sábado, 7 de decembro de 2024

ENTRE VÉRTEBRAS


A hernia discal é un problema con un dos discos que se encontra nos osos que forma a columna  vertebral específicamente nas vértebras.

Esta hernia sucede cando una parte do núcleo do disco sae por una greta no anel, esta fractura pódese  denominar como disco roto.

Esta fractura pode ocorrer en calquera parte da espiña dorsal, con máis frecuencia na lumbar.


SÍNTOMAS

Os síntomas desta hernia soen aparecer nun lado do corpo.Tamén poden variar dependendo o lado la  lesión.
Outros síntomas poden ser os seguintes:

  •  Dores punzantes nunha perna, na cadeira ou nos glúteos.
  •  Debilidade.
  •  Dificultade para levantar o brazo ou perna.
  •  Perder o control na vexiga.
  •  Endurecemento dos músculos.






FACTORES DE RISCO
Na hernia discal pode haber factores que incrementan o risgo de sufrir esta patoloxía:
  • O exceso de peso causa estrés nos discos da lumbar.
  • Algunhas persoas por xenética poden ter unha hernia discal.
  • Creese que fumar diminúe o osíxeno dos discos facendo que se deterioren máis rápido. 
  • Persoas con un traballo que esixe fisicamente pode padecer de problemas lumbares aumentando o risco do disco.
  • Estar sentado durante moito tempo xunto coa vibración do vehículo pode exercer presión na columna vertebral.
  • Facer exercicio frecuentemente pode previr unha hernia discal. 


COMPLICACIÓNS 

  • Empeoramento dos síntomas pode dificultar as tuas actividades diarias.

  • Dificultade para ouriñar ou pode causar incontinencia, incluso a vexiga chea.
  • Nunha sela de montar pódese perder sensibilidade na parte interna das coxas, na posterior da perna é na área do recto.


PREVENCIÓNS

  • Facer exercicio fortalece aos músculos e sostén a espiña dorsal.
  • Manter unha boa postura reduce a presión dos discos.
  • Non fumar.
  • Mantér un peso saudable, xa que non manter un peso saudable exerce presión nos discos facendo máis sustentable a hernia.


TRATAMENTO

  1. Período couto de repouso.
  2. Medicamentos para o dor.
  3. Fisioterapia

Algunhas persoas que seguen estes tratamentos  recupéranse pero outras persoas que o seguen pero non lle funciona necesitan un tratamento adicional que pode incluír inxeccións ou cirurxías.

CANDO CONTACTAR CON UN PROFESIONAL

  Si unha persoa comeza a ter dores intensos nas costas que non lle desaparecen e calquera     endurecemento, debilidade, perda movemento ou cambios intestinais debe de contactar co seu   médico e comunicarllo.





CONTRACTURA DE DUPUYTREN




    •  Que é?

A contractura de Dupuytren é unha afección que fai que un ou máis dedos se dobren cara a palma da man. Os dedos afectados non se poden estirar por completo. 

Fórmanse nós de tecido debaixo da pel. Finalmente os nós forman un cordón groso que que pode tirar dos dedos e facer que queden flexionados. Co tempo a afección empeora progresivamente, pode complicar as accións cotiás como meter as mans nos bolsos, poñerse luvas ou estreitarlle a man a alguén para saudar. 

    • Síntomas 

Esta patoloxía empeora lentamente co paso dos anos. A afección comeza cun vulto na palma da man, que pode ser doloroso. 
Co tempo, o vulto pode estenderse ata formar un cordón duro baixo a pel e chegar ó dedo. Este cordón contráese e tira do dedo cara a palma, ás veces con gran intensidade.
A afección adoita manifestarse en ambas mans.


  • Fases da contratura de Dupuytren
  1. Etapa inicial: Antes de que os dedos comecen a flexionarse, o tecido que pasa por debaixo da pel comeza a engrosar e formar nódulos que se poden sentir ao tocar a zona afectada. Tamén aparecen pequenos cortes na palma da man e un engrosamento nos cotelos da man.
  2. Etapa de desenvolvemento: A medida que a patoloxía avanza, os bultos pódense sentir con maior determinación, incluso é posible empezar a notar con firmeza a corda do tecido engrosado que pasa pola palma da man e é o que produce a posterior contracción ou encollemento da articulación. 
  3. Etapa avanzada: Na etapa máis avanzada os dedos comezarán a flexionarse involuntariamente e será inmediato realizar unha intervención para mellorar a calidade de vida e liberar as articulacións que manteñen os dedos en tensión. 


