domingo, 8 de decembro de 2024

AS NOSAS BISAGRAS FALLAN


A Bursite é un trastorno doloroso que afecta as pequenas bolsas sinoviais, que ocorre cando as bolsas sinoviais inflamase. Estas bolsas son as encargadas de proporcionar amortecemento aos osos, músculos e tendóns a redor das articulacións.

 Causas da Bursite  

  • Traumáticas o mecánicas: lesións causadas por movementos reiterados dunha mesma articulación, golpes, sobrecargas excesivas musculares ou presión prolongada na articulación.
  • Mecánicas: lesións asociadas a patoloxías coma a artrite reumatoide, feridas, procesos infecciosos, diabetes ou trastornos tiroideos

 

 

 Síntomas 

  •   Dor na zona da articulación ao presionala ou movela.
  •   Rixidez e incapacidade de realizar determinados movementos.
  •   Inflamación.
  •   Sensación de calor.
  •   Aumento da cantidade de líquido na bolsa. 


           

  Diagnóstico

  • Probas de diagnóstico por imaxes: Ecografía o resonancia magnética, xa que os raios X non establecen unha maneira segura de diagnosticala. 
  • Análise de Laboratorio: O médico podría indicar realizar un análise de sangue ou un análise do líquido sinovial da zona afectada para identificar a causa da inflamación e a dor das articulacións.
                



 Tratamento

        A bursite soe mellorar soa, pero podemos tomar algunhas medidas para tratala mellor:

  • Medicamentos: Se unha infección causou a inflamación dunha bolsa sinovial, o médico pode receitar un antibiótico.
  • Terapia: A fisioterapia e o exercicio físico poden fortalecer os músculos da zona afectada, que axudan ao alivio da dor e a prevención da reaparición.      
  • Inxeccións: Polo xeral, unha inxección actúa rapidamente, e na maioría de casos só se necesita unha.
  • Dispositivos de asistencia: O uso temporal dun bastón, ou outro tipo de dispositivo, axudaran a aliviar o dor na zona afectada.
  • As veces, pódese drenar o líquido da bolsa sinovial cirurxicamente, pero moi poucas veces, se realiza a extirpación cirúrxica da bolsa afectada.  


           

          Factores de risco 

  • Idade: A bursite e máis frecuente a medida que nos facemos maiores.
  • Profesións ou actividades de ocio: O risco de sufrir unha Bursite aumenta se o teu traballo ou pasatempo require movementos repetitivos  ou presión en unha bolsa sinovial determinada.
  • Outro tipo de afeccións: Certo tipo de enfermidades, trastornos coma a artrite reumatoide, diabetes, aumentan o risco de padecer bursite.

          
           

OSTEOSARCOMA

               

QUE É O OSTEOSARCOMA?

O osteosarcoma é un tipo de cancro que se orixina nas células formadoras do óso chamadas osteoblastos. É o sarcoma óseo máis común e adoita  presentarse en adolescentes e  adultos novos.

Este cancro pódese atopar en calquera óso, pero especialmente pode aparecer nos ósos longos das  pernas e ás veces, nos brazos. En casos raros pode chegar a desenvolverse en tecido brando preto do óso.

Os tratamentos para o osteosarcoma melloraron significativamente o prognóstico. Sen embargo, é frecuente experimentar efectos secundarios a longo prazo debido á  intensidade das terapias contra o cancro. Polo tanto, recomendase unha supervisión médica continua ao longo da vida para controlar os efectos secundarios

SÍNTOMAS:

Os síntomas máis comúns son a dor na zona afectada, inchazo, unha masa palpable e, nalgúns casos, fracturas óseas debido a debilidade do óso afectado.

CAUSAS:

Non se sabe exactamente por que aparece o osteosarcoma. Este tipo de cancro óseo ocurre cuando o ADN das células óseas cambian. Estes cambios alteran as instrucións que controlan como crecen e morren as células. Nas células cancerosas, estas instrucións non funcionan ben, o que fai que as células se reproduzan rapidamente e non morran cando deberían. Isto provoca que se formen demasiadas células e se forme un tumor. Co paso do tempo, este tumor pode crecer, afectar aos tecidos sans e estenderse a outra parte do corpo (metástase).

