martes, 25 de marzo de 2025

PEDRAS QUE DOEN










Os cálculos renais, máis comunmente coñecidos como pedras nos riles, son pequenos minerais que están formados por substancias urinarias como sales ou minerais disoltos que se unen entre eles formando as pedras nos riles.  Estes minerais poden alcanzar o tamaño dun gran de area como o tamaño dunha perla. Isto fai máis dolorosa a súa saída xa que, normalmente, non se precisa de axuda médica porque elas soas saen polas vías urinarias, mais cando estas son moi grandes obstaculizan a saída das vías e teñen que romperse mediante ondas ou, nos peores dos casos, ter que quitalas por cirurxía. 


Os signos ou síntomas que produce os cálculos renais son maioritariamente dores como dor punzante nos costados e nas costas, dor prolongada na zona baixa do abdome, sensación de ardor ao ouriñar, sangue na urina, etc. Outros síntomas q non producen dor son a febre ou os calafríos, vómitos ou náuseas e cor anormal na urina. As causas de que se forme un cálculo renal son moi diversas. Entre elas temos a maior concentración da urina, sendo a auga incapaz de disolver todos as sales. Tamén algunhas de estas causas poden ser hederitarias. 

Os tipos de cálculos inflúen moito nas causas polas que se forma os minerais. Os cálculos renais divídense en catro tipos que son os seguintes: 

  • Cálculos de calcio son os máis frecuentes sobre todo en homes entre 20 e 30 anos. O calcio pode mesturarse con outros minerais, como o oxalato, para formar o cálculo.
  • Cálculos de cistina son os cálculos que se transmiten de forma hederitaria porque estes fórmanse por causa de unha enfermidade hederitaria, a cistinuria (forma cálculos con amoníaco).
  • Cálculos de estruvita prodúcense, maiormente, en persoas con infección recorrentes do tracto urinario. Estes cálculos forma minerais de gran extensión obstruíndo os riles, os uréteres e a vexiga.
  • Cálculo de ácido úrico presente principalmente nos homes. Prodúcese mediante a gota ou despois de algunha quimioterapia de algúns cánceres.




Para identificar os cálculos renais os médicos utilizan diversas probas ou exames. Algúns deles son:  análise de sangue para detectar niveis altos de sales, análise de urina para detectar cristais ou glóbulos vermellos e análise de cálculo para determinar o tipo. Tamén as obstrucións pódense ver en topografías do abdome, radiografía do abdome e ecografía do ril.


Os tratamentos depende do tipo de cálculo e da intensidade dos síntomas. Para empezar o tratamento paras os cálculos renais máis pequenos que, usualmente, saen sos polas vías urinarias. A urina débese coar para conservar os minerais para analizalos, tomar mínimo entre 6 e 8 vasos ao día para producir máis urina e eliminar máis facilmente o cálculo e tomar algún analxésico para os dores. Hai algúns casos que precisan de medicación a máis para impedir a súa formación ou para axudar a que os cálculos pasan entre as vías urinarias. Por último pódese facer como tratamento unha cirurxía pero só nestes casos: cálculo moi grande, crecemento deste, bloqueo das vías urinarias ou causar unha infección urinaria e dor incontrolable.


Para evitar  os cálculos renais podes beber abundante auga ata que a urina quede de cor amarela moi clariña ou transparente., entre uns 8 e 10 vasos ao día. No caso de pasarás un cálculo renal podes evitar algún alimento (falar cun nutricionista) ou o seu médico pode darlle algún medicamento.







O SUSURRO OCULTO DUN CORAZÓN FERIDO


 QUE É O CORAZÓN?

O corazón é un órgano do tamaño dun puño (dependendo da persoa) que bombea sangue por todo o corpo.

Está formado por 4 cámaras:
Estas cámaras teñen válvulas que péchanse con cada latido cardíaco, isto provoca que o sangue flúa nunha soa dirección.

SOPROS CARDÍACOS

Un sopro é un ruído asubiante que se escoita durante os latidos cardíacos. É ocasionado por un fluxo sanguíneo desigual a través das válvulas do corazón.

Os sopros poden suceder por moitas razóns, nas cales están os seguintes exemplos:
  • Cando unha válvula non pecha ven e a sangue devólvese (regurxitación).
  • Cando o sangue flúe a través dunha válvula estreita ou ríxida (estenose).
Os sopros cardíacos poden ser de nacemento (conxénito) ou desenvolverse durante a vida (adquirido).

Algúns sopros cardíacos son inofensivos. Este non resulta perigoso e non necesita tratamento, xa que non se considera como unha enfermidade.