 

  •  Causas

A causa é descoñecida. Esta afección adoita herdarse, ademais é máis común nos homes ca nas mulleres e vólvese máis común despois dos 40 anos de idade.


  •  Factores de risco

  1. Idade: A contractura de Dupuytren ocorre con maior frecuencia despois dos 40 anos.
  2. Sexo: Os homes son moito máis propensos a desenvolvela ca as mulleres. Nos homes os síntomas poden ser peores e progresar con maior rapidez.
  3. Orixe: As persoas de ascendencia de Europa do norte teñen maior risco de desenvolver a enfermidade.
  4. Antecedentes familiares: Esta afección con frecuencia é hereditaria.
  5. Profesión: Algúns estudos mostran a conexión entre a contractura de Dupuytren e os traballadores que utilizan ferramentas que vibran.
  6. Diabetes: As persoas que padecen de diabetes teñen un maior risco de desenvolver esta afección.
  7. Consumo de tabaco e alcohol: Fumar tabaco e beber alcohol fomenta o risco de padecer esta patoloxía. 

  • Probas

O médico de cabeceira examinará as mans do paciente. Xeralmente pódese facer un diagnóstico a partir das típicas sinais que relevan á afección. Poucas veces se requirirán outras probas. O médico pode examinar tamén os pés e outras partes do corpo xa que en ocasións pouco comúns, esta patoloxía pode desenvolver en diferentes áreas do corpo.

  • Tratamento

 Se a afección non é grave, o médico pode recomendar exercicios, baños con auga tibia, estiramentos ou unha férula.
O médico pode recomendar un tratamento que involucre inxectar un medicamento ou unha substancia ó tecido fibroso.

Pódese levar a cabo unha cirurxía para retirar o tecido comprometido. A cirurxía normalmente recoméndase en casos graves onde o dedo xa non se pode estender. Os exercicios de fisioterapia tras a cirurxía axudan a que a man recupere o movemento normal.

Outra opción de tratamento é levar a cabo un procedemento chamado aponeutromía. Isto involucra inserir unha pequena agulla na zona afectada para dividir e cortar as zonas engrosadas do tecido. Xeralmente hai pouca dor despois de facelo. A recuperación deste procedemento é máis rápida ca a da cirurxía.

A radiación é outra opción para tratar esta afección. Utilízase para casos leves de contractura, cando o tecido non é tan groso. A radioterapia pode deter ou frear o engrosamento do tecido. Normalmente utilízase unha soa vez.













  • Expectativas (pronóstico)
 A patoloxía progresa a unha velocidade impredicible. A cirurxía xeralmente pode   restablecer o movemento normal dos dedos, aínda que os síntomas poden volver a aparecer   nun período de 10 anos.

  • Posibles complicacións 
 O empeoramento da contractura pode ocasionar deformidade e perda da funcionalidade da   man. 
 Existe un risco de lesión nos vasos sanguíneos e nervios durante a cirurxía. 

  • Prevención:
   O coñecemento dos factores de risco pode permitir a detección e tratamento cedo.























Limia Portas Oubiña             1º BACH B

 


FRACTURA DA RÓTULA



A rótula é un óso vulnerábel, é dicir fráxil.Encóntrase na parte frontal do xeonllo.Se caemos directamente sobre o xeonllo ou recibimos un golpe pódese romper.

DIAGNÓSTICO
  • Historia clínica: o médico preguntarache como ocorreu a lesión e que síntomas estás experimentando.
  • Exame físico: o médico fará un exame físico completo do xeonllo afectado.
  • Radiografías: esta é a proba máis utilizada para confirmar a fractura da rótula. As imaxes de raios X poden mostrar a fractura e a súa gravidade.
SÍNTOMAS E DIFICULTADES
Se fracturamos a rótula as dificultades poden ser moi diversas:
  • Dor intenso
  • Inchazón
  • Hematomas.
  • Dificultade para estirar o xeonllo.
  • Non tes estabilidade, é dicir, non poder camiñar.
FRACTURAS  DA RÓTULA
Algunhas fracturas patelares simples pódense tratar cun xeso ou cunha férula ata que o óso se consolide.Pero na maioría das fracturas os fragmentos óseos desprázanse cando se produce a lesión, neste caso necesitaríase cirurxía para recuperar e estabilizar a rótula.