FACTORES DE RISCO:

  • IDADE: É máis frecuente en adolescentes e adultos novos.
  • ENFERMIDADES XENÉTICAS OU AFECCIÓNS ÓSEAS: Trastornos como a enfermidade de Paget ou a predisposición xenética a certos tipos de cancro como a síndrome de Li-Fraumenti ou o de Werner e outros, fan que aumente o risco.
  • RADIOTERAPIA  OU QUIMIOTERAPIA PREVIA: A exposición a radiacións para tratar outros tipos de cancro poden incrementar o risco de desenvolver osteosarcoma.

DIAGNÓSTICO:

O osteosarcoma é diagnosticado a  partir dun exame físico. Dependendo dos resultados, faranse máis probas e procedementos. Isto pode incluír  probas de diagnóstico por imaxe,  (estudios de imaxe) para determinar a ubicación e o tamaño do tumor, estas probas poden incluir as seguintes:

  • Radiografía
  • Resonancia magnética
  • Tomografía computerizada
  • Gammagrafía ósea 
  • Tomografía por emisión de positrones

Outra alternativa é a extracción dunha mostra de células para a súa análise (biopsia), que puede ser cunha agulla grosa ou unha biopsia cirúrxica. É importante que un cirurxán especializado en conservar o membro realice a biopsia. Seo tumor está nun lugar onde se precise a amputación ou a substitución do óso, a forma na que se faga a biopsia é moi importante. Se a biopsia no se fai ben ou si se contaminan os tecidos próximos, podería ser difícil facer unha cirurxía para salvar o membro.

TRATAMENTO:

O tratamento xeralmente inclúe cirurxía e quimioterapia. Nalgúns casos, tamén pódese empregar radioterapia se o cancro no pode ser tratado con cirurxía.

Cirurxía: 

A ciruxía ten como obxetivo estirpar todas as células cancerosas , e a extensión da cirurxía dependerá de factores como o tamaño e a localización do tumor .

Quimioterapia
        
A quimioterapia é un tratamiento que utiliza medicamentos fortes para loitar contra o cancro. No caso do osteosarcoma, adoita aplicarse antes de la cirurxía para reducir o tamaño do tumor e facer que sexa máis fácil de quitar. Despois da cirurxía , tamén usase para eliminar cualqueira célula cancerosa que quedou. Se o osteosarcoma volve despois da cirurxía ou se propaga a outras partes do corpo, a quimioterapia pode axudar a aliviar a dor e deter o crecemento do cancro

Radioterapia
        
A radioterapia emprega raios de alta enerxía,  como raios X ou protóns, para destruír as células cancerosas. Durante o tratamento, o paciente recostase mentres unha máquina move a enerxía ás zonas específicas onde está o tumor. No caso do osteosarcoma, a radioterapia non é o tratamento principal, pero pódese usar se a cirurxía non logra eliminar todo o cancro.











ANÁLISIS DO FUNCIONAMENTO INTERNO DO PÉ: FASCIÍTE PLANTAR

 


DEFINICIÓN

A fascíte plantar caracterízase por dor no talón. Chámase fasciíte plantar xa que é unha inflamación do tecido conxuntivo groso da planta do pé.

A fascíte plantar comeza dende a parte inferior do calcáneo e vai cara ao metatarso. Cando a fascia plantar se inflama, que normalmente ocorre na parte de inserción do calcáneo, provoca unha dor que ao principio é suave e só doe de vez en cando. Pero a medida que vai pasando o tempo o tecido comeza a engrosarse e causa unha patoloxía.

As veces pode ser unha patoloxía xenética.



CAUSAS

A inflamación prodúcese cando a fascia está estirada ou sobrecargada, o que pode ser moi doloroso e ter dificultades para camiñar.

Pode ser causado por:

• Problemas co arco do pé (tanto pé plano como pé cavo).

• Ter un tendón de Aquiles tenso.



A fasciíte plantar é unha das enfermidades máis comúns na planta do pé. Pode darse tanto en mulleres como en homes.

Unha das mellores formas de detectalo é mediante radiografías onde se pode indicar exactamente onde está o problema.

SÍNTOMAS

Uns dos síntomas máis comúns son ter unha dor punzante e rixidez na parte inferior do talón. Tamén pode presentarse dor ao levantarse pola mañá ou despois de estar un bo rato en repouso ser moverse.

A dor pode aparecer lentamente ao longo do tempo ou aparecer rapidamente despois dunha actividade intensa.


TRATAMENTO

A dor non pode desaparecer así dun día para outro, nin desaparecerá nunca. Pero hai unha serie de tratamentos que poden axudar a reducir a dor:

      ·  Tomar paracetamol ou ibuprofeno axudará a reducir a dor e a inflamación.

