O párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa crónica do sistema nervioso que provoca bradicinesia (movementos lentos), rixidez, temblores involuntarios e perda de equilibrio e é provocada por un déficit da secreción da dopamina.
Esta enfermidade é a segunda enfermidade neurodexenerativa máis frecuente xa que a primeira e o Alzheimer e afecta ao 1%-2% da poboación maior de 60 anos.
Causas:
Non se coñece con exactitude as causas desta enfermidade, pero hai varios factores que poden inflúen:
Os xenes: hai algúns cambios nos xenes que poden provocar a aparición desta enfermidade, pero isto e moi raro e sóese dar tan só cando varios membros da familia padecen desta enfermidade.
Algúns factores ambientais: A exposición a certas toxinas como por exemplo a MPTP que se atopa nalgunhas drogas pode aumentar a posibilidade de aparición.
A presenza de corpos de Lewy: Os grupos desta proteína atopados no cerebro asociase a aparición de Párkinson.
Alteración na mitocondria: Os cambios na mitocondria poden afectar gravemente as células, estes cambios víronse en xente con Párkinson.
Síntomas:
Varían segundo a persoa. Os síntomas tempéranos poderían ser leves ou incluso que non se noten. Estes soen aparecer nun lado do corpo e,despois afectar a ambos lados e soen ser peores dun lado que do outro. Estes síntomas pódense confundir con outras enfermidades, pero os máis frecuentes son:
Temblores. Soen empezar nos dedos ou mans, normalmente estes tremores son
máis fortes baixo o estrés e poden diminuír ao facer exercicio.
Rixidez muscular. O que se soe sentir na rixidez muscular
e os músculos tensos ou dolorosos e os movementos soen ser curtos e bruscos.
Postura y equilibrio malos. Pode ser que se adopte unha postura encurvada e ter perdida de
equilibrio frecuentemente.
Retraso de movemento, tamén chamado bradicinesia. Empeora
todo tipo de movemento como o simple feito de parpadear ou levantar un vaso.
Tratamento:
O Párkinson non ten cura, pero pódense utilizar unha serie de medicamentos como o Carbidopa e levodopa que axuda a controlar a dopamina no cerebro, poden axudar a controlar os síntomas, estes medicamentos soen ter efectos secundarios como náuseas ou perda de equilibrio.
Os medicamentos soen funcionar bastante ben, pero despois de uns anos de tratamento comezan a perder efecto polo que o que se recomenda e practicar
una cirurxia. Tamén se recomenda exercicio aeróbico, terapia física enfocada no equilibrio e terapia para a fala.
Diagnóstico:
Non hai unha proba específica para diagnosticar esta enfermidade. Pero hai algúns exames que se poden facer pero sempre o fai un medico neurólogo. O diagnóstico do Párkinson basease nos antecedentes médicos, unha revisión dos síntomas e un exame neurolóxico e físico. Inda así o que se soe facer e o seguinte:
·Analítica
de sangue: Non hai parámetros específicos para diagnosticar a enfermidade, pero o que se soe facer e mirar o perfil tiroideo xa que ao haber temblores estes poden ser por unha alta cantidade de tiroide.
·Neuroimaxe
estructural:Faise un TAC ou sexa unha resonancia magnética para descartar lesións estruturais.
·Neuroimaxe
funcional:Disponse do SPECT de transportador de dopamina que serve para determinar a redución da cantidade, xa que un nivel baixo de dopamina pode probacar un mal funcionamento cerebral.
A síndrome do ovario poliquístico é un trastorno hormonal que afecta a moitas mulleres durante a súa etapa reprodutiva. As hormonas causantes de esta doenza son os andróxenos. Ao estar en elevadas cantidades no organismo e sendo hormonas masculinas maniféstanse este tipo de reaccións.É probable que ao padecelo se experimenten períodos menstruais ausentes con moita frecuencia ou, pola contra, períodos moi prolongados.
