sábado, 22 de marzo de 2025

CANDO O ESTÓMAGO CRUZA A FRONTEIRA

 


A hernia de hiato é cando a parte superior do estómago sobresae a través do diafragma, que ten unha pequena apertura chamada hiato, polo que paso o esófago antes de conectarse co estómago. Na hernia de hiato o estómago sube a través desta abertura ao interior do peito.

Unha hernia de hiato de pequeno tamaño non causa problemas, é posible que nin sequera se coñeza a súa existencia a menos que a descubra un equipo médico. Mentres que unha hernia de hiato de grande tamaño pode causar acidez estomacal, ou se ten moito tamaño pode ser necesaria unha cirurxía.

TIPOS

Respecto a hernia de hiato podemos destinguir catro tipos:

  1. Hernia de hiato por esvaramento: é a máis común. Se despraza a través do hiato ao estómago xunto a unión gastroesofáxica.
  2. Hernia de hiato paraesofáxica: a unión gastroesofáxica segue no seu lugar, pero en cambio o fundus del estómago pasa a través do hiato esofáxico, é o que se hernie.
  3. Hernia de hiato mixta: é unha mestura entre os anteriores dous tipos.
  4. Hernia de hiato complexa: o que se hernia non é o estómago, senón que a través do hiato esofáxico se hernia calquera outro órgano abdominal.


SÍNTOMAS

Na maioría dos casos, unha hernia de hiato de pequeno tamaño non causa síntomas, pero as de un tamaño grande pode causar as seguintes:

  • Acidez estomacal.
  • Regurxitación: retroceso do fluxo de alimentos ou líquidos xa inxeridos.
  • Refluxo ácido: retroceso do ácido estomacal ao esófago.
  • Dificultade para tragar.
  • Dolor abdominal o no peito.
  • Sensación de saciedade pouco despois de comer.
  • Falta de aire.
  • Vómitos con sangue ou  feces de cor negro: poden indicar un sangrado no tubo dixestivo.

CAUSAS

Non se sabe ao cen por cen por que ocorre isto, pero coñécense unha serie de posibles causas, son as seguintes:

  • Cambios no diafragma pola idade.
  • Lesións nesta parte do corpo, por unha posible causa dun traumatismo ou cirurxía.
  • Nacemento cun hiato moi grande.
  • Constante e intensa presión nos músculos circundantes, por causa da tose, vómitos, moito esforzo ao defecar ou facer exercicio.

Hai uns factores de riscos nos que a hernia de hiato é máis común:

  • Ter 50 anos ou máis.
  • Padecer obesidade.

DIAGNÓSTICO

Polo usual, a hernia de hiato descóbrese por unha serie de procedementos ou probas, como por exemplo:

  • Radiografía do aparato dixestivo superior: o paciente debe beber un líquido esbrancuxado que recubre a mucosa interna do tubo dixestivo, que permite ver o contorno do esófago, estómago e do intestino delgado.
  • Endoscopia: procedemento polo que se observa o esófago e o estómago cun endoscopio, tubo largo e delgado cunha cámara, que se introduce pola garganta en busca dunha inflamación.   
  • Manometría esofáxica: proba que mide as contraccións musculares do esófago ao tragar, a parte de medir tamén a coordinación e a forza que utilizan os músculos do esófago.

TRATAMENTO

Maioritariamente, as persoas cunha hernia de hiato non presentan síntomas, polo que non necesitan tratamento. Se hai síntomas, como a acidez estomacal frecuente e o refluxo ácido, posiblemente sexa necesario o uso de medicamentos ou recorrir á cirurxía.

Os medicamentos recomendados se padece de síntomas son os seguintes:

  • Antiácidos que neutralizan o ácido estomacal
  • Medicamentos para reducir a produción de ácido: coñécense como bloqueadores dos receptores H2 e inclúen cimetidina, famotidina e nizatidina.
  • Medicamentos que bloquean a produción do ácido e curan o esófago: se coñecen como inhibidores da bomba de protóns, son máis fortes que os bloqueadores anteriores, e ademais danlle tempo ao tecido esofáxico danado a curarse. Inclúen o lansoprazol e o omeprazol.
Se no se amosa unha melloría cos medicamentos, recórrese á cirurxía. Isto implica empuxar o estómago ao abdome e reducir o tamaño da abertura do diafragma. Aínda que tamén pode implicar remodelar os músculos da parte inferior do esófago, que axuda a impedir o regreso do contido estomacal ao esófago.