·  Exercicios fisioterapéuticos de quecemento do talón e do pé.

·  Usar calzado axeitado e plantillas feitas a medida (ortopédicos).

 

DIAGNÓSTICO

O diagnóstico de fascite plantar demóstrase mediante antecedentes médicos e un exame físico. Durante o exame, o médico comprobará as zonas sensibles do teu pé. A localización da dor pode axudar a decidir a súa causa.




                                                                                     Paula Bravo Camiña 1ºBACH

sábado, 7 de decembro de 2024

ENTRE VÉRTEBRAS


A hernia discal é un problema con un dos discos que se encontra nos osos que forma a columna  vertebral específicamente nas vértebras.

Esta hernia sucede cando una parte do núcleo do disco sae por una greta no anel, esta fractura pódese  denominar como disco roto.

Esta fractura pode ocorrer en calquera parte da espiña dorsal, con máis frecuencia na lumbar.


SÍNTOMAS

Os síntomas desta hernia soen aparecer nun lado do corpo.Tamén poden variar dependendo o lado la  lesión.
Outros síntomas poden ser os seguintes:

  •  Dores punzantes nunha perna, na cadeira ou nos glúteos.
  •  Debilidade.
  •  Dificultade para levantar o brazo ou perna.
  •  Perder o control na vexiga.
  •  Endurecemento dos músculos.






FACTORES DE RISCO
Na hernia discal pode haber factores que incrementan o risgo de sufrir esta patoloxía:
  • O exceso de peso causa estrés nos discos da lumbar.
  • Algunhas persoas por xenética poden ter unha hernia discal.
  • Creese que fumar diminúe o osíxeno dos discos facendo que se deterioren máis rápido. 
  • Persoas con un traballo que esixe fisicamente pode padecer de problemas lumbares aumentando o risco do disco.
  • Estar sentado durante moito tempo xunto coa vibración do vehículo pode exercer presión na columna vertebral.
  • Facer exercicio frecuentemente pode previr unha hernia discal. 


COMPLICACIÓNS 

  • Empeoramento dos síntomas pode dificultar as tuas actividades diarias.

  • Dificultade para ouriñar ou pode causar incontinencia, incluso a vexiga chea.
  • Nunha sela de montar pódese perder sensibilidade na parte interna das coxas, na posterior da perna é na área do recto.


PREVENCIÓNS

  • Facer exercicio fortalece aos músculos e sostén a espiña dorsal.
  • Manter unha boa postura reduce a presión dos discos.
  • Non fumar.
  • Mantér un peso saudable, xa que non manter un peso saudable exerce presión nos discos facendo máis sustentable a hernia.


TRATAMENTO

  1. Período couto de repouso.
  2. Medicamentos para o dor.
  3. Fisioterapia

Algunhas persoas que seguen estes tratamentos  recupéranse pero outras persoas que o seguen pero non lle funciona necesitan un tratamento adicional que pode incluír inxeccións ou cirurxías.

CANDO CONTACTAR CON UN PROFESIONAL

  Si unha persoa comeza a ter dores intensos nas costas que non lle desaparecen e calquera     endurecemento, debilidade, perda movemento ou cambios intestinais debe de contactar co seu   médico e comunicarllo.





CONTRACTURA DE DUPUYTREN




    •  Que é?

A contractura de Dupuytren é unha afección que fai que un ou máis dedos se dobren cara a palma da man. Os dedos afectados non se poden estirar por completo. 

Fórmanse nós de tecido debaixo da pel. Finalmente os nós forman un cordón groso que que pode tirar dos dedos e facer que queden flexionados. Co tempo a afección empeora progresivamente, pode complicar as accións cotiás como meter as mans nos bolsos, poñerse luvas ou estreitarlle a man a alguén para saudar. 

    • Síntomas 

Esta patoloxía empeora lentamente co paso dos anos. A afección comeza cun vulto na palma da man, que pode ser doloroso. 
Co tempo, o vulto pode estenderse ata formar un cordón duro baixo a pel e chegar ó dedo. Este cordón contráese e tira do dedo cara a palma, ás veces con gran intensidade.
A afección adoita manifestarse en ambas mans.


  • Fases da contratura de Dupuytren
  1. Etapa inicial: Antes de que os dedos comecen a flexionarse, o tecido que pasa por debaixo da pel comeza a engrosar e formar nódulos que se poden sentir ao tocar a zona afectada. Tamén aparecen pequenos cortes na palma da man e un engrosamento nos cotelos da man.
  2. Etapa de desenvolvemento: A medida que a patoloxía avanza, os bultos pódense sentir con maior determinación, incluso é posible empezar a notar con firmeza a corda do tecido engrosado que pasa pola palma da man e é o que produce a posterior contracción ou encollemento da articulación. 
  3. Etapa avanzada: Na etapa máis avanzada os dedos comezarán a flexionarse involuntariamente e será inmediato realizar unha intervención para mellorar a calidade de vida e liberar as articulacións que manteñen os dedos en tensión. 


 

  •  Causas

A causa é descoñecida. Esta afección adoita herdarse, ademais é máis común nos homes ca nas mulleres e vólvese máis común despois dos 40 anos de idade.


  •  Factores de risco

  1. Idade: A contractura de Dupuytren ocorre con maior frecuencia despois dos 40 anos.
  2. Sexo: Os homes son moito máis propensos a desenvolvela ca as mulleres. Nos homes os síntomas poden ser peores e progresar con maior rapidez.
  3. Orixe: As persoas de ascendencia de Europa do norte teñen maior risco de desenvolver a enfermidade.
  4. Antecedentes familiares: Esta afección con frecuencia é hereditaria.
  5. Profesión: Algúns estudos mostran a conexión entre a contractura de Dupuytren e os traballadores que utilizan ferramentas que vibran.
  6. Diabetes: As persoas que padecen de diabetes teñen un maior risco de desenvolver esta afección.
  7. Consumo de tabaco e alcohol: Fumar tabaco e beber alcohol fomenta o risco de padecer esta patoloxía. 

  • Probas

O médico de cabeceira examinará as mans do paciente. Xeralmente pódese facer un diagnóstico a partir das típicas sinais que relevan á afección. Poucas veces se requirirán outras probas. O médico pode examinar tamén os pés e outras partes do corpo xa que en ocasións pouco comúns, esta patoloxía pode desenvolver en diferentes áreas do corpo.

  • Tratamento

 Se a afección non é grave, o médico pode recomendar exercicios, baños con auga tibia, estiramentos ou unha férula.
O médico pode recomendar un tratamento que involucre inxectar un medicamento ou unha substancia ó tecido fibroso.

Pódese levar a cabo unha cirurxía para retirar o tecido comprometido. A cirurxía normalmente recoméndase en casos graves onde o dedo xa non se pode estender. Os exercicios de fisioterapia tras a cirurxía axudan a que a man recupere o movemento normal.

Outra opción de tratamento é levar a cabo un procedemento chamado aponeutromía. Isto involucra inserir unha pequena agulla na zona afectada para dividir e cortar as zonas engrosadas do tecido. Xeralmente hai pouca dor despois de facelo. A recuperación deste procedemento é máis rápida ca a da cirurxía.

A radiación é outra opción para tratar esta afección. Utilízase para casos leves de contractura, cando o tecido non é tan groso. A radioterapia pode deter ou frear o engrosamento do tecido. Normalmente utilízase unha soa vez.













  • Expectativas (pronóstico)
 A patoloxía progresa a unha velocidade impredicible. A cirurxía xeralmente pode   restablecer o movemento normal dos dedos, aínda que os síntomas poden volver a aparecer   nun período de 10 anos.

  • Posibles complicacións 
 O empeoramento da contractura pode ocasionar deformidade e perda da funcionalidade da   man. 
 Existe un risco de lesión nos vasos sanguíneos e nervios durante a cirurxía. 

  • Prevención:
   O coñecemento dos factores de risco pode permitir a detección e tratamento cedo.























Limia Portas Oubiña             1º BACH B

 


FRACTURA DA RÓTULA



A rótula é un óso vulnerábel, é dicir fráxil.Encóntrase na parte frontal do xeonllo.Se caemos directamente sobre o xeonllo ou recibimos un golpe pódese romper.

DIAGNÓSTICO
  • Historia clínica: o médico preguntarache como ocorreu a lesión e que síntomas estás experimentando.
  • Exame físico: o médico fará un exame físico completo do xeonllo afectado.
  • Radiografías: esta é a proba máis utilizada para confirmar a fractura da rótula. As imaxes de raios X poden mostrar a fractura e a súa gravidade.
SÍNTOMAS E DIFICULTADES
Se fracturamos a rótula as dificultades poden ser moi diversas:
  • Dor intenso
  • Inchazón
  • Hematomas.
  • Dificultade para estirar o xeonllo.
  • Non tes estabilidade, é dicir, non poder camiñar.
FRACTURAS  DA RÓTULA
Algunhas fracturas patelares simples pódense tratar cun xeso ou cunha férula ata que o óso se consolide.Pero na maioría das fracturas os fragmentos óseos desprázanse cando se produce a lesión, neste caso necesitaríase cirurxía para recuperar e estabilizar a rótula.

TIPOS DE FRACTURAS ROTULIANAS
  • Fractura estable:o óso esta roto pero os fragmentos non se desprazaron, isto permite unha recuperación máis sinxela, que se pode tratar inmobilizando o xeonllo e evitando poñerlle peso.
Fractura estable
  • Fractura desprazada: os fragmentos óseos están desprazados, este tipo de fractura require cirurxía.
Fractura desprazada
  • 3.Fractura conminuta: o óso rompe en varias pezas.Dependendo como se rompa pode ser estable (mantense no sitio) ou inestable (que se move do sitio).
Fractura conminuta
  • Fractura aberta: o óso rompe pero tamén dana a pel e tecidos do arredor, o que permite que o exterior estea en contacto coa fractura.
Fractura aberta
TRATAMENTO:
  • Tratamento non cirúrxico: para fracturas non desprazadas ou minimamente desprazadas.
  • Inmobilización: só precisa inmobilizar o xeonllo cun xeso ou unha férula.

       Férula                                          Xeso       
  • Fisioterapia: unha vez que a fractura comece a curar, a fisioterapia pode ser útil  para restaurar a forza,e a función do xeonllo. Algúns exercicios poden ser útiles para axudar a mellorar a mobilidade e estabilidade das articulacións.
         

venres, 6 de decembro de 2024

O MITOLÓXICO PUNTO DÉBIL



A tendinite de Aquiles é unha lesión común que afecta a moitas persoas, principalmente a quen practica deporte ou realiza actividades que exercen presión sobre o tendón de Aquiles. Esta lesión é unha lesión por uso excesivo.


A maioría dos casos desta lesión pódense tratar con coidados domésticos sinxelos baixo a supervisión dun médico.


Os casos máis graves de tendinite de Aquiles poden provocar desgarramento no tendón que poden requirir unha intervención cirúrxica.


Síntomas


Os síntomas máis comúns da tendinite de Aquiles inclúen dor na parte posterior do nocello, rixidez, inchazón e dificultade para correr ou camiñar.

A dor tende a empeorar se continúas esforzándote e pode dificultar a camiñada e será dolorosa cando se exerce presión no nocello.

Factores de Risco


Hai varios factores que poden aumentar o risco de sufrir esta lesión. Entre eles están:


  • Sexo: os homes tenden a padecer tendinite de Aquiles con máis frecuencia que as mulleres.

  • Idade: e máis frecuente en idades máis avanzadas.

  • Problemas físicos: se naturalmente tes pés planos ou valgo, podes poñer máis presión sobre o teu tendón de Aquiles. A obesidade e a rixidez muscular tamén poden ser factores de risco.

  • Opcións de adestramento: Se corres cun calzado inadecuado, podes aumentar a porcentaxe de risco de sufrir esta lesión. Correr en terreos montañosos tamén pode aumentar o risco.

  • Condicións: as persoas que padecen presión arterial alta tiñan un maior risco de padecer tendinite de Aquiles.

  • Medicamentos: certos tipos de antibióticos están asociados con taxas máis altas desta lesión.


Cómo se diagnostica?

Para diagnosticar a tendinite de Aquiles, o paciente debe someterse a probas de imaxe como a ecografía ou a resonancia magnética.

Se a lesión require intervención cirúrxica, pódense realizar tres tipos de cirurxía, como a cirurxía convencional, a cirurxía endoscópica e a cirurxía guiada por ecografía.

Posibles complicacións

A tendinite de Aquiles pode aumentar a probabilidade de sufrir unha rotura do tendón de Aquiles. Esta lesión caracterízase por unha dor aguda e moitas veces é necesaria a reparación cirúrxica. Non obstante, a cirurxía pode non ter tanto éxito porque o tendón xa está danado.


Tratamento

Os tratamentos domésticos para a tendinite de Aquiles inclúen a redución da actividade física, o cambio a exercicios de baixo impacto, a aplicación de xeo, o exercicio excéntrico para fortalecer os músculos da parte inferior da perna e o uso de botas ou zapatos con talón reforzado para evitar o movemento do talón.



CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...