O Astigmatismo é unha enfermidade ocular que afecta á nitidez, o ollo normalmente é redondo pero as persoas que padecen de Astigmatismo teñen os ollos máis ovalados e iso fai que vexan borroso, é bastante común xa que o 26% dos españois padecen esta enfermidade. O astigmatismo é unha enfermidade hereditaria, non ten nada que ver con cousas como as pantallas ou ler con pouca luz. Pode ter dous formas distintas, horizontal ou vertical, a diferenza é que o ollo es máis ancho no horizontal pero menos alto e viceversa no vertical. O Astigmatismo afecta á visión porque a forma irregular da córnea non enfoca nítidamente os raios de luz, por iso vese borroso.
Como xa se mencionou anteriormente, o Astigmatismo é unha enfermidade hereditaria, non existe forma algunha de previlo o saber porqué ocorre. A pesar diso pode aparecer asociado a distintas enfermidades do ollo como a miopía, estrabismo ou queratocono. Tamén existe a posibilidade de que unha cirurxía salga mal e como consecuencia apareza o astigmatismo, ou tamén pode aparecer por un golpe ou lesión no ollo.
Síntomas
- Fatiga visual
- Proído
- Problemas ao enfocar- Visión borrosa
- Mareos ou dores de cabeza polo sobreesforzo do ollo
- Visión borrosa
Tratamento
Os tratamentos do astigmatismo están para corrixir a desviación dos raios de luz é adaptalos á forma do ollo para que se poida ver con nitidez.
Pode ser corrixido mediante gafas con unhas lentes graduadas correspondendo o grado de Astigmatismo que teña o paciente, tamén pode ser corrixido mediante cirurxía.
Hai dous tipos de cirurxías:
-Técnica Lasik: O médico utiliza un instrumento para levantar unha fina capa de tecido corneal e así liberar a zona ocular onde vai a actuar un Láser para corrixir e moldear a forma de córnea. Por último recolocase o tecido extraído da córnea para que cure de forma natural. O seguinte vídeo explica a técnica Lasik.
-Lentes Intraoculares: Este tratamento consiste en colocar unha lente artificial sen substituír á natural, é útil porque hai formas de córneas que o Lasik non pode corrixir así que esta e unha alternativa que poden escoller as persoas de ese caso, e é un pouco máis segura que o Lasik. Hai varios tipos de lentes intraoculares.
Lentes epicristalinas: Son as máis común hoxe en día, colócanse na parte posterior do ollo, detrás do Iris e diante do cristalino.
Lentes de fixación iradiana: Neste caso a lente colócase na cámara anterior do ollo, por diante do Iris.
Lentes de apoio angular: Colócanse na cámara anterior do ollo e as súas terminación están no ángulo desta cámara.
A narcolepsia é unha afección, a cal xera somnolencia durante o día. Esta afección, ademais, pode facer que unha persoa poida quedarse durmida rapidamente. Hai algunhas persoas que sofren outros síntomas, como por exemplo debilidade muscular en canto senten sentimentos intensos, os cales poden ser un risco e causar efectos moi graves para a vida diaria.
Síntomas desta patoloxía
A narcolepsia é precisamente unha alteración de sono, o seu principal síntoma é a somnolencia excesiva diúrna, a cal pode chegar a ser moi forte e, incluso, brusca. Este síntoma soe estar acompañado por perdas do ton muscular voluntario (cataplexia), sen perda de consciencia, e asócianse a accións e emocións intensas. Outros síntomas son as alucinacións que ocorren no inicio ou ao espertar do sono e, tamén, episodios curtos de dunha parálise total no comezo ou final deste. Hai pacientes que amén presencian un espertar frecuente mentres dormen pola noite. Por estas razóns esta patoloxía é considerada un trastorno de límites normais entre estados do sono e espertar.
- Narcolepsia tipo un: cataplexia que pode ser causada por emocións intensas.
- Narcolepsia tipo dous: neste tipo non hai cataplexia como síntoma principal.
As causas deste trastorno aínda son descoñecidas. A súa orixe descoñécese, pero parece que se pode relacionar con niveis baixos de hipocretina (orexina), a cal é unha hormona cerebral que axuda a controlar o período no que estamos espertos e as fases do sono REM. Cando unha persoa é catapléxica, estos niveis son moi baixos. Pénsase que o descenso dos mesmos pode ser causada pola reacción autoinmune, a cal destrúe células produtoras da hipocretina.