A cirurxía pode realizarse mediante unha soa incisión na parede torácica, chamada toracotomía. Tamén pode realizarse inserindo unha cámara e instrumentos especiais a través de varias incisións pequenas no abdome, procedemento chamado laparoscopia.

ESTILO DE VIDA E REMEDIOS CASEROS

Para poder axudar a controlar os síntomas da hernia de hiato realizar algúns cambios no estilo de vida pode contribuír no seu control, como por exemplo:

  • Realizar varias comidas pequenas no día en vez de poucas comidas abundantes.
  • Deixar de consumir alimentos que provoquen acidez estomacal, como os alimentos grasosos o frituras, a salsa de tomate, o alcohol, chocolate, a menta,...
  • Evitar recostarte despois de comer ou comer tarde no día.
  • Manter un peso equilibrado e saudable.
  • Evitar o tabaco e outros tipos de substancias.
  • Elevar a cabeceira da cama 20 cm.





xoves, 20 de marzo de 2025

A BATALLA DIARIA CONTRA O MEDO Á COMIDA

 



O Trastorno da Inxestión de Alimentos por Evitar/Restritivo (ARFID), coñecido anteriormente como "Trastorno da Alimentación Infantil Temprana" é unha condición na que as persoas limitan a cantidade ou variedade de alimentos que comen, o que pode provocar unha mala nutrición, perda de peso e problemas sociais. A diferenza doutros trastornos alimentarios como a anorexia nerviosa ou a bulimia, ARFID non é unha preocupación polo peso corporal ou a aparencia.

As persoas con ARFID, especialmente os nenos, son moi esixentes coa comida e poden non mostrar moito interese nela. Moitas veces comen só unha pequena variedade de alimentos, o que pode afectar o seu crecemento e saúde xeral. Os motivos de ARFID non están relacionados con problemas de imaxe corporal, pero poden incluír sensibilidades sensoriais, experiencias negativas pasadas coa comida ou simplemente a falta de interese por comer.


Ser exquisito e ter ARFID, e o mesmo?

O ARFID é diferente do que se coñece como "comida esixente", que é común en bebés e nenos pequenos e adoita desaparecer co paso do tempo. No caso do ARFID, os problemas son moito máis graves e duran máis tempo, provocando tanto dificultades sanitarias como sociais e emocionais. A diferenza da alimentación esixente, que os nenos adoitan superar, ARFID implica comer poucos alimentos, o que pode causar problemas de nutrición, un aumento ou unha perda de peso escasa e dificultades na escola, no traballo ou en situacións sociais.

As persoas con ARFID, especialmente os nenos, son moi esixentes co que comen e non teñen moito interese na comida. Adoitan alimentarse dunha variedade moi limitada de alimentos, o que afecta o seu crecemento e benestar. As causas do ARFID non teñen nada que ver coa imaxe corporal, senón que poden deberse á sensibilidade sensorial, a malas experiencias coa comida ou simplemente a non ter ganas de comer.

mércores, 18 de decembro de 2024

OS SEGREDOS DO TECIDO BRANDO


Que é?

O sarcoma sinovial é un cancro pouco común que soe afectar principalmente ás extremidades do corpo, máis frecuentemente preto das articulacións do xeonllo ou nocello. A pesar de levar o nome "sinovial", non provén realmente das células sinoviais, pero si presenta unha aparencia similar baixo un microscopio. A maioría destes sarcomas aparecen nos tecidos brandos, como músculos, tendóns ou graxas. Mais, en raras ocasións, poden formarse en ósos. 

A quen afecta principalmente?

Esta clase de sarcomas pódense presentar a calquera idade, pero é máis frecuente nos adolescentes e adultos xoves.

