A anemia ferropénica é a segunda enfermidade nutricional máis importante, con extensión mundial; afecta a varios grupos de risco, principalmente mulleres novas e nenos, e pode provocar importantes disfuncións nos órganos e sistemas do corpo. Aínda que a súa orixe é multifactorial e están implicados factores xenéticos e hábitos de vida, a alimentación xoga un papel importante na súa prevención. Por iso resulta de grande interese coñecer os mecanismos reguladores e os compoñentes dietéticos que condicionan a absorción de ferro, así como identificar os compoñentes alimentarios que favorecen ou impiden a biodispoñibilidade deste micronutriente, co fin de deseñar estratexias de prevención dirixidas a optimizar as reservas de ferro do organismo. Este traballo describe de forma concisa os principais factores dietéticos que poden interactuar coa absorción de ferro presente nos alimentos.
-Síntomas comúns da anemia
Os síntomas da anemia poden variar en función da súa gravidade e da rapidez coa que se desenvolva. Entre os máis frecuentes atópanse:
1- Fatiga e debilidade xeralizada
2- Palidez na pel e nas mucosas
3- Dores de cabeza e mareos
4- Palpitacións e taquicardia
5- Faltas de aire durante actividades físicas
En casos máis severos, poden presentarse síntomas como desmaios, uñas fráxiles e sensación de frío nas extremidades.
Principais causas da anemia
As causas da anemia poden clasificarse polo seu mecanismo de produción:
Polo aumento dos requirimentos: durante o primeiro ano de vida, a adolescencia ou o embarazo. Ademais os requirimentos tamén aumentan cando hai un aumento das perdas (menstruación).
Por aporte insuficiente: Cando o aporte a través da dieta é insuficiente ou as reservas son insuficientes no nacemento por prematuridade.
Por todo isto, os principais grupos en risco de anemia ferropénica son as mulleres novas (idade fértil), os nenos, e, aínda que en menor medida, as persoas de idade avanzada. Tamén deberían terse en conta como grupo de risco ós individuos que consomen dietas veganas, con ausencia total de produtos de orixe animal, o cal pode ser un factor de risco de deficiencia de ferro.
Consecuencias da anemia ferropénica para a saúde
A deficiencia de ferro adoita desembocar en anemia ferropénica, e esta refléxase na disfunción de diversos órganos e sistemas corporais. Esta carencia pode afectar ao desenvolvemento cognitivo e psicomotor en nenos e adolescentes e ao estado do sistema inmunitario. Tamén aumenta o risco de sufrir procesos infecciosos e ao rendemento da actividade física e a capacidade de traballo, debido á alteración de fontes enerxéticas polo músculo.
Os pacientes con deficiencia de ferro presentan alteracións nas funcións gastrointestinais e nos patróns de produción hormonal e o metabolismo.
A anemia durante o embarazo aumenta o risco de morte perinatal na nai e no neonato, ademais de incrementar o risco de mortalidade infantil. Incluso se chegou a relacionar que a nai teña anemia ferropénica con un maior risco de depresión postparto.
Tratamento
Unha vez diagnosticada a anemia ferropénica, o tratamento consiste xeralmente na prescrición de suplementos de ferro por vía oral. A forma mais concorrente son os comprimidos de sulfato ferroso, por ser o composto que produce menos efectos adversos (dor abdominal, ardor de estómago, náuseas, diarrea e estrinximento).
Factores dietéticos
A dieta é un dos principais factores que poden influír no estado de ferro nun individuo san, xa que tanto o contido de ferro dos alimentos coma a súa natureza condicionan a absorción intestinal.
O ferro non hemo atópase en carnes, peixes e aves, pero fundamentalmente en ovos, verduras e froitas.
Algúns dos compoñentes dos alimentos poden potenciar ou inhibir a absorción do ferro. Os potenciadores máis eficaces e coñecidos son o ácido ascórbico e os alimentos de orixe animal como carnes, peixes e aves.
Ademais, o calcio, aínda que é coñecido que pode reducir a absorción do ferro, os numerosos estudios realizados ata o momento obtiveron resultados dispares, o que leva a pensar que as interaccións calcio-ferro son complexas.
Expectativas
Con tratamento, o desenlace clínico probablemente sexa bo, pero iso dependerá da causa
Conclusións
Tendo en conta o exposto neste traballo, o principal obxectivo na loita contra a anemia ferropénica débese centrar na prevención primaria, evitando a deficiencia de ferro e con elo que se produza a anemia. Para isto, é importante coñecer e identificar os alimentos e compoñentes de alimentos que permitan deseñar dietas con ferro de alta dispoñibilidade.