SÍNTOMAS

Os sopros cardíacos inofensivos non soen provocar síntomas.

Entre os principais síntomas, podemos incluír os seguintes:
  1. Unllas ou labios de cor azul ou gris.
  2. Dor no peito.
  3. Tose.
  4. Mareos.
  5. Fígado inchado.
  6. Veas do pescozo inchadas.
  7. Desmaios.
  8. Suoración intensa con pouca ou ningunha actividade física.
  9. Nos bebés, pouco apetito e crecemento insuficiente.
  10. Falta de aire.
  11. Inchazón ou aumento de peso repentino.

CAUSAS

O sopro cardíaco prodúcese por un fluxo sanguíneo acelerado e axitado que vai en dirección ao corazón. Pode haber un sopro cardíaco nos seguintes casos:
  • Cando o corazón estase enchendo de sangue (sopro diastólico).
  • Cando o corazón estase baleirando (sopro sistólico).
  • Durante o latido cardíaco (sopro continuo).

SOPLO CARDÍACO INOFENSIVO (FUNCIONAL)

Os sopros cardíacos inofensivos son comúns en recén nacidos e en nenos.

Entre os factores que poden cambiar un fluxo sanguíneo e provocar un sopro cardíaco inofensivo, inclúese o seguinte:
    1. Febre.
    2. Falta de glóbulos vermellos saudables que transportan osíxeno aos tecidos do corpo (anemia).
    3. Unha glándula tiroides hiperactiva (hipertiroidismo).
    4. Fases de crecemento acelerado, como a adolescencia.
    5.  Actividade física ou exercicio.
6. Embarazo.

Os sopros cardíacos inofensivos poden desaparecer co tempo. Ás veces, os sopros cardíacos continúan toda a vida sen causar ningún tipo de problema de saúde grave.



SOPLOS CARDÍACOS QUE CAUSAN PREOCUPACIÓN

Nos nenos, os sopros que poden causar preocupación soen deberse a un problema relacionado coa estrutura do corazón que está presente no nacemento.

Entre as causas que que causan preocupación encontramos:
  • Orificios no corazón. Pode formarse un orificio antes do nacemento na parede que se encontra entre as cavidades superior e inferior do corazón, ou tamén en ambas.
  • Derivacións cardíacas. Un problema na estrutura cardíaca presente antes do nacemento provoca un fluxo sanguíneo irregular entre as cavidades sanguíneas ou nos vasos sanguíneos.
En adultos, os sopros cardíacos que causan preocupación soen deberse a problemas na válvula cardíaca que se desenvolven máis adiante durante a vida. 

Entre as cousas que poden danar as válvulas se inclúen:
  • Depósitos de calcio. Poden provocar que a válvula, como a mitral ou a aórtica, vólvase ríxida e estreita.
  • Infección do recubrimento interno do corazón e das válvulas (endocardite). As bacterias e outros xermes causan esta infección. Os xermes poden viaxar polo sangue ata o corazón desde calquera outra parte do corpo, como a boca. Pode ocorrer un sopro se a infección non se trata e afecta as válvulas cardíacas. Febre reumática. Trátase dunha complicación grave da farinxite estreptocócica. Cando a febre reumática afecta as válvulas cardíacas, chámase enfermidade cardíaca reumática. Un problema cunha válvula cardíaca pode causar un sopro.

PREVENCIÓN

Descoñécese como se poden previr os sopros cardíacos. Non obstante, adoptar un estilo de vida saudable pode mellorar a saúde cardíaca e axudar a previr algunhas condicións relacionadas cos sopros nos adultos. Nos nenos, moitos murmurios cardíacos desaparecen por si sos a medida que envellecen.

VÍDEO EXPLICATIVO




CANDO O CORAZÓN VAI COMA UNHA TARTARUGA

 


O bloqueo auriculoventricular, comunmente chamado bloqueo AV, é unha interrupción da transmisión dos estímulos eléctricos que controlan o ritmo e frecuencia cardíaca. Como resultado atopámonos un corazón cun latido lento, sen poder bombear a suficiente sangue a través das arterias. Este trastorno cardíaco é pouco común e pode orixinarse por distintas causas, por exemplo, coma consecuencia dun infarto de miocardio ou dunha valvulopatía, polo aumento da actividade do nervio vago,  provocado por medicamentos, por cardiopatías conxénitas e trastornos xenéticos entre outros.