Causas

Non se sabe a causa principal deste cancro, pero en moitos casos identificouse unha translocación cromosómica específica nas células canceríxenas. Esta translocación crea un xene de fusión anormal que pode contribuír ao crecemento e desenvolvemento do tumor.

Como se presenta?

O sarcoma sinovial preséntase coma unha inchazón ou vulto na zona afectada. Este vulto pode crecer durante meses, incluso anos antes de presentar síntomas. Algún pacientes poden experimentar dor ou sensación de plenitude na zona. Cando o sarcoma sinovial é localizado preto dunha articulación, pode causar rixidez ou movemento limitado.


Diagnóstico

O sarcoma sinovial diagnostícase a través dunha cirurxía, concretamente unha biopsia, na que se extrae unha mostra de tecido para examinala baixo un microscopio. Pero tamén se realizan probas de imaxes, como radiografía, resonancia magnética (RM) ou tomografía computada (TC) para determinar a localización e o tamaño e si se propagou a outras partes do corpo. Ademais, pódense facer probas xenéticas para identificar a translocación cromosómica típica deste sarcoma.




Tratamento

O seu tratamento principal do sarcoma sinovial é unha cirurxía co obxectivo de extirpalo completamente. Dependendo do tamaño e ubicación deste, pode ser necesitada a amputación da extremidade afectada, aínda que hai operacións nas que se poden preservar a extremidade. A quimioterapia e radioterapia pódense usar anterior ou posteriormente da cirurxía para reducir o tamaño e matar as células canceríxenas que poden quedar incluso trala operación. Nos casos avanzados, cando estea propagado a outras partes do corpo, existe a posibilidade do tratamento dunha terapia dirixida e unha experimental no contexto de diversos ensaios clínicos.

Prognóstico

O prognóstico depende de varios factores, incluíndo o seu tamaño e emprazamento, se o cancro propagouse a outras ubicacións e se bhubo extirpación deste totalmente, é dun 36% ou 76% dos pacientes cunha esperanza de vida duns cinco anos. Pero pode ser mellor se non volve, non se disemina e a extirpación completa. Os pacientes máis xoves con tumores de menor tamaño e que non se propagaron, soen ter un prognóstico mellor. 





VIVIR COA DOR: A SOMBRA DA ARTRITE

 



Á artrite é a dexeneración ou inflamación dunha ou máis articulacións. Unha articulación é a zona do corpo onde se xuntan dous ou máis ósos, permitindo o movemento entre eles.

CAUSAS

A artrite implica a degradación das estruturas articulares, especialmente da cartilaxe. A cartilaxe protexe unha articulación e permítelle moverse sen problemas. A cartilaxe tamén absorbe o choque cando se fai presión sobre a articulación, como cando se camiña. Sen a cantidade habitual de cartilaxe, os ósos debaixo da cartilaxe danan e fregan. Isto provoca dor, inchazo e rixidez.

Outras estruturas articulares afectadas pola artrite inclúen:

  • O óso unido á articulación.
  • Os ligamentos e tendóns.
  • Sacos que poden estar cheos de líquido, preto de ósos, ligamentos e tendóns.

TIPOS COMÚNS DE ARTRITE

  • Artrose: asociada ao desgaste da cartilaxe, que fai que os ósos se rozen cando se move a articulación.
  • Reumatoide: o sistema inmunitario ataca as articulacións cunha inflamación incontrolada.
  • Infeccioso: unha bacteria ou virus entra na articulación e provoca inflamación.
  • Lupus: o sistema inmunitario ataca os tecidos e órganos.
  • Fibromialxia: dor nos músculos e tecidos brandos.
  • Gota: a acumulación de ácido úrico provoca dor intensa.


OS FACTORES DE RISCO INCLÚEN:

  1. Sobrepeso.
  2. Ter antecedentes de infeccións graves ou lesións articulares.
  3. Ter un traballo que require facer movementos repetitivos.
  4. Sexo. As mulleres teñen máis probabilidades que os homes de desenvolver artrite reumatoide.
  5. Idade. O risco de moitos tipos de artrite, incluíndo artrose, artrite reumatoide e gota, aumenta coa idade.