Frecuentemente asociamos esta condición ao tabaquismo pero non ten porque ser así. Esta condición é unha das formas más comúns e mortais do cancro en todo o mundo, e ten unha das taxas de mortalidade máis elevadas tanto en mulleres como homes.
Esta condición débese ao crecemento excesivo e descontrolado das células do pulmón, normalmente dáse no tecido pulmonar .
Como dixemos antes ao ser unha condición moi común é necesario que se diagnostique nas primeiras fases para poder actuar.
TIPOS DE CANCRO DE PULMÓN:
Podemos distinguir dous tipos de cancro de pulmón debido ao tamaño que teñan las células baixo o microscopio.
Cancro de pulmón de células pequenas: Este é o que se presenta en xente que leva fumando en exceso por moitos anos. Este cancro é menos común que o otro tipo.
Cancro de pulmón de células non pequenas: É un tipo no que inclúen varios tipos de cancro de pulmón como o carcinoma epidermoide, o adenorcarcinoma, e o carcinoma de células grandes.
SÍNTOMAS:
Esta condición non ten uns síntomas específicos (como o cansanzo, perda de peso, perda de apetito, tose a cal persiste...) xa que se poden chegar a confundir con outras enfermidades benignas.
Outro dos síntomas non tan comúns é ahemoptise, que con outras palabras é a tose con sangue, este fenómeno non se chega a dar en todos os casos pero si ata o 50% dos casos, por outro lado temos a disnea que é a falta de aire, a cal normalmente se debe pola causa da ocupación do espazo no pulmón e isto fai e que o aire non entre de maneira correcta.
Finalmente hai outros síntomas chamados síndrome paraneoplásticos xa que se supón que estes non proceden de maneira directa do tumor, polo que estes proceden da excreción tumoral inadecuada.
CAUSAS:
Como dixemos anteriormente esta condición normalmente é debida ao tabaquismo (o 80% dos casos están asociados ao tabaco) pero hai moitas máis causas como a exposición ao radon, a contaminación do aire, antecedentes familiares....
Esta condición prodúcese cando temos cambios no ADN das células pulmonares. Este ADN dá comandos ás células sans de cando crecer, multiplicarse e morrer. Nas células cancerosas estes comandos están alterados, facendo que estas crezan sen control, se multipliquen rapidamente e non morran cando se lles manda. isto é o que leva a formación do tumor que pode invadir e danar o tecido san. Co tempo estas células malas pódense expandir por todo o corpo polo que é chamado metástase
PREVENCIÓN:
Algúns métodos de prevención ao noso alcance son deixar de fumar se o fas, evitar o fume doutras persoas (concienciar á xente do que implica ser fumador activo, e se fuma, que o faga nun espazo aberto onde non haxa nenos pequenos aos que poida afectar), e no caso de que o teu traballo implique exposición prolongada a substancia químicas, manterte protexido. Manteña unha alimentación sa e equilibrada e fai exercicio.
O tromboembolismo pulmonar, é cando un coágulo de sangue que se atopa nos vasos sanguíneos e acaba atrapado nos pulmóns, bloqueando unha arteria pulmonar. Isto ocorre porque un coágulo de sangue se desprende dunha vea profunda, xeralmente nas pernas, e viaxa aos pulmóns. Nalgúns casos menos comúns, o coágulo pode vir doutra parte do corpo.
Esta obstrución afecta aos pulmóns e ao corazón. Hai unha parte do pulmón que non recibe sangue con pouco osíxeno, polo que non pode osixenala como debería. Isto fai que menos osíxeno chegue aos órganos e tecidos do corpo. Mentres tanto, o corazón segue enviando sangue aos pulmóns, pero, ao haber un bloqueo, o fluxo vese afectado. Isto fai que aumente a presión na arteria pulmonar e sobrecargue o ventrículo dereito do corazón, que é o encargado de levar o sangue sen osíxeno aos pulmóns.
Ter unha fractura nalgunha extremidade inferior ou pasar por unha operación recente: nestes casos é habitual estar un tempo sen
moverse moito, e iso fai que o sangue circule peor e se poidan formar
coágulos. Para isto, adoitase poñerse un tratamento anticoagulante para evitar problemas.
Repouso na cama (normalmente máis de 3): favorece a coagulación do sangue nas veas das pernas, o que
pode liberar a formación de trombos.