Existen distintos tipos de bloqueos AV, o bloqueo tipo 1, tipo 2 e tipo 3, pero imos profundizar un pouco máis:

  • Bloqueo AV tipo 1:  Prodúcese un retraso no paso do estímulo eléctrico polo nodo AV ou no sistema His-Purkinje ,o estímulo chega ata os ventrículos, pero móvese mas lento do normal. Este é o tipo máis leve de bloqueo cardíaco no cal non existe interrupción da condución auriculovetricular.Na maioría dos casos no é necesario ningún tratamento.
  • Bloqueo AV tipo 2: os impulsos cardíacos interrómpense de forma intermitente. Segundo determinadas características dun electrocardiograma podemos distinguir dous tipos:

    • Tipo Morbitz 1: Obsérvase un latido progresivamente máis lento da condución auriculoventricular ata interromperse o paso do impulso. Malia que neste caso non se considera necesario un tratamento, se o doente chega a causarlle bradicardia sintomática irreversible sería necesario a implantación dun marcapasos.
    • Tipo Morbitz 2: Os fallos nos latidos son máis frecuentes, cun latido irregular uo máis lento do normal. Este tipo de bloqueo é menos frecuente que os anteriores é polo xeral implica unha cardiopatía previa.
  • Bloqueo AV tipo 3 ou completo: A sinal eléctrica está totalmente bloqueada, como consecuencia o ventrículo comeza a latir de forma autónoma, estes latidos son irregulares e pouco fiables. A maioría dos doentes necesitan a implantación dun marcapasos, a non ser que dito bloqueo estea causado polo uso de determinados fármacos antiarrítmicos.
Como xa se comentou, a implantación dun marcapasos é a solución na maioría dos casos, xa que regula o ritmo cardíaco. Un marcapasos é un pequeno dispositivo que se implanta de forma subcutánea. Este dispositivo está formado por un xerador, o cal contén a pila e a información para controlar o latido cardíaco, e uns cables que saen do xerador ata o miocardio levando as mensaxes eléctricas.





O DANO QUE PODE FACER ALGO TAN PEQUENO

 


A bacteria Helycobacter pylori, pertence ao grupo das Helicobacter, e o nome de pylori e posto pola estrutura da célula a cal soe atacar. A infección por esta bacteria sóese dar na infancia e ao redor da 10%-15% das persoas infectadas terminan con úlceras pépticas, que se son pequenas non teñen problema, pero se son mais grande pode causar moito sangrado.

Causas:

A infección por Helicobacter pylori prodúcese cando a bacteria infecta o estómago, e transmítese a través do contacto directo coa saliva, con vómito ou a través das feces.



Síntomas:

A maioría de persoas infectadas non presentan ningún síntoma, e se os presentan son parecidos aos de  gastroenteríte ou principio de úlcera. Entre eles están:


  • Dor e ardor no estómago (por debaixo do embigo)
  • Dor estomacal agudo e empeora ao ter o estómago baleiro
  • Inchazón abdominal

  • Vómito con sangue
  • Náuseas continuas

  • Perda de apetito
  • Complicación para inxerir líquidos

Tratamentos:

O tratamento que ten a infección por Helicobacter pylori e a través de antibióticos, tamén pódese integrar a dieta Bismuto que se atopa en cérelas, furta, patacas e incluso iogur.

Probas e exames: 

Para poder detectar esta bacteria, fanse unha serie de probas sanguíneas ou a través das feces para ver se se atopan anticorpos, tamén pódese facer unha biopsia onde se mira a ureasa a través da mostra extraída, pero ningún destas probas son cen por cen fiables, por exemplo a proba sanguínea ten un 84% de sensibilidade.





sábado, 22 de marzo de 2025

CANDO O ESTÓMAGO CRUZA A FRONTEIRA

 


A hernia de hiato é cando a parte superior do estómago sobresae a través do diafragma, que ten unha pequena apertura chamada hiato, polo que paso o esófago antes de conectarse co estómago. Na hernia de hiato o estómago sube a través desta abertura ao interior do peito.

Unha hernia de hiato de pequeno tamaño non causa problemas, é posible que nin sequera se coñeza a súa existencia a menos que a descubra un equipo médico. Mentres que unha hernia de hiato de grande tamaño pode causar acidez estomacal, ou se ten moito tamaño pode ser necesaria unha cirurxía.

TIPOS

Respecto a hernia de hiato podemos destinguir catro tipos:

  1. Hernia de hiato por esvaramento: é a máis común. Se despraza a través do hiato ao estómago xunto a unión gastroesofáxica.
  2. Hernia de hiato paraesofáxica: a unión gastroesofáxica segue no seu lugar, pero en cambio o fundus del estómago pasa a través do hiato esofáxico, é o que se hernie.
  3. Hernia de hiato mixta: é unha mestura entre os anteriores dous tipos.
  4. Hernia de hiato complexa: o que se hernia non é o estómago, senón que a través do hiato esofáxico se hernia calquera outro órgano abdominal.