Nesta síndrome desenvólvense pequenos quistes cheos de líquido na parte exterior do ovario. Estes quistes, coñecidos como folículos, conteñen óvulos que non maduraron adecuadamente e, polo tanto, non son liberados de forma regular.
Os síntomas soen manifestarse no primeiro ciclo menstrual, malia que, nalgúns casos poden aparecer máis tarde, despois de ter varios ciclos menstruais. Os síntomas poden variar bastante. Para diagnosticalo é necesario padecer dous dos seguintes signos:
Períodos menstruais irregulares
Andróxenos en exceso, o que pode causar un aumento de vello corporal, acné severo, perda de cabelo con patrón masculino, engrosamento da voz e diminución dos peitos.
Aumento de peso
Para remediar os ciclos menstruais anormais, reducir o acné e o crecemento anormal de cabelo sóense receitar as píldoras anticonceptivas.Nos casos nos que a paciente desexa quedarse embarazada existen outras opcións, a metformina, un medicamento para a diabetes, axuda a regular os ciclos, previr a diabetes tipo 2 e a baixar de peso.Para reducir o vello pódese utilizar unha crema con eflornitina ou píldoras de flutamida.
No caso de embarazo a paciente pode sufrir un aborto espontáneo, diabetes xestacional e hipertensión.Ademais as mulleres coa síndrome do ovario poliquístico son máis propensas a padecer cáncer no endometrio (parede do útero), infertilidade, diabetes e obesidade.
A enfermidade do Parkinson é un trastorno neurodexenerativo lento e progresivo que afecta principalmente aos movementos, aínda que tamén pode afectar a outras funcións cognitivas.
Caracterízase polo tremor, lentitude nos movementos, problemas coa postura e o equilibrio.
2. SÍNTOMAS
Os síntomas varían segundo a persoa e soen aparecer nun lado do corpo, e despois afectar a ambos lados. Os síntomas son xeralmente peores nun lado que no outro.
Algúns dos síntomas son:
Tremores: Soen comezar nas mans ou nos dedos, pero poden comezar tamén nos pés e na mandíbula.
Atraso do movemento: Esta enfermidade pode facer que os movementos sexan moito máis lentos, polo que as tarefas máis simples volveranse moito máis difíciles.
Rixidez muscular: É moi posible sentir os músculos tensos e con moito dor. Os movementos dos brazos serán curtos e bruscos.
Perda de movementos automáticos: É posible ter menos capacidade para realizar algúns movementos que normalmente fanse sen pensar, como sorrir ou mover os brazos cando te moves.
Postura e equilibrio malos: É posible adoptar unha postura encorvada e tamén é normal a perda de equilibrio e que caían con certa facilidade.
3. CAUSAS
Nesta enfermidade algunhas neuronas degrádanse ou morren progresivamente, moitos síntomas desta enfermidade son causados pola perda de neuronas.
A causa desta enfermidade descoñécese pero existen varios factores que inflúen:
Xenes: Hai varios cambios xenéticos específicos relacionados coa enfermidade, entón se moitos familiares próximos tiveron ou teñen esta enfermidade pódese pasar polos xenes, debido a xenética familiar.
Factores ambientais: A exposición a toxinas ou outros factores ambientais poderían aumentar o risco de desenvolver a enfermidade de Parkinson no futuro.
Mitocondria alterada: As mitocondrias son compartimentos dentro das células que crean a maior parte da enerxía do corpo. Os cambios na mitocondria poden causar danos nas células.
4. COMO SE DIAGNOSTICA?
Non hai unha proba que poida confirmar esta enfermidade, pero se tes 2 ou 4 síntomas de Parkinson pode haber posibilidades de que si que o teñas.
Si o médico ao realizar unhas preguntas e un exame físico pensa que o paciente pode ter Parkinson, ten que ser derivado a un neurólogo.
Os neurólogos farán probas de equilibrio, músculos, forma de andar e axilidade.
5. TRATAMENTO
Non existe unha cura para esta enfermidade, pero os medicamentos poden axudar a controlar os síntomas.