TIPOS DE FRACTURAS ROTULIANAS
  • Fractura estable:o óso esta roto pero os fragmentos non se desprazaron, isto permite unha recuperación máis sinxela, que se pode tratar inmobilizando o xeonllo e evitando poñerlle peso.
Fractura estable
  • Fractura desprazada: os fragmentos óseos están desprazados, este tipo de fractura require cirurxía.
Fractura desprazada
  • 3.Fractura conminuta: o óso rompe en varias pezas.Dependendo como se rompa pode ser estable (mantense no sitio) ou inestable (que se move do sitio).
Fractura conminuta
  • Fractura aberta: o óso rompe pero tamén dana a pel e tecidos do arredor, o que permite que o exterior estea en contacto coa fractura.
Fractura aberta
TRATAMENTO:
  • Tratamento non cirúrxico: para fracturas non desprazadas ou minimamente desprazadas.
  • Inmobilización: só precisa inmobilizar o xeonllo cun xeso ou unha férula.

       Férula                                          Xeso       
  • Fisioterapia: unha vez que a fractura comece a curar, a fisioterapia pode ser útil  para restaurar a forza,e a función do xeonllo. Algúns exercicios poden ser útiles para axudar a mellorar a mobilidade e estabilidade das articulacións.
         

venres, 6 de decembro de 2024

O MITOLÓXICO PUNTO DÉBIL



A tendinite de Aquiles é unha lesión común que afecta a moitas persoas, principalmente a quen practica deporte ou realiza actividades que exercen presión sobre o tendón de Aquiles. Esta lesión é unha lesión por uso excesivo.


A maioría dos casos desta lesión pódense tratar con coidados domésticos sinxelos baixo a supervisión dun médico.


Os casos máis graves de tendinite de Aquiles poden provocar desgarramento no tendón que poden requirir unha intervención cirúrxica.


Síntomas


Os síntomas máis comúns da tendinite de Aquiles inclúen dor na parte posterior do nocello, rixidez, inchazón e dificultade para correr ou camiñar.

A dor tende a empeorar se continúas esforzándote e pode dificultar a camiñada e será dolorosa cando se exerce presión no nocello.

Factores de Risco


Hai varios factores que poden aumentar o risco de sufrir esta lesión. Entre eles están:


  • Sexo: os homes tenden a padecer tendinite de Aquiles con máis frecuencia que as mulleres.

  • Idade: e máis frecuente en idades máis avanzadas.

  • Problemas físicos: se naturalmente tes pés planos ou valgo, podes poñer máis presión sobre o teu tendón de Aquiles. A obesidade e a rixidez muscular tamén poden ser factores de risco.

  • Opcións de adestramento: Se corres cun calzado inadecuado, podes aumentar a porcentaxe de risco de sufrir esta lesión. Correr en terreos montañosos tamén pode aumentar o risco.

  • Condicións: as persoas que padecen presión arterial alta tiñan un maior risco de padecer tendinite de Aquiles.

  • Medicamentos: certos tipos de antibióticos están asociados con taxas máis altas desta lesión.


Cómo se diagnostica?

Para diagnosticar a tendinite de Aquiles, o paciente debe someterse a probas de imaxe como a ecografía ou a resonancia magnética.

Se a lesión require intervención cirúrxica, pódense realizar tres tipos de cirurxía, como a cirurxía convencional, a cirurxía endoscópica e a cirurxía guiada por ecografía.

Posibles complicacións

A tendinite de Aquiles pode aumentar a probabilidade de sufrir unha rotura do tendón de Aquiles. Esta lesión caracterízase por unha dor aguda e moitas veces é necesaria a reparación cirúrxica. Non obstante, a cirurxía pode non ter tanto éxito porque o tendón xa está danado.