Viaxes longas (de máis de 8 horas): estar
moitas horas sentados sen apenas mover as pernas tamén pode favorecer a
formación de trombos.
Tendencia a formar coágulos: hai certas
condicións herdadas ou adquiridas, que teñen máis facilidade para que o sangue
se coagule. Isto pode pasar, en persoas que teñen alteracións
no sangue dende o nacemento, ou durante o embarazo, ou se se toman
anticonceptivos.
Ter cancro ou estar en
tratamento con quimio: estas situacións tamén aumentan o risco de ter
coágulos.
Ter obesidade: o exceso de peso afecta
moitas cousas no corpo, e unha delas é o sistema circulatorio.
Fumar: o tabaco, aumenta as posibilidades de que se
formen trombos.
Tratamento
O primeiro que se busca cando aparece un
tromboembolismo pulmonar é estabilizar á persoa, que se atope mellor, eliminar
o coágulo que está tapando e evitar que volva pasar. Normalmente, o tratamento comeza no hospital cun
medicamento que impide que o sangue forme
máis coágulos. Estes medicamentos chámanse anticoagulantes e ao principio póñense con inxeccións,
ben na vea ou debaixo da pel. A máis usada é a heparina, e o tratamento dura uns 5 a 10 días. Hai casos máis graves, ou persoas que non poden
tomar este tipo de medicación, nas que hai que usar outras opcións. Por
exemplo, un tratamento máis forte para desfacer o coágulo rápido (chámase fibrinólise) ou poñer un pequeno filtro nunha vea grande (a vea cava), para
que non suban máis coágulos aos pulmóns. Cando o paciente xa está mellor e pode ir
para casa, ten que seguir tomando
anticoagulantes en pastillas. Este tratamento dura polo
menos 3 meses. .
Os cálculos renais, máis comunmente coñecidos como pedras nos riles, son pequenos minerais que están formados por substancias urinarias como sales ou minerais disoltos que se unen entre eles formando as pedras nos riles. Estes minerais poden alcanzar o tamaño dun gran de area como o tamaño dunha perla. Isto fai máis dolorosa a súa saída xa que, normalmente, non se precisa de axuda médica porque elas soas saen polas vías urinarias, mais cando estas son moi grandes obstaculizan a saída das vías e teñen que romperse mediante ondas ou, nos peores dos casos, ter que quitalas por cirurxía.
Os signos ou síntomas que produce os cálculos renais son maioritariamente dores como dor punzante nos costados e nas costas, dor prolongada na zona baixa do abdome, sensación de ardor ao ouriñar, sangue na urina, etc. Outros síntomas q non producen dor son a febre ou os calafríos, vómitos ou náuseas e cor anormal na urina. As causas de que se forme un cálculo renal son moi diversas. Entre elas temos a maior concentración da urina, sendo a auga incapaz de disolver todos as sales. Tamén algunhas de estas causas poden ser hederitarias.
Os tipos de cálculos inflúen moito nas causas polas que se forma os minerais. Os cálculos renais divídense en catro tipos que son os seguintes:
Cálculos de calcio son os máis frecuentes sobre todo en homes entre 20 e 30 anos. O calcio pode mesturarse con outros minerais, como o oxalato, para formar o cálculo.
Cálculos de cistina son os cálculos que se transmiten de forma hederitaria porque estes fórmanse por causa de unha enfermidade hederitaria, a cistinuria (forma cálculos con amoníaco).
Cálculos de estruvita prodúcense, maiormente, en persoas con infección recorrentes do tracto urinario. Estes cálculos forma minerais de gran extensión obstruíndo os riles, os uréteres e a vexiga.
Cálculo de ácido úrico presente principalmente nos homes. Prodúcese mediante a gota ou despois de algunha quimioterapia de algúns cánceres.
Para identificar os cálculos renais os médicos utilizan diversas probas ou exames. Algúns deles son: análise de sangue para detectar niveis altos de sales, análise de urina para detectar cristais ou glóbulos vermellos e análise de cálculo para determinar o tipo. Tamén as obstrucións pódense ver en topografías do abdome, radiografía do abdome e ecografía do ril.
Os tratamentos depende do tipo de cálculo e da intensidade dos síntomas. Para empezar o tratamento paras os cálculos renais máis pequenos que, usualmente, saen sos polas vías urinarias. A urina débese coar para conservar os minerais para analizalos, tomar mínimo entre 6 e 8 vasos ao día para producir máis urina e eliminar máis facilmente o cálculo e tomar algún analxésico para os dores. Hai algúns casos que precisan de medicación a máis para impedir a súa formación ou para axudar a que os cálculos pasan entre as vías urinarias. Por último pódese facer como tratamento unha cirurxía pero só nestes casos: cálculo moi grande, crecemento deste, bloqueo das vías urinarias ou causar unha infección urinaria e dor incontrolable.