O medicamento máis común para tratar o Parkinson é a levodopa-carbidopa. Isto axuda a aumentar a cantidade de dopamina no cerebro. Pero os medicamentos receitados dependen do tipo de persoa, por iso o médico recomendará o mellor para cada paciente.
A parte de medicamentos, o médico tamén pode recomendar exercicios ou fisioterapia, estos axudan a controlar mellor os movementos do paciente.
Nalgúns casos a cirurxía pode axudar a aliviar os síntomas.
6. VIVIR CON ESTA ENFERMIDADE
Vivir con esta enfermidade crónica pode ser frustrante, xa que o Parkinson vai empeorando.
É moi probable que teña problemas con tareas sinxelas, nas que inclúen camiñar, falar e comer, entre moitas outras.
Tamén é común que as persoas con esta enfermidade acaben tendo depresión, pero pode tratarse cunha serie de medicamentos antidepresivos que poden axudar coa estabilidade emocional de cada persoa.
A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica que afecta ao sistema nervioso central especialmente as zonas cerebrais e á medula espiñal. O que pasa é que o sistema inmunitario, que normalmente nos defende das enfermidades, equivócase e ataca a mielina, que é a capa que recobre os nervios. Cando a mielina se dana, os nervios non funcionan ben e iso provoca problemas para facer cousas que antes se facían con normalidade.
2. Causas e factores de risco
Non se sabe exactamente por que aparece esta enfermidade, pero parece que é por unha mestura de cousas: a xenética, o ambiente, a falta de vitamina D, e incluso vivir en sitios con pouca luz solar. Tamén se cre que algúns virus poden influír. É máis común en mulleres e soe comezar entre os 20 e os 40 anos.
3. Síntomas
Os síntomas cambian moito dunhas persoas a outras. Algúns dos máis frecuentes son:
Estar moi cansa sen razón
Problemas para manter o equilibrio ou camiñar ben
Debilidade nos músculos
Visión borrosa ou dobre
Sensación de formigueo ou de picazón na pel
Dificultade para falar ou tragar
Hai veces que estes síntomas veñen e van, e outras veces van empeorando pouco a pouco.
4. Diagnóstico
Para saber se unha persoa ten esclerose múltiple, os médicos fan varias probas. A máis común é unha resonancia magnética, que permite ver se hai lesións no cerebro ou na medula. Tamén se pode facer unha análise do líquido cefalorraquídeo e algunhas probas neurolóxicas para ver como responde o corpo.
5. Tratamento
Hoxe en día aínda non hai unha cura para esta enfermidade, pero si hai formas de tratala para que non avance tan rápido e para que os síntomas molesten o menos posible. Por exemplo:
Medicamentos que frean a enfermidade
Exercicios de fisioterapia
Medicinas para tratar cousas como o cansazo ou os espasmos musculares
Apoio psicolóxico, que é moi importante para aprender a vivir con isto
6. Impacto na vida diaria
A esclerose múltiple pode cambiar moito o día a día dunha persoa. Cousas que antes se facían sen pensar, como subir escaleiras ou escribir, poden facerse máis difíciles. Aínda así, con axuda e co apoio da xente que nos rodea, moitas persoas conseguen levar unha vida bastante normal, adaptándose aos cambios pouco a pouco.
7. Conclusión
A esclerose múltiple é unha enfermidade complicada, pero iso non significa que a vida se pare. Grazas aos tratamentos actuais e ao apoio que existe, moita xente pode seguir adiante, facer plans e ser feliz. É importante falar sobre esta enfermidade para entender mellor o que viven as persoas que a teñen.
O Astigmatismo é unha enfermidade ocular que afecta á nitidez, o ollo normalmente é redondo pero as persoas que padecen de Astigmatismo teñen os ollos máis ovalados e iso fai que vexan borroso, é bastante común xa que o 26% dos españois padecen esta enfermidade. O astigmatismo é unha enfermidade hereditaria, non ten nada que ver con cousas como as pantallas ou ler con pouca luz. Pode ter dous formas distintas, horizontal ou vertical, a diferenza é que o ollo es máis ancho no horizontal pero menos alto e viceversa no vertical. O Astigmatismo afecta á visión porque a forma irregular da córnea non enfoca nítidamente os raios de luz, por iso vese borroso.