SÍNTOMAS

A artrite causa dor, inchazo, rixidez e movemento limitado na articulación. Os síntomas poden incluír:

  • Dor articular.
  • Inflamación articular.
  • Deformidade articular.
  • Rixidez articular, especialmente pola mañá.

DIAGNÓSTICO

Se tes síntomas de dor nas articulacións, debes consultar a un médico para avalialos. El ou ela examinarao para ver se tes algunha das formas máis comúns de artrite e pode enviarche a un reumatólogo ou ortopedista.


Tamén é posible que che fagan algunhas probas, como radiografías ou análise de sangue.

TRATAMENTO

A artrite non se pode curar, pero a detección precoz e o tratamento poden axudar a mellorar a calidade de vida.

O obxectivo do tratamento é:

  • Reducir a dor é a inflamación.
  • Mellorar a función.
  • Previr un dano articular maior.

CAMBIOS DE ESTILO DE VIDA

Os cambios de estilo de vida son o tratamento preferido para a artrose e outros tipos de inflamación articular. O exercicio pode axudar a aliviar a rixidez, reducir a dor e a fatiga e mellorar a forza ósea e muscular.

Os programas de exercicios poden incluír:

  • Camiñar
  • Exercicios de flexibilidade.
  • Exercicios de forza para o ton muscular.

MEDICAMENTOS

Pódense receitar medicamentos xunto con cambios de estilo de vida. Todos os medicamentos teñen algúns riscos, algúns máis que outros.

Medicamentos de venta libre:

  • O paracetamol adoita ser o primeiro que se intenta reducir a dor. Tomar ata 3.000 mg diarios. Para evitar danos hepáticos, non tomar máis que a dose recomendada.
  • O ácido acetilsalicílico (aspirina), o ibuprofeno ou o naproxeno son medicamentos antiinflamatorios non esteroides (AINE) que poden aliviar a dor da artrite.


Dependendo do tipo de artrite, pódense recetar varios medicamentos re
cetados:
  • Os corticosteroides axudan a reducir a inflamación.
  • Os produtos biolóxicos e os inhibidores da quinase úsanse para tratar a artrite autoinmune e pódense tomar ou inxectar.
  • Para a gota, pódense usar algúns medicamentos para baixar os niveis de ácido úrico.
CIRURXÍA

Nalgúns casos, a cirurxía faise se outros métodos non funcionaron e se producen danos graves nas articulacións.



PREVENCIÓN

Prestar atención ás articulacións, xa sexa sentado, de pé ou activo. Manter as articulacións en movemento, facer estiramentos suaves todos os días que moven as articulacións a través do seu rango de movemento completo, e manter unha boa postura.




Mario Señoráns Feijoó

1º Bacharelato A.


A MORTE DO ÓSO


 


A osteonecrose trátase dunha enfermidade a cal consiste na morte de calquera oso por consecuencia dun rego sanguíneo insuficiente. Despois dun tempo, o oso acaba por colapsar. Se esta enfermidade non se trata a tempo a articulación acabara por deteriorarse, acabando en artrose grave. Esta enfermidade pódese dar en calquera parte do corpo, pero e mais común que apareza na cadeira e nos ombro, inda que tamén pode afectar a outras articulacións grandes como a rodeilla, o cóbado ou a moneca.

Causas:

Esta enfermidade pode aparecer por dúas causas diferentes, por culpa doutra enfermidade ou por un traumatismo grave como unha fractura ou dislocación, o cal afecta ao rego sanguíneo do oso afectado.


A osteonecrose tamén pode aparecer sen ter ningunha enfermidade ou lesión, e dicir sen presentar ningunha causa coñecida,  neste caso se lle denomina con outro nome: Osteonecrose idiopática.
Nestes casos as causas posibles serias as seguintes:
  • Uso de esteroides intravenosos ou orais.
  • Consumo excesivo de alcohol.
  • Anemia ou calquera outra enfermidade que cause coagulación na sangue.
  • VIH ou os seus tratamentos.
  • Quimioterapia ou Radioterapia.