A narcolepsia non ten cura actualmente, pero si hai medicamentos para controlala, os cales varían co individuo e gravidade, polo cal encontrar o tratamento idóneo pode levar tempo. Hai máis opcións para controlar este trastorno sen ser farmacolóxicamente, como as conductas e cambios na vida cotiá, e non só os síntomas, tamén ayudan a enfrentar os efectos do trastorno e, por conseguinte, mellora no desempeño do oficio, ámbito social e o escolar.
Tratamentos farmacolóxicos:
> Estimulantes para o Sistema Nervioso Central (SNC)
> Antidepresivos
> Depresores do Sistema Nervioso Central.
Tratamentos non farmacolóxicos:
> Evitar niveis altos de estrés
> Programación de siestas diarias duns vinte minutos
> Mantemento dun horario regular do sono
> Evasión de bebidas con cafeína e teína
> Eliminación de tabaco e alcol ou evitar o consumo destos varias horas antes de acostarse
> Manter un ambiente cómodo e tranquilo
> Realizar actividades relaxantes
> Establecemento dunha serie de rutinas anteriores ao sono que indiquen que se vai acercando a hora de acostarse
> Facer exercicio regularmente, a poder ser trinta minutos ao día, con luz solar, pola tarde e tres ou catro horas antes de deitarse
> Evadir o uso de pantallas antes de meterse na cama
> A fame e comidas copiosas alteran o sono, polo cal cenar unha ou dúas horas antes de durmir xa que poden causar dixestión pesada e dar a unha dificultade para conciliar o sono. Tamén hai que evitar o chocolate e alimentos ácidos, se tes fame antes de durmir o mellor será que comas algo lixeiro (iogur, queixo...).
A narcolepsia cando xa está desenvolvida, unha persoa a terá de por vida. Os síntomas difiren entre as persoas e poden mellorar ao longo do tempo, pero non desaparecen. Este trastorno non afecta á esperanza de vida porque os síntomas non empeoran, pero hai que ter coidado.
Aneuralxia do trixémino, tamén coñecida como tic doloroso, é unha enfermidade crónica que afecta ao nervio trixémino ou V par cranial, encargado de transmitir a sensibilidade da cara ao cerebro. Esta enfermidade provoca ataques de dor facial intensa, punzante ou parecida a unha descarga eléctrica, que aparece xeralmente nun só lado da cara, sobre todo no dereito (nun 60 % dos casos).
Esta dor pode durar desde uns poucos segundos ata varios minutos, e é tan forte que se considera unha das máis intensas que existen. Aínda que ás veces desaparece durante semanas ou meses, normalmente volve aparecer e cada vez pode ser máis frecuente e máis intensa.
As actividades cotiás como lavarse a cara, cepillarse os dentes, maquillarse, falar ou recibir aire frío, poden facer que comece a dor de repente.
A neuralxia do trixémino é máis frecuente en mulleres e persoas maiores de 50 anos, aínda que pode aparecer a calquera idade. Moitas veces confúndese con problemas dentais debido á localización da dor, que pode afectar a mandíbula superior ou inferior.
Aínda que ao principio pode responder a tratamento farmacolóxico, non sempre é eficaz, e en moitos casos é necesario recorrer a tratamentos neurocirúrxicos especializados.
Como se diagnostica a neuralxia do trixémino?
Para diagnosticar a neuralxia do trixémino, o médico baséase principalmente en como describes a dor que sentes. O prifesional ten en conta varios aspectos:
Tipo de dor, obasérvase se é repentina, moi forte e semella unha descarga eléctrica.
Lugar da dor, localizase en que parte da cara doe, xa que isto indica se o nervio trixémino está afectado.
Que causa a dor, se ao comer, falar, tocar suavemente a cara ou o aire frío provocan os ataques.
Para confirmar este diagnóstico, o médico pode facer varias probas como:
Un exame neurolóxico, onde o médico examina a túa cara para saber onde aparece a dor e para comprobar como funciona o nervio. Tamén pode facer probas para ver se o nervio está comprimido ou se hai outro problema.
Unha resonancia magnética (RM), esta proba permite ver se hai algo que presiona o nervio, como un vaso sanguíneo, un tumor ou unha enfermidade no sistema nervioso.