Para evitar os cálculos renais podes beber abundante auga ata que a urina quede de cor amarela moi clariña ou transparente., entre uns 8 e 10 vasos ao día. No caso de pasarás un cálculo renal podes evitar algún alimento (falar cun nutricionista) ou o seu médico pode darlle algún medicamento.
Estas cámaras teñen válvulas que péchanse con cada latido cardíaco, isto provoca que o sangue flúa nunha soa dirección.
SOPROS CARDÍACOS
Un sopro é un ruído asubiante que se escoita durante os latidos cardíacos. É ocasionado por un fluxo sanguíneo desigual a través das válvulas do corazón.
Os sopros poden suceder por moitas razóns, nas cales están os seguintes exemplos:
Cando unha válvula non pecha ven e a sangue devólvese (regurxitación).
Cando o sangue flúe a través dunha válvula estreita ou ríxida (estenose).
Os sopros cardíacos poden ser de nacemento (conxénito) ou desenvolverse durante a vida (adquirido).
Algúns sopros cardíacos son inofensivos. Este non resulta perigoso e non necesita tratamento, xa que non se considera como unha enfermidade.
SÍNTOMAS
Os sopros cardíacos inofensivos non soen provocar síntomas.
Entre os principais síntomas, podemos incluír os seguintes:
Unllas ou labios de cor azul ou gris.
Dor no peito.
Tose.
Mareos.
Fígado inchado.
Veas do pescozo inchadas.
Desmaios.
Suoración intensa con pouca ou ningunha actividade física.
Nos bebés, pouco apetito e crecemento insuficiente.
Falta de aire.
Inchazón ou aumento de peso repentino.
CAUSAS
O sopro cardíaco prodúcese por un fluxo sanguíneo acelerado e axitado que vai en dirección ao corazón. Pode haber un sopro cardíaco nos seguintes casos:
Cando o corazón estase enchendo de sangue (sopro diastólico).
Cando o corazón estase baleirando (sopro sistólico).
Durante o latido cardíaco (sopro continuo).
SOPLO CARDÍACO INOFENSIVO (FUNCIONAL)
Os sopros cardíacos inofensivos son comúns en recén nacidos e en nenos.
Entre os factores que poden cambiar un fluxo sanguíneo e provocar un sopro cardíaco inofensivo, inclúese o seguinte:
Febre.
Falta de glóbulos vermellos saudables que transportan osíxeno aos tecidos do corpo (anemia).
Fases de crecemento acelerado, como a adolescencia.
Actividade física ou exercicio.
6. Embarazo.
Os sopros cardíacos inofensivos poden desaparecer co tempo. Ás veces, os sopros cardíacos continúan toda a vida sen causar ningún tipo de problema de saúde grave.
SOPLOS CARDÍACOS QUE CAUSAN PREOCUPACIÓN
Nos nenos, os sopros que poden causar preocupación soen deberse a un problema relacionado coa estrutura do corazón que está presente no nacemento.
Entre as causas que que causan preocupación encontramos:
Orificios no corazón. Pode formarse un orificio antes do nacemento na parede que se encontra entre as cavidades superior e inferior do corazón, ou tamén en ambas.
Derivacións cardíacas. Un problema na estrutura cardíaca presente antes do nacemento provoca un fluxo sanguíneo irregular entre as cavidades sanguíneas ou nos vasos sanguíneos.
En adultos, os sopros cardíacos que causan preocupación soen deberse a problemas na válvula cardíaca que se desenvolven máis adiante durante a vida.
Entre as cousas que poden danar as válvulas se inclúen:
Depósitos de calcio. Poden provocar que a válvula, como a mitral ou a aórtica, vólvase ríxida e estreita.
Infección do recubrimento interno do corazón e das válvulas (endocardite). As bacterias e outros xermes causan esta infección. Os xermes poden viaxar polo sangue ata o corazón desde calquera outra parte do corpo, como a boca. Pode ocorrer un sopro se a infección non se trata e afecta as válvulas cardíacas. Febre reumática. Trátase dunha complicación grave da farinxite estreptocócica. Cando a febre reumática afecta as válvulas cardíacas, chámase enfermidade cardíaca reumática. Un problema cunha válvula cardíaca pode causar un sopro.
PREVENCIÓN
Descoñécese como se poden previr os sopros cardíacos. Non obstante, adoptar un estilo de vida saudable pode mellorar a saúde cardíaca e axudar a previr algunhas condicións relacionadas cos sopros nos adultos. Nos nenos, moitos murmurios cardíacos desaparecen por si sos a medida que envellecen.
O bloqueo auriculoventricular, comunmente chamado bloqueo AV, é unha interrupción da transmisión dos estímulos eléctricos que controlan o ritmo e frecuencia cardíaca. Como resultado atopámonos un corazón cun latido lento, sen poder bombear a suficiente sangue a través das arterias. Este trastorno cardíaco é pouco común e pode orixinarse por distintas causas, por exemplo, coma consecuencia dun infarto de miocardio ou dunha valvulopatía, polo aumento da actividade do nervio vago, provocado por medicamentos, por cardiopatías conxénitas e trastornos xenéticos entre outros.
Existen distintos tipos de bloqueos AV, o bloqueo tipo 1, tipo 2 e tipo 3, pero imos profundizar un pouco máis:
Bloqueo AV tipo 1: Prodúcese un retraso no paso do estímulo eléctrico polo nodo AV ou no sistema His-Purkinje ,o estímulo chega ata os ventrículos, pero móvese mas lento do normal. Este é o tipo máis leve de bloqueo cardíaco no cal non existe interrupción da condución auriculovetricular.Na maioría dos casos no é necesario ningún tratamento.
Bloqueo AV tipo 2: os impulsos cardíacos interrómpense de forma intermitente. Segundo determinadas características dun electrocardiograma podemos distinguir dous tipos:
Tipo Morbitz 1: Obsérvase un latido progresivamente máis lento da condución auriculoventricular ata interromperse o paso do impulso. Malia que neste caso non se considera necesario un tratamento, se o doente chega a causarlle bradicardia sintomática irreversible sería necesario a implantación dun marcapasos.
Tipo Morbitz 2: Os fallos nos latidos son máis frecuentes, cun latido irregular uo máis lento do normal. Este tipo de bloqueo é menos frecuente que os anteriores é polo xeral implica unha cardiopatía previa.
Bloqueo AV tipo 3 ou completo:A sinal eléctrica está totalmente bloqueada, como consecuencia o ventrículo comeza a latir de forma autónoma, estes latidos son irregulares e pouco fiables. A maioría dos doentes necesitan a implantación dun marcapasos, a non ser que dito bloqueo estea causado polo uso de determinados fármacos antiarrítmicos.
Como xa se comentou, a implantación dun marcapasos é a solución na maioría dos casos, xa que regula o ritmo cardíaco. Un marcapasos é un pequeno dispositivo que se implanta de forma subcutánea. Este dispositivo está formado por un xerador, o cal contén a pila e a información para controlar o latido cardíaco, e uns cables que saen do xerador ata o miocardio levando as mensaxes eléctricas.
A bacteria Helycobacter pylori, pertence ao grupo das Helicobacter, e o nome de pylori e posto pola estrutura da célula a cal soe atacar. A infección por esta bacteria sóese dar na infancia e ao redor da 10%-15% das persoas infectadas terminan con úlceras pépticas, que se son pequenas non teñen problema, pero se son mais grande pode causar moito sangrado.
Causas:
A infección por Helicobacter pylori prodúcese cando a bacteria infecta o estómago, e transmítese a través do contacto directo coa saliva, con vómito ou a través das feces.
Síntomas:
A maioría de persoas infectadas non presentan ningún síntoma, e se os presentan son parecidos aos de gastroenteríte ou principio de úlcera. Entre eles están:
Dor e ardor no estómago (por debaixo do embigo)
Dor estomacal agudo e empeora ao ter o estómago baleiro
Inchazón abdominal
Vómito con sangue
Náuseas continuas
Perda de apetito
Complicación para inxerir líquidos
Tratamentos:
O tratamento que ten a infección por Helicobacter pylori e a través de antibióticos, tamén pódese integrar a dieta Bismuto que se atopa en cérelas, furta, patacas e incluso iogur.
Probas e exames:
Para poder detectar esta bacteria, fanse unha serie de probas sanguíneas ou a través das feces para ver se se atopan anticorpos, tamén pódese facer unha biopsia onde se mira a ureasa a través da mostra extraída, pero ningún destas probas son cen por cen fiables, por exemplo a proba sanguínea ten un 84% de sensibilidade.