Síntomas principais:

    Ao principio desta enfermidade non se presentan ningún tipo de síntomas, se non que van aparecendo a medida que o oso se van descompoñendo. Os síntomas máis significativos son:

  •  Dor na articulación que se ira agravando a
    medida que vai avanzando a enfermidade.
  • Dor incluso estando en repouso.
  • O movemento da articulación vai diminuíndo.
  • Unha vez que a enfermidade vai incrementando van aparecendo síntomas de artrose na articulación do oso afectado. 

Tratamentos:

Se o paciente coñece a orixe da enfermidade, parte do tratamento será enfocado niso. Se a enfermidade descúbrese precozmente a persoa tan só terá que tomar analxésicos e procurar non forzar a zoa afectada, utilizando muletas se a zoa afectada é a cadeira, xeonllo ou nocelo.

A solución mais eficaz para a osteonecrose é a cirurxía, que pode ser de varias formas:

  • Un enxerto óseo.
  • Un enxerto óseo vascularizado (un enxerto óseo con rego sanguíneo)
  • Extirpar parte do oso para diminuír a presión
  • Reemprazo da articulación.

Probas e exames:

O primeiro paso e facer un exame físico ao paciente para descubrir que tan avanzada está a enfermidade, despois o  medico pasará a facer os seguintes exames:
  •  Radiografía
  • Resonancia magnética
    A osteonecrose pode dende unha recuperación completa ata un dano permanente do oso afectado.




PAGET: O INEMIGO INVISIBLE

 


A enfermidade de Paget ou osteíte deformante é un trastorno óseo crónico que interfire no proceso natural de renovación dos ósos. Prodúcese unha descomposición excesiva e un novo crecemento óseo. Debido a que os ósos volven a crecer demasiado rápido, son máis grandes e máis suaves do normal o que provoca unha maior tendencia a sufrir deformacións e fracturas. En xeral, a enfermidade de Paget afecta só a poucos ósos onde os máis comúns son a pelve, o cranio, a columna vertebral e as pernas. 

Non se sabe con certeza a causa desta enfermidade pero moitos estudos relaciónaa con factores ambientais e cos antecedentes familiares. Ademais os riscos de contraer a enfermidade aumenta coa idade.

A maioría dos afectados pola osteíte deformante non presentan síntomas, a queixa máis común é dor de ósos. Pero existen outros síntomas cando a enfermidade xa está moi avanzada, como:



  • Dor de cadeira 
  • Entumecemento de brazos e pernas
  • Dores de cabeza
  • Arqueamento dos ósos das pernas




A enfermidade de Paget tamén pode provocar outras complicacións, como:

  • Insuficiencia cardíaca 
  • Pedras nos riles
  • Problemas do sistema nervioso
  • Osteosarcoma
  • Perda da visión
  • Dentes soltos
  • Axuda que as fracturas curen
  • Reemprazar articulacións danadas por artrites grave
  • Realiñar os ósos deformados
  • Reducir a presión sobre os nervios
  • Artrite


Non é moi recomendable introducirse a unha operación xa que a enfermidade de Paget fai que o corpo produza  demasiados vasos sanguíneos nos ósos afectados, aumentando o risco de perda grave de sangue durante a operación.Pero en determinados casos pode ser preciso, como:

  • Permitir que las fracturas curen nunha mellor posición
  • Reemprazar articulacións como o xeonllo e a cadeira  cando hai artrite severa
  • Realiñar un óso deformado para reducir o dor nas articulacións que soportan peso, especialmente os xeonllos
  • Reducir a presión sobre un nervio se o agrandamento do cranio ou as lesións da columna afectan ó sistema nervioso.


Para facer un diagnóstico, o profesional da saúde pode utilizar radiografías, gammagrafías óseas ou  análises de sangue con fosfatasa alcalina.Unha vez diagnosticada os medicamentos máis comúns para tratar esta enfermidade son os bisfosfonatos, medicinas que tamén se utilizan para tratar a osteoporose. Os bisfosfanatos pódense administrar en vea ou vía oral. Os administrados por vía intravenosa máis comúns son Aredia,Boniva, Zometa ou Reclast.Por vía oral os máis comúns son o Fosamax, o Binosto, Actonel ou o Atelvia.Un dos efectos secundarios son o aumente de risco dunha afección pouco común na cal unha sección da mandíbula morre e se deteriora.





