocar a cara, masticar ou falar.
-
O dolor afecta zonas que controla o nervio trixémino, a mandíbula, os dentes, e os labios. Tamén pode afectar o ollo ou a fronte.
A neuralxia do trixémino é moi incapacitante porque as actividades cotiás, como falar ou comer, poden desencadear a dor e dificultar a vida diaria.
Cales son as causas da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino prodúcese cando o nervio trixémino deixa de funcionar ben. A causa máis común é que un vaso sanguíneo, que pode ser unha arteria ou unha vea comprima o nervio na base do cerebro. Esta presión dana a capa protectora do nervio, vaina de mielina que fai que o nervio non funcione correctamente, provocando dor. Outras razóns poden ser:
-
A esclerose múltiple, unha enfermidade que tamén dana a vaina de mielina e afecta ao sistema nervioso.
-
Tumores que presionan o nervio trixémino.
-
Traumatismos faciais ou accidentes cerebrovasculares que lesionan o nervio.
-
Lesións do nervio despois dunha operación cirúrxica.
Como se trata a neuralxia do trixémino?
O tratamento da neuralxia do trixémino trátase con medicamentos para controlar o dolor. Os máis usados son os anticonvulsivantes, que son medicinas que axudan a reducir ou bloquear as sensacións de dor que envía o nervio ao cerebro. Entre estes medicamentos están a carbamazepina, gabapentina, lamotrigina ou fenitoína. Outros fármacos como o baclofeno, que é un relaxante muscular, pode usarse cos anticonvulsivantes.
Os analxésicos normais, como o son a aspirina ou o paracetamol, non funcionan para este tipo de dor. Existen outras opcións de tratamento, como as inxeccións e a cirurxía.
Unha opción cirúrxica importante é a descompresión microvascular, que consiste en mover ou eliminar vasos sanguíneos que presionan o nervio trixémino. Esta operación faise cun pequeno corte detrás da orella para liberar o nervio. Outra opción é a radiocirurxía estereotáxica, que utiliza radiación para danar o nervio e así reducir a dor.
O tratamento comeza con medicación, e se esta non é suficiente, pódense usar técnicas cirúrxicas para aliviar a dor.
Como impacta na vida diaria da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino provoca dores moi fortes e repentinas que dificultan facer cousas normais do día a día, comer, tocarse a cara, falar, mascar, beber. A menudo estas dores aparecen sen aviso e poden durar segundos ou minutos, o que fai que a persoa estea sempre preocupada por cando volverán.
Esta situación pode afectar non só o corpo, senón tamén o ánimo, facendo que a persoa se sinta cansa, triste ou nerviosa. Tamén pode evitar saír ou facer actividades sociais porque ten medo de que o dor empeore.
É moi importante contar cun bo tratamento e tamén co apoio da familia, amigos e profesionais, para poder levar unha vida máis tranquila e mellorar a calidade de vida.





Ningún comentario:
Publicar un comentario