SÍNTOMAS

Na maioría dos casos, unha hernia de hiato de pequeno tamaño non causa síntomas, pero as de un tamaño grande pode causar as seguintes:

  • Acidez estomacal.
  • Regurxitación: retroceso do fluxo de alimentos ou líquidos xa inxeridos.
  • Refluxo ácido: retroceso do ácido estomacal ao esófago.
  • Dificultade para tragar.
  • Dolor abdominal o no peito.
  • Sensación de saciedade pouco despois de comer.
  • Falta de aire.
  • Vómitos con sangue ou  feces de cor negro: poden indicar un sangrado no tubo dixestivo.

CAUSAS

Non se sabe ao cen por cen por que ocorre isto, pero coñécense unha serie de posibles causas, son as seguintes:

  • Cambios no diafragma pola idade.
  • Lesións nesta parte do corpo, por unha posible causa dun traumatismo ou cirurxía.
  • Nacemento cun hiato moi grande.
  • Constante e intensa presión nos músculos circundantes, por causa da tose, vómitos, moito esforzo ao defecar ou facer exercicio.

Hai uns factores de riscos nos que a hernia de hiato é máis común:

  • Ter 50 anos ou máis.
  • Padecer obesidade.

DIAGNÓSTICO

Polo usual, a hernia de hiato descóbrese por unha serie de procedementos ou probas, como por exemplo:

  • Radiografía do aparato dixestivo superior: o paciente debe beber un líquido esbrancuxado que recubre a mucosa interna do tubo dixestivo, que permite ver o contorno do esófago, estómago e do intestino delgado.
  • Endoscopia: procedemento polo que se observa o esófago e o estómago cun endoscopio, tubo largo e delgado cunha cámara, que se introduce pola garganta en busca dunha inflamación.   
  • Manometría esofáxica: proba que mide as contraccións musculares do esófago ao tragar, a parte de medir tamén a coordinación e a forza que utilizan os músculos do esófago.

TRATAMENTO

Maioritariamente, as persoas cunha hernia de hiato non presentan síntomas, polo que non necesitan tratamento. Se hai síntomas, como a acidez estomacal frecuente e o refluxo ácido, posiblemente sexa necesario o uso de medicamentos ou recorrir á cirurxía.

Os medicamentos recomendados se padece de síntomas son os seguintes:

  • Antiácidos que neutralizan o ácido estomacal
  • Medicamentos para reducir a produción de ácido: coñécense como bloqueadores dos receptores H2 e inclúen cimetidina, famotidina e nizatidina.
  • Medicamentos que bloquean a produción do ácido e curan o esófago: se coñecen como inhibidores da bomba de protóns, son máis fortes que os bloqueadores anteriores, e ademais danlle tempo ao tecido esofáxico danado a curarse. Inclúen o lansoprazol e o omeprazol.
Se no se amosa unha melloría cos medicamentos, recórrese á cirurxía. Isto implica empuxar o estómago ao abdome e reducir o tamaño da abertura do diafragma. Aínda que tamén pode implicar remodelar os músculos da parte inferior do esófago, que axuda a impedir o regreso do contido estomacal ao esófago.

A cirurxía pode realizarse mediante unha soa incisión na parede torácica, chamada toracotomía. Tamén pode realizarse inserindo unha cámara e instrumentos especiais a través de varias incisións pequenas no abdome, procedemento chamado laparoscopia.

ESTILO DE VIDA E REMEDIOS CASEROS

Para poder axudar a controlar os síntomas da hernia de hiato realizar algúns cambios no estilo de vida pode contribuír no seu control, como por exemplo:

  • Realizar varias comidas pequenas no día en vez de poucas comidas abundantes.
  • Deixar de consumir alimentos que provoquen acidez estomacal, como os alimentos grasosos o frituras, a salsa de tomate, o alcohol, chocolate, a menta,...
  • Evitar recostarte despois de comer ou comer tarde no día.
  • Manter un peso equilibrado e saudable.
  • Evitar o tabaco e outros tipos de substancias.
  • Elevar a cabeceira da cama 20 cm.





xoves, 20 de marzo de 2025

A BATALLA DIARIA CONTRA O MEDO Á COMIDA

 



O Trastorno da Inxestión de Alimentos por Evitar/Restritivo (ARFID), coñecido anteriormente como "Trastorno da Alimentación Infantil Temprana" é unha condición na que as persoas limitan a cantidade ou variedade de alimentos que comen, o que pode provocar unha mala nutrición, perda de peso e problemas sociais. A diferenza doutros trastornos alimentarios como a anorexia nerviosa ou a bulimia, ARFID non é unha preocupación polo peso corporal ou a aparencia.