OS NENOS DE CRISTAL: A OSTEOXÉNESE IMPERFECTA.














A osteoxénese imperfecta é un trastorno xenético que fai que os ósos fractúrense con moita facilidade, tamén poden ter músculos máis débiles, dentes quebradizo, columna desviada ou perda do sentido do oído. Esta enfermidade prodúcese por unha ou varias mutacións duns xenes, isto fai que se poida transmitir xeneticamente cun 50% de posibilidades. Estes xenes encárganse de producir unha proteína  esencial, o coláxeno. Dita proteína encárgase de dar rixidez aos ósos do noso sistema esquelético.


As causas desta enfermidade débese á malformación dun xene. Hai dous xenes que poden dar esta malformación do coláxeno que son: COL1A1, cromosoma 17; e o COL1A2, no cromosoma 7. Dependendo da gravidade da mutación, xa ven herdada o producida, podes ter diferentes tipos de osteoxénese imperfecta con síntomas máis leves ou graves. 


Os tipos de osteoxénese imperfecta son once en total e dous deles comparten síntomas. Os tipos e os seus síntomas son:


  1. Tipo I: É o tipo máis común e leve, tan leve que non se soe detectar ata a etapa adulta. Os seus síntomas son: fracturas nos años previos da puberdade; estatura normal, só un pouco máis baixos que os do seu mesmo sexo; pouca ou ningunha deformidade nos ósos; nos casos moi raros os dentes son quebradizos e perda de audición; esclerótica de cor azul (cor do ollo); tendencia de hematomas facilmente; e pequeno atraso nas habilidades motoras.


  1. Tipo II: É grave, pode nacer xa morto ou morre nos primeiros meses de vida. O síntoma é unha deformación grave dos ósos.


  1. Tipo III: É unha forma grave pero non mortal. Os seus síntomas son: moitas fracturas no comezo da vida, deformación dos ósos grave e discapacidade física que empeora co tempo, esclerótica de cor azul ou gris, rostro triangular e fronte prominente, escoliose, tórax afundido ou protuberante, dentes quebradizo, perda de audición, moi baixa estatura, atraso nas habilidades motoras e  necesitan cadeira de rodas.


  1. Tipo IV: similar ao tipo I pero con deformidade de ósos. Os síntomas son: moitas fracturas sobre todo antes de puberdade e despois da mediana idade, retraso nas habilidades motoras e pregan de de soportes para camiñar ou muletas, baixa estatura, dentes quebradizos, nalgúns casos perda de audición, esclerótica branca ou azul, escoliose, cabeza grande e gran facilidade de ter hematomas.


  1. Tipo V:  síntomas iguais co tipo IV excepto que este tipo ten dentes normais, habilidade gravemente limitada e as súas fracturas son de nivel microscópico.


  1. Tipo VI: síntomas iguais que o IV excepto por: dentes normais e maior frecuencia de fracturas do nivel microscópico.


  1. Tipo VII e VIII: son similares aos tipos II e III. Os seus síntomas son: deformidade de ósos grave e mortal, no tipo II pode implicar cabeza pequena, esclerótica azul e ollos saltóns e algunhas persoas do tipo III viven ata a segunda ou terceira etapa. 


  1. Tipo IX: Os síntomas son: deformidade dos ósos moderada a grave e similar aos tipos III e IV, esclerótica branca e baixa estatura. 


  1. Tipo X: É grave e con tendencia a morte. 


  1. Tipo XI: O síntoma é que as deformidades dos ósos empeoran co tempo.




Para os nenos que nacen cunha osteoxénese imperfecta hai tratamentos que preveñen e controlan os seus síntomas, mais isto depende das características de cada paciente. Estes tratamentos teñen que facerse dende unha idade temprana para asegurar unha calidade de vida e bos resultados. Os tratamentos poden ser os seguintes: 


  • Coidados para as fracturas.

  • Fisioterapia. 

  • Soportes ortopédicos.

  • Procedemento cirúrxico.

  • Medicamentos.

  • Tratamentos para as enfermidades relacionadas.






 









Algún vídeo informativo sobre a osteoxénese imperfecta.


CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...