Como a dor pode estar na mandíbula ou nas meixelas, moitas persoas primeiro acoden ao dentista para descartar problemas nos dentes. Se non atopa nada, recomendará que visites ao médico ou a un especialista en dor facial ou neurólogo. É importante facer un diagnóstico preciso porque a neuralxia do trixémino pode confundirse con outros problemas, e só así se pode recibir o tratamento adecuado.
Cales son os síntomas da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino pode causar diferentes tipos de síntomas, que poden aparecer de forma separada ou xuntas. Os máis comúns son:
Episodios de dor moi intensa, punzantes como unha descarga eléctrica.
A dor aparece de repente e pode ser provocada por accións normais como tocar a cara, masticar ou falar.
O dolor afecta zonas que controla o nervio trixémino, a mandíbula, os dentes, e os labios. Tamén pode afectar o ollo ou a fronte.
A neuralxia do trixémino é moi incapacitante porque as actividades cotiás, como falar ou comer, poden desencadear a dor e dificultar a vida diaria.
Cales son as causas da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino prodúcese cando o nervio trixémino deixa de funcionar ben. A causa máis común é que un vaso sanguíneo, que pode ser unha arteria ou unha vea comprima o nervio na base do cerebro. Esta presión dana a capa protectora do nervio, vaina de mielina que fai que o nervio non funcione correctamente, provocando dor. Outras razóns poden ser:
A esclerose múltiple, unha enfermidade que tamén dana a vaina de mielina e afecta ao sistema nervioso.
Tumores que presionan o nervio trixémino.
Traumatismos faciais ou accidentes cerebrovasculares que lesionan o nervio.
Lesións do nervio despois dunha operación cirúrxica.
Como se trata a neuralxia do trixémino?
O tratamento da neuralxia do trixémino trátase con medicamentos para controlar o dolor. Os máis usados son os anticonvulsivantes, que son medicinas que axudan a reducir ou bloquear as sensacións de dor que envía o nervio ao cerebro. Entre estes medicamentos están a carbamazepina, gabapentina, lamotrigina ou fenitoína. Outros fármacos como o baclofeno, que é un relaxante muscular, pode usarse cos anticonvulsivantes.
Os analxésicos normais, como o son a aspirina ou o paracetamol, non funcionan para este tipo de dor. Existen outras opcións de tratamento, como as inxeccións e a cirurxía.
Unha opción cirúrxica importante é a descompresión microvascular, que consiste en mover ou eliminar vasos sanguíneos que presionan o nervio trixémino. Esta operación faise cun pequeno corte detrás da orella para liberar o nervio. Outra opción é a radiocirurxía estereotáxica, que utiliza radiación para danar o nervio e así reducir a dor.
O tratamento comeza con medicación, e se esta non é suficiente, pódense usar técnicas cirúrxicas para aliviar a dor.
Como impacta na vida diaria da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino provoca dores moi fortes e repentinas que dificultan facer cousas normais do día a día, comer, tocarse a cara, falar, mascar, beber. A menudo estas dores aparecen sen aviso e poden durar segundos ou minutos, o que fai que a persoa estea sempre preocupada por cando volverán.
Esta situación pode afectar non só o corpo, senón tamén o ánimo, facendo que a persoa se sinta cansa, triste ou nerviosa. Tamén pode evitar saír ou facer actividades sociais porque ten medo de que o dor empeore.
É moi importante contar cun bo tratamento e tamén co apoio da familia, amigos e profesionais, para poder levar unha vida máis tranquila e mellorar a calidade de vida.
O sobrecrecemento anormal na poboación bacteriana do intestino delgado ocorre cando se observa un incremento anormal de todas as bacterias presentes nesa parte do tubo dixestivo.
O aumento desmedido de bacterias no intestino delgado soe ocorrer cando unha situación, como unha intervención cirúrxica ou unha enfermidade, obstaculiza a circulación de alimentos e residuos no tubo dixestivo, xerando así un ambiente favorable para o crecemento das bacterias. Se ben o aumento desmedido de bacterias no intestino delgado soe ser unha complicación das intervencións cirúrxicas de estómago, este problema tamén pode derivarse en problemas estruturais e certas patoloxías. En ocasións, requírese unha intervención cirúrxica para resolver este problema, sen embargo, o tratamento máis habitual son os antibióticos.