As persoas con ARFID, especialmente os nenos, son moi esixentes coa comida e poden non mostrar moito interese nela. Moitas veces comen só unha pequena variedade de alimentos, o que pode afectar o seu crecemento e saúde xeral. Os motivos de ARFID non están relacionados con problemas de imaxe corporal, pero poden incluír sensibilidades sensoriais, experiencias negativas pasadas coa comida ou simplemente a falta de interese por comer.


Ser exquisito e ter ARFID, e o mesmo?

O ARFID é diferente do que se coñece como "comida esixente", que é común en bebés e nenos pequenos e adoita desaparecer co paso do tempo. No caso do ARFID, os problemas son moito máis graves e duran máis tempo, provocando tanto dificultades sanitarias como sociais e emocionais. A diferenza da alimentación esixente, que os nenos adoitan superar, ARFID implica comer poucos alimentos, o que pode causar problemas de nutrición, un aumento ou unha perda de peso escasa e dificultades na escola, no traballo ou en situacións sociais.

As persoas con ARFID, especialmente os nenos, son moi esixentes co que comen e non teñen moito interese na comida. Adoitan alimentarse dunha variedade moi limitada de alimentos, o que afecta o seu crecemento e benestar. As causas do ARFID non teñen nada que ver coa imaxe corporal, senón que poden deberse á sensibilidade sensorial, a malas experiencias coa comida ou simplemente a non ter ganas de comer.

mércores, 18 de decembro de 2024

OS SEGREDOS DO TECIDO BRANDO


Que é?

O sarcoma sinovial é un cancro pouco común que soe afectar principalmente ás extremidades do corpo, máis frecuentemente preto das articulacións do xeonllo ou nocello. A pesar de levar o nome "sinovial", non provén realmente das células sinoviais, pero si presenta unha aparencia similar baixo un microscopio. A maioría destes sarcomas aparecen nos tecidos brandos, como músculos, tendóns ou graxas. Mais, en raras ocasións, poden formarse en ósos. 

A quen afecta principalmente?

Esta clase de sarcomas pódense presentar a calquera idade, pero é máis frecuente nos adolescentes e adultos xoves.

Causas

Non se sabe a causa principal deste cancro, pero en moitos casos identificouse unha translocación cromosómica específica nas células canceríxenas. Esta translocación crea un xene de fusión anormal que pode contribuír ao crecemento e desenvolvemento do tumor.

Como se presenta?

O sarcoma sinovial preséntase coma unha inchazón ou vulto na zona afectada. Este vulto pode crecer durante meses, incluso anos antes de presentar síntomas. Algún pacientes poden experimentar dor ou sensación de plenitude na zona. Cando o sarcoma sinovial é localizado preto dunha articulación, pode causar rixidez ou movemento limitado.


Diagnóstico

O sarcoma sinovial diagnostícase a través dunha cirurxía, concretamente unha biopsia, na que se extrae unha mostra de tecido para examinala baixo un microscopio. Pero tamén se realizan probas de imaxes, como radiografía, resonancia magnética (RM) ou tomografía computada (TC) para determinar a localización e o tamaño e si se propagou a outras partes do corpo. Ademais, pódense facer probas xenéticas para identificar a translocación cromosómica típica deste sarcoma.




Tratamento

O seu tratamento principal do sarcoma sinovial é unha cirurxía co obxectivo de extirpalo completamente. Dependendo do tamaño e ubicación deste, pode ser necesitada a amputación da extremidade afectada, aínda que hai operacións nas que se poden preservar a extremidade. A quimioterapia e radioterapia pódense usar anterior ou posteriormente da cirurxía para reducir o tamaño e matar as células canceríxenas que poden quedar incluso trala operación. Nos casos avanzados, cando estea propagado a outras partes do corpo, existe a posibilidade do tratamento dunha terapia dirixida e unha experimental no contexto de diversos ensaios clínicos.

Prognóstico

O prognóstico depende de varios factores, incluíndo o seu tamaño e emprazamento, se o cancro propagouse a outras ubicacións e se bhubo extirpación deste totalmente, é dun 36% ou 76% dos pacientes cunha esperanza de vida duns cinco anos. Pero pode ser mellor se non volve, non se disemina e a extirpación completa. Os pacientes máis xoves con tumores de menor tamaño e que non se propagaron, soen ter un prognóstico mellor. 





CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...