Tratamento

Os tratamentos domésticos para a tendinite de Aquiles inclúen a redución da actividade física, o cambio a exercicios de baixo impacto, a aplicación de xeo, o exercicio excéntrico para fortalecer os músculos da parte inferior da perna e o uso de botas ou zapatos con talón reforzado para evitar o movemento do talón.



xoves, 28 de novembro de 2024

ATRAVESANDO A FRICIÓN


 Atravesando a Fricción:

 Síndrome de Pinzamento Femoroacetabular


Que é o pinzamento femoroacetabular?

O pinzamento femoroacetabular é un problema na cadeira que ocorre cando existe unha variación na forma deses ósos da articulación. Isto fai que a cabeza do fémur e o acetábulo (a parte da pelve onde encaixa o fémur) rocen máis do normal. Para que a cadeira se mova ben, estas partes deben encaixar e moverse con suavidade. Se chocan de forma anormal, poden danarse co tempo, causando unha dor intensa e punzante na zona da ingle.

Distinguimos dous tipos deste síndrome:

  • Tipo de Cam: A anomalía localízase no fémur. Hai unha desviación na unión entre a cabeza e o pescozo. Isto impide a totalidade do movemento, e a elevación do fémur choca co labrum (envoltura de fibrocartílago articular), danando a cartilaxe con cada contacto entre eles.
  • Tipo Pinzer: Neste caso é no acetábulo onde se atopa a principal anomalía. Hai sobrecuberta da cabeza femoral pola copa.

Na maioría dos pacientes, hai unha combinación das dúas deformidades.

Que causa a síndrome de pinzamento femoroacetabular?

A síndrome de pinzamento femoroacetabular pode resultar de dificultades de desenvolvemento na articulación da cadeira na infancia, como a enfermidade de Perthes ou a epifiseólise da cadeira. Non obstante, adoita ser causada por factores xenéticos. Os síntomas adoitan depender da actividade física realizada. De feito, ata o 50 por cento das persoas con problemas de cadeira non teñen síntomas. Esta síndrome afecta principalmente a persoas novas e activas, sobre todo a aquelas que practican deportes que requiren movementos extensos da cadeira, como ximnasia, artes marciais ou atletismo.

Cales son os síntomas da síndrome de pinzamento femoroacetabular?

Os síntomas adoitan aparecer nos deportistas debido ao uso excesivo da articulación. Cando aparecen os síntomas, adoita ser un sinal de que xa hai danos na cartilaxe ou no labrum. Os síntomas máis frecuentes son:

  • Dor relacionada coa actividade física en adultos novos. Empeora cos movementos que limitan o espazo articular como a flexión (ao agacharse), a adución (cruzar as pernas).
  • A rixidez articular é outro síntoma característico que aparece antes da dor. Os movementos que máis se perden son a capacidade de flexión e a rotación interna.

Como se trata a síndrome de pinzamento femoroacetabular?


O diagnóstico da síndrome de pinzamento femoroacetabular baséase no exame físico e probas de imaxe. Realízase unha "proba de impacto" para reproducir a dor na cadeira. Ademais, a resonancia magnética e a artrorresonancia poden axudar a avaliar as lesións dos tecidos brandos como o labrum ou a cartilaxe.

O tratamento da síndrome de pinzamento femoroacetabular busca eliminar a fricción entre as estruturas da cadeira para reducir a dor e evitar o desenvolvemento da artrose. Se a lesión é leve e a dor non é grave, pódese comezar cun tratamento conservador, como reducir a actividade física, evitar certos exercicios e facer fisioterapia. As inxeccións de ácido hialurónico tamén se poden usar para aliviar a dor e mellorar a cartilaxe.

Se o tratamento conservador non funciona ou a lesión é máis grave, recoméndase a cirurxía. A artroscopia de cadeira permítelle corrixir deformidades e reparar o labrum con pequenas incisións. Se a artroscopia non é posible, pódese realizar unha cirurxía aberta. En casos avanzados con danos cartilaginosos, elíxese unha prótese de cadeira.











CANDO AS FAÍSCAS DO CEREBRO DESCONTRÓLANSE

  O sistema nervioso é o encargado de coordinar todas as funcións do noso. Este sistema funciona grazas as neuronas, as cales se se comunic...