Como xa se mencionou anteriormente, o Astigmatismo é unha enfermidade hereditaria, non existe forma algunha de previlo o saber porqué ocorre. A pesar diso pode aparecer asociado a distintas enfermidades do ollo como a miopía, estrabismo ou queratocono. Tamén existe a posibilidade de que unha cirurxía salga mal e como consecuencia apareza o astigmatismo, ou tamén pode aparecer por un golpe ou lesión no ollo.
Síntomas
- Fatiga visual
- Proído
- Problemas ao enfocar- Visión borrosa
- Mareos ou dores de cabeza polo sobreesforzo do ollo
- Visión borrosa
Tratamento
Os tratamentos do astigmatismo están para corrixir a desviación dos raios de luz é adaptalos á forma do ollo para que se poida ver con nitidez.
Pode ser corrixido mediante gafas con unhas lentes graduadas correspondendo o grado de Astigmatismo que teña o paciente, tamén pode ser corrixido mediante cirurxía.
Hai dous tipos de cirurxías:
-Técnica Lasik: O médico utiliza un instrumento para levantar unha fina capa de tecido corneal e así liberar a zona ocular onde vai a actuar un Láser para corrixir e moldear a forma de córnea. Por último recolocase o tecido extraído da córnea para que cure de forma natural. O seguinte vídeo explica a técnica Lasik.
-Lentes Intraoculares: Este tratamento consiste en colocar unha lente artificial sen substituír á natural, é útil porque hai formas de córneas que o Lasik non pode corrixir así que esta e unha alternativa que poden escoller as persoas de ese caso, e é un pouco máis segura que o Lasik. Hai varios tipos de lentes intraoculares.
Lentes epicristalinas: Son as máis común hoxe en día, colócanse na parte posterior do ollo, detrás do Iris e diante do cristalino.
Lentes de fixación iradiana: Neste caso a lente colócase na cámara anterior do ollo, por diante do Iris.
Lentes de apoio angular: Colócanse na cámara anterior do ollo e as súas terminación están no ángulo desta cámara.
A narcolepsia é unha afección, a cal xera somnolencia durante o día. Esta afección, ademais, pode facer que unha persoa poida quedarse durmida rapidamente. Hai algunhas persoas que sofren outros síntomas, como por exemplo debilidade muscular en canto senten sentimentos intensos, os cales poden ser un risco e causar efectos moi graves para a vida diaria.
Síntomas desta patoloxía
A narcolepsia é precisamente unha alteración de sono, o seu principal síntoma é a somnolencia excesiva diúrna, a cal pode chegar a ser moi forte e, incluso, brusca. Este síntoma soe estar acompañado por perdas do ton muscular voluntario (cataplexia), sen perda de consciencia, e asócianse a accións e emocións intensas. Outros síntomas son as alucinacións que ocorren no inicio ou ao espertar do sono e, tamén, episodios curtos de dunha parálise total no comezo ou final deste. Hai pacientes que amén presencian un espertar frecuente mentres dormen pola noite. Por estas razóns esta patoloxía é considerada un trastorno de límites normais entre estados do sono e espertar.
- Narcolepsia tipo un: cataplexia que pode ser causada por emocións intensas.
- Narcolepsia tipo dous: neste tipo non hai cataplexia como síntoma principal.
As causas deste trastorno aínda son descoñecidas. A súa orixe descoñécese, pero parece que se pode relacionar con niveis baixos de hipocretina (orexina), a cal é unha hormona cerebral que axuda a controlar o período no que estamos espertos e as fases do sono REM. Cando unha persoa é catapléxica, estos niveis son moi baixos. Pénsase que o descenso dos mesmos pode ser causada pola reacción autoinmune, a cal destrúe células produtoras da hipocretina.
A narcolepsia non ten cura actualmente, pero si hai medicamentos para controlala, os cales varían co individuo e gravidade, polo cal encontrar o tratamento idóneo pode levar tempo. Hai máis opcións para controlar este trastorno sen ser farmacolóxicamente, como as conductas e cambios na vida cotiá, e non só os síntomas, tamén ayudan a enfrentar os efectos do trastorno e, por conseguinte, mellora no desempeño do oficio, ámbito social e o escolar.
Tratamentos farmacolóxicos:
> Estimulantes para o Sistema Nervioso Central (SNC)
> Antidepresivos
> Depresores do Sistema Nervioso Central.
Tratamentos non farmacolóxicos:
> Evitar niveis altos de estrés
> Programación de siestas diarias duns vinte minutos
> Mantemento dun horario regular do sono
> Evasión de bebidas con cafeína e teína
> Eliminación de tabaco e alcol ou evitar o consumo destos varias horas antes de acostarse
> Manter un ambiente cómodo e tranquilo
> Realizar actividades relaxantes
> Establecemento dunha serie de rutinas anteriores ao sono que indiquen que se vai acercando a hora de acostarse
> Facer exercicio regularmente, a poder ser trinta minutos ao día, con luz solar, pola tarde e tres ou catro horas antes de deitarse
> Evadir o uso de pantallas antes de meterse na cama
> A fame e comidas copiosas alteran o sono, polo cal cenar unha ou dúas horas antes de durmir xa que poden causar dixestión pesada e dar a unha dificultade para conciliar o sono. Tamén hai que evitar o chocolate e alimentos ácidos, se tes fame antes de durmir o mellor será que comas algo lixeiro (iogur, queixo...).
A narcolepsia cando xa está desenvolvida, unha persoa a terá de por vida. Os síntomas difiren entre as persoas e poden mellorar ao longo do tempo, pero non desaparecen. Este trastorno non afecta á esperanza de vida porque os síntomas non empeoran, pero hai que ter coidado.
Aneuralxia do trixémino, tamén coñecida como tic doloroso, é unha enfermidade crónica que afecta ao nervio trixémino ou V par cranial, encargado de transmitir a sensibilidade da cara ao cerebro. Esta enfermidade provoca ataques de dor facial intensa, punzante ou parecida a unha descarga eléctrica, que aparece xeralmente nun só lado da cara, sobre todo no dereito (nun 60 % dos casos).
Esta dor pode durar desde uns poucos segundos ata varios minutos, e é tan forte que se considera unha das máis intensas que existen. Aínda que ás veces desaparece durante semanas ou meses, normalmente volve aparecer e cada vez pode ser máis frecuente e máis intensa.
As actividades cotiás como lavarse a cara, cepillarse os dentes, maquillarse, falar ou recibir aire frío, poden facer que comece a dor de repente.
A neuralxia do trixémino é máis frecuente en mulleres e persoas maiores de 50 anos, aínda que pode aparecer a calquera idade. Moitas veces confúndese con problemas dentais debido á localización da dor, que pode afectar a mandíbula superior ou inferior.
Aínda que ao principio pode responder a tratamento farmacolóxico, non sempre é eficaz, e en moitos casos é necesario recorrer a tratamentos neurocirúrxicos especializados.
Como se diagnostica a neuralxia do trixémino?
Para diagnosticar a neuralxia do trixémino, o médico baséase principalmente en como describes a dor que sentes. O prifesional ten en conta varios aspectos:
Tipo de dor, obasérvase se é repentina, moi forte e semella unha descarga eléctrica.
Lugar da dor, localizase en que parte da cara doe, xa que isto indica se o nervio trixémino está afectado.
Que causa a dor, se ao comer, falar, tocar suavemente a cara ou o aire frío provocan os ataques.
Para confirmar este diagnóstico, o médico pode facer varias probas como:
Un exame neurolóxico, onde o médico examina a túa cara para saber onde aparece a dor e para comprobar como funciona o nervio. Tamén pode facer probas para ver se o nervio está comprimido ou se hai outro problema.
Unha resonancia magnética (RM), esta proba permite ver se hai algo que presiona o nervio, como un vaso sanguíneo, un tumor ou unha enfermidade no sistema nervioso.
Como a dor pode estar na mandíbula ou nas meixelas, moitas persoas primeiro acoden ao dentista para descartar problemas nos dentes. Se non atopa nada, recomendará que visites ao médico ou a un especialista en dor facial ou neurólogo. É importante facer un diagnóstico preciso porque a neuralxia do trixémino pode confundirse con outros problemas, e só así se pode recibir o tratamento adecuado.
Cales son os síntomas da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino pode causar diferentes tipos de síntomas, que poden aparecer de forma separada ou xuntas. Os máis comúns son:
Episodios de dor moi intensa, punzantes como unha descarga eléctrica.
A dor aparece de repente e pode ser provocada por accións normais como tocar a cara, masticar ou falar.
O dolor afecta zonas que controla o nervio trixémino, a mandíbula, os dentes, e os labios. Tamén pode afectar o ollo ou a fronte.
A neuralxia do trixémino é moi incapacitante porque as actividades cotiás, como falar ou comer, poden desencadear a dor e dificultar a vida diaria.
Cales son as causas da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino prodúcese cando o nervio trixémino deixa de funcionar ben. A causa máis común é que un vaso sanguíneo, que pode ser unha arteria ou unha vea comprima o nervio na base do cerebro. Esta presión dana a capa protectora do nervio, vaina de mielina que fai que o nervio non funcione correctamente, provocando dor. Outras razóns poden ser:
A esclerose múltiple, unha enfermidade que tamén dana a vaina de mielina e afecta ao sistema nervioso.
Tumores que presionan o nervio trixémino.
Traumatismos faciais ou accidentes cerebrovasculares que lesionan o nervio.
Lesións do nervio despois dunha operación cirúrxica.
Como se trata a neuralxia do trixémino?
O tratamento da neuralxia do trixémino trátase con medicamentos para controlar o dolor. Os máis usados son os anticonvulsivantes, que son medicinas que axudan a reducir ou bloquear as sensacións de dor que envía o nervio ao cerebro. Entre estes medicamentos están a carbamazepina, gabapentina, lamotrigina ou fenitoína. Outros fármacos como o baclofeno, que é un relaxante muscular, pode usarse cos anticonvulsivantes.
Os analxésicos normais, como o son a aspirina ou o paracetamol, non funcionan para este tipo de dor. Existen outras opcións de tratamento, como as inxeccións e a cirurxía.
Unha opción cirúrxica importante é a descompresión microvascular, que consiste en mover ou eliminar vasos sanguíneos que presionan o nervio trixémino. Esta operación faise cun pequeno corte detrás da orella para liberar o nervio. Outra opción é a radiocirurxía estereotáxica, que utiliza radiación para danar o nervio e así reducir a dor.
O tratamento comeza con medicación, e se esta non é suficiente, pódense usar técnicas cirúrxicas para aliviar a dor.
Como impacta na vida diaria da neuralxia do trixémino?
A neuralxia do trixémino provoca dores moi fortes e repentinas que dificultan facer cousas normais do día a día, comer, tocarse a cara, falar, mascar, beber. A menudo estas dores aparecen sen aviso e poden durar segundos ou minutos, o que fai que a persoa estea sempre preocupada por cando volverán.
Esta situación pode afectar non só o corpo, senón tamén o ánimo, facendo que a persoa se sinta cansa, triste ou nerviosa. Tamén pode evitar saír ou facer actividades sociais porque ten medo de que o dor empeore.
É moi importante contar cun bo tratamento e tamén co apoio da familia, amigos e profesionais, para poder levar unha vida máis tranquila e mellorar a calidade de vida.