Signos e síntomas:
A multiplicación excesiva das bacterias do intestino delgado causa que estas bacterias fermenten os carbohidratos que non foron totalmente dixeridos, producindo gases como hidróxeno e metano. Esta fermentación non só incrementa o volume de gas, se non que tamén obstaculiza a correcta
absorción de nutrientes, o cal pode incrementar a permeabilidade do intestino e provocar síntomas coma a diarrea. O signos do SIBO poden diferir entre individuos, pero os máis comúns son:
Presenza de gases e tensión abdominal.
Dolor abdominal ou incomodidade dixestiva.
Diarrea.
A mala absorción de nutrientes pode provocar perda de peso e carencias na nutrición.
Náuseas.
Perda do apetito.
Sensación desagradable de saciedade ao rematar de comer.
Persistente cansanzo.
Inflamación.
Malnutrición.
Dependendo dos síntomas pódese ter dous tipos diferentes de SIBO:
SIBO - Hidróxeno: Sucede cando existe unha proliferación desmedida de bacterias. Os individuos que padecen deste tipo de SIBO tenden a ter máis diarrea, e poucas veces estrinximento.
SIBO - Metano (IMO): Sucede cando se produce un incremento nas arqueas metanoxénicas e teñen unha maior relación co estrinximento.
Causas:
O crecemento desmedido de bacterias no intestino delgado pode orixinarse polas seguintes razóns:
Complicacións das intervencións cirúrxicas abdominais, tales como o bypass gástrico para a obesidade e a gastrectomía para o tratamento das úlceras pépticas e o cáncer abdominal.
Problemas estruturais no interior e exterior do intestino delgado, tales como tecido cicatricial (adherencias intestinais) que poden revestir o exterior do intestino delgado, e grumos de tecido que se proxectan a través da parede do intestino delgado (diverticulose intestinal).
Algunhas condicións médicas, como a enfermidade de Crohn, a enterite por radiación, a esclerodermia, a enfermidade celíaca, a diabetes, entre outras, poden obstaculizar o tránsito de alimentos e residuos a través do intestino delgado.
Tratamento:
O coidado do SIBO depende da gravidade do caso e as circunstancias subxacentes de cada individuo. Este debe enfocarse en identificar e rectificar (se é posible) as causas subxacentes, rectificar os defectos nutricionais e administrar antibióticos.
Os antibióticos son a terapia inicial que se basea en antibióticos concretos para eliminar o crecemento excesivo das bacterias.
A dieta en individuos que padecen de SIBO, é crucial modificar a alimentación para aliviar síntomas como a xeración excesiva de gases. Aconséllase unha alimentación reducida en fibras e azucres fermentables durante o tratamento e hasta oito semanas posteriormente. É crucial sempre acudir a un experto para a súa adecuada implementación e seguimento.
Os probióticos son microorganismos vivos que actualmente se utilizan como restablecedores da microbiota durante o tratamento con antibióticos e tras a súa finalización.
O fígado é un órgano no aparato dixestivo formado principalmente por hepatocitos que cumpre funcións moi importantes: Descompón e almacena moitos nutrientes que absorbe o intestino, Segrega unha sustancia chamada bile ao intestino para axudalo coa absorción de nutrientes e produce a maioría de factores que regulan a coagulación. As variadas bacteria do fígado son as que causan os tumores, pero entre as distintas causas está tamén o excesivo consumo de alcohol e tabaco porque pode producir Cirrose que é unha enfermidade na que as células do fígado danado foron substituídas por tecido cicatrizado
TIPOS DE CANCRO DE FÍGADO
Neste apartado comentarei os tipos de cancro de fígado principais, aquí podes ver os tipos de cancro secundario e primario con máis información.
Carcinoma Hepatocelular: É o tipo de cancro de fígado máis común nos adultos, xeralmente comeza sendo pequeno es crece nun único lugar expandíndose pero tamén pode aparecer en varias partes ao mesmo tempo e non crecer tanto.
Colangiocarcinoma intrahepático: É un tipo de cancro menos común, orixínase nas células que revisten os condutos biliares dentro do fígado inda que tamén pode orixinarse por fora.
Anxiosarcoma: É un tipo de cancro no que case non existen casos, afecta ás persoas que foron expostas ao Arsénico ou ao Dióxido de Torio, este tipo de cancro crece moi rápido e cando se detectan xa é tarde para ser extirpados cirurxicamente, o único que sirve a quimioterapia pero non é seguro que funcione.
