venres, 6 de decembro de 2024

O MITOLÓXICO PUNTO DÉBIL



A tendinite de Aquiles é unha lesión común que afecta a moitas persoas, principalmente a quen practica deporte ou realiza actividades que exercen presión sobre o tendón de Aquiles. Esta lesión é unha lesión por uso excesivo.


A maioría dos casos desta lesión pódense tratar con coidados domésticos sinxelos baixo a supervisión dun médico.


Os casos máis graves de tendinite de Aquiles poden provocar desgarramento no tendón que poden requirir unha intervención cirúrxica.


Síntomas


Os síntomas máis comúns da tendinite de Aquiles inclúen dor na parte posterior do nocello, rixidez, inchazón e dificultade para correr ou camiñar.

A dor tende a empeorar se continúas esforzándote e pode dificultar a camiñada e será dolorosa cando se exerce presión no nocello.

Factores de Risco


Hai varios factores que poden aumentar o risco de sufrir esta lesión. Entre eles están:


  • Sexo: os homes tenden a padecer tendinite de Aquiles con máis frecuencia que as mulleres.

  • Idade: e máis frecuente en idades máis avanzadas.

  • Problemas físicos: se naturalmente tes pés planos ou valgo, podes poñer máis presión sobre o teu tendón de Aquiles. A obesidade e a rixidez muscular tamén poden ser factores de risco.

  • Opcións de adestramento: Se corres cun calzado inadecuado, podes aumentar a porcentaxe de risco de sufrir esta lesión. Correr en terreos montañosos tamén pode aumentar o risco.

  • Condicións: as persoas que padecen presión arterial alta tiñan un maior risco de padecer tendinite de Aquiles.

  • Medicamentos: certos tipos de antibióticos están asociados con taxas máis altas desta lesión.


Cómo se diagnostica?

Para diagnosticar a tendinite de Aquiles, o paciente debe someterse a probas de imaxe como a ecografía ou a resonancia magnética.

Se a lesión require intervención cirúrxica, pódense realizar tres tipos de cirurxía, como a cirurxía convencional, a cirurxía endoscópica e a cirurxía guiada por ecografía.

Posibles complicacións

A tendinite de Aquiles pode aumentar a probabilidade de sufrir unha rotura do tendón de Aquiles. Esta lesión caracterízase por unha dor aguda e moitas veces é necesaria a reparación cirúrxica. Non obstante, a cirurxía pode non ter tanto éxito porque o tendón xa está danado.


Tratamento

Os tratamentos domésticos para a tendinite de Aquiles inclúen a redución da actividade física, o cambio a exercicios de baixo impacto, a aplicación de xeo, o exercicio excéntrico para fortalecer os músculos da parte inferior da perna e o uso de botas ou zapatos con talón reforzado para evitar o movemento do talón.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

O LADO OCULTO DA DIETA

  A alimentación é un dos factores que máis inflúe na nosa saúde. A través dos alimentos que inxerimos obtemos a enerxía e os nutrientes nec...