martes, 25 de marzo de 2025

CANDO O CORAZÓN VAI COMA UNHA TARTARUGA

 


O bloqueo auriculoventricular, comunmente chamado bloqueo AV, é unha interrupción da transmisión dos estímulos eléctricos que controlan o ritmo e frecuencia cardíaca. Como resultado atopámonos un corazón cun latido lento, sen poder bombear a suficiente sangue a través das arterias. Este trastorno cardíaco é pouco común e pode orixinarse por distintas causas, por exemplo, coma consecuencia dun infarto de miocardio ou dunha valvulopatía, polo aumento da actividade do nervio vago,  provocado por medicamentos, por cardiopatías conxénitas e trastornos xenéticos entre outros.

Existen distintos tipos de bloqueos AV, o bloqueo tipo 1, tipo 2 e tipo 3, pero imos profundizar un pouco máis:

  • Bloqueo AV tipo 1:  Prodúcese un retraso no paso do estímulo eléctrico polo nodo AV ou no sistema His-Purkinje ,o estímulo chega ata os ventrículos, pero móvese mas lento do normal. Este é o tipo máis leve de bloqueo cardíaco no cal non existe interrupción da condución auriculovetricular.Na maioría dos casos no é necesario ningún tratamento.
  • Bloqueo AV tipo 2: os impulsos cardíacos interrómpense de forma intermitente. Segundo determinadas características dun electrocardiograma podemos distinguir dous tipos:

    • Tipo Morbitz 1: Obsérvase un latido progresivamente máis lento da condución auriculoventricular ata interromperse o paso do impulso. Malia que neste caso non se considera necesario un tratamento, se o doente chega a causarlle bradicardia sintomática irreversible sería necesario a implantación dun marcapasos.
    • Tipo Morbitz 2: Os fallos nos latidos son máis frecuentes, cun latido irregular uo máis lento do normal. Este tipo de bloqueo é menos frecuente que os anteriores é polo xeral implica unha cardiopatía previa.
  • Bloqueo AV tipo 3 ou completo: A sinal eléctrica está totalmente bloqueada, como consecuencia o ventrículo comeza a latir de forma autónoma, estes latidos son irregulares e pouco fiables. A maioría dos doentes necesitan a implantación dun marcapasos, a non ser que dito bloqueo estea causado polo uso de determinados fármacos antiarrítmicos.
Como xa se comentou, a implantación dun marcapasos é a solución na maioría dos casos, xa que regula o ritmo cardíaco. Un marcapasos é un pequeno dispositivo que se implanta de forma subcutánea. Este dispositivo está formado por un xerador, o cal contén a pila e a información para controlar o latido cardíaco, e uns cables que saen do xerador ata o miocardio levando as mensaxes eléctricas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

O LADO OCULTO DA DIETA

  A alimentación é un dos factores que máis inflúe na nosa saúde. A través dos alimentos que inxerimos obtemos a enerxía e os nutrientes nec...