TRATAMENTO CONTRA O CANCRO DE FÍGADO
Hai moitas formas de tratar o cancro de fígado aquí podes ver todos os existentes pero centrarémonos nos mais comúns.
Cirurxía.Elimínase a parte do fígado infectada polo tumor e un pouco da parte san que a rodea, a parte que queda do fígado ocupa a función e a veces volve a crecer.
Terapia de Ablación. Extráese ou destrúese tecido de distintas formas
Radiofrecuencia: Introdúcense agullas especias pola pel o unha incisión no abdome, despois úsanse ondas de radio para quentar as agullas e que destrúan as células.
Inxección de Etanol: Úsase unha agulla pequena para inxectar etanol sobre as células infectadas e eliminalas.
Terapia de Microondas: Neste tratamento úsase un microondas para expoñer ao calor ao tumor e eliminalo ou debilitalo para que os medicamentos e outros tratamentos sexan máis eficaces.
A anemia ferropénica é a segunda enfermidade nutricional máis importante, con extensión mundial; afecta a varios grupos de risco, principalmente mulleres novas e nenos, e pode provocar importantes disfuncións nos órganos e sistemas do corpo. Aínda que a súa orixe é multifactorial e están implicados factores xenéticos e hábitos de vida, a alimentación xoga un papel importante na súa prevención. Por iso resulta de grande interese coñecer os mecanismos reguladores e os compoñentes dietéticos que condicionan a absorción de ferro, así como identificar os compoñentes alimentarios que favorecen ou impiden a biodispoñibilidade deste micronutriente, co fin de deseñar estratexias de prevención dirixidas a optimizar as reservas de ferro do organismo. Este traballo describe de forma concisa os principais factores dietéticos que poden interactuar coa absorción de ferro presente nos alimentos.
-Síntomas comúns da anemia
Os síntomas da anemia poden variar en función da súa gravidade e da rapidez coa que se desenvolva. Entre os máis frecuentes atópanse:
1- Fatiga e debilidade xeralizada
2- Palidez na pel e nas mucosas
3- Dores de cabeza e mareos
4- Palpitacións e taquicardia
5- Faltas de aire durante actividades físicas
En casos máis severos, poden presentarse síntomas como desmaios, uñas fráxiles e sensación de frío nas extremidades.
Principais causas da anemia
As causas da anemia poden clasificarse polo seu mecanismo de produción:
Polo aumento dos requirimentos: durante o primeiro ano de vida, a adolescencia ou o embarazo. Ademais os requirimentos tamén aumentan cando hai un aumento das perdas (menstruación).
Por aporte insuficiente: Cando o aporte a través da dieta é insuficiente ou as reservas son insuficientes no nacemento por prematuridade.
Por todo isto, os principais grupos en risco de anemia ferropénica son as mulleres novas (idade fértil), os nenos, e, aínda que en menor medida, as persoas de idade avanzada. Tamén deberían terse en conta como grupo de risco ós individuos que consomen dietas veganas, con ausencia total de produtos de orixe animal, o cal pode ser un factor de risco de deficiencia de ferro.
Consecuencias da anemia ferropénica para a saúde
A deficiencia de ferro adoita desembocar en anemia ferropénica, e esta refléxase na disfunción de diversos órganos e sistemas corporais. Esta carencia pode afectar ao desenvolvemento cognitivo e psicomotor en nenos e adolescentes e ao estado do sistema inmunitario. Tamén aumenta o risco de sufrir procesos infecciosos e ao rendemento da actividade física e a capacidade de traballo, debido á alteración de fontes enerxéticas polo músculo.
Os pacientes con deficiencia de ferro presentan alteracións nas funcións gastrointestinais e nos patróns de produción hormonal e o metabolismo.
A anemia durante o embarazo aumenta o risco de morte perinatal na nai e no neonato, ademais de incrementar o risco de mortalidade infantil. Incluso se chegou a relacionar que a nai teña anemia ferropénica con un maior risco de depresión postparto.
Tratamento
Unha vez diagnosticada a anemia ferropénica, o tratamento consiste xeralmente na prescrición de suplementos de ferro por vía oral. A forma mais concorrente son os comprimidos de sulfato ferroso, por ser o composto que produce menos efectos adversos (dor abdominal, ardor de estómago, náuseas, diarrea e estrinximento).
Factores dietéticos
A dieta é un dos principais factores que poden influír no estado de ferro nun individuo san, xa que tanto o contido de ferro dos alimentos coma a súa natureza condicionan a absorción intestinal.
O ferro non hemo atópase en carnes, peixes e aves, pero fundamentalmente en ovos, verduras e froitas.
Algúns dos compoñentes dos alimentos poden potenciar ou inhibir a absorción do ferro. Os potenciadores máis eficaces e coñecidos son o ácido ascórbico e os alimentos de orixe animal como carnes, peixes e aves.
Ademais, o calcio, aínda que é coñecido que pode reducir a absorción do ferro, os numerosos estudios realizados ata o momento obtiveron resultados dispares, o que leva a pensar que as interaccións calcio-ferro son complexas.
Expectativas
Con tratamento, o desenlace clínico probablemente sexa bo, pero iso dependerá da causa
Conclusións
Tendo en conta o exposto neste traballo, o principal obxectivo na loita contra a anemia ferropénica débese centrar na prevención primaria, evitando a deficiencia de ferro e con elo que se produza a anemia. Para isto, é importante coñecer e identificar os alimentos e compoñentes de alimentos que permitan deseñar dietas con ferro de alta dispoñibilidade.
Frecuentemente asociamos esta condición ao tabaquismo pero non ten porque ser así. Esta condición é unha das formas más comúns e mortais do cancro en todo o mundo, e ten unha das taxas de mortalidade máis elevadas tanto en mulleres como homes.
Esta condición débese ao crecemento excesivo e descontrolado das células do pulmón, normalmente dáse no tecido pulmonar .
Como dixemos antes ao ser unha condición moi común é necesario que se diagnostique nas primeiras fases para poder actuar.
TIPOS DE CANCRO DE PULMÓN:
Podemos distinguir dous tipos de cancro de pulmón debido ao tamaño que teñan las células baixo o microscopio.
Cancro de pulmón de células pequenas: Este é o que se presenta en xente que leva fumando en exceso por moitos anos. Este cancro é menos común que o otro tipo.
Cancro de pulmón de células non pequenas: É un tipo no que inclúen varios tipos de cancro de pulmón como o carcinoma epidermoide, o adenorcarcinoma, e o carcinoma de células grandes.
SÍNTOMAS:
Esta condición non ten uns síntomas específicos (como o cansanzo, perda de peso, perda de apetito, tose a cal persiste...) xa que se poden chegar a confundir con outras enfermidades benignas.
Outro dos síntomas non tan comúns é ahemoptise, que con outras palabras é a tose con sangue, este fenómeno non se chega a dar en todos os casos pero si ata o 50% dos casos, por outro lado temos a disnea que é a falta de aire, a cal normalmente se debe pola causa da ocupación do espazo no pulmón e isto fai e que o aire non entre de maneira correcta.
Finalmente hai outros síntomas chamados síndrome paraneoplásticos xa que se supón que estes non proceden de maneira directa do tumor, polo que estes proceden da excreción tumoral inadecuada.
CAUSAS:
Como dixemos anteriormente esta condición normalmente é debida ao tabaquismo (o 80% dos casos están asociados ao tabaco) pero hai moitas máis causas como a exposición ao radon, a contaminación do aire, antecedentes familiares....
Esta condición prodúcese cando temos cambios no ADN das células pulmonares. Este ADN dá comandos ás células sans de cando crecer, multiplicarse e morrer. Nas células cancerosas estes comandos están alterados, facendo que estas crezan sen control, se multipliquen rapidamente e non morran cando se lles manda. isto é o que leva a formación do tumor que pode invadir e danar o tecido san. Co tempo estas células malas pódense expandir por todo o corpo polo que é chamado metástase
PREVENCIÓN:
Algúns métodos de prevención ao noso alcance son deixar de fumar se o fas, evitar o fume doutras persoas (concienciar á xente do que implica ser fumador activo, e se fuma, que o faga nun espazo aberto onde non haxa nenos pequenos aos que poida afectar), e no caso de que o teu traballo implique exposición prolongada a substancia químicas, manterte protexido. Manteña unha alimentación sa e equilibrada e